Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

KIKO VENENO, CHRISTINA ROSENVINGE E DELAFE Y LAS FLORES AZULES ACTUARAN NA FESTA DO ALBARIÑO DESTE ANO DENTRO DO PROGRAM 23.01.2014

O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, anunciou na feira Fitur de Madrid que o Festival "Música con Denominación de Orígen", financiado polo Ministerio de Cultura, se estreará nos meses de xullo e agosto. Trátase dun programa musical itinerante que vincula a dous concellos significativos entre as denominacións vinícolas españolas: Cambados e Peñafiel. Contra o que adoita ser habitual, Luis Aragunde...

SOS PANADEIRA VOLVE A PE DE PRAIA PARA OBSTACULIZAR OS TRABALLOS DO CLUB NAUTICO 21.01.2014

A Plataforma SOS PANADEIRA non mantén xa demasiadas esperanzas en que se poidan paralizar as obras dos novos pantaláns reanudadas polo Club Náutico de Sanxenxo. Integrantes do colectivo veciñal volveron esta mañá a pe de praia para obstaculizar na medida do posible as actuacións dos operarios do Club Náutico, pero sen poder evitar que se realizasen algúns traballos. I e que, segundo nos decía en A...

O CONCELLO DE CAMBADOS XA TEN A CESION PARA O VIAL ALTERNATIVO A AVDA DA PASTORA 21.01.2014

En canto melloren as condicións meteorolóxicas comezarán os traballos de ampliación do camiño interior da Avenida da Pastora como vial alternativo para ós vehículos agrícolas que quedaron sen acceso a consecuencia da dirección única imposta na avenida da Pastora o pasado decembro. O goberno local adopta esta medidas por mor das queixas dos residentes que recolleron sinaturas en protesta polas mole...

A NOVA EDAR DE O GROVE ESTARA LISTA PARA O VERAN 14.01.2014

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais de O Grove estará lista para entrar en funcionamento este verán. E a previsión do Conselleiro de Infraestructuras e Medio Ambiente, Agustín Hernandez, que esta mañá estivo no municipio meco supervisando as obras que está a executar o seu departamento cun investimento de máis de 8 millóns de euros. Con esta nova depuradora, O Grove deixará de depender d...

A ALCALDESA DE SANXENXO REITERA A SUA INOCENCIA NO PLENO EXTRAORDINARIO SOBRE A TRAMA URBANISTICA 13.01.2014

A alcaldesa de Sanxenxo , Catalina González, reiterou esta mañá ante o pleno extraordinario da corporación municipal, a súa inocencia na trama de irregulariedades urbanísticas que investiga o xulgado de Cambados. Na sesión extraordinaria convocada a petición dos grupos da oposición, Catalina González calificou como «denuncia falsa» a demanda por parte de particulares que provocou a apertura da inv...

O CONFLICTO DA RESIDENCIA VALLE INCLAN REANUDA AS MOBILIZACIONS TRALO PARON DE NADAL 10.01.2014

Os traballadores despedidos da Residencia Valle Inclán de Vilanova retoman a vindeira semana as mobilizacións, tralo parón das protestas durante as festas de Nadal. A partir do luns, traballadores e os seus representantes sindicais de UXT, CCOO e a CIG, reuniranse cada primeiro día de semana ó tempo que retomarán as concentracións e manifestacións tanto diante das instalacións de Vilanova como dia...

DURAN VIAXA A MEXICO PARA PROMOVER INTERCAMBIO EMPRESARIAL 10.01.2014

A mancomunidade do Salnés viaxará a vindeira semana a Mexico para asinar un convenio de intercambio empresarial. Unha delegación da mancomunidade , encabezada polo presidente Gonzalo Durán, e o xerente, Ramón Guinarte, estará durante tres días en AguasCalientes para poñer en marcha un proxecto de intercambio comercial e industrial. O obxectivo, a proposta do alcalde da cidade mexicana, é que empre...

SO 1 ALUMNO DOS 207 DO IES DE A ILLA ACUDIU ESTA MAÑA A CLASE 09.01.2014

Masivo respaldo unha vez máis da comunidade educativa da Illa de Arousa contra o cese do director do Instituto, Alfonso Malvido. Só un alumno dos 207 que hai no instituto da Illa, residente fora do concello, acudiu esta mañá a clase en resposta á chamada da Asociación de Pais e Nais do centro acordada en decembro de non enviar nin hoxe nin mañá aos seus fillos a clase. Os pais tamén realizaron unh...

A CONFRARIA DE VILAXOAN RECIBIRA 102.000 EUROS PARA REXENERACION DOS BANCOS E VIXIANCIA CONTRA O FURTIVISMO 09.01.2014

A confraría de Vilaxoan recibirá da Consellería do Mar 102.000 euros en concepto de axudas para rexenerar os bancos marisqueiros e para vixiancia contra o furtivismo. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, proseguiu esta mañá en Vilaxoán a rolda de visitas ós pósitos da ría de Arousa, acompañado nesta ocasión, polo alcalde Tomás Fole e o patrón maior da confraría...

OS MUNICIPIOS ASOLAGADOS POLO TEMPORAL TENTAN RECUPERAR A NORMALIDADE 07.01.2014

A normalidade tenta recuperarse nos municipios do Salnés e do Baixo Ulla que rexistraron anegamentos polo temporal de chuvia das últimas horas. En todo caso, os veciños de Cuntis e Caldas mantéñense alerta... I e que en Cuntis, o desbordamiento del río Gallo hizo desaparecer, literalmente, el paseo fluvial de Cuntis entre el balneario y la carretera N-640. En Caldas, o Umia no desbordó de momento...

A CREACION DE EMPREGO SERA O OBXECTIVO DESTE ANO DA MANCOMUNIDADE DO SALNES 03.01.2014

A creación de emprego será o principal obxectivo das iniciativas que porá en marcha este ano o Concello de Vilanova e a Mancomunidade do Salnés. O alcalde e Presidente da entidade comarcal, Gonzalo Durán, anunciou esta mañá que ten xa solicitada unha entrevista co Conselleiro de Industria, Francisco Conde, para analizar as posibilidades de promover a actividade empresarial. Asimesmo, dende a Manco...

ONGS DE VILAGARCIA RECIBEN 6.000 € DO CONCELLO POLA CAMPAÑA DE NADAL. 30.12.2013

O Concello de Vilagarcía asinou esta mañá un convenio coas ONG's Fundación Amigos de Galicia, Cruz Vermella e Cáritas Interparroquial de Arousa para a Campaña de Nadal 2013, cunha partida de 6.000€ para cada entidade. O obxetivo deste campaña é axudar a 45 familias que se encontran en estado de emerxencia social e, a maiores, mercar alimentos, roupa, mantas e calefactores para ás personas que se e...

FOLE CALIFICA DE ESPERPENTO O PLENO DE ONTE 27.12.2013

O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole califica de “esperpéntico” o pleno celebrado este xoves no que se aprobaron os presupostos e a subida de taxas municipais. O rexedor aduce para tal calificativo tanto o comportamento e formas dos veciños presentes na sesión como polo contido dos argumentos dos grupos da oposición. Segundo o alcalde, a oposición non explica ós vilagarciáns as consecuencias de non...

OS GRUPOS DA OPOSICION DE VILAGARCIA ACORDAN RETIRAR A SUBIDA DO IBI SE NAS MUNICIPAIS O PP NON TEN MAIORIA ABSOLUTA 27.12.2013

Todolos grupos da oposición de Vilagarcía comprometéronse coa Plataforma contra a subida do IBI consensuar un acordo para botar abaixo a subida do IBI se nas vindeiras eleccións municipais o PP non consigue maioría absoluta. O colectivo aposta a partir de agora por medidas políticas para tentar que as suas propostas salgan adiante. Nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA José Luis Lorenzo, porta...

A CIG INICIA A RECOLLIDA DE 15.000 SINATURAS PARA PRESENTAR NO PARLAMENTO UNHA INICIATIVA POPULAR DE CREACION DE EMPREGO 27.12.2013

O sindicato CIG iniciará unha campaña de recollida de 15.000 sinaturas para poder presentar a debate no Parlamento de Galicia unha Iniciativa Lexislativa Popular sobre as 100 medidas de creación de emprego propostas polo sindicato nacionalista. Paralelamente á recollida das rúbricas necesarias, que se prolongará ata o 2 de abril, a CIG tamén realizará charlas informativas e presentará mocións en t...

DURAN RESALTA A VOLTA CICLISTA COMO O ACONTECEMENTO RELEVANTE NO SALNES NO 2013 27.12.2013

O alcalde de Vilanova e presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán facía balance das actuacións realizadas no 2013, tanto a nivel municipal como dentro da Mancomunidade do Salnés.. A saída de Volta Ciclista a España dende Vilanova e o seu paso polo Salnés, a ampliación da senda do litoral e as melloras no colexio de Tremoedo son algúns dos asuntos destacados por Gonzalo Durán. Escoitamos...

VILANOVA INICIA EN 2014 UN AMBICIOSO PROXECTO PARA O TERRON QUE INCLUE PISCINA MUNICIPAL E BALNEARIO 20.12.2013

O Concello de Vilanova porá en marcha o vindeiro ano un ambicioso proxecto de remodelación do campo de futbol do Terrón e o seu entorno. A primeira fase suporá a renovación dos vestiarios e as obras comezarán en 2014 cun presuposto de 300.000 euros. A segunda fase incluirá a construcción dunha piscina municipal e a terceira a creación dun balneario, actuacións para as que o concello todavía esta n...

UNHA CADELA DE TERAPIA DO REFUXIO DE CAMBADOS CONVERTIDA EN SALVAVIDAS 19.12.2013

Unha cadela de terapia do refuxio de Cambados, chamada Mimi, salvou a súa cuidadora de acollida, a veciña de Pontevedra Dora Pampin, das consecuencias dun ictus, poñendo sobre aviso da situación á familia cos seus ladridos. A cadela tamén lle está a ser de gran axuda na sua recuperación. Escoita a súa historia nesta conversa coa nosa compañeira Alba Piñeiro en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA..

AVANZA A TRAMITACIÓN DO PROCESO DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA EN LOIS E MONTES DE RIBADUMIA. 19.12.2013

AVANZA A TRAMITACIÓN DO PROCESO DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA EN LOIS E MONTES DE RIBADUMIA. A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña e o delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís xunto con técnicos da administración presentaron esta mañá o último expediente da concentración parcelaria que se esta a levar a cabo en Lois e en Montes de Ribadumia. O documento será publicado no DOG e estará...

O BNG COMEZA NO SALNES A SUA CAMPAÑA EN DEFENSA DO COMERCIO GALEGO E EN CONTRA DOS GRANDES CENTROS COMERCIAIS 13.12.2013

O BNG reclama unha moratoria, de alomenos un quinquenio, que evite a implantación de grandes áreas comerciais de xeito xeneralizado, para evitar que se siga prexudicando ós pequenos comercios. Para o BNG é posible outro modelo de comercio en Galicia, tal como decía esta mañá en Vilagarcía a deputada nacionalista Montserrat Prado. O BNG comeza así no Salnés unha campaña de defensa do comercio local...

O PP DO SALNE CELEBRA A SUA CEA DE NADAL COA PRESENCIA DE FEIJOO E ENTRE CRITICAS DO PSOE 13.12.2013

O Partido Popular do Salnés celebrará en Vilanova a súa cea de Nadal. Será mañá, ás 21.30 horas no pavillón municipal, e está prevista a asistencia de 1.300 persoas coa presencia de altos cargos do PP, como o presidente da Xunta. Unha celebración que levantou as críticas do PSOE de Vilanova pola utilización de medios e operarios do concello na preparación do pabillón nun evento político. En contes...

XORNADAS DE LICORES E AGUARDENTES DE GALICIA ESTA FIN DE SEMANA EN CAMBADOS 12.12.2013

O Salón José Peña de Cambados acolle esta fin de semana as Xornadas de Degustación e Maridaxe das Aguardentes e Licores Tradicionais de Galicia, que se celebran por vez primeira en Cambados. O obxetivo é promocionar o sector e achegar ó consumidor todas as potencialidades que ofrecen estes licores de calidade que se producen no país. As actividades organizadas polo consello regulador, coa colabora...

O COMERCIO DE CAMBADOS CELEBRA O NADAL CON PROGRAMACION INFANTIL, SOLIDARIEDADE E SORTEO DE 1.000 € EN VALES. 11.12.2013

A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro celebrará o Nadal cun programa de actividades infantís, como a despedida do ano unha vez máis con lacasitos, un sorteo de 1.100 euros en vales-compra, e unha iniciativa solidaria de recollida de xoguetes.. Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Juan Rey, presidente de Zona Centro de Cambados. Descarga e escoita a entrevista se queres saber os...

OS BOLECHAS ABREN A SUA XIRA DE NADAL EN VILAGARCIA CUN ESPECTACULO MUSICAL 11.12.2013

OS BOLECHAS VOLVEN ESTE NADAL A VILAGARCÍA CA ESTREA DO SEU NOVO ESPECTÁCULO "OS BOLECHAS CANTAN CON LADY VINA". Os Bolechas abren a súa xira de nadal e presentarán o seu novo espectáculo no auditorio de Vilagarcía, onde xa é un clásico das navidades dos vilagarciáns máis pequenos. Será o vindeiro domingo 22 de decembro ás 18:30 da tarde e as entradas xa se poden adquirir a través da páxina de Ser...

MARATON DE COCIÑA SOLIDARIA EN BENEFICIO DE CARITAS 10.12.2013

O I Maratón de Cociña Solidaria destinará menús de nadal a beneficio de cáritas. O Centro Comercial Arousa acollerá o día 19, na segunda planta, o primeiro Maratón de Cociña Solidaria en beneficio de Cáritas. Durante 10 horas seguidas, as duas promotoras desta iniciativa, Maribel Fernández Varela e María Eugenia Longa, cociñarán con termomix unha serie de menús de nadal para donar posteriormente a...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.