Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

BONIFICACIONS FISCAIS PARA EMPRESAS QUE SE INSTALEN EN VILANOVA 25.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova aprobará no pleno do próximo luns bonficacións fiscais nos impostos do IBI, IAE e o ICIO dentro das medidas establecidas na adhesión á iniciativa de Concellos Emprendedores promovida pola FEGAMP e a Consellería de Industria. As rebaixas van destinadas ás empresas que se instalen no municipio e recollen descontos de ata o 95% en funci...

UNHA ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DE BATA COMPLETA A FESTA DO TINTO 25.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Ribadumia ten preparada a III Andaina Solidaria dentro das actividades programadas na Festa do Tinto do Salnés. Nesta ocasión, a recadación, que será voluntaria coa inscripción, irá destinada a Asociación Bata de apoio ás persoas con autismo. A Andaina será o domingo 3 de xuño cun percorrido de 11 kilómetros ida e volta pola marxe do Ulla den...

CONCELLO E DEPUTACION ASINAN A MELLORA DA RUA TORRE DE RIBADUMIA 24.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A catástrofe acontecida en Tui coa explosión dunha pirotecnia, con dous falecidos, centrou hoxe a axenda municipal en Ribadumia, onde se gardou un minuto de silencio pola traxedia. Foi un acto previo á breve sinatura do convenio entre a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde David Castro, para mellorar medio quilómetro da Rúa Torre, estrada p...

CAMBADOS MANIFESTASE EN CONTRA DO PECHE DO CENTRO DE SAUDE 24.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública do Salnés e o Concello de Cambados manifestaranse en contra do peche do Centro de Saúde da vila durante as tardes de verán, decretado polo Sergas. A mobilización será o venres 1 de xuño e partirá ás 20.30 horas da Praza do Concello. Ademáis, ambos iniciarán unha campaña informativa entre os veciños de Cambados...

O GOLF EN FAMILIA E CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO 23.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Concellería de Igualdade de Cambados quere seguir visibilizando o papel da muller en diferentes ámbitos sociais. Por tal motivo, aproveitando a celebración do Día Internacional da Muller e o Golf, en colaboración co Club Chan do Fento de Meis, o Concello organiza dúas iniciativas que se celebrarán o 2 e o 5 de xuño. A primeira será unha actividade de Gol...

PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NAS PRAZAS DE ABASTOS 23.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A praza de Abastos de Portonovo acolleu esta mañá a presentación dunha campaña informativa promovida dende o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), destinada a peixarías e carnicerías. A prevención de riscos e enfermidades que poden supoñer os cortes o ruído ou frío á hora de entrar nunha cámara frigorífica son os obxectivos desta inic...

CAMBADOS EMPRENDE, NOVOS CURSOS FORMATIVOS PARA EMPRENDEDORES 23.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados, en colaboración coa Asociación Zona Centro, pon en marcha unha nova iniciativa destinada aos emprendedores. Baixo o nome de “Cambados Emprende” ábrese unha programación formativa, cuxa primeira parte desenvolverase nos meses de maio e xuño Unha das accións formativas será un Curso de Escaparatismo, con asistencia personalizada nas t...

O SALNES LANZASE A CONQUISTA DO MERCADO CHINES 23.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Tras atraer ao mercado ruso, a Mancomunidade do Salnés lánzase agora á conquista do turismo chinés. A entidade comarcal estará presente no Foro Internacional de Alcaldes sobre Turismo , organizado polo goberno de China e a Organización Mundial do Turismo, que se celebrará no país asiático a partir deste domingo 27 de maio. Alí, a Mancomunidade presentará o...

UN NOVO ALBERGUE EN VILANOVA APROVEITANDO O TIRON DA VARIANTE ESPIRITUAL 18.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilanova ten dende hoxe un terceiro albergue para dar acollida a peregrinos e visitantes. Chámase “A Salazón”, ubicado no porto de Vilanova, é de iniciativa privada e ten capacidade para 12 persoas. O seu propietario veu a posibilidade de negocio ante o aumento de peregrinos que cada ano percorren a Variante Espiritual do Camiño de Santiago. Asi o explicab...

DENUNCIAN UNHA PRESUNTA ESTAFA ELECTRICA NUNHA VIVENDA DE VILANOVA 16.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Un veciño da parroquia de San Miguel de Deiro, en Vilanova, alerta dunha presunta estafa por parte de dúas persoas que aseguraban ser representantes dunha empresa comercializadora de enerxía eléctrica. Os feitos aconteceron na vivenda dos seus pais, octoxenarios, tal como nos relata o denunciante.

AS CATAS CLANDESTINAS, TODO UN EXITO EN CAMBADOS E O GROVE 16.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As catas clandestinas que dende hai varias semanas se veñen celebrando en Cambados, no establecemento de Catorce Electrodomésticos, están a acadar un gran éxito e acollida. Sobre esta novidosa iniciativa conversamos con Carlos Piñeiro, Propietario de Catorce Electrodomésticos.

A CIG REXEITA A ULTIMA MEDIDA DO GOBERNO SOBRE AS PRESTACIONS DE DESEMPREGO 16.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A CIG escenificou hoxe ante as oficinas do INEM en Vilagarcía e noutras localidades de Galicia a súa denuncia ante o recorte nas prestacións asistenciais e por desemprego que, ao seu entender, supón a última medida impulsada polo goberno de España coa unificación do Plan Prepara e a Renda de Reinserción. Os motivos explicábaos esta mañá o secretario comarc...

UXT E CCOO DEMANDAN NA RUA QUE SE CORRIXA A REFORMA DAS PENSIONS DE 2013 16.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os sindicatos UXT e CCOO celebraron concentracións este mediodía diante dos concellos de Vilagarcía e O Grove e ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra en defensa do sistema público de pensións e a recuperación do Pacto de Toledo. En resposta o acordo acadado entre o PP e PNV cara os Orzamentos do Estado para este ano, as centrais consideran que “gar...

CASAMENTOS POLO RITO CASTREXO, UNHA DAS NOVIDADES DA FEIRA CELTA DE VILAGARCIA 16.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Feira Celta abre este venres 18 as Festas de Santa Rita de Vilagarcía, chea de novidades coas que o Concello pretende dinamizar o evento e implicar á cidadanía na ambientación castrexa. A celebración de casamentos polo rito castrexo e sorteos para os asistentes que vaian ataviados con vestimentas celtas son parte delas. A información de todo elo pódese a...

CAMBADOS E VIAQUA ASINAN A CREACION DUN FONDO SOCIAL PIONEIRO NA PROVINCIA 15.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, e o representante da empresa Viaqua asinaron esta mañá o protocolo de colaboración que crea un fondo social para garantir o suministro de agua a personas en situación de vulnerabilidade económica. A medida, pioneira na provincia de Pontevedra e segunda en Galicia, pretende evitar cortes no suministro por impa...

O PREMIO RIA DE AROUSA ABRE A SEGUNDA EDICION PARA FOMENTAR O EMPRENDEMENTO 14.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Ábrese a II edición do Premio Ría de Arousa creado para fomentar o emprendemento marítimo-portuario, poñendo en valor á ría con ideas innovadoras e viables. O certame está convocado pola Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra, cofinanciado polo Igape e conta coa colaboración do Porto de Vilagarcía de Arousa, a Consellería do Mar, o Banco Santander...

CAMBADOS APROBA O ORZAMENTO MAIS ALTO DA ULTIMA DECADA 11.05.2018

O Concello de Cambados aprobou no pleno extraordinario da pasada noite, cos votos a favor do cuatripartito e o voto en contra do PP, o orzamento para este ano, que asciende a 9.4 millóns de euros, o máis alto da última década, segundo os datos do goberno local. A maior parte do gasto estará destinado a persoal e gastos correntes, mentres que as inversións reais serán de 655.000 euros, cuxa maior p...

INICIASE UNHA NOVA EDICION DE EMPRENDE VGA CON 15 ACTIVIDADES FORMATIVAS 11.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía e o Coworking Dalle que Dalle abren a cuarta edición do programa “Emprende VGA” do que hoxe se inicia o período de inscripción A aceleradora de negocios, financiada polo Concello, desenvolverá dende mañá ata o 31 de xullo 15 actividades formativas, de carácter gratuíto, enfocadas en Marketing e plans de negocios, Mentorización e Ne...

A MANCOMUNIDADE INICIA UN PLAN CONTRA A VELUTINA CON 1.800 TRAMPAS 11.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés inicia un Plan para a eliminación da vespa velutina mediante a instalación de 1.800 trampas nos concellos que integran a entidade, 300 por cada municipio, agás en O Grove, a Illa e Cambados que xa o están realizando con medios propios. A actuación está a ser efectuada pola empresa Haltura de Prevención, de Vigo, por un importe dun...

OS 20 CONCELLOS DO ULLA PROXECTAN UNHA GRAN RUTA CONTINUADA 10.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía presentou esta mañá unha nova edición do programa “Goza do Ulla”, unha iniciativa de roteiros na que participan os 20 concellos de Galicia polos que decorre o río Ulla, ao longo dos 130 kms do seu percorrido: dende Antas de Ulla ata a súa desembocadura en Vilagarcía. As rutas de sendeirismo comezan o próximo 26 de maio en Monterroso e rematan o...

XORNALISTAS EXPERTOS EN TURISMO REMATAN CON BOAS IMPRESIONS A SUA VIAXE POLO SALNES 10.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Xornalistas especializados no sector turístico, de seis medios de comunicación nacionais, remataron hoxe a súa viaxe de catro días polo Salnés para descubrir os recursos que ofrece a comarca como destino. Trátase dunha acción de promoción e difusión a nivel nacional que se enmarca no Convenio entre a Mancomunidade de O Salnés, a Xunta de Galicia e o Concel...

VILANOVA CELEBRA O DIA DAS LETRAS COA PROXECCION DE SICIXIA 10.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilanova reserva para conmemorar o Día das Letras Galegas a proxección da película Sicixia de Ignacio Villar, premiada internacionalmente en Houston e Tolousse. Será o 17 de maio a partir das 19.30 horas na recén instalada pantalla do Pabillón Multiusos, onde o aforo pode chegar ás 1.800 persoas e con entrada de balde. Sicixia é unha longametraxe rodada na...

UNS 300 DEPORTISTAS PARTICIPARAN NA I EXPO FITNES DE CULTURISMO EN VILAGARCIA 10.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía acollerá os días 26 e 27 de maio a I Expo Fitness para o campionato de culturismo norte de España, coa asistencia duns 300 deportistas e público de todo o norte de España. Entre eles estará o culturista vilagarcián Carlos González. Sera en Fexdega e ademáis da competición propia de culturismo absoluto tamén se desenvolverán actividades paralelas...

O CONCELLO REALIZARA A DEMANDADA PAVIMENTACION DO VIAL ENTRE TRAGOVE E CORVILLON 09.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados acondicionará o vial de 1,5 kms entre Tragove e Corvillón cun pavimento que solucione definitivamente os problemas que veñen sufrindo as depuradoras ubicadas neste tramo, a consecuencia do mal estado do firme de zahorra. Tras chegar a un acordo con Costas do Estado, o goberno local está a redactar o proxecto que será financiado a tra...

CAMBADOS OUTORGA ESTE ANO O PREMIO CABANILLAS A NETA DO POETA 08.05.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados e os libreiros da vila concederán este ano o premio Cabanillas a Aurora Vidal Cabanillas, neta do poeta cambadés, por ser unha persoa activa na divulgación da súa obra e por manter o seu legado en Cambados. O recoñecemento seralle outorgado nun acto que se celebrará o sábado 2 de xuño no Auditorio da Xuventude. Así nolo explicaba o C...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.