Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

LLOVO TRASLADA A COORDINADORA DE ANPAS QUE NON TEN MAIS REMEDIO QUE PRIORIZAR AS ACTUACIONS 25.02.2014

O marxe da polémica da expulsión do concelleiro de Esquerda Unida, o pleno de Vilagarcía deu o respaldo de toda a corporación ás demandas da comunidade educativa da Escardia, que onte acudiron ao pleno que se celebraba en Ravella. As deficiencias do colexio do centro debatéronse a través dunha moción presentada polo BNG, que recibiu o apoio de todolos grupos municipais pero coa petición de compren...

A ALIANZA SOCIAL GALEGA CONVOCA MANIFESTACION ESTE XOVES CONTRA AS POLITICAS DO ESTADO 25.02.2014

A Alianza Social Galega, colectivo integrado por máis de 60 organizacións sociais e sindicais de todo o país, presentou esta mañá en Vilagarcía a mobilización que se desenvolverá este xoves 27 nas principais cidades de Galicia, contra as políticas de recorte e privatización do goberno do estado. En Vilagarcía a manifestación partirá ás 8 da tarde da Avenida da Mariña. Nolo contaba en AROUSA PONTEV...

A POXA POLO XERIATRICO VALLE INCLAN SERA O 26 DE MARZO. 24.02.2014

A POXA DOS TERREOS E EQUIPAMENTO DA RESIDENCIA VALLE INCLAN DE VILANOVA SERÁ O PROXIMO 26 DE MARZO NO XULGADO DO MERCANTIL DE PONTEVEDRA. Os bens foron valorados en 5,3 millóns de euros. Se non hai ninguén que puxe por esta cantidade, o xulgado poderá adxudicalos directamente a quen pague un 30 % do total, é dicir, 1,6 millóns de euros. A poxa é conclusión do proceso de liquidación a que está some...

O ALCALDE DE VILANOVA CUESTIONA A PRESENCIA DE GARDAS CIVIS ARMADOS NOS REXISTROS DE ORGANISMOS PUBLICOS. 21.02.2014

O alcalde de Vilanova referíase esta mañá na rolda de prensa habitual dos venres ás investigacións xudiciais sobre posibles casos de corrupción. Entende Gonzalo Durán que debe existir un respeto entre os tres poderes do estado,- executivo, lexislativo e xudicial- e cuestiona a presencia da Garda Civil nos rexistros de concellos e organismos públicos con axentes armados “como se delincuentes se tra...

O BNG LEVA O PARALMENTO O CONFLICTO DA RESIDENCIA DE VALLE INCLAN 21.02.2014

O Bloque Nacionalista Galego presenta no Parlamento Galego unha Proposición non de lei e unha serie de preguntas a debatir en Comisión en relación co concento para xestión de servizo público da Residencia Valle Inclán. A deputada parlamentar do BNG, Montserrat Prado mantivo esta mañá un encontro coas traballadoras despedidas de Valle Inclán para presentar esta iniciativa que vai a expoñer para o s...

VILANOVA RECALIFICARA O PAZO VISTA REAL PARA PODER REFORMAR O INMOBLE E DESTINALO A USO PUBLICO 21.02.2014

O Concello de Vilanova realizará unha modificación puntual das normas urbanísticas non referente á superficie do Pazo Vista Real para permitir actuacións de mellora non interior do inmoble. Esta recalificación, que conta xa co beneplácito da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, porá fin a situación de protección integral da que goza o inmoble e que impide eliminar os elementos arquitectónicos i...

O COLEXIO DE DEIRO PODERIA RECUPERAR A ACTIVIDADE LECTIVA A MEDIADOS DA SEMANA QUE VEN 14.02.2014

As obras de reparación do tellado do colexio de San Miguel de Deiro avanzan a bo ritmo e segundo o alcalde, Gonzalo Durán, están case rematadas, para poder recuperar a actividade lectiva a mediados da semana que ven. O investimento para a sustitución do tellado que voou polos aires cun dos temporais ronda os 90.000 euros, e o alcalde vilanovés asegura que non ten máis que alabanzas coa actitude da...

A XUNTA CEDE A CALDAS A TITULARIDADE DO CENTRO COMARCAL 14.02.2014

O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda visitou esta mañá as instalacións do Centro Comarcal de Caldas para asinar un convenio no que se cede a tituralidade do edificio ó Concello de Caldas. O Centro Comarcal so estaba sendo utilizado pola Consellería do Medio Rural que non ocupaba a totalidade do edificio polo que se dediciu que a partir de agora estas intalacións pasen a ser de uso municipal. Se...

O XORNALISTA VILAGARCIA PAULO GARCIA PRESENTA A SUA OPERA PRIMA DESGASTE VITAL 13.02.2014

O xoven xornalista vilagarcián Paulo García presenta mañá ás 8 da tarde no Auditorio de Vilagarcía o seu primeiro libro “Desgaste vital”, No acto estará acompañado pola escritora orixinaria de Catoira, Anxos Sumai, que vén de recibir o Premio García Barros pola súa última novela, A lúa da colleita. Paulo García Conde (Vilagarcía, 1990) está licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de...

A COCIÑEIRA GROVENSE LORENA MOLDES SATISFEITA POLO SEU POSTO NO CONCURSO A COCIÑEIRO DO ANO 13.02.2014

En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falabamos con Lorena Moldes de cómo foi o seu paso polo concurso.

OS ALUMNOS DO COLEXIO DE DEIRO IRAN DENDE O LUNS A TREMOEDO MENTRES REPARAN O TELLADO DO SEU CENTRO. 07.02.2014

Os alumnos do Colexio de San Miguel de Deiro, en Vilanova, reanudarán as clases o vindeiro luns no centro educativo de Tremoedo. Os operarios están traballando para reparar o tellado do colexio de San Miguel, desfeito polo temporal, e en previsión de que as obras se alonguen no tempo , Educación optou por esta alternativa para á que se habilitará un transporte escolar especial. Nolo decía en AROUS...

CATALINA GONZALEZ PIDE O CESE DE PEDRO CAMPOS COMO MEMBRO DO CONSELLO DE ADMINISTRACION DE NAUTA SANXENXO 06.02.2014

Sanxenxo e os polémicos pantaláns do Club Náutico volven ser referencia informativa, pero hoxe dende a perspectiva do Concello. Despois da comparecencia pública de onte do Real Club Náutico, hoxe foi a alcaldesa Catalina González, e tamén presidenta de la empresa pública Nauta Sanxenxo, a que ofreceu unha rolda de prensa sobre as actuacións da entidade E nesa comparecencia, a alcaldesa de sanxenxo...

A CONCENTRACION PARCELARIA DE OUBIÑA ENTRA NA FASE DE INVESTIGACION DE PARCELAS 06.02.2014

A consecuencia dos efectos do temporal no edificio da Xunta en Pontevedra, onde se desprendeu parte do revestimento da fachada da planta baixa, o delegado territorial da Xunta non puido estar presente na reunión celebrada esta mañá en Cambados para analizar o inicio da segunda fase da concentración parcelaria de Oubiña. A actuación supón a reorganización da propiedade de 42 hectáreas, divididas ap...

OS PANTALANS DO NAUTICO DE SANXENXO RECIBEN O APOIO EXPLICITO DO PATRON MAIOR DA CONFRARIA E DE DEPORTISTAS OLIMPICOS 05.02.2014

O Club Náutico de Sanxenxo segue defendendo a lexitimidade dos seus polémicos pantaláns pero agora faino co apoio de colectivos como a Confraría de Pescadores e deportistas olímpicos. Na rolda de prensa convocada esta mañá pola entidade náutica, o patrón maior do pósito, Sauro Martínez, pronunciábase a favor da construcción dos pantaláns, apoiando algo que consideran xusto e de dereito e condenand...

O SECTOR VITIVINICOLA E O MAIS INTERESADO ATA O DE AGORA EN ABRIR MERCADO A TRAVES DE MEXICO 31.01.2014

O sector vitivinícola é o máis interesado ata o momento en abrir mercados con México como vía de entrada a EEUU. Eso é o que se aprecia, alomenos, dende a Mancomunidade do Salnés que xa comezou cos preparativos dunha nova viaxe a cidade de AguasCalientes , co motivo de continuar coas negociacións para que os empresarios da comarca poidan emprender novas vías de comercio no mercado internacional. E...

VILLANUEVA FALA DA PRESENCIA DE PERSOAS NA SOMBRA INTERESADAS EN FAVORECER O FURTIVISMO 31.01.2014

Situación normalizada en Carril despois da liorta na que acabou un operativo contra o furtivismo que se desenvolveu onte pola mañá. o balance do operativo non é nada desdeñable. Tres actas de denuncia e dúas de incautación; vinte persoas expulsadas do mar; 55 quilos de marisco de talla non regulamentaria requisados; dous raños, un saco, catro capachos e un anciño incautados, e unha tremenda liorta...

AMIGOS DE GALICIA PROXECTA UNHA EMPRESA DE PRODUCTOS ECOLOXICOS PARA DAR EMPREGO A 12 MULLERES 30.01.2014

A Fundación Amigos de Galicia pretende poñer en marcha, no prazo de mes e medio,, a apertura dunha empresa que comercialice productos ecolóxicos de granxas agrícolas para poder así dar traballo a algunhas das mulleres sen recursos ás que axuda esta ONG. Nun principio, a idea é empregar a 12 mulleres e para elo a entidade está buscando suelo industrial -o una nave ya construida- en diferentes políg...

O XERENTE DO CLUB NAUTICO DI EN AROUSA SI RADIO QUE HAI MOITO DESCOÑECEMENTO INTENCIONADO SOBRE O PROXECTO DOS PANTALANS 29.01.2014

O xerente do Club Náutico de Sanxenxo, Roy Alvarez, explicounos esta mañá en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA os criterios polos que a entidade asegura que a instalación do seu novo pantalán é absolutamente legal, conta con todos os permisos necesarios , é respectuoso co medio ambiente e deixa moito máis limpa a lámina de auga fronte ás praias dos Barcos e A Panadeira. Segundo Roy Alvarez, a actuación...

A PROTECTORA DE VILAGARCIA AGARDA REMATAR O VENRES O TRASLADO A PIÑEIRAL DO REI 28.01.2014

A Protectora de Animais de Vilagarcía prevé finalizar este venres o traslado de animais ó novo refuxio de Piñeiral do Rei, A Protectora está aproveitando o traslado para desparasitar ou tratar aos animais que o precisan e que agora poden estar illados mentres reciben o tratamento. A directiva, que esperaba o traslado dende hai meses, amósase moi satisfeita e así nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA...

O BNG DE VILAGARCIA CALIFICA DE ATENTADO CONTRA A DEMOCRACIA O ACONTECIDO NO PLENO DE ONTE 28.01.2014

A portavoz do BNG de Vilagarcía, María Villaronga, analizou en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a sesión plenaria de onte , na que non faltaron as acusacións cruzadas e os enfrontamentos dialécticos entre a oposición e o grupo de goberno, e que rematou coa saída dos concelleiros do BNG en sinal de protesta e un peche no concello por parte de Esquerda Unida durante 24 horas, que remata as 5 desta tarde.

O GROVE PEDIRA A DECLARACION DE INTERES CULTURAL PARA O XACEMENTO DE ADRO VELLO 27.01.2014

O concello de O Grove solicitará a declaración de Ben de Interés Cultural para o xacemento arqueolóxico de Adro Vello co fin de conseguir unha maior protección para a zona. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de O Grove, Miguel Angel Pérez, comprobaron esta mañá os traballos de limpeza e recuperación do xacemento que está a desenvolver a Deputación de Pontevedra. O xacemento arq...

VILAGARCIA PRESENTE EN FITUR COS SEUS CASTROS E PAZOS. 24.01.2014

Dentro da oferta de turismo cultural de Turismo Rías Baixas, está tamén a proposta de Vilagarcía. O concello cre que pode sacar rendemento turístico dos seus castros e pazos grazas ás edificacións existentes en Sobrán, Vista Alegre ou Rubiáns, sen esquecer o Castro Alobre nin os petroglifos de Bamio, a ruta das camelias, e as visitas a Cortegada. Nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA dende FIT...

TURISMO RIAS BAIXAS VENDE EN FITUR RUTAS DE CASTELOS E XACEMENTOS 24.01.2014

Turismo Rias Baixas vende este ano cara ó exterior un turismo cultural centrado na Ruta dos Castelos e na Ruta dos Xacementos baixo o título “Rías Baixas nos albores da historia”. Neste proxecto común están representados os diferentes municipios das nosas comarcas. A primeira das rutas fai un percorrido por 16 castros da provincia, entre eles Castro Alobre, mentres que a Ruta dos Castelos inclúe a...

DURAN ANIMA OS EMPRESARIOS DO SALNES A EXPORTAR CARA MEXICO 24.01.2014

O Presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, anima ós empresarios do Salnés a aproveitar sen demora os bos resultados da súa viaxe de 6 días á cidade mexicana de Aguascalientes. I e que a delegación do Salnés regresou con moi boa impresión respecto das posibilidades de negocio que ofrece o país azteco. E froito delo, a mancomunidade trae asinado un acordo de colaboración no que a entida...

OS EMIGRANTES RETORNADOS DO ULLA UMIA LEVARAN AS SUAS PROTESTAS A FEIRA DO COCIDO DE LALIN 23.01.2014

Os emigrantes retornados do Ulla Umia continuan na sua loita para que o Estado anule as sancións impostas ós pensionistas no extranxeiro por non declarar as súas retribucións. O Auditorio Municipal de Caldas acolleu esta semana unha nova asemblea da Asociación de Emigrantes Retornados de Ulla e Umia para informar aos socios das actividades realizadas ata a data e das que se pretenden acometer. Ent...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.