Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3724 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

GONZALO DURAN: "O PROXECTO DO AREA COMERCIAL DE DEIRO SEGUE ADIANTE" 07.06.2013

O alcalde, Gonzalo Durán, está convencido de que o proxecto da área comercial de Deiro seguirá adiante a pesar da situación de concurso voluntario de acreedores en que se encontra a promotora.

A RENUNCIA DE PARTE DO PROXECTO DOS PANTALANS NON SATISFAI A SOS PANADEIRA 07.06.2013

A plataforma SOS Panadeira exixe a retirada total do proxecto e seguirá na loita contra a construcción dos amarres , a pesar da retirada voluntaria dun pantalán situado fronte ó areal

EX-TRABALLADORES DE FAMECA RETOMAN PROTESTAS A ESPERA DO XUICIO 06.06.2013

Os extraballadores da empresa FAMECA en Caldas reanudaron esta mañá as suas accións de protesta en demanda do pago das mensualidades que a empresa xa extinta lles adebeda.

GONZALO DURAN DESCALIFICA AS ARGUMENTACIONS DE ANOVA SOBRE O CENTRO COMERCIAL 06.06.2013

O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, facía estas declaracións para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA durante a presentación, esta mañá, da Segunda Edición da Concentración Mototurística “Os de Valle” que se vai celebrar este fin de semana. Con Gonzalo Durán estivo Alba Piñeiro.

MAIO DEIXA NO SALNES 590 PARADOS MENOS 04.06.2013

O paro diminuiu en todo o estado, e tamén na provincia de Pontevedra, onde se rexistraron 3.241 parados menos que en abril.. E por comarcas, o paro baixou en todolos concellos das comarcas de O Salnés, Ulla-Umia, Pontevedra e Barbanza. Na comarca do Salnés, maio deixa 590 parados menos. Son bos datos que nos valoraba con satisfacción o secretario comarcal de UXT Ramón Vidal, nesta conversa en AROU...

A MANCOMUNIDADE ESTARA VIXIANTE PARA QUE SE LICITE A REDACCION DO PROXECTO DE AMPLIACION DO HOSPITAL DO SALNES 31.05.2013

O alcalde e presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, asegura que se manterán vixiantes para que a Consellería de Sanidade cumpra o seu compromiso de que a vindeira semana se licitará a redacción do proxecto de ampliación do Hospital do Salnés.

RIBADUMIA TEN TODO LISTO PARA A FESTA DO TINTO QUE COMEZA ESTE VENRES 30.05.2013

Por tal motivo, falabamos esta mañá en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA coa alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña.

OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES DO UMIA REUNENSE COS ALCALDES 29.05.2013

o colectivo do Umia ten esta tarde cita cos alcaldes de Caldas de Reis, Moraña, Portas, Cuntis y Barro para exixirlles unha postura firme na loita por recuperar os seus cartos. De elo falabamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Alberto Pereira, portavoz da plataforma do Umia...

A OPOSICION DE VILAGARCIA EN CONTRA DO HORARIO DE REANUDACION DO PLENO 29.05.2013

Sospeitan que o cambio de horario da sesión busca dificultar a asistencia dos veciños ó pleno

O BNG LEVA Ó PARLAMENTO O NOVO APLAZAMENTO DA AMPLIACION DO HOSPITAL DO SLANES 27.05.2013

Para a deputada nacionalista, trátase dunha nova excusa para frenar o proxecto, e así nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA en conversa coa nosa compañeira Cristina Terceiro.

OS 5 ULTIMOS MINUTOS MAIS BRILANTES DA HISTORIA DO XUVE 27.05.2013

O Xuven ven de proclamarse campión da fase de ascenso a Leb Prata...así o narramos nos...

O BNG PIDE A RETIRADA DO PROXECTO DE COMPORTAS PARA TRAGOVE 24.05.2013

O BNG solicita á Xunta a eliminación do proxecto de comportas no porto de Tragove en Cambados e que os fondos destinados para esta actuación se invistan no saneamento de Fefiñáns.

OS ALCALDES DO SALNES QUEREN ENTREVISTARSE CON FEIJOO SOBRE O HOSPITAL 24.05.2013

Os alcaldes do Salnés queren entrevistarse co presidente da Xunta para coñecer de primeira man a situación do proxecto de ampliación do Hospital do Salnés..

CAMBADOS ESCENARIO DO SPOT DA VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 23.05.2013

A praza de Fefiñáns en Cambados foi o primeiro emprazamento da grabación do spot oficial da Volta a España 2013.E ó tempo que ás cámaras realizaban as primeiras tomas no entorno de Fefiñáns, a deputación de Pontevedra e a empresa Unipublic presentaban este spot oficial que servirá como promoción turística da comarca do salnés...

CAMBADOS CONMEMORA O DIA DAS LETRAS GALEGAS COA MUSICA DE OSCAR IBAÑEZ 15.05.2013

Será o sábado no Auditorio da Xuventude e e nel Oscar Ibáñez presentará o seu novo disco Alén do Mar, integrado por poemas musicados de Ramón Cabanillas.

A XUNTA INVESTIRA 11 MILLONS DE EUROS NA ELIMINACION DE VERQUIDOS EN VILAGARCIA 15.05.2013

Os verquidos que veñen padecendo continuamente a praia Compostela e o río de O Con en Vilagarcía quedarán solventados cun proxecto que porá en marcha a Consellería de Infraestructuras e Medio Ambiente da Xunta.

A CONFRARIA DE SANXENXO EXIXE QUE A PESCA DEPORTIVA NON LIMITE A PROFESIONAL 14.05.2013

o pósito de Sanxenxo exixe que as probas deportivas non limiten á pesca profesional, considerando que as competicións non deberían realizarse en horarios nos que deben traballar as embarcacións profesionais. E a proposta que nos suxería esta mañá en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o patrón maior da confraría de Sanxenxo, Sauro Martínez.

O BNG LEVA Ó PARLAMENTO O ESTADO DO SACO DE FEFIÑANS EN CAMBADOS 13.05.2013

O grupo nacionalista presenta unha iniciativa parlamentaria para a súa resposta oral en comisión a raiz da declaración de zona c desta área, decretada pola Consellería do Mar o pasado mes de abril, e que non permite a comercialización do marisco extraído.

A PLATAFORMA DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES DO ULLA UMIA INICIA AS SUAS PRIMEIRAS ACCIONS 13.05.2013

Na comarca do Ulla-Umia acaba de crearse a plataforma de afectados polas preferentes cuns 45 integrantes, de los municipios de Caldas, Cuntis, Moraña, Portas y Barro. Alberto Pereira é o portavoz del recién creado colectivo, que nos anunciaba xa a primeira acción de protesta: asistirán este xoves á manifestación convocada en Cangas.

"SANXENXO DEGUSTA TAPAS" COMEZA O 17 DE MAIO A CUARTA EDICION 10.05.2013

De todo elo falabamos esta mañá en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Almudena Aguín, concelleira de Turismo de Sanxenxo.

Medio milleiro de persoas na manifestacion en vilagarcia contra a lomce 09.05.2013

En canto ó seguimento da folga, convocada en todolos niveis educativos e en todo o estado, na comarca do Salnés foi dun 75 por cento segundo os organizadores.

A PROTECTORA DE CAMBADOS EXIXE UNHA SANCION PARA CAAN POR INCUMPLIMENTO DE COMPROMISOS 09.05.2013

Segundo a presidenta do organismo cambadés, Olga Costa, a actual situación está a provocar que o refuxio de Cambados teña que actuar en moitos casos en fins de semana e festivos, cando é á canceira provincial a que está a recibir unha subvención de máis de 200 mil euros.

OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES FAN UN CHAMAMENTO A PARTICIPACION NA MANIFESTACION DO VENRES 08.05.2013

Os preferentistas ultiman os detalles da manifestación que sairá o venres ás 20:30 da tarde da praza da Ferreiría en Pontevedra. Falamos delo en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Ramón Otero, portavoz da Plataforma do Salnés.

CAMBADOS RENOVA CONVENIO CON EMPRESARIOS POLIGONO PARA USO DAS INSTALACIONS 06.05.2013

Nolo conta en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o alcalde de Cambados Luis Aragunde

O PARO DESCENDE NO SALNES EN ABRIL EN 152 PERSOAS 06.05.2013

O secretario comarcal de UXT Pontevedra, Ramón Vidal, valora os datos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.