Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

NOVAS INVERSIONS DA DEPUTACION PARA MELLORAS NOS PARQUES DE BOMBEIROS DO CONSORCIO PROVINCIAL 10.12.2013

Tanto o presidente da Deputación coma o vicepresidente da Xunta incidiron na importancia deste servizo, que dá cobertura a entre o 60 e o 70% da poboación da provincia (exceptuando os municipios de Vigo e Pontevedra que contan co seu propio parque), e no que traballan preto de 100 persoas.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E MARCHA SOLIDARIA EN VILANOVA 05.12.2013

O concello de Vilanova organiza un ano mais a campaña de recollida de alimentos e xoguetes para familias do concello que carecen de recursos e están sendo atendidas polos servicios sociais da localidade. O pasado ano beneficiaronse desta campaña 33 familias que grazas a esta axuda de alimentos e xoguetes pudieron disfrutar un pouco mais do nadal. Este ano o numero de familias que serán atendidas d...

OS ESPUMOSOS ELABORADOS CON ALBARIÑO VOLVEN POR NADAL 04.12.2013

Os viños espumosos elaborados con albariño volven cobrar relevancia por segundo ano consecutivo nestas festas de nadal. E para demostrar o ven que maridan con productos da nosa gastronomía, este domingo día 8 celébranse no Salón José Peña de Cambados as “II Xornadas de Exaltación de Espumosos Rías Baixas”, que son de asistencia de balde pero previa inscripción no concello de Cambados ou ben nas ad...

A MANCOMUNIDADE DO SALNES SEGUIRA APOSTANDO POLA PRESTACION CONXUNTA DE SERVICIOS NO ANO QUE VEN 04.12.2013

A mancomunidade do Salnés contará para o ano que ven cun orzamento de preto de 2,5 millóns de euros, que se incrementa nun 5% con respecto ó ano pasado e que será maior tendo en conta as subvencións que procedan doutras administracións. A entidade supramunicipal seguirá apostando pola prestación conxunta de servicios como sistema de eficiencia no gasto público, mesmo ampliando os principais servic...

A PLATAFORMA CONTRA A SUBA DO IBI DE VILAGARCIA TENTARA UN ACHEGAMENTO CO ALCALDE NA REUNION DE MAÑA NO AUDITORIO 03.12.2013

A Plataforma contra a subida do IBI en Vilagarcía tentará unha última negociación co alcalde Tomás Fole antes da manifestación convocada para o próximo día 13. Será na reunión aberta ós veciños que se celebrará mañá no Auditorio coa presencia de Tomás Fole e do Concelleiro de Independentes Benito Perez Dorgambide. Na reunión tamén estarán representantes dos sindicatos e das diferentes asociacións...

O BNG PIDE O CESE DA SECRETARIA DE URBANISMO DA XUNTA POLAS PRESUNTAS IRREGULARIEDADES URBANISTICAS DE SANXENXO 02.12.2013

O BNG de Sanxenxo solicita a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar de forma monográfica a presunta trama de corrupción urbanística que está a ser investigada polo xulgado de Cambados. Trala declaración ante o xuiz da alcaldesa, Catalina González, o pasado venres, a formación nacionalista segue pedindo a sua demisión por considerar que a sua situación empeorou ó manterse todolos cargos...

VILANOVA PRENDERA A VINDEIRA SEMANA O ARBOL DE NADAL UBICADO POR PRIMEIRA VEZ NA PRAZA DE O CASTRO 29.11.2013

Vilanova xa respira ambiente de Nadal. A vindera semana o concello procederá ó prendido do arbol ubicado este ano na praza de O Castro e se ultiman tamén os preparativos da Festa de Fin de Ano que o concello celebrará o día 31 para todolos veciños. Así nolo decía esta mañá en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o alcalde Gonzalo Durán, que tamén nos decía que agarda que a principios de ano poidan comezar...

O OFICIO DE CULTIVAR A AMEIXA DE CARRIL REFLEXADO NUNHA CURTAMETRAXE 28.11.2013

Unha curtametraxe documental sobre o cultivo da ameixa de Carril achegará ó público o arraigado e á vez ainda descoñecido oficio. Trátase do film “Feito a man. Historia dunha profesión” co que a Agrupación de Parquistas de Carril pretende poñer en valor o cultivo da ameixa como un dos recursos socioeconómicos máis importantes de Galicia. O documental grabouse durante 6 días inspirado nun estudio s...

A CONCELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR DE VILAGARCIA CONTARA PARA 2014 CUN 14 POR CENTO MAIS PARA PARTIDAS DE ACCION SOCIA 28.11.2013

A concellería de Traballo e Benestar de Vilagarcía contará cuns orzamentos de 1 millón 680 mil euros destinados a acción social e escolas infantís. A responsable do departamento, Elena Suárez, presentou esta mañá as contas da súa área, destacando o aumento dun 14% nas partidas de acción social, igualdade, atención ós dependentes, fomento e cultura. Tamén se incrementan as subvencións municipais pa...

SAL REUNESE ESTA TARDE PARA ANALIZAR AS DECLARACIONS DE CATALINA GONZALEZ 27.11.2013

As declaracións da alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, atribuindo ó entorno de Sanxenxo Agrupación Liberal as denuncias que orixinaron a investigación xudicial sobre presuntas irregulariedades urbanísticas non sentaron nada ben no seno da agrupación que dirixe Gonzalo Pita. Gonzalo Pita considera que as declaracións da alcaldesa son impropias dun cargo que representa a todos os veciños, polo...

CAMBADOS ORGANIZA AS SEGUNDAS XORNADAS DA ZAMBURIÑA COA PARTICIPACION DE 11 ESTABLECEMENTOS 27.11.2013

Cambados Zona Centro organiza ás segundas Xornadas de Exaltación da Zamburiña, nas que participan un total de 11 establecementos hostaleiros da localidade. O obxectivo é potenciar este sector en pleno outono -como se fai no Grove dende hai tempo coa centolla, ao tempo que se enxalza un dos produtos do mar máis típicos de Cambados, como é a volandeira, que pertence á familia da zamburiña. As xornad...

UN VIAL PERIMETRAL CEDIDO POR FOMENTO MELLORARA O ACCESO O HOSPITAL DO SALNES 26.11.2013

Os accesos ó Hospital do Salnés melloraranse coa construcción dun vial perimetral no tramo comprendido entre o hospital e a estrada de Baión. Trátase dun camiño que decorre paralelo a autovía e que na actualidade resulta case intransitable. Será cedido polo Ministerio de Fomento para incorporar á rede viaria do Hospital do Salnés. Así se acordou no encontro de traballo que esta mañá mantiveron o P...

A ASOCIACION AMENCER CELEBRA ESTE SABADO 30 AS III XORNADAS XOGAMOS TODOS, COMUNICACION E ALGO MAIS 26.11.2013

A asociación AMENCER de afectados por parálise cerebral e enfermidades afíns organizan este sábado 30 a terceira edición das xornadas XOGAMOS TODOS COMUNICACIO E ALGO MAIS. Será en Pontevedra, na Casa Azul, dende as 9 da mañá e prolongaranse durante todo o día ata as 8 da tarde. Relatorios, obradoiros e proxeccións cinematográficas integran estas xornadas. O prezo de inscripción é de 5 € os relato...

O CIM DE CAMBADOS CELEBRA O DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO CUNHA MESA INFORMATIVA 25.11.2013

O Centro de Información á Muller (CIM) do Salnés, con motivo do Día Internacional pola eliminación da Violencia de Xénero, instalou unha mesas informativas nos concellos que atende, Cambados, Meis e Ribadumia, na procura de asesorar ás mulleres respecto dos seus problemas e concienciar ás maltratadas para que dén o paso de denunciar a súa situación antes de que se agrave. As responsables do CIM le...

CATALINA GONZALEZ ASEGURA QUE NON HAI IRREGULARIEDADE NO URBANISMO DE SANXENXO E QUE NON VAI DEMITIR 25.11.2013

A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, asegura que non demitirá a consecuencia da sua imputación por prevaricación e tráfico de influencias nas investigacións abertas polo xulgado de Cambados que instrue o caso das supostas irregulariedades en varios expedientes urbanísticos da localidade, e que afectan ós chaléts de Dorrón, ubicados ó carón do cemiterio, a un edificio da rúa Progreso, á refo...

MONTE LOBEIRA TEN NOVO MIRADOIRO COMO RECLAMO TURISTICO 22.11.2013

Monte Lobeira ten dende hoxe un novo atractivo turístico. Trátase dun novo miradoiro, máis accesible e próximo que a propia cruz de Lobeira, e denominado Miradoiro da Raiña Dona Urraca por estar constatado históricamente a súa presencia neste enclave. Está situado no acceso á escalinata que sube ata a cima do monte e permite gozar dunhas espectaculares vistas sobre a ría de Arousa sen necesidade d...

FEIJOO ANUNCIA EN RIBADUMIA UNHA NOVA LEI DE MONTES E SANCIONS ECONOMICAS PARA OS INCENDIARIOS 22.11.2013

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou esta mañá en Ribadumia o XXV aniversario da empresa Kiwi Atlántico. Estivo acompañado pola Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, e por diferentes alcaldes dos municipios do Salnés. Tras unha visita ás instalacións da fábrica, Núñez Feijoo avanzou a posta en marcha dun paquete lexislati...

O BNG PRESENTA AS ENMENDAS OS ORZAMENTOS DA XUNTA NA COMARCA DO SALNES 19.11.2013

O BNG presenta unha enmenda á totalidade ós orzamentos da Xunta para o ano que ven, na que estan incluidas diferentes iniciativas e demandas para a comarca do Salnés. A defensa da sanidade e ensino públicos, a demanda de 6 millóns de euros máis na partida para a ampliación do Hospital do Salnés e a loita contra o paro son algunhas das propostas que nos comentaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a de...

OS TOUROPERADORES ALEMANS QUEDAN CONVENCIDOS DAS POSIBILIDADES TURISTICAS DO SALNES. 15.11.2013

Os touroperadores alemáns que estes días visitaron a comarca do Salnés, convidados pola Mancomunidade do Salnés, venderán en Alemaña as potencialidades turísticas da comarca. Tras unha estadía de tres días visitando os diferentes municipios do Salnés, os profesionais do sector turístico xermano quedaron gratamente sorprendidos pola paisaxe da nosa comarca, a gastronomía a cultura e o trato humano....

A CONSELLERIA DE MEDIO RURAL MELLORARA 5 KM DE VIAS RURAIS NO ULLA UMIA 14.11.2013

A Consellería de Medio Rural mellorará 5 kilómetros de vias rurais nos concellos que integran a Mancomunidade do Ulla-Umia -Caldas, Valga, Pontecesures, Portas e Moraña- cun investimento de máis de 318 mil euros. As obras, que se integran no Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2013/14, permitirán executar traballos de recuperación de vías rurais de comunicación e acceso a fi...

20 EMPRESAS DO POLIGONO DO SALNES INICIAN UN PLAN COMUN DE RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS 13.11.2013

20 EMPRESAS DO POLIGONO DO SALNES COMEZAN DENDE HOXE UN PLAN DE RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS. O Plan Valoriza é unha experiencia piloto de recollida selectiva dos residuos comerciais, como plástico e o cartón, que xeneran ás empresas dos polígonos de Cambados e de Ribadumia. O proxecto xurde dun convenio asinado entre a Asociación de Empresarios do Polígono do Salnés, que integra os parques de...

O REFUXIO DE CAMBADOS CELEBRA O TERCEIRO FESTIVAL DA PULGA PARA RECADAR FONDOS 13.11.2013

A Protectora de Animais de Cambados prepara ou seu terceiro Festival dá Pulga, que se celebrará a última fin de semana déaste mes en Cambados, non salón José Peña, no que este ano colabora AROUSA SI RADIO. A iniciativa vense celebrando dende hai 3 anos co obxectivo de conseguir financiamento para ou refuxio de animais de Cambados. O Festival dá Pulga 2013, terá lugar o sábado 30 de novembro no Sal...

SEN ACORDO A PRIMEIRA REUNION DAS EX TRABALLADORAS DE VALLE INCLAN COA CONSELLERIA DE TRABALLO 12.11.2013

O conflicto da Residencia Valle Inclán de Vilanova entra nunha nova fase. As traballadoras despedidas e os seus representantes sindicais mantiveron finalmente a tan agardada reunión coa Consellería de Traballo pero sen acadar ningún tipo de consenso previo. Agora, as afectadas e os seus representantes sindicais agardan unha nova xuntanza para a vindeira semana coa Consellería de Traballo e co admi...

O DIQUE FLOTANTE DO PORTO DE O XUFRE ESTARA REMATADO A FINAIS DE ANO 12.11.2013

Comezan as obras de construcción do dique flotante para o abrigo do muelle de O Xufre, da Illa de Arousa, no que Portos de Galicia inviste 1,2 millóns de euros. Portos de Galicia prevé que a infraestructura estea rematada a finais de ano, se as condicións meteorolóxicas non o impiden. O dique terá unha lonxitude total de 240 metros lineais dividido en 6 módulos que se conectarán entre sí formando...

PORTOS DE GALICIA DOTARA DE SISTEMAS DE VIXILANCIA E BRAZOS DE AMARRE O PORTO DE SANTO TOME DE CAMBADOS 07.11.2013

Portos de Galicia executará melloras nas instalacións portuarias das Goritas, no peirao de Santo Tomé de Cambados, coa dotacións de sistemas de vixilancia. Así mesmo, instalaranse brazos de amarre, que garantizan mellores condicións para a flota atracada nos pantaláns. Son actuacións, por un importe de 30.000 euros, que se prevé que estean executadas entre finais de ano e principios do que ven. As...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.