Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3724 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

VILAGARCIA MODIFICARA A ORDENANZA DA TARXETA DE RESIDENTE 03.05.2013

O alcalde anunciaba esta mañá que o concello estudiará as demandas de veciños e comerciantes xunto coas alegacións presentadas polos grupos da oposición.

O CONCELLO DE CAMBADOS PON EN MARCHA UNHA INICIATIVA PARA FOMENTAR O EMPREGO NO SECTOR PRIMARIO 03.05.2013

Entre 10 ou 12 persoas desempregadas poderán acceder por un período inicial de dous anos á traballar as fincas cedidas por diferentes propietarios de terreos do municipio.

PORTONOVO ABRE AS XORNADAS GASTRONOMICAS PARA PROMOCIONAR OS PRODUCTOS DA RIA 02.05.2013

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, aisitiu á presentación do evento xunto coa alcaldesa de Sanxenxo Catalina González. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA conversamos con ambas nunha entrevista de Cristina Terceiro.

O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO POLO DRAMA DO PARO NO SALNES 29.04.2013

Nolo conta a deputada do BNG Montse PradoEn el BNG entenden que na comarca do Salnés a situación é especialmente dramática tendo en conta que o 30% da súa poboación activa no paro

A XUNTA ABRE NOVAS LIÑAS DE AXUDA PARA O PEQUENO COMERCIO 26.04.2013

A Xunta pon a disposición do pequeño comercio novas liñas de axuda para potenciar a actividade dos centros comerciais abertos e das prazas de abastos. O delegado da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, reuniuse esta mañá en Cambados con representantes do Consorcio do Comercio do Salnés para explicarlles o contido destas axudas de dinamización comercial

UNETE A VOLTA EN CAMBADOS O 1 DE MAIO 25.04.2013

A antes coñedica como "Festa da bicicleta" que terá lugar o vindeiro 1 de maio en Cambados comezará nesta vila da comarca dada a gran afección que existe por este deporte. 

TOMAS GUILLEN MANTEN UNHA INVESTIGACION PARALELA A POLICIAL SOBRE O ROUBO DA MAQUINARIA 25.04.2013

Para saber a última hora do acontecido falabamos esta mañá en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Mª Carmen Guillén, xerente da empresa...

COMERCIANTES E VECIÑOS DE VILAGARCIA RECOLLEN SINATURAS CONTRA A TARXETA DE RESIDENTE 24.04.2013

Falamos de todo elo en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Rocío Louzán, presidenta de Zona Aberta.

ZONA CENTRO DE CAMBADOS PON EN MARCHA A 2ª EDICION DE DE PINCHOS POR CAMBADOS 23.04.2013

Unha iniciativa na que participarán un total de 14 establecementos hosteleiros do municipio, o doble que na primeira edición, e que se desenvolverá durante dúas fins de semana: o 26, 27, 28 deste mes de abril e o 3, 4 e 5 de maio.

PORTOS DE GALICIA INICIA OS TRAMITES PARA O DRAGADO DO PORTO DE VILAXOAN 23.04.2013

Anunciábao esta mañá no mesmo porto de Vilaxoán o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán

O ALCALDE DE A ILLA COMEZA A SUA CARREIRA CARA A SECRETARIA XERAL DO PSdG-PSOE 22.04.2013

Será nun acto que se celebrará as 20:30 horas na sede do partido e no que Manuel Vázquez explicará o seu proxecto para liderar o partido. Con Manuel Vázquez falabamos esta mañá en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA..

REUNION ENTRE XUNTA E CONCELLOS PARA ABORDAR OS PROBLEMAS DOS DESAFIUZAMENTOS 22.04.2013

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, mantiveron esta mañá unha reunión con alcaldes da provincia para abordar o convenio sobre desafiuzamentos

PATACAS SOLIDARIAS EN MEIS 19.04.2013

En Meis, os veciños de As Nogueiras realizan estes días unha plantación solidaria de patacas con destino a diversos comedores sociais.

PREOCUPACION EN BARRO POLA OLEADA DE ROUBOS EN ESTABLECEMENTOS HOSTELEIROS 19.04.2013

Unha situación que tamén se vive con inquedanza dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Barro, ACEBARRO.

A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PUBLICO COMEZA AS MOBILIZACIONS NO SALNES 18.04.2013

culminarán cunha folga o día 9 de maio e concentracións o mesmo día en Vilagarcía e Pontevedra.

A ANPA DO COLEXIO A LOMBA DE VILAGARCIA DISPOSTA AS MOBILIZACIONS PARA O ARRANXO DO CENTRO 17.04.2013

A ANPA solicitou xa unha reunión co xefe territorial da Consellería de Educación, Cesar Pérez Ares e se non obteñen resposta os pais de alumnos estarán presentes con este problema no próximo pleno municipal de Vilagarcía previsto para o 29 deste mes para reclamar unha solución definitiva ó deteriorado estado do centro.

AS OBRAS DE REHABILITACIÓN E MELLORA DO MOSTEIRO DE ARMENTEIRA DARÁN COMENZO DE INMEDIATO CUNHA INVERSIÓN DE 308.000 EUR 16.04.2013

A Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta aunan iniciativas para mellorar o Patrimonio da Comarca do Salnés e da provincia de Pontevedra.

O CONSORCIO DO SALNES SEGUE AVANZANDO NA CAMPAÑA DO APAGON 15.04.2013

O comercio do Salnés reunese esta tarde coa titular da Dirección Xeral de Comercio da Xunta, Sol Vazquez Abeal, dentro dos actos iniciados polo colectivo na campaña do Apagón ante a situación de dificultade que está a atravesar o pequeño comercio.

A PRAZA DE ABASTOS DE VILAGARCIA CELEBRA O PRIMEIRO SORTEO DA CAMPAÑA PARA ELEXIR O MELLOR PLACEIRO 12.04.2013

O sorteo tivo lugar nas propias dependencias de Abastos coa asistencia de responsables da Dirección Xeral de Comercio e a concelleira de Mercados, Rocío Llovo.

TOUROPERADORES RUSOS VISITARAN EN MAIO A COMARCA DO SALNES 12.04.2013

Nolo decía esta mañá en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o presidente da mancomunidade do salnés, Gonzalo Durán.

OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES DO SALNES NON ASUMIRAN AS QUITAS RATIFICADAS POLO CONGRESO DOS DEPUTADOS 12.04.2013

Nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Ramón Otero, portavoz da plataforma.

SAUDARTE EN CAMBADOS DENDE O 12 Ó 28 DE ABRIL 10.04.2013

O Pazo de Torrado de Cambados acolle a partir deste venres a exposición Saudarte, que chega a súa septima edición, a segunda en Cambados.

A INDIA EN MEAÑO 10.04.2013

A Fundación Vicente Ferrer celebrou esta mañá no colexio de Meaño unha charla de intercambio cultural entre colexios galegos e escolas da India.

A DEPUTACION DE PONTEVEDRA ESTREA PORTAL WEB 10.04.2013

A deputación de Pontevedra conta dende esta mañá cun novo portal web: www.depo.es é a nova páxina da institucion provincial, que foi presentada esta mañá polo presidente da Deputación, Rafael Louzán nun acto no que tamén participou o Xefe de Servicio de Novas Tecnoloxías da Deputación, Amancio Varela.

MAIS AFORO PARA O ANTIGO SALON DE ACTOS DA CASA DE CULTURA DE VILAGARCIA 09.04.2013

O Concello e a Deputación de Pontevedra acaban de realizar a rehabilitación do Salón García da Casa de Cultura Rei Daviña a través dun convenio de Colaboración no que se investiron 208 mil euros.

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.