Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

SERA UNHA BATEA ORIXINAL DAS RIAS BAIXAS A QUE ACOLLA A SAIDA DA VOLTA 10.07.2013

As augas de Vilanova acolleron esta mañá a presentación do punto de saída da Volta a España 2013, que como todos saben será o 24 de agosto dende unha batea sobre o mar vilanovés. Pois este emblemático punto de saída de proba ciclista española foi o lugar onde se deron cita ante os medios de comunicación todolos actores implicados neste acontecemento... Alí estiveron o presidente de Portos de Galic...

17 LOCAIS DE HOSTELERIA DE CAMBADOS PROMOCIONAN A VIEIRA 10.07.2013

A Asociación Cambados Zona Centro pon en marcha unha campaña con motivo da festa da vieira, que se celebra o vindeiro fin de semana en Cambados, van a levar a cabo os locais de hostalería asociados. A campaña foi presentada esta mañá polo   vicepresidente da asociación Cambados Zona Centro, Miguel Solla, o alcalde do Concello de Cambados, don Luis Aragunde, o patrón maior da Cofradia de Cambados,...

A XUNTA INVESTIRA 400 MIL EUROS NA MELLORA DO ALBERGUE XUVENIL DE AS SINAS 10.07.2013

A Xunta investirá case 400 mil euros na mellora do Albergue Xuvenil de As Sinas en Vilanova de Arousa. As instalacións recibiron esta mañá a visita da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, xa que alí se está a desenvolver esta tempada estival un dos campamentos organizados polo seu departamento, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, presidida por Ovidio Tato. Con ele...

A DEPUTACION BUSCA A IMPLICACION DOS COMERCIANTES NA VOLTA CICLISTA 09.07.2013

A Deputación de Pontevedra busca que a Volta a España sirva tamén de promoción do comercio local. Para tal fín, a institución provincial pon en marcha a iniciativa “POLA MIÑA VILA PASA A VOLTA” unha actividade a través da cal a Deputación pretende implicar a todos os municipios para ofrecer a mellor imaxe da provincia.

Costumes e tradicions de cambados no curso da uimp 09.07.2013

As costumes e tradicións de Cambados centran o curso da Universidade Internacional Menendez Pelayo que se celebra hoxe e mañá no Museo do Viño de Cambados. O alcalde, Luis Aragunde, e o director da UIMP, Domingo Bello Janeiro,participaron esta mañá no acto inaugural deste curso sobre "Etnografía e Antropoloxía: Costumes e tradicións cambadesas". E co director da UIMP, Domingo Bello Janeiro, falaba...

O obradoiro de emprego de vilagarcia rehabilita o parque de o castriÑo 09.07.2013

O Concello de Vilagarcía clausurou esta mañá o obradoiro de emprego que se veu desenvolvendo durante os últimos seis meses. 32 alumnos participaron nos tres módulos nos que estivo distribuido o obradoiro: de asistencia sociosanitaria, forestal e dinamización cultural. A parte máis visible dos traballos realizados é a rehabilitación do parque de O Castriño. De todo elo falabamos en AROUSA PONTEVEDR...

XUÑO REMATA NO SALNES CON 909 PARADOS MENOS 02.07.2013

Todolos concellos da comarca do Salnés rexistraron baixadas nos índices de paro, salientando Vilagarcía con 239 parados menos e Sanxenxo con 224 persoas que deixan de estar inscritas nas listas do INEM. Son datos que nos valoraba moi positivamente en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Ramón Vidal, secretario comarcal de UXT-

INICIANSE AS OBRAS DE MELLORA DA ESTRADA BAION-ANDRAS 02.07.2013

Os traballos suporán un investimento de 149.323 euros e contribuirán á mellora da seguridade viaria nesta estrada provincial, na que está previsto executar proximamente unha mellora máis ampla que incluirá a construción dalgunhas variantes.

INCIDENTES COA POLICIA NA PRIMEIRA MANIFESTACION DE PROTESTA DOS NASEIROS 01.07.2013

Incidentes con 4 feridos na primeira manifestación das convocadas pola flota da ria de arousa adicada á captura do polbo, celebrada esta mañá en Santiago. Segundo nos decía a AROUSA SI RADIO o patrón maior de Ribeira, José Perez, efectivos policiais realizaron cargas contra os manifestantes cun saldo de 4 mariñeiros feridos. A mobilización tivo lugar esta mañá fronte á Consellería do Mar en Santia...

UN VECIÑO DE MEAÑO BENEFICIADO DA CAMPAÑA SOLIDARIA DE AMIGOS DE GALICIA 28.06.2013

Diego Reinar, veciño de Meaño e pai de 2 xemelgos é o beneficiario da campaña " Se vende una ilusión" levada a cabo pola fundación Amigos de Galicia. Ademáis de darlle traballo a media xornada durante un mes, Diego tamén recibirá un paquete de alimentos mensual

O CONSORCIO TURISTICO DE SANXENXO DARIA POR BO REMATAR ESTE VERAN CO BALANCE DO ANO PASADO 28.06.2013

O mes de xullo comeza nun par de días... e o sector turístico fai previsións da tempada de verán... Dende Sanxenxo, o Consorcio de Empresarios Turísticos daría por ben rematar este verán cun balance como o do ano pasado.. De momento, segundo nos decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o presidente do colectivo, Alejandro Touriño, de momento non hai síntomas para ser demasiado optimistas.

GONZALO DURAN CONSTATA EN KIEL OS PREXUICIOS DE NON TER UN AEROPORTO COMPETITIVO 28.06.2013

Gonzalo Durán estivo estes días na cidade alemana de Kiel para promocionar a comarca do Salnés como destino turístico de praia, gastronómico e de intercambio de idiomas..

A FESTA DA VIEIRA ENCHERA CAMBADOS DE CULTURA MARIÑEIRA DO 18 O 21 DE XULLO 27.06.2013

Cultura mariñeira con numerosas actividades musicais, deportivas e gastronómicas encherán Cambados do 18 ó 21 de xullo na celebración da Festa da Vieira nas carpas que se instalarán ó longo do Paseo da Calzada. A décimo segunda edición deste evento presentouse na Oficina de Turismo de Cambados este mediodía coa presencia do alcalde, Luis Aragunde, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cor...

AS EMPRESAS DE VILAGARCIA RECIBIRAN FORMACION SOBRE RECURSOS EN TEMPOS DE CRISE 26.06.2013

As empresas de Vilagarcía recibirán asesoramento sobre recursos en tempos de crise... Será a través dunha actividade formativa organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra que comezará o 8 de xullo e terá unha duración de 8 semanas. Son accións que realiza a Institución Provincial a través do Fondo Social Europeo que aporta o 80 por cento do presupuesto.

SOS PANADEIRA DISPOSTO A CHEGAR OS TRIBUNAIS PARA IMPEDIR A OBRA DO CLUB NAUTICO DE SANXENXO 26.06.2013

Portos de Galicia deu o visto e prace ó novo proxecto presentado pola entidade que reduce o número de amarres previstos inicialmente e elimina por completo o pantalán norte. Pero sen embargo, o colectivo veciñal segue considerando ilegais as actuacións e mañá mesmo representantes de SOS PANADEIRA pretenden entrevistarse con responsables de Portos e tamén coa alcaldesa de Sanxenxo para coñecer a po...

OS PAIS DA UNITARIA DE XIL RECIBEN O RESPALDO DO CONCELLO 25.06.2013

En Meaño, os pais de alumnos da escola unitaria de Xil reuníronse esta mañá coa alcaldesa, Lourdes Ucha, para que concello se una a les na defensa do mantemento da unitaria. A reposta da rexedora reafírmase na postura xa anunciada días atrás: os pais teñen o total respaldo do concello pero sempre dentro do escaso marxe de manobra que lle deixa o feito de que as competencias en educación dependen ú...

VILANOVA PON EN MARCHA ACTIVIDADES DE VERAN PARA OS MAIS PEQUENOS 21.06.2013

Os nenos terán a posibilidade de practicar diferentes deportes como piragüismo, futbol, baloncesto e todo tipo de actividades ó aire libre. Todo isto o presentaba o alcalde Gonzalo Durán e a edil de xuventude, Nuria Morgade, esta mañá ante os medios, nunha rolda de prensa onde tamén se abarcaron outros temas.

A DEPUTACION MELLORA A SEGURIDADE VIARIA DE ESTRADAS DE MEIS E RIBADUMIA 20.06.2013

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e os alcaldes de Meis e Ribadumia, José Luis Pérez e Salomé Peña, respectivamente, asinaron hoxe sendos convenios para levar a cabo obras de reparación e reforma en estradas dos concellos de Meis e Ribadumia, por un importe total de 781.000 euros, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria nos tramos que así o precisen.

HABERA FESTA DA AMEIXA DE CARRIL PESE A TALLA MINIMA DECRETADA POLA XUNTA 20.06.2013

As directivas dos parquistas e da confraría de Carril decidiron non atender de momento a orde da Xunta que somete ós bivalvos a unha talla mínima baseándose nun informe dos seus asesores xurídicos. Segundo o mesmo, a xurisprudencia lles permite seguir comercializando a ameixa de menos de 38 milímetros ata que se resolva o contencioso interposto contra a orde da Consellería do Mar. Así nolo comenta...

Os alumnos do obradoiro de emprego realizaron unhas 70 obras urbanisticas en cambados 20.06.2013

O obradoiro clausurábase esta mañá nun acto celebrado no salón de plenos da Casa Consistorial coa presencia do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, e do alcalde de Cambados, Luis Aragunde. O rexedor cambadés avaliaba para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o resultado deste obradoiro que hoxe se clausurou.

PORTOS DE GALICIA DOTA DE MAIS AMARRES O PORTO INTERIOR DE CAMBADOS 19.06.2013

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán trasladouse esta mañá ata o porto cambadés de Tragove onde presentou este novo proxecto que acaba de ser adxudicado. A obra consiste na construcción de 100 metros lineais de superficie de atraque e na realización dun dragado de 450 metros cadrados

A METADE DOS ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO DA LANZADA XA TEÑEN TRABALLO 18.06.2013

A Mancomunidade do Salnés clausurou esta mañá a cuarta edición do Obradoiro de Emprego de Hostelería que se veu desenvolvendo dende o pasado decemboro no centro vacacional de A Lanzada coa participación dun total de 36 alumnos. No acto estivo presente a Conselleira de Traballo da Xunta, Beatríz Mato, así como o presidente da mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, e o presidente da Deputación Rafa...

DESTAPA VILAGARCIA PECHASE CON GRAN EXITO DE VENTAS E PUBLICO 17.06.2013

Vilagarcía pecha con éxito a iniciativa DESTAPA, unha ruta con variados pinchos anticrise proposta por 16 establecementos de hostelería da cidade, co respaldo da Asociación de Hosteleiros. Dende os establecementos participantes a valoración é moi satisfactoria.. Nolo comentaba para AROUSA SI RADIO Marcos Ramos, propietario do bar Lembranza.

PORTOS DE GALICIA INVISTE 1 MILLON 200 MIL EURO PARA O DIQUE DE ABRIGO DO XUFRE 17.06.2013

O porto do Xufre na Illa de Arousa contará en breve co tan agardado dique de abrigo. Será unha infraestructura de 240 metros liñeais por 5 de ancho, parámetros maiores do previsto inicialmente gracias á mellora presentada pola empresa adxudicataria das obras na súa oferta.

EDUCACION TAMEN PRETENDE O PECHE DOUTRA UNITARIA EN MEAÑO 14.06.2013

O sindicato CIG ensino anunciou esta mañá que a Consellería de Educación tamén está pensando en pechar a unitaria de Xil en Meaño, ademáis do das xa coñecidas de Bamio e Solobeira en Vilagarcía e Cova de Lovos na parroquia de Vilariño en Cambados. Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o representante de CIG ensino Duarte Correa

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.