Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
LOUZAN AGRADECE A CATALINA GONZALEZ O LABOR PRESTADO 30.06.2014 2:10
A noticia de que a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González non será candidata ás eleccións de 2015 non preocupa de momento ó presidente do PP provincial. Segundo Rafael Louzán, queda todavía case un ano e ó unico que pode facer é agradecerlle o seu labor durante todo o seu mandato. En canto a posibles sustitutos, o presidente do PP provincial zanxa a cuestión asegurando que todavía é moi cedo par...
O GROVE COMEZA A SELECCION DOS 12 PROFESIONAIS QUE INTEGRARAN O SEM 30.06.2014 0:46
Satisfacción no concello do Grove polo convenio coa Xunta e a Deputación para poñer en marcha a partir da segunda quincena de xullo un Servizo Municipal de Emerxencias, nunha nova fórmula deseñada pola Consellería para suplir este servizo nos municipios que quedaron á marxe dos GES, como xa acontecera en Valga. Serán 12 profesionais que prestarán servizo durante 12 meses en dúas fases de seis mese...
A CONFRARIA DE O GROVE TERA NOVO EDIFICIO A MEDIADOS DE XULLO 30.06.2014 6:31
O novo edificio da Confraría de O Grove estará operativo a mediados de xullo. A data anunciaba esta mañá o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que esta mañá visitou as obras de rehabilitación e reforma integral do edificio da Cofradía San Martiño de O Grove que a institución provincial está a piques de rematar cunha inversión de 260.000 euros. Louzán anunciou que nun prazo de qu...
VILANOVA COMEZA A REMODELACIÓN E HUMANIZACION DAS RUAS HORTAS E AROMA DE LEYENDA EN VILANOVA 27.06.2014 5:28
As obras de acondicionamento do casco antigo de Vilanova continúan agora nas rúas Hortas e Aromas de Leyenda. A remodelación de estas dúas calles consiste na mellora do aspecto e dos servicios das rúas, xa que ademáis de arranxar o firme, tamén se esta levando a cabo o cambio das tubaxes de saneamento e de electricidade. Coa humanización das rúas Hortas e Aromas de Leyenda completase así o 80% das...
CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XENERO EN CAMBADOS 26.06.2014 6:26
O centro de Exposalnés en Cambados acollerá mañá ás 7 da tarde una charla sobre a violencia de xénero, organizada polo gabinete Miguelez e Asociados de Cambados, en colaboración co concello. Baixo o título “As outras Caras da Violencia de Xénero”, a finalidade é analizar os aspectos da aplicación da lei contra a violencia de xénero ó cumplirse 10 anos da súa entrada en vigor. A iniciativa foi pres...
A DESEÑADORA CAMBADESA EVA SOTO PRESENTA AS SUAS COLECCIONS O VENRES EN FEFIÑANS 24.06.2014 6:12
O Patio de Armas do Pazo de Fefiñans acollerá este venres ás 22:00 da noite o primeiro desfile individual da deseñadora cambadesa Eva Soto. Neste desfile, Eva Soto presentará 30 deseños das súas dúas coleccións que tamén se puideron ver na pasarela Mercedez Fashion Week de Madrid e 5 vestidos para nenas feitos de papel e que teñen relación co albariño. Ademáis, os asistentes tamén poderán ver en e...
A CONFRARÍA DE CAMBADOS CONTARÁ CUNHAS NOVAS INSTALACIÓNS NO PORTO DE TRAGOVE PARA A DESCARGA DE MOLUSCOS. 23.06.2014 6:17
A confraría de Cambados será un dos primeiros pósitos da ría de Arousa en contar cunhas instalacións propias para a descarga de bivalvos e aspira a converterse no centro das subastas de marisco de toda a comarca. A nova nave multiusos que a Xunta comeza hoxe a construir no porto de Tragove supón a ampliación dos procesos e traballos que se realizan na lonxa o dotar ó porto de maís espazo para o tr...
ENTREVISTA A LUCAS MEDA, DIRECTOR DA ESCOLA DE MUSICA DE A ILLA DE AROUSA 23.06.2014 15:20
En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA entrevistamos a Lucas Meda, director da Escola de Música e da Banda Municipal de A Illa de Arousa.
A PLATAFORMA DE AFECTADOS POR PREFERENTES DISOLVESE TRAS CONSEGUIR A DEVOLUCION DOS AFORROS 20.06.2014 8:27
Tras dous anos de loita na rúa, os afectados polas preferentes do Salnés, xunto cos de Morrazo e Pontevedra, disólvense como plataforma despois de ter logrado o seu obxectivo: a devolución dos aforros a todos os afectados vinculados ás plataformas. O pasado 4 de abril, mantiveron unha reunión co novo dono de Novagalicia Banco, J. Carlos Escotet e o día 9 co presidente do FROB, Antonio Carrascosa....
O CONCELLO DE CAMBADOS CONTARÁ ESTE ANO CUNHA NOVA EDICIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO CAMBADOS TURISMO SOSTIBLE 20.06.2014 6:14
19 persoas, maiores de 25 anos, terán a oportunidade de acceder ó obradoiro de emprego que se vai levar a cabo durante este ano e o ano 2015 en Cambados. Neste obradoiro de emprego, os 19 alumnos aprenderán a realizar traballos de canteiría, carpintería e xardineria durante ós 6 meses que ten de duración. O concello de Cambados quere que a través desta acción formativa, se continúe traballando no...
A MANCOMUNIDADE E A FECA ASINAN UN CONVENIO PARA A PROMOCION DO SALNES NO EXTERIOR 20.06.2014 5:06
A Mancomunidade do Salnés conta dende agora cun novo apoio na sua labor de promoción internacional da comarca. A entidade comarcal asinou esta mañá un convenio de colaboración coa FECA, Federación de Empresarios de Arousa, para aunar esforzos co obxectivo de continuar promovendo e difundindo a oferta turística de O Salnés. Tal como se establece no convenio, a partir de agora as dúas entidades pode...
O PAZO DE VISTA REAL ACOLLERA 6 CURSOS HOMOLOGADOS DA XUNTA SOBRE AGRICULTURA 20.06.2014 2:02
O Pazo de Vista Real acollerá 6 cursos homologados da Xunta sobre agricultura. A Xunta deu o visto bo para a homologación do Pazo de Visa Real como centro de formación de emprego, polo que a Consellería de Traballo concedeu ó Concello de Vilanova, 6 cursos para que se realizen nas instalacions do Pazo. As accións de formación que se ofrecerán en Vista Real serán, cultivos herbaceos, froitocultura,...
O SINDICATO CIG CUESTIONA A LABOR DA ADMINISTRADORA CONCURSAL NO PROCESO DE LIQUIDACÍON DE MARCONSA 19.06.2014 5:09
A empresa Marconsa encontrase inmersa nun plan de liquidación que se ven dilatando dende 2012, cando unha administradora concursal fíxose cargo do concurso de acreedores. O pasado 28 de abril celebouse a subasta das instalacións que Marconsa tiña en Catoira, subasta á que se presentou unha empresa que estaba interesada en adquirir a planta. Sen embargo, non se puido chegar a ningún acordo xa que a...
CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XENERO O 27 DE XUÑO EN EXPOSALNES 18.06.2014 7:34
Todo o que se poida saber sobre a violencia de xénero é pouco e quizás por tal motivo o gabinete de avogados Miguelez e Asociados de Cambados, en colaboración con Concello organiza unha charla sobre este tema que terá lugar o día 27 de xuño a partir das 7 da tarde en exposalnes. Para saber máis detalles en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falamos con Carlos Alonso, avogado de Miguelez e Asociados.
A SEGUNDA FASE DA PARCELARIA DE OUBIÑA EN CAMBADOS AVANZA A BO RITMO. 17.06.2014 10:00
A SEGUNDA FASE DA PARCELARIA DE OUBIÑA EN CAMBADOS AVANZA A BO RITMO. O Alcalde de Cambados, Luis Aragunde e o Delegado Territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís, reunironse este mediodía para analizar o estado da concentración parcelaria de Oubiña. A concentración, que xa se encontra pola segunda fase vai a bo ritmo, segundo as administracións, e non esta habendo grandes problemas grazas á b...
CAMPAÑA PARA PROMOVER A PRESENCIA DA MUSICA GALEGA NAS FESTAS 17.06.2014 2:34
A asociación de funcionarios para a normalización linguística pon en marcha unha campaña para promover a presencia da música galega nas verbenas. Baixo o título de “Mil festas máis pola língua galega”, a primeira iniciativa será unha homenaxe o grupo Treixadura en Vilagarcía. Será este venres ás 20:30 no Auditorio con entrada libre ata completar aforo. Os detalles explicábanos esta mañá en Vilagar...
OS PROPIETARIOS DAS FINCAS PIDEN UNHA PRESTACION ECONOMICA PARA A CESION DE PARCELAS DE APARCAMENTOS PARA OS PRACEIROS. 13.06.2014 1:58
O concello de Vilagarcía manterá unha reunión a vindeira semana co colectivo de placeiros para esplicarlles cómo van as negociacións cos propietarios das dúas fincas colindantes para a cesión de parcelas de aparcamentos. En principio, en ambos casos os propietarios exixen unha prestación económica. Así o sinalaba esta mañá a Concelleira Rocío Llovo.
JULIO VARELA DEMITE COMO CONCELLEIRO DE VILANOVA POR MOTIVOS DE SAUDE 13.06.2014 3:27
O executivo de Vilanova modifica o seu grupo de goberno. I e que o concelleiro Julio Varela presentou a súa demisión por motivos de saúde. Julio Varela levaba máis de 40 anos de concelleiro pero non exerce como edil dende hai un ano cando sufriu un accidente de tráfico do que non puido recuperarse satisfactoriamente. Agora, o seu posto será ocupado por Mónica Charlín que tomará posesión no mes de...
COSTAS E CONCELLO ESTUDIAN VARIAR O FIN DA SENDA PEONIL DO RIAL 12.06.2014 7:24
Costas do Estado e o Concello de Vilgarcía estudan a variación do final da Senda Peonil do Rial ante a falta de seguridade que supón o remate previsto xusto o carón da rotonda de acceso á autovía. O alcalde, Tomás Fole, e a xefa provincial de Costas, Cristina Paz Curbera realizaron este mediodía un percorrido polo tramo da Senda Peonil habilitada por Costas coa colaboración do Concello, cuxos trab...
OS ORGANIZADORES DE AS REVENIDAS RECLAMAN QUE A COLABORACION DO CONCELLO SE FIXE POR UN PERIODO MAIS AMPLO 11.06.2014 7:45
O importe definitivo do Concello de Vilagarcía para dar respaldo á festa das Revenidas deste verán xa está cuantificado. Serán 6.500 euros de subvención directa aos que se une a asunción dos custes de luz, son, montaxe e desmonte da sardiñada e os concertos. Todo iso, calcula o goberno local, eleva o importe da súa colaboración a uns 20.000 euros. Ademáis tamén disporían doutros 6.000 euros por pa...
A CASA DE CULTURA DE VILANOVA CONVERTERASE NUN AUDITORIO E CENTRO MULTIUSOS A TRAVES DUN INVESTIMENTO DA DEPUTACION 11.06.2014 7:14
A Casa de Cultura de Vilanova converterase en Auditorio e Centro Multiusos a través dunha actuación que realizarán conxuntamente Deputación e Concello. O convenio de colaboración, asinado este mediodía entre Rafael Louzán e Gonzalo Durán, establece un importe de 1.350.000 euros, dos que a institución provincial financia 1,2 millóns e o resto será aportado pola administración municipal. A reforma h...
DANI CORNES SACA O SEU PRIMEIRO ALBUM. 10.06.2014 8:09
Acórdanse de Dani Cornes??' o mozo de O Grove que deixou de ser anónimo gracias ó seu tema de “Rías Baixas Style”. Bueno pois este grovense de 17 anos acaba de sacar o seu primeiro album que xa se pode descargar de xeito totalmente de balde a través da dirección web danicornes.bandcamp.com.. Con Dani Cornes falamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA..
O ENOTURISMO CENTRARA OS CURSOS DE VERAN DA UNED QUE SE CELEBRARAN EN XULLO EN CAMBADOS 10.06.2014 7:07
O Museo do Viño de Cambados acollerá a primeira fin de semana de xullo a 13 Edición dos Cursos de Verán organizados pola UNED de Pontevedra. Baixo o nome, Enoturismo, Unha realidade en Auxe, o curso estará destinado a coñecer o mundo do Enoturismo, tratando temas como a situación economica deste sector, ou a labor de promoción que se esta a levar a cabo por parte das administracións como TurGalici...
CAMBADOS RECIBE A VISITA DE DEPUTADOS E SENADORES DO PARLAMENTO ESPAÑOL INTERESADOS POLO VIÑO RIAS BAIXAS 09.06.2014 3:37
Membros da Asociación Parlamentaria pola Cultura da Vide e do Viño, formada por Deputados e Senadores do Parlamento Español de diferentes grupos políticos visitaron Cambados esta mañá para coñecer de preto a cultura do viño albariño e da DO Rías Baixas. Encabezados por Jose Cruz Lapazarán, Deputado por Navarra do PP, a comitiva mantivo unha xuntanza co Presidente da Denominación de Orixe Rías Baix...
O ALCALDE DE VILANOVA GONZALO DURÁN CIFRA EN 8 MILLÓNS DE EUROS O TOTAL DA DÉBEDA BANCARIA DO CONCELLO 06.06.2014 3:32
O ALCALDE DE VILANOVA GONZALO DURÁN CIFRA EN 8 MILLÓNS DE EUROS O TOTAL DA DÉBEDA BANCARIA DO CONCELLO SEGUNDO OS DATOS OFRECIDOS POLO MINISTERIO DE ECONOMÍA. Son datos que o alcalde, Gonzalo Durán, revelaba este mediodía durante unha rolda de prensa convocada para anunciar que o Concello de Vilanova acaba de adherirse ás novas condicións financieiras que o Ministerio de Economía pon en marcha par...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.