Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
AS XORNADAS DE VALLE INCLAN EN VILANOVA RECREARAN ESTE ANO A OBRA DO ESCRITOR CUNHA TRAVESIA EN BARCO DE VELA 18.10.2013 3:59
O Concello de Vilanova celebra a fin de semana do 26 as Xornadas de Valle Inclán este ano cun acto novidoso. Sera unha travesia a bordo dun barco de vela entre os concellos de A Pobra e Vilanova como representacion dun fragmento da obra Romance de Lobos, do escritor vilanoves. Este acto esta programado para o sabado 26, as 11 da maña se as condicions climaticas o permiten. Ademais tamen habera lec...
MELLORAS DO TELLADO E NA ESTRUCTURA NA PRAZA DE ABASTOS DE O GROVE 18.10.2013 2:24
A praza de abastos de O Grove mellorará a súa estructura exterior a través dun proxecto promovido pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta cun presuposto de 45.000 euros. En canto o tempo o permita, comezarase a traballar no exterior do edificio para solventar os problemas de humidades que ven arrastrando dende hai tempo as instalancións do mercado meco. De tal xeito que se arranxará o tellado e...
VILAGARCIA CONXELARA O IBI NO 2014 E INCREMENTARA AS ORDENANZAS MUNICIPAIS NUN 1,8% 18.10.2013 3:28
O concello de Vilagarcía manterá conxelado o IBI no exercicio económico de 2014. O goberno local presentará esta proposta ós grupos da oposición na que tamén se inclue unha reducción do IPC na revisión das ordenanzas municipais que se quedará no 1.8%. Nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole.
O SCROPBOOKING DE NOVO EN CAMBADOS ESTE SABADO 17.10.2013 2:43
O SCROPBOOKING VOLVE A CAMBADOS ESTE SABADO 19 O salón José Peña acollerá, por segundo ano consecutivo, un encontro a nivel galego de afeccionados e autores desta manualidade que consiste no deseño de álbumes de fotos personalizados con lenzos ou papel. A cita será este sábado 19 de outubro dende primeira hora da mañá. Os inscritos asisten a duas clases e farán o seu propio álbum cunha cuota de 80...
22 ALUMNOS COMEZAN EN VILAGARCIA O TERCEIRO OBRADOIRO DE EMPREGO DO SALNES 17.10.2013 5:41
22 alumnos comezarán hoxe en Vilagarcía o terceiro obradoiro de emprego que se pon en marcha na comarca do Salnés. Trátase do Vista Alegre II que se inaugurou esta mañá na sede da escola obradoiro coa presencia do alcalde, Tomás Fole e o delegado provincial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís. O obradoiro de emprego Vista Alegre II formará a 22 persoas en situación desemprego nas especialidades d...
A XUNTA INCREMENTARA NOS PRESUPOSTOS DE 2014 AS PARTIDAS PARA INTERNACIONALIZACION DOS VIÑOS GALEGOS 16.10.2013 1:12
A Xunta incrementará nos presupostos de 2014 as partidas destinadas a internacionalización dos viños galegos. Anunciábao esta mañá en Cambados a Conselleira do Rural, Rosa Quintana, despois de visitar as adegas Condes de Albarei e Martín Codax, así como a de Paco e Lola en Meaño, con motivo do fin da vendima. Unha colleita a deste ano que, segundo Rosa Quintana, dará un viño de altísima calidade....
MAIS DUN CENTO DE DESEMPREGADOS DA COMARCA MARCHAN ENTRE CAMBADOS E VILAGARCIA 16.10.2013 3:46
A pesar da chuvia, máis dun cento de persoas, desempregados moitos deles de empresas que botaron o seu peche na comarca, participaron esta mañá na marcha de 12 km entre Cambados e Vilagarcía convocada pola CIG para poner en evidencia la falta de empleos en la comarca y la necesidad de políticas que generen trabajos. Trátase dunha iniciativa máis dentro da campaña posta en marcha polo sindicato bai...
24 ALUMNOS FORMANSE DENDE HOXE NO OBRADOIRO DE HOSTELERIA DO SALNES 15.10.2013 7:42
24 ALUMNOS INICIAN AS CLASES NO OBRADOIRO DE HOSTELERÍA DO SALNÉS QUE HOXE SE INAUGUROU NO CENTRO DA DEPUTACIÓN EN A LANZADA Todos eles formaranse durante 6 meses nos módulos de camareiros de restaurante e cociña no Obradoiro de Emprego de Hosteleria que se acaba de poñer en marcha no centro vacacional de A Lanzada, no Grove, cun presuposto de 270 mil euros. O presidente da Mancomunidade do Salnés...
OS EMIGRANTES RETORNADOS PROTESTAN ANTE O PARLAMENTO MENTRES SE DEBATE O ESTADO DA AUTONOMIA 15.10.2013 5:34
UNS 400 EMIGRANTES RETORNADOS DA PROVINCIA AFECTADOS POLAS MULTAS DE FACENDA CONCÉNTRARONSE ESTA MAÑÁ DIANTE DO PARLAMENTO DE GALICIA MENTRES QUE NO INTERIOR DA CÁMARA SE ESTABA CELEBRANDO O DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMÍA. Entre eles encontrábanse os integrantes da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia e da Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés. O colectivo quere facerse oir ante a...
MARCHA POLO EMPREGO DE CAMBADOS A VILAGARCIA O 16 DE OUTUBRO 11.10.2013 6:22
O SINDICATO COMARCAL DA CIG TEN PREVISTAS UNHA SERIE DE MOVILIZACIÓNS EN DEFENSA DO EMPREGO DENTRO DA SÚA NOVA CAMPAÑA DE SALVEMOS GALIZA. O colectivo presentou esta mañá en rolda de prensa as marchas que van levar a cabo nos vindeiros días co obxetivo de concienciar a cidadanía e como protesta á situación laboral. A primeira cita será o día 16 cunha marcha comarcal entre os concellos de Cambados...
O HOSPITAL DO SALNES SI TERA APARCAMENTO PROVISIONAL 11.10.2013 6:32
A Deputación de Pontevedra sí realizará as obras para converter a explanada do Hospital do Salnés nun aparcamento provisional mentres non comecen as obras de ampliación do centro hospitalario. O presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, confirmábao esta mañá asegurando que a información recollida nos medios na que o presidente da Deputación Rafael Louzán decía que non enviaría as máqui...
OS DESPEDIDOS DE VALLE INCLAN REGRESAN DE SANTIAGO SEN SER ATENDIDOS POLA CONSELLERIA 10.10.2013 4:38
Os traballadores despedidos da residencia Valle Inclán de Vilanova reuniranse o vindeiro luns en asemblea para adoptar novas medidas na busca dunha solución ó conflicto laboral que veñen mantendo dende principios de ano coa dirección do xeriátrico. Os afectados concentráronse esta mañá diante do edificio administrativo da Xunta en Santiago para tentar conseguir unha entrevista con algún representa...
OUTRAS FORMAS DE DEGUSTAR O GIN TONIC EN VILAGARCIA 08.10.2013 13:44
Unha ducia de locais hosteleiros de Vilagarcía participan dende esta fin de semana e ata o 27 de outubro na Ruta do Gin, unha iniciativa de animación da hostelería local a través da combinación da xenebra, que foi presentada esta mañá no Pazo Castriño de Vilagarcía, coa presencia do presidente de Ahituvi, Roberto Gerpe, e o alcalde Tomás Fole. A idea é dinamizar tanto o día como a noite vilagarciá...
ZONA ABERTA NON ABRIRA OS COMERCIOS O 12 DE OUTUBRO 07.10.2013 4:45
O alcalde, Tomás Fole, a a concelleira responsable de Mercados, Rocío Llovo, recibiron esta mañá a unha representación da asociación de comerciantes Zona Aberta que foron a expoñer a súa opinión en contra da apertura da Praza de Abastos e a celebración do mercado o vindeiro sábado, 12 de outubro, festividade do Pilar. Os edís do goberno explicáronlles que a solicitude realizada pola Asociación de...
O EDIFICIO DE USOS NAUTICOS DA ILLA SERA POR FIN REALIDADE 07.10.2013 2:48
A Illa de Arousa terá por fin o agardado edificio de usos náuticos que dará servicio o Club de Piraguismo e ó Club A Dorna. O presidente da Deputación Rafael Louzan comprometeu unha partida da institución provincial, ainda sen importe concreto, a facer realidade a tan demandada infraestructura. O acordo selouse durante o encontro entre o presidente provincial e o alcalde de A Illa, Xosé Manuel Váz...
CHAMAMENTO A UNIDADE OS COMERCIANTES DENDE O CONCELLO DE VILAGARCIA 04.10.2013 6:11
A portavoz do goberno local e concelleira de Mercados, Rocío Llovo, fai un chamamento á unión do sector comercial e hosteleiro de Vilagarcía, ante o descontento xurdido dende Zona Aberta pola apertura da Praza de Abastos e a celebración do mercadillo o festivo 12 de outubro. Rocío Llovo asegura que o concello respaldou no seu momento a petición do colectivo de placeros para abrir o 12 de outubro e...
VILANOVA PEDIRA A FOMENTO A BAIXA NOS PREZOS DO SOLO INDUSTRIAL DE BAION 04.10.2013 3:20
Comezan as obras de ampliación dos accesos do polígono de Baión para facilitar a entrada de camións de gran tamaño ás empresas ubicadas na área industrial Un polígono que, por certo, segue tendo ubicadas moi poucas firmas, así que o goberno local analiza se o prezo do metro cadrado, que se mantén en valores de antes da crise, é o adecuado. Por tal motivo, o executivo de Gonzalo Durán levará ante o...
PROGRAMA DE PREVENCION DO CONSUMO DE DROGAS NO AMBITO ESCOLAR A TRAVES DA REDE 03.10.2013 6:18
A Fundación Galega contra o narcotráfico pon en marcha un novo programa de prevención do consumo de drogas no ámbito escolar. A través deste programa, alumnos de 1ºe 2º da ESO da provincia, así como pais, docentes e tutores, recibirán información de cómo decir non as drogas mediante o asesoramento de profesionais. As charlas impartiranse nos centros educativos pero, nesta ocasión, tamén a través d...
O DOG PUBLICA MAÑA A LICITACION DAS OBRAS DE SANEAMENTO DO SACO DE FEFIÑANS DE CAMBADOS 03.10.2013 5:59
O Diario Oficial De Galicia, o DOG, publica mañá a licitación das obras de saneamento do saco de Fefiñáns, por un importe de 1 millón 200 mil euros. Os traballos permitirán a eliminación de todolos verquidos de augas residuais que proveñen dun conxunto de vivendas non conectadas á rede de saneamento municipal que verten directamente resíduos ó banco marisqueiro e ó río Corvillón. Unha agardada obr...
OS DESPEDIDOS DA RESIDENCIA VALLE INCLAN MANIFESTANSE SOLICITANDO A IMPLICACION DIRECTA DA CONSELLERIA DE TRABALLO 02.10.2013 3:21
O conflicto laboral que padece a Residencia Valle-Inclán, en Vilanova de Arousa, tivo hoxe un novo episodio. Os traballadores despedidos, delegados dos tres sindicatos (CC.OO, CIG e UGT) e militantes de formacions manifestáronse esta mañá dende o Concello ata o xeriátrico demandando unha solución ó conflicto e exixindo a implicación directa da Consellería de Traballo. E tras esta mobilización, o c...
555 NOVOS PARADOS NO SALNES EN SETEMBRO 02.10.2013 8:47
Tras 6 meses de tímidas caídas, o número de desempregados volveu subir en setembro. En Galicia, o paro ascendeu en 3.209 persoas, ata chegar os 260.733 parados. Este incremento supón unha suba do 1,25%, superior á media do estado que foi do 0,54%. Por provincias, o maior incremento relativo foi o de Lugo, cun 2,25% respecto a agosto --son 569 personas máis, ata facer un total de 25.847--. En Ponte...
O ALCALDE DE O GROVE PIDE QUE SE TRASLADEN AS MOBILIZACIONS PREVISTAS POLOS AFECTADOS POLA REGULARIZACION DAS EMBARCACIO 01.10.2013 3:45
O alcalde de O Grove Miguel Angel Pérez, solicita á Plataforma de Afectados pola Regularización dás embarcacións que traslade ás mobilizacións que pretenden realizar durante a Festa do Marisco, a 200 metros dá carpa de degustación. Ou rexedor grovense convocou unha reunión de urxencia do Conselo Sectorial de Turismo para pulsar a opinión dos directamente implicados na organización e promoción da F...
SANXENO TEN DENDE HOXE NOVA NORMATIVA DE URBANISMO 01.10.2013 1:10
Sanxenxo ten dende hoxe unha nova normativa urbanística para axilizar a tramitación de licenzas, permitirá ós veciños obter permisos de actividade e obras con tan só unha comunicación previa. No texto tamén se contempla que o Concello autorizará nun prazo de 15 días as obras menores. Os actuais formularios poderán ser descargados na web do servizo de Urbanismo. Eso sí, as actividades que afecten a...
SANXENXO E TURISMO DE GALICIA ASINAN CONVENIO DE PROMOCION 01.10.2013 3:36
Turismo de Galicia e o Concello de Sanxenxo asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a realización de actividades de fomento do turismo. O obxectivo é a promoción de Galicia con Sanxenxo como punto de orixe e a promoción do turismo náutico.. Escoitamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro na presentación do convenio.
50 TOUROPERADORES ESTARAN PRESENTES EN BOLCOTUR 27.09.2013 3:48
A 15 días do inicio de Bolcotur, a bolsa de contratación de Galicia e norte de Portugal, a Deputación de Pontevedra ten confirmada a a presencia de 50 touroperadores e de 56 empresas españolas e portuguesas. Anunciábao esta mañá o presidente da institución provincial, Rafael Louzan, nunha comparecencia na que tamén avanzaba que o Ministerio de Industria acaba de adxudicar por 2,7 millóns de euros...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.