Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

MORAÑA CELEBRA ESTE DOMINGO A FESTA DO CARNEIRO O ESPETEO 24.07.2014

En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falabamos sobre o evento coa alcaldesa Luisa Piñeiro.

O PAZO DE VISTA REAL CELEBRA A PRIMEIRA ROMARÍA DE VERÁN ESTA FIN DE SEMANA 24.07.2014

Unha fin de semana diferente en Vilanova é o que se quere conseguir coa primeira edición da Romaría de Verán que se vai celebrar esta fin de semana no Pazo de Vista Real. Co fin de acercar o Pazo ós veciños, recuperar tradicións e realizar actividades en familia, dous estudios de deseño de Vilanova que se encontran no viveiro de empresas de Vista Real, Iki Findik e Zoe Estudio, en colaboración co...

VILANOVA CONTARA PARA ESTE ANO CUNS ORZAMENTOS DE 6,2 MILLONS DE EUROS 24.07.2014

O presuposto co que conta o Concello de Vilanova para este ano 2014 elévase a 6.2 millóns de euros, 400.000 euros maís que nos presupostos do pasado ano. Ademáis de este orzamento, que se aprobará no pleno municipal do vindeiro luns, as arcas municipais dispoñen de máis de 1'8 millóns de euros en subvencións que estarán destinados a construccións previstas como a reforma de Vista Real, a creación...

AS FESTAS DE SAN ROQUE DE VILAGARCIA NON TERAN CONCERTOS DE PAGO E O PREGOEIRO SERA MANUEL MILLAN 24.07.2014

A Concelleira de Cultura de Vilagarcía, Orballo Llovo, presentou esta mañá o programa das festas de San Roque 2014 e da programación lúdica e cultural para todo ou mes de agosto. Este ano os festexos non terán concerto de pago no recinto de Fexdega e todas as actuacións serán de acceso gratuíto e celebraranse no parque da Xunqueira. A banda La Frontera, de éxito nos 80, é un dos grupos confirmados...

AS PRAIAS DE O GROVE CONTARÁN DURANTE ESTA SEMANA CON INFORMACIÓN CONTRA O CANCRO DE PEL. 22.07.2014

Durante esta semana, membros da asociación contra o cáncro de O Grove, estarán recorrendo ás praias, campamentos e escolas do municipio cunha campaña de concienciación para a prevención do cancro solar. As 17 praias mecas contarán polas mañáns con voluntarios da asociación que repartirán dípticos polos areais e darán información sobre o cancro de pel producido polo mal uso do sol. Polas tardes ser...

OS HOSTELEIROS DE O CAN DE SAN ROQUE DE PORTONOVO INICIARAN ACCIONS CONTRA A CARPA DE MARISGALICIA 22.07.2014

A asociación O Can de San Roque de Portonovo non está disposta a quedar de brazos cruzados ante a posible celebración da Gran Festa do Marisco, organizada pola empresa MarisGalicia. O certame, que tiña previsto abrir este xoves día 24 e prolongarse durante un mes, carece ainda dos permisos municipais, pero segundo asegura a alcaldesa Catalina González, se aportan toda a documentación requerida non...

DEPUTACION E CONCELLOS CONSENSUAN A DEFENSA DOS PARTIDOS XUDICIAIS 21.07.2014

A Deputación de Pontevedra e os 13 alcaldes de concellos con sede xudicial consensuan a defensa dos partidos xudiciais. O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e os rexedores acordaron na reunión mantida esta mañá no Pazo Provincial solicitar ao Goberno do Estado que paralice a tramitación da reforma da Lei do Poder Xudicial. Ademáis tamén solicitan un estudio pormenorizado do map...

1.189 SINATURAS DEMANDAN QUE O CONCELLO ASUMA A XESTION DA PISCINA DE CAMBADOS 21.07.2014

Os traballadores da piscina municipal de Cambados entregaron esta mañá no rexistro do Concello un total de 1.819 sinaturas recollidas entre usuarios das instalacións e veciños de Cambados en apoio a súa reivindicación de que o Concello asuma a xestión do servicio ante a situación de precariedade na que se encontra a empresa adxudicataria. Varios representantes da plantilla acudiron esta mañá as de...

AS FAMILIAS CON NENOS CON NECESIDADES ESPECIAIS DENUNCIAN DISCRIMINACION NAS AXUDAS PARA OS LIBROS 18.07.2014

Familias do Salnés con nenos que teñen necesidades educativas especiais expresaron esta mañá a súa indignación polo que consideran discriminación cara os seus fillos e fillas na convocatoria de axudas para a adquisición de libro de texto para o curso 2014-2015. Aseguran que os libros que necesitan os seus fillos non estan contemplados na orde de convocatoria do chamado “cheque libro”. Por tal moti...

BOA SINTONIA ENTRE O ALCALDE E OS VECIÑOS DE O BORRON SOBRE OS APARCAMENTOS EN CAMBADOS 17.07.2014

O alcalde Luis Aragunde recibiu esta mañá ós veciños de O Borrón que recolleron 450 sinaturas para solicitar aparcamentos alternativos. Un encontro que, segundo o rexedor cambadés, trasncurriu en boa sintonía e no que Aragunde tamén lles trasnmitiu ós veciños os proxectos de futuro do seu equipo de goberno en canto á mellora das zonas de estacionamento. Así nolo trasladaba para AROUSA PONTEVEDRA D...

CAMBADOS ACOLLE ESTE SÁBADO UN CAMPIONATO DE MINI BTT. 17.07.2014

Trátase da primeira edición de mini BTT que se celebra no Concello de Cambados. A proba será este próximo sábado ás 17:00 horas da tarde e nela participarán ó redor de 200 nenos de distintos clubes de galicia e con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos. O lugar escollido para o percorrido é o Monte da Pastora. O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, anunciou, durante a presentación do campiona...

O REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS RESCATA DOUS CABALOS SALVAXES 17.07.2014

Os dous cabalos que rescatou o refuxio de Cambados xa se encontran en bo estado de saúde e dispoñen dunha zona natural onde vivir en Tremoedo. Ademáis, todo aquel que queira visitar os animais deste paraxe natural poden facelo xa que o refuxio de animais de Cambados organiza excursións para grupos de nenos e maiores para que disfruten dunha tarde no medio da natureza. O refuxio tamén esta preprand...

OS TRABALLADORES DA PISCINA MUNICIPAL DE CAMBADOS PIDEN O CONCELLO QUE RESCATE O SERVICIO 17.07.2014

A situación empeza a ser moi complicada para os 17 traballadores da piscina municipal de Cambados, que entregarán o vindeiro luns no rexistro do Concello as sinaturas recollidas entre usuarios das instalacións respaldando a súa demanda de que sexa a administración municipal a que se faga cargo da xestión do servicio. O sindicato CIG fixo pública esta mañá a situación que está a atravesar a plantil...

CAMBADOS CELEBRA ESTE FIN DE SEMANA A 13 EDICIÓN DA FESTA DE EXALTACIÓN DA VIEIRA. 16.07.2014

Durante os días 18, 19 e 20, Cambados convértese de novo na capital da vieira i e continuando coa tradición celebráse a décimo terceira edición da Festa de Exaltación da Vieira. A carpa de degustación volverá a situarse na Paseo da Calzada, pero nesta edición haberá outros cambios importantes, xa que non será un cátering o encargado de ofrecer ás comidas, senón que esta ocasión, os pratos á venda...

A FEIRA ECOLOXICA, CINE NA RUA E ACTIVIDADES DEPORTIVAS COMPLETAN O CARTEL DO ALBARIÑO 2014 10.07.2014

Catoira ultima os preparativos da edición número 54 da Romaría Vikinga que contará cunha importante programación cultural dende o 26 de xullo ó 3 de agosto, data na que o tradicional desembarco vikingo nas Torres do Oeste porán o broche final á esta festa declarada de Interés Turístico Internacional. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA nos contaba os detalles o alcalde Alberto García.

CATOIRA ULTIMA OS PREPARATIVOS PARA A ROMARIA VIKINGA 10.07.2014

Catoira ultima os preparativos da edición número 54 da Romaría Vikinga que contará cunha importante programación cultural dende o 26 de xullo ó 3 de agosto, data na que o tradicional desembarco vikingo nas Torres do Oeste porán o broche final á esta festa declarada de Interés Turístico Internacional. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA nos contaba os detalles o alcalde Alberto García.

CAMBADOS HABILITARA PRAZAS DE APARCAMENTOS NAS RUAS AFECTADAS POLA CAMPAÑA DE MULTAS 10.07.2014

O concello de Cambados tenta darlle solución ó problema dos aparcamentos nas rúas semiponís da vila. O alcalde, Luis Aragunde, anunciou esta mañá que as rúas semipeonís afectadas polas sancións por estacionamentos prohibidos enriba das beirarruas contarán en breve con prazas habilitadas para aparcamentos. O concello comezará a vindeira semana co pintado da sinalización das prazas para que estean h...

HOSTELEIROS DA RÚA MENDEZ NÚÑEZ DE VILAGARCIA POÑEN EN MARCHA A CUARTA EDICIÓN DE VARIETÉS 09.07.2014

Ás noites dos xoves da rúa Méndez Núñez en Vilagarcía volven soar de xeito diferente. I e que a partir de mañá, comenza o programa de concertos de Varietés que por cuarto ano consecutivo organizan os hosteleiros da rúa Mendez Núñez co fin de animar ás terrazas da céntrica rúa con actuacións musicais de diferentes xéneros. O primeiro dos concertos que mañá abre Varietés correrá a cargo do grupo Dan...

A ORGANIZACION DO FESTIVAL DO NORTE SATISFEITA CO RESULTADO A PESAR DA CHOIVA 07.07.2014

O Festival do Norte (FdN) clausurou este domingo a súa primeira edición en A Illa de Arousa despois de 4 días nos que a choiva desluciu o evento. Sen embargo, a organización amósase totalmente satisfeita co resultado, e así nolo decía Antonio Caneda, portavoz da organización, nesta entrevista en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

BNG E CIG CONVIDA OS ALCALDES DO SALNES A ENCABEZAR AS CONCENTRACIONS CONTRA A ELIMINACION DOS PARTIDOS XUDICIAIS 07.07.2014

Seguen os posicionamentos contrarios á supresión dos partidos xudiciais que prevé a reforma da Lei do Poder Xudicial que elabora o Ministerio de Xusticia. Se a semana pasada era o alcalde de Cambados o que recrudecía os seus argumentos, hoxe o grupo parlamentario do BNG e o sindicato CIG manifestáronse totalmente en contra do borrador do Ministro Gallardón. A deputada nacionalista no Parlamento Ga...

GONZALO DURAN PEDIRA A FEIJOO A REBAIXA DOS PREZOS DO POLIGONO DE BAION 04.07.2014

O presidente da Mancomunidade do Salnés, , Gonzalo Durán, manterá, ó vindeiro martes ás 12 do mediodía, unha xuntanza co Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo para tratar a potenciación do polígono de Baión. Na reunión, Gonzalo Durán solicitaralle ó Presidente da Xunta que fomente a creación de industria e de emprego no concello e na comarca e que apoie a baixada de prezos dos terreos do políg...

DURAN DEIXA A COMPRA DOS TERREOS DO APARCAMENTO EN FUNCION DAS OBRAS DE AMPLIACION DO HOSPITAL 04.07.2014

O presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, amosou esta mañá a súa satisfacción pola aprobación da licitación do Hospital do Salnés, asegurando que se trata dun paso máis para a consecución dunha obra tan demandada dende hai anos. E en canto á creación do aparcamento previsto en colaboración coa Deputación, prefire manterse á espera de cómo se vaia desenvolvendo o...

A XUNTA INVISTE 95.000 EUROS EN MELLORAS NO POLIGONO DO SALNES 03.07.2014

A Xunta investirá 95.000 euros para actuacións de mellora dos polígonos de Cambados e Ribadumia. As obras irán destinadas a mellorar a seguridade vial, adecentar as beirarruas, instalar nova sinalización e eliminar barreiras arquitectónicas. Os alcaldes de ambos municipios, Luis Aragunde e Salomé Peña, presentaron esta mañá as axudas outorgadas pola Consellería de Industria no decurso da visita qu...

O CONSELLO DA XUNTA APROBA A LICITACION DAS OBRAS DE AMPLIACION DO HOSPITAL DO SALNES 03.07.2014

O Consello da Xunta acaba de aprobar a licitación das obras da tan ansiada ampliación do Hospital Do Salnés. A noticia, ainda que agardada, colleu por sorpresa a algúns alcaldes da zona, tal é o caso de Salomé Peña de Ribadumia e Luis Aragunde de Cambados, que se encontraban ambos no polígono do Salnés para tratar asuntos de mellora do parque empresarial que comparten ambos municipios. En AROUSA P...

A OBRA DE DAVID LEIRÓS "CONTRABASSE" FOI A GAÑADORA DO I CERTAME DE ESCULTURA FRANCISCO ASOREY 02.07.2014

Cambados celebra durante toda a xornada os actos conmemorativos do 53 aniversario do pasamento do Escultor Francisco Asorey e o 125 aniversario do seu nacemento. A meirande parte dos actos terán lugar pola tarde, pero xa este mediodía, o salón de plenos do Concello acolleu a presentación da peza gañadora no I Certame de Escultura Francisco Asorey. A seleccionada foi a obra “Contrabasse” de David L...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.