Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A CIG MOBILIZASE EN CONTRA DA REFORMA DAS PENSIONS 06.11.2013

O SINDICATO CIG CONVOCA MOBILIZACIÓNS PARA MAÑÁN E PARA O VINDEIRO XOVES DÍA 14 EN CONTRA DA REFORMA DAS PENSIÓNS. Dende a CIG Salnés consideran que esta nova reforma das pensións vai en detrimento da clase obreira e so favorece ós ricos e defradaudores xa que, entenden, provocará unha reducción das pensións actuais e futuras e pretende abocar á poboación á subscrición masiva de plans de pensións...

A REUNION SOBRE O CONFLICTO DE VALLE INCLAN COA XUNTA SERA NO PRAZO DE 10 DIAS 05.11.2013

AS EX-TRABALLADORAS DE VALLÉN INCLÁN TERÁN UNHA REUNIÓN COA SECRETARIA XERAL TECNICA DA CONSELLERIA DE TRABALLO NOS VINDEIROS 10 DÍAS. O Delegado Territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís recibiu esta mañá ás empregadas despedidas da residencia Valle Inclán despois do peche que mantiveron onte na Delegación da Xunta en Pontevedra. Nesta reunión, as ex-traballadoras informaron da situación ó d...

MAIS DE 1.000 PARADOS MAIS NO SALNES NO MES DE OUTUBRO 05.11.2013

A comarca do Salnés pechou outubro con 1.027 novos parados, o que eleva a cifra total de desempregados a 13.254, un 7,7 % máis que o mes anterior. A maioría deles proveñen do sector servizos con 709 parados máis, o que confirma a estacionalidade do sector turístico. Pola contra, baixan os desempregados na construcción en medio cento e tamén descende en 22 persoas a cifra de traballadores sen ocupa...

A XUNTA PRIMA O PROXECTO DO CIM DE CALDAS CON CASE 55 MIL EUROS 05.11.2013

O Centro de Información á Muller de Caldas, no que tamén están integrados os concellos de Barro e Portas, recibe da Xunta case 55.000 euros que irán destinados ó mantemento do centro e ó programa de conciliación. O proxecto unificado presentado polos tres municipios recibe así un dos maiores investimentos destinados pola Concellería de Igualdade ós centros de toda Galicia. A Xunta pretende, deste...

AS EXTRABALLADORAS DE VALLE INCLAN PECHANSE NA DELEGACION DA XUNTA E CONSIGUEN UNHA REUNION CON TOURIS 04.11.2013

O conflicto da Residencia Valle Inclán de Vilanova toma novos cauces.. As ex-traballadoras do xeriátrico, xunto cos seus representantes sindicais, pecháronse esta mañá no edificio da Xunta en Pontevedra, na novena planta, para esixir unha entrevista co delegado territorial José Manuel Cores Tourís. A intención e que éste, a súa vez, medie no seu conflicto e lles xestione unha reunión coa secretari...

AS OBRAS DA PONTE QUE UNE SISAN E BARRANTES ESTARAN REMATADAS A PRINCIPIOS DE ANO 04.11.2013

As obras de demolición e reconstrucción da ponte sobre o río Armenteira, en Ribadumia, que une ás parroquias de Sisán e Barrantes comezan despoís de varios meses de retraso. O aplazamento foi debido a que por esta ponte pasa unha tubería de abastece de auga a toda a comarca do Salnés, polo que se tivo que esperar ó remate do verán para que baixara o consumo da auga e se poidera dar paso a demolici...

OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES DO SALNES FAN UNHA NOVA RETIRADA DE FONDOS NO GROVE 31.10.2013

A Plataforma de Afectados polas preferentes do Salnés realizaron este mediodía a súa octava retirada coordinada de fondos. Nesta ocasión foi no Grove, na sucursal da praza de Arriba. Os afectados polas preferentes siguen na súa loita para recuperar os seus aforros e o vindeiro martes día 5 os representantes de todalas plataformas galegas farán entrega ó goberno da Xunta en Santiago das 30.000 sina...

A MANCOMUNIDADE DO SALNES FORMARA A 100 PERSOAS PARA A SUA INSERCION LABORAL 31.10.2013

A Mancomunidade do Salnés pon en marcha a partir de novembro o segundo Plan de Emprego de Formación para promover a inserción laboral de 100 persoas. Para elo contan cun orzamento máximo de 120 mil euros. A entidade comarcal está seleccionando os candidatos para que a partir de novembro reciban a formación en diferentes profesións. No primeiro Plan de Emprego de Formación, realizado o ano pasado,...

A EMPRESE TUNE EUREKA DE BAMIO RECIBE UN INXENIEIRO DO PLAN DE PRACTICAS LABORAIS DA DEPUTACION 31.10.2013

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou hoxe, no curso dunha visita xirada á empresa Tune Eureka SA, de Vilagarcía, que esta firma “aporta un gran valor engadido ao Salnés e a Galicia”. A institución provincial concedeu a esta empresa 1 técnico superior en Enxenería industrial mecánica dentro do seu Plan de Prácticas Laborais en empresas do sector privado, que onte foi ap...

VILAXOAN CELEBRA ESTE DOMINGO O PORQUIÑO A BRASA 31.10.2013

En Vilaxoán ultiman a cita gastronómica déaste domingo día 3 conmemorando San Martiño coa "Festa do porquiño á brasa". O evento está organizado polo Club de Remo Vilaxoán co fin de recadar fondos para as súas actuacións e o mantemento dos seus equipos deportivos. Tamén conta coa colaboración do Concello de Vilagarcía e do Fogar do Espeto, de Moraña, que se encarga de asar o principal ingrediente d...

O BO ESTADO DA MADEIRA ACETILADA DA ESTACION MARITIMA DE VILANOVA GARANTIZA A SUA PERDURABILIDADE 30.10.2013

O edificio da Estación Marítima de Vilanova de Arousa, creado hai ano e medio, recibiu esta mañá a primeira comprobación do estado da madeira acetilada coa que se construiu a infraestructura. Trátase da primeira construcción que se realiza en España con este novidoso material, a través dun tratamento que permite unha maior durabilidade nos acabados e tamén fronte ó ataque de fongos, o que permite...

ACTIVIDADES DE PARTICIPACION CIDADA EN VILAGARCIA ESTE VENRES PROMOVIDAS POR IKIFINDIK 30.10.2013

O colectivo de artistas emerxentes Ikifindik organiza para este venres día 1 en Vilagarcía diferentes actividades de participación cidadá baixo a denominación de “Peter's Room”, en colaboración con dous establecementos hosteleiros de Vilagarcía: a Goleta e o Bianco. En ambos lugares desenvolveranse ó longo da tarde de 17:30 a 23:00 horas actividades como concertos, cócteles, talleres de manualidad...

DANZA PARA A FIN DE SEMANA NO AUDITORIO DE VILAGARCIA 29.10.2013

O ESPECTACULO "DEZ" DA COMPAÑÍA NOVA GALEGA DE DANZA CHEGA Ó AUDITORIO DE VILAGARCÍA O VINDEIRO SÁBADO 2 DE NOVEMBRO AS NOVE DA NOITE. Tras dez anos de traxectoria, a compañia Nova Galega de Danza presenta o seu novo espectáculo de baile e danza no que se recollen ás mellores pezas que representaron durante estes anos na procura de reinvéntarse, collendo anacos do pasado e xuntandoós de diferentes...

CONCURSO DE CATADORES EN CAMBADOS PARA CELEBRAR O DIA EUROPEO DO ENOTURISMO 29.10.2013

As exportacións do Albariño creceron máis dun 25% durante a campaña 2012-2013. Máis de cinco millóns de litros de albariño comercializáronse en case 60 países diferentes. Tamén creceu notablemente o valor das exportacións, ata alcanzar os 26,3 millóns de euros. Por mercados, EE.UU. segue sendo o principal cliente da denominación. Alí vendéronse 2,5 millóns de litros. Séguenlle Reino Unido e Alemañ...

OS EMIGRANTES RETORNADOS PROTESTAN CONTRA FACENDA EN VILAGARCIA E EN MADRID 29.10.2013

Dia de mobilizacións dos Emigrantes Retornados do Salnés e do Ulla Umia en Vilagarcía e en Madrid. Os primeiros, a Plataforma do Salnés, congregou esta mañá na capital de Arousa a uns 300 afectados polas sancións da Axencia Tributaria nunha concentración realizada ante a delegación de Facenda, que se simultaneou con concentracións en todalas oficinas da Axencia Tributaria en Galicia. Paralelamente...

A MANCOMUNIDADE ULLA UMIA CLAUSURA A CAMPAÑA CONTRAINCENDIOS CON 130 INTERVENCIONS 28.10.2013

130 actuacións contra incendios realizaron as 8 brigadas forestais creadas na Mancomunidade Ulla-Umia para a loita contra o lume este verán. Segundo os datos feitos públicos esta mañá polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a meirande parte das actuacións foron en municipios alleos ós 4 concellos que a integran: Caldas, Cuntis, Moraña e Portas. As 8 brigadas aintiincendios...

CAMBADOS SIRVE DE MODELO PARA A REPUBLICA DE ESTONIA 25.10.2013

As actuacións do Grupo de Acción Costeira-Ría de Arousa en Cambados, realizadas con fondos europeos, están a servir de modelo para Estonia. O alcalde, Luis Aragunde, e a xerente do Grupo de Acción Costeira (GAC), Rosa Carballo, recibiron esta mañá a unha delegación integrada por 22 cidadáns de Estonia que acudiron a Cambados para coñecer de primeira man aspectos da situación económica e social do...

CUÑA ANA ANGUEIRA EN AROUSA SI RADIO 25.10.2013

Esta es la cuña de ANA ANGUEIRA que se está emitiendo en AROUSA SI RADIO, no 107.9 e no 89.9 de FM

EMPRESARIOS DE MEXICO VISITARAN O SALNES A VINDEIRA SEMANA 24.10.2013

Un grupo de empresarios procedente de México, concretamente da cidade de Aguas Calientes, de 1 millón de habitantes, visitará a comarca do Salnés a vindeira semana coa intención de coñecer as potencialidades turísticas e empresariais da zona. A visita foi promovida pola Mancomunidade do Salnés, continuando coa liña iniciada hai un ano de abrir o mercado local nos ámbitos turístico e comercial a ni...

Centos de estudiantes desafian a chuvia e protestan contra a politica do ensino do estado st 24.10.2013

A folga do ensino convocada contra a política do goberno do estado chegou hoxe ó seu terceiro e último día. Centos de personas, na súa maioría estudiantes de secundaria e universitarios, desafiaron á intensa chuvia desta mañá e sairon ás rúas de Vilagarcía e Pontevedra para amosar , unha vez máis, o seu rexeitamento á Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e á política de ensino do...

OS EXTRABALLADORES DA VALLE INCLAN AGARDAN CON ESPERANZA AS PRIMEIRAS SENTENCIAS 23.10.2013

El conflicto laboral en el seno de la Residencia Valle-Inclán continúa dando pasos. O Xulgado do Social nº3 de Pontevedra acolleu esta mañá dous novos xuízos polos 39 despidos decretados pola xerencia do xeriátrico dende principios de ano. Dende os sindicatos confían en que as sentencias que se vaian coñecendo se pronuncien ó favor dos traballadores despedidos. As defensas argumentan que os 39 ces...

A PRAZA DE PORTONOVO TERA CRISTALEIRAS DE CORES PARA EVITAR AS ALTAS TEMPERATURAS DO VERAN 23.10.2013

No prazo de un mes a praza de abastos de Portonovo contará con cristaleiras con cores especiais para evitar a entrada de altas temperaturas durante o verán. Para esta reforma investiranse arredor de 40.000 euros, cofinanciados entre Xunta e Concello nun 75% e 25% respectivamente. Asimesmo na actuación tamén se habilita un pequeno almacén para que os praceiros poidan depositar os seus utensilios. O...

O BNG CONSIDERA INSUFICIENTES OS 4 MILLONS DE EUROS DESTINADOS A AMPLIACION DO HOSPITAL DO SALNES 22.10.2013

O BNG califica de “irrelevantes” os 10 millóns de euros que os orzamentos da Xunta contemplan para a comarca do Salnés no exercicio 2014. A formación nacionalista reprocha que non existan partidas para a creación dos centros de saúde que demanda a comarca, a ausencia de orzamentos para centros de ensino, como o proxectado para Vilalonga, o de Magariños en Cambados, ou o de A Torre na Illa, e que t...

DIEGO JAVIER LORENTE NOVO DIRECTOR DA BANDA DE MEAÑO 21.10.2013

A Banda Unión Musical de Meaño ten xa novo director. Trátase de Diego Javier Lorente, un valenciano que concursou pola praza e que dirixiu durante seis anos á banda do Rosal, considerada unha da formacións de referencia en Galicia. Diego Javier Lorente concursou con outros catorce candidatos por conseguir a praza . Deles, catro eran valencianos, tres italianos e un zamorano. O resto eran galegos....

A ANPA DO IES DA ILLA ANALIZA MEDIDAS DE APOIO O DIRECTOR EXPEDIENTADO 21.10.2013

A decisión da Consellería de Educación de abrirlle expediente ao director do instituto da Illa, Alfonso Malvido, está a provocar un novo malestar na comunidade educativa do centro.. A directiva da ANPA decidiu convocar unha asemblea para mañá martes ás 7 da tarde no salón de plenos do Concello para analizar a situación. A ela están convidados non só os pais senón tamén profesores, alumnos e veciño...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.