Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
COMEZAN AS OBRAS NO COLEXIO MAGARIÑOS DE CAMBADOS 05.09.2014 0:51
O Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, confirmou esta mañá o inicio das obras de mellora no colexio Magariños de Cambados. A actuación comezou onte e ten un prazo de execución de mes e medio, ainda que, segundo Xesús Vazquez, as obras non interfirán no desenvolvemento normal do curso escolar. Declaracións que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
O COLEXIO DE CARRIL EMPEZA O CURSO CON TELLADO NOVO E A PREVISION DE NOVAS ACTUACIONS 05.09.2014 5:28
O Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, supervisou esta mañá as obras de mellora da cuberta do colexio de Carril. Unha actuación moi demandada por parte da comunidade escolar e realizada por un importe de 55.000 euros aportados pola Xunta, aos que se engaden 25.000 máis que achega o Concello para a mellora doutras instalacións no centro. Trátase, en todo caso, dunha primeira fase de mellor...
A CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE ULTIMA O PROXECTO DE AMPLIACION DA PONTE DO TERRON EN VILANOVA. 05.09.2014 2:40
Técnicos da Xunta visitarán Vilanova a vindeira semana para ultimar o proxecto de ampliación da ponte do Terrón. O goberno local considera esta actuación prioritaria e por tal motivo foi unha das cuestións que o alcalde, Gonzalo Durán, abordou esta semana coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Ethel Vázquez, nun encontro en Santiago. O rexedor espera que la Consellería a...
ARAGUNDE CONSIDERA LEXITIMO PAGAR AS HORAS EXTRAS OS TRABALLADORES 04.09.2014 6:22
O alcalde de Cambados, Luis Aragunde responde ó PSOE e á denuncia interposta esta semana pola voceira socialista, Fatima Abal ante a Fiscalía de Delictos Económicos, na que establece que o grupo de goberno podería ter incorrido en graves "ilegalidades" con respecto ás retribucións ó persoal. Na súa resposta, dí Aragunde que é "lexítimo" pagar ós empregados que traballan a maiores do seu horario la...
O PSOE DE VILAGARCIA ACUSA A TOMAS FOLE DE XESTION ELECTORALISTA POLAS OBRAS 03.09.2014 3:15
Os socialistas de Vilagarcía acusan ó alcalde Tomás Fole de “xestión electoralista contra os intereses de Vilagarcía” polas recentes obras na cidade Lembran que xa alertaron na metade da lexislatura de que o Alcalde pretendía subir impostos aos veciños para financiar as obras do último ano previo ás eleccións O Partido Socialista de Vilagarcía, a través da súa voceira municipal Tania García, laias...
SANXENXO RECUPERA DO OLVIDO O AFUNDIMENTO DO BUQUE SANTA ISABEL CUNHA CONFERENCIA E UNHA EXPOSICION 03.09.2014 8:25
En 1921, o buque Santa Isabel, un vapor correo, foise a pique a pouco máis de 100 metros da illa de Sálvora, aínda habitada. Era a 1.50 da madrugada cando o barco encallou nunhas rochas próximas a Sálvora e afundiuse. Os veciños da illa, e moi especialmente catro mozas que logo se converterían en heroínas, prestaron auxilio aos viaxeiros e lograron salvar unhas 56 persoas. A fazaña valeulles varia...
O PSOE DE CAMBADOS DENUNCIA ANTE A FISCALIA POSIBLES IRREGULARIDADES NOS PAGOS A PERSOAL DO CONCELLO 02.09.2014 9:52
A portavoz do PSdeG-PSOE de Cambados, Fátima Abal, presentou esta mañá nos xulgados de A Parda en Pontevedra unha denuncia ante a fiscalía contra o grupo de goberno de Cambados. Os socialistas denuncian no escrito interposto presuntas “irregularidades contables”, que pensan “son constitutivas de delito». Refírense ó cobro de complementos de produtividade e gratificacións con carácter fixo desde ha...
ENTREVISTA A XIRONSA EN AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA 29.08.2014 13:04
Integrantes de Xironsa estiveron nos nosos estudios para falarnos do Festival Folclórico que organizan dende hai 14 anos e que se celebra mañá 30 de agosto. con nos estiveron a Presidenta da Asociación, Ester Casaldarnos, xunto con Nacho González, integrante do colectivo, e Minerva Vieites e Tamara Crespo, alumnas que forman parte do grupo musical.
O VICEPRESIDENTE DA XUNTA ALFONSO RUEDA DESTACA A LABOR DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS. 28.08.2014 1:49
O vicepresidente, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron esta mañá ao concello de Vilanova de Arousa para coñecer os investimentos realizados ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental na Mancomunidade do Salnés. Á visita tamén asistiron os alcaldes de Vilanova, Cambados e Ribadumia. Escoitamos as declaracións do vicepresidente da Xunt...
A CORPORACION MUNICIPAL DE VILAGARCIA REUNIRASE CO COMITE DE EMPRESA DE CUCA ANTES DE ADOPTAR NOVAS INICIATIVAS 20.08.2014 7:06
Con pouco marxe de manobra tralo fallo xudicial sobre a execución da sentencia de Cuca, a corporación municipal de Vilagarcía decidiu agardar á resolución do recurso presentado polas traballadoras para adoptar calqueira outra iniciativa. Ademáis, os portavoces municipais reuniranse nos vindeiros días co comité de empresa das traballadoras para recibir a información exacta da situación do conflicto...
CUNTIS CELEBRA AS SUAS FESTAS PATRONAIS 14.08.2014 5:48
Cuntis celebra dende hoxe e ata o luns as suas festas patronais de Santa María, organizadas polo concello e a asociación cultural “Terra de Baños”. Durante estes días, os oficios relixiosos compartirán xornadas con actuacións musicais e actividades de todo tipo. Por certo que un dos concertos de última hora é o de Milladoiro que actuará mañá venres 15 na praza da Constitución ás 22.30 horas. E xun...
A FEIRA DE OPORTUNIDADES DE CAMBADOS ACOLLERA ESTA FIN DE SEMANA IMPORTANTES DESCONTOS DE 29 COMERCIOS 12.08.2014 4:29
A Asociación de comerciantes Zona centro presentou esta mañá no salón de plenos do Concello a edición 2014 da Feira de Oportunidades de Cambados. Para saber os detalles en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falamos con Juan Rey, presidente do colectivo.
OS PORTOS DA COMARCA DO SALNÉS E O BARBANZA REXISTRAN OS MAIORES DATOS DE VISITAS DE TURISTAS 06.08.2014 3:14
O Presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán, visitou esta mañá o porto de Vilanova para facer balance da actividade naútico recreativa que se leva a cabo no peiraos da comarca do Salnés e do Barbanza. O presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán, falou con nos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA para contarnos todos os detalles.
CONCENTRACION NO HOSPITAL DO SALNES CONTRA O PECHE DA TERCEIRA PLANTA 01.08.2014 4:00
Os traballadores do Hospital do Salnés concentráronse esta mañá nas portas do centro en protesta polo exceso de traballo que acumulan dende hai quince días polo peche da terceira planta e a negativa do Sergas a contratar máis persoal e a apertura da planta. Advirten de que esa situación “insostible” acaba prexudicando aos pacientes e amósanse preocupados sobre o que pode acontecer este fin de sema...
O ALBARIÑO VIVE A TERCEIRA XORNADA 01.08.2014 2:29
As festas do albariño continuan na súa terceira xornada con actividades de todo tipo para grandes e pequenos..e tamén coa presencia de autoridades institucionais.. Hoxe percorreu os 46 stands do Paseo da Calzada o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, acompañado polo alcalde Luis Aragunde. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as súas impresións durante a visita. E en canto as acti...
SATISFACCION EN CAMBADOS POLA RECTIFICACION DE GALLARDON SOBRE OS PARTIDOS XUDICIAIS 01.08.2014 2:26
Total satisfacción en Cambados pola rectificación do Ministro de Xusticia Alberto Ruiz-Gallardón, decidindo finalmente manter os partidos xudiciais no proxecto de reforma da Lei do Poder Xudicial. Con esta modificación, o texto, que irá ó Consello de Ministros en setembro, admite máis dun tribunal de instancia provincial e mantén as sedes actuais, que no Salnés afectan a catro xulgados de Cambados...
O COLEXIO ANTONIO MAGARIÑOS DE CAMBADOS TERÁ NOVA CUBERTA NA PISTA POLIDEPORTIVA PARA O VINDEIRO CURSO. 01.08.2014 2:55
Anunciábao esta mañá en Cambados o xefe territorial de Educación, Cesar Perez Ares, que aproveitou a súa presencia na Festa do Albariño para presentar no Concello o proxecto de execución do cubrimento da pista polideportiva do Colexio Antonio Magariños. O proxecto de actuación conta cun presuposto de 95.000 euros e consiste no cambio da cuberta, que se encontra moi deteriorada, e tamén na mellora...
ESTUDIANTES DE KIEL VISITAN O SALNES 30.07.2014 7:12
O alcalde e presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Vilanova a unha representación de profesores e alumnos da Universidade de Kiel que visitan esta semana o municipio interesados no estudo dos escritores Valle Inclán e Julio Camba así como no Camiño de Santiago. Este grupo de universitarios cursan a materia Territorios, Textos e Esc...
O SEPRONA DE VILAGARCIA SERA PREMIADO COA ALBARIÑA DE PRATA 30.07.2014 2:18
Dentro dos stands de exposición do Paseo da Calzada encóntrase tamén unha caseta da Protectora de Animais de Cambados. A sua directora, Olga Costa, nos anunciaba esta mañá que o SEPRONA de Vilagarcía será premiado coa albariña de prata na Gala do Albariño que se celebrará mañá xoves ás 22:30 horas. O premio foi concedido, precisamente, a solicitude da propia protectora polo labor desenvolvido polo...
O ALCALDE PIDE PACIENCIA OS TRABALLADORES DA PISCINA MUNICIPAL DE CAMBADOS 30.07.2014 8:38
A plantilla da Piscina municipal de Cambados iniciou este mediodía as mobilizacións para reclamar unha solución ó seu conflicto laboral. Os traballadores convocaron este mediodía un acto de protesta de usuarios das instalacións en apoio coa situación da plantilla, coa presencia dos traballadores, que levan 3 meses sen recibir o seus salarios. A plantilla leva varias semanas pedindo ó Concello que...
CAMBADOS COMEZA 5 DIAS DE ALBARIÑO 30.07.2014 3:02
Os que están esta mañá en Cambados non poden sentirse alleos á Festa do Albariño, que ás 13 horas inaugurou a sua 62 edición Un total de 44 adegas da D.O Rías Baixas ofrecen dende hoxe e ata o domingo unha ampla multitude de viños nos diferentes postos instalados no Paseo da Calzada. Hai espumosos, monovarietais e creacións especiais do albariño a prezos dende de 8 euros a botella ata 1,5 euros po...
ZONA ABERTA DENUNCIA O CONCELLO DE VILAGARCIA ANTE O TSXG POLO ESTUDIO DE DETALLE DE MEGASA 29.07.2014 5:10
Zona Aberta de Vilagarcía leva ante a xusticia ó Concello de Vilagarcía polo Estudio de Detalle de Megasa. A presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán, compareceu este mediodía ante os medios para dar conta do contido sobre o que se basa o recurso que o colectivo de comerciantes presentou contra o documento realizado polo concello de Vilagarcía. Os representantes legais da asociación de comerciantes...
O ALBARIÑO DE CAMBADOS E O MARISCO DE O GROVE UNIDOS NUNHA MEDIA MARATON 29.07.2014 3:34
O Albariño de Cambados e O Marisco de O Grove unidos polo deporte. Ese é o obxectivo da Maralba Running , media Maratón do Salnés O Grove-Cambados, que se presentou esta mañá no medio da Ria de Arousa dende un barco que saiu do porto de O Grove, coa presencia dos alcaldes de O Grove e Cambados, Miguel Angel Pérez e Luis Aragunde. Tamén estivo a bordo o creador do logo da proba, Fran Alfonso Domíng...
ETHEL VAZQUEZ REMITE A FOMENTO A SOLUCION DOS ATASCOS DA AP 9 28.07.2014 4:18
A Conselleira de Infraestructuras tamén se referiu esta mañá en Cambados, á preguntas dos xornalistas, entre eles a nosa compañeira Alba Piñeiro, ós problemas de retencións na AP 9 e na autovía do Salnés que durante os últimos días veñen sufrindo milleiros de automovilistas que visitan as nosas comarcas. Nas súas resposta Ethel Vázquez sigue remitindo a solución ó Ministerio de Fomento e á concesi...
COMEZAN AS OBRAS DE SANEAMENTO DO SACO DE FEFIÑANS QUE MELLORARAN A CALIDADE DAS AUGAS DA RIA DE AROUSA 28.07.2014 1:41
A conselleira de Medio Ambiente, territorio e infraestructuras, Ethel Vazquez, supervisou esta mañá o inicio das obras de saneamento do Saco de Fefiñáns e asegurou que este ano xa se notará a mellora das augas da Ría de Arousa, xa que en tres meses estarán rematadas as actuacións que eliminarán os vertidos sen depurar. Este proxecto, no que Augas de Galicia destina máis dun millón de euros, estará...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.