Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3724 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O CENTRO DE ACOLLIDA DE ANIMAIS DA ARMENTEIRA COMEZA A SUA ACTIVIDADE 08.04.2013

PARA SABER MAIS DETALLES, FALABAMOS AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA CON GABRIEL RODRIGUEZ, XEFE DO SERVICIO DE ASISTENCIA INTERMUNICIPAL DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA

CAMBADOS COMEZA A SUA PROGRAMACION CULTURAL DE PRIMAVERA 05.04.2013

chega cargada de obradoiros, concertos, teatro, exposicións e festivais. Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA o alcalde de Cambados Luis Aragunde

REENCONTRO FELIZ ENTRE O CAN KREN E O SEU DONO 05.04.2013

O propietario do can Kren, que chegou a ofrecer 2.000 euros de recompensa pola sua aparición, foi recollelo esta mañá ó refuxio de Cambados, tras 12 días perdido.

A LONXA DE CAMBADOS LIDERA A DESCARGA DE PEIXE FRESCO DA PROVINCIA 05.04.2013

A lonxa de Portonovo é a de maior descarga de peixe fresco da provincia de Pontevedra cun incremento de máis do 30%. Un liderazgo que facía público esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Duran nunha visita ó peirao de Portonovo..

GARAVILLA COMEZA O TRASLADO DA MAQUINARIA DE CUCA 05.04.2013

De nada serviu a presencia das traballadoras da conserveira que permanecían na súa quenda de garda ás portas da factoría.

OS PARQUISTAS DE CARRIL PODEN SOLICITAR CRÉDITOS PARA A RESEMENTE DENDE 3.000 EUROS 04.04.2013

A agrupación de Parquistas acaba de asinar un convenio de colaboración con Novagaliciabanco, que permitirá a concesión de préstamos cun interés do 9% a devolver ata en cinco anos.

OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES DO SALNES RETOMAN AS MOBILIZACIONS EN PORTONOVO 04.04.2013

E trala concentración desta mañá, os afectados retomarán as mobilizacións a semana que ven, xunto cos seus compañeiros de Marín e Pontevedra.

OS TRABALLADORES DO PORTO DE VILAGARCIA RETOMAN AS MOBILIZACIONS CUNHA MANIFESTACION EN VIGO 03.04.2013

Os traballadores do Porto de Vilagarcía están convocados a un novo paro de duas horas, que se realizará mañá como xa veñen facendo cada xoves dende principios de ano.

A PARROQUIA DE CASTRELO EN CAMBADOS REDUCE O CONSUMO ENERXETICO NUN 50 POR CENTO 02.04.2013

A parroquia de Castrelo en Cambados reduciu o consumo enerxético nun 50 por cento coa instalación de 117 farolas de baixo consumo.

A CHUVIA E O PECHE DE CUCA PROVOCAN MAIOR PROLIFERACION DE RATAS NO FERRAZO EN VILAGARCIA 02.04.2013

O peche da fábrica Cuca de Vilaxoan e a falta de limpeza no seu entorno, xunto coas fortes chuvias deste inverno, son as causas da plaga de ratas que se está propagando por varios puntos de Vilagarcía.

A OCUPACION HOTELEIRA NO GROVE MOI SEMELLANTE A DO ANO PASADO 01.04.2013

Dende alí, a presidenta da Asociación de Hostelería, Beatriz Castro, nos facía un balance cunha ocupación semellante a do ano pasado.

A FESTA DA RAIA SUPERA AS 2.000 DEGUSTACIONS 01.04.2013

en Portonovo, celebrábase esta fin de semana unha nova edición da Festa da Raia totalmente renovada e que segundo os seus organizadores tivo moi boa acollida.

A ROMARIA DAS CABEZAS EN ARMENTEIRA TOMA O RELEVO DA SEMANA SANTA 01.04.2013

O mosteiro de Armenteira, en Meis, convértese hoxe no epicentro festivo da comarca do Salnés con motivo da celebración da Virxe das Cabezas.

OS HOSTELEIROS CONFIAN EN QUE CAMBIE O TEMPO PARA SALVAR A SEMANA SANTA 27.03.2013

para coñecer de preto cales son as expectativas deste ano, en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falamos con Roberto Gerpe, presidente da Asociación de Hosteleiros de Vilagarcía

O BNG DE VILAGARCIA PRESENTARA ALEGACIONS CONTRA A ORDENANZA DE USO DOS LOCAIS 27.03.2013

O BNG de Vilagarcía presentará alegacións contra a ordenanza aprobada polo goberno local.

AS ASOCIACIONS LEGALMENTE CONSTITUIDAS NON PAGARAN POLO USO DOS LOCAIS EN VILAGARCIA 26.03.2013

Así se declara dende o goberno de Vilagarcía tralo pleno celebrado onte onde un salón cheo de veciños indignados fixeron soar as suas protestas contra o novo regulamento aprobado polos votos do goberno local.

BNG E PSOE DE SANXENXO PIDEN A DEMISION DA ALCALDESA 26.03.2013

Dende os grupos da oposición de Sanxenxo, BNG, e PSOE, piden a demisión da alcaldesa tralos acontecementos vividos onte e esta mañá e que califican de antidemocrática e desproporcionada.

OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES SON DESALOXADOS DO CONCELLO DE SANXENXO 26.03.2013

Os afectados polas preferentes do Salnés foron desaloxados ás 8 desta mañá pola policía local do interior do salón de plenos do Concello de Sanxenxo

ENTRETENDAS REALIZA A SUA FEIRA DE LIQUIDACIONS DENTRO DA FESTA DA RAIA 25.03.2013

Unha iniciativa da que falabamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Julio Presas, presidente de ENTRETENDAS.

O SECTOR DA ALIMENTACION COMEZA UNHA FOLGA DURANTE TODA A SEMANA 25.03.2013

Mentres, sindicatos e patronal retoman negociacións para alcanzar un acordo que se prevé case imposible.

O VICEPRESIDENTE DA XUNTA EN MEAÑO EN CONVERSA CON AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA 22.03.2013

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, desplazouse a Meaño para coñecer de primeira man o resultado dun proxecto de saneamento realizado pola Mancomunidade do Salnés

SANXENXO INICIA CAMPAÑA GASTRONOMICA DEGUSTA DULZE 22.03.2013

Turismo de Sanxenxo comeza esta Semana Santa unha campaña de promoción gastronómica que se alongará durante todo o ano e que leva por nome DEGUSTA DULCE, no que participan 17 establecementos do municipio.

FOLGA DO SECTOR DA ALIMENTACION DURANTE A SEMANA SANTA 22.03.2013

O sector da alimentación da provincia estará de folga durante toda a Semana Santa para presionar à patronal na sinatura do convenio colectivo. Comezará o vindeiro luns e rematará o sábado..

OS INSTITUTOS DO SALNES CELEBRAN O DIA DA POESIA 21.03.2013

un total de seis institutos da Comarca do Salnés participan na segunda edición de “Marea de Versos”, unha actividade promovida pola Asociación de Pais de Alumnos do Instituto Castro Alobre de Vilagarcía.

OS HOSTELEIROS DE O GROVE CAMIÑAN CARA A FUSION CON EMGROBES E CIT 21.03.2013

A asociación de Hosteleiros de O grove iniciará despois de Semana Santa a toma de contactos con Empresarios Grovenses de Bens e Servicios (Emgrobes) e co Centro de Iniciativas Turísticas para buscar a mellor fórmula de fusión e desenvoler o proceso de cambio no sector.

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.