Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

COMEZAN A CRISTALIZAR OS PRIMEIROS PROXECTOS DE NEGOCIO ENTRE AGUASCALIENTES E O SALNES 01.10.2014

Empresas mexicanas dos sectores da construcción, cárnicas, turismo e conservas empezaron esta mañá os primeiros contactos coa Cámara de Comercio de Vilagarcía para establecer futuros negocios na comarca do Salnés. E ó resultado da visita que hoxe culmina a delegación da cidade de Aguascalientes pola comarca, no marco do irmanamento con Vilanova. Tras o encontro na entidade cameral, a delegación, e...

UNIONS AGRARIAS AMEAZA COS ESCRACHES ÁS ADEGAS QUE NON CUMPLAN OS CUSTES NO PREZO DA UVA 29.09.2014

A poucos días de que conclúa a vendima e ante a falta dun prezo mínimo pactado por todo o sector, o sindicato Unións Agrarias advirte que fará "escrache" contra aquelas adegas que non respecten os custos de produción na Denominación de Orixe Rías Baixas. A vendima deste ano é a primeira na que se debe aplicar a Lei de Mellora da Cadea Alimentaria que obriga a formalizar contratos por escrito co vi...

PORTONOVO ESTREA LONXA 29.09.2014

As novas instalacións da lonxa de Portonovo estan en pleno funcionamento coa entrada en servizo das novas dependencias. A estrea asistiu esta mañá a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo patrón maior da Confraría, Jose Antonio Gómez. As actuacións foron realizadas cun investimento de 2 millóns de euros, financiados no 75% a través do Fondo Europeo de Pesca e o 25% con...

DELEGACION MEXICANA NO SALNES O DOMINGO E INAUGURACION DE MOSTRA LUCAS MIGUEZ O MERCORES 26.09.2014

O Salnés recibe este domingo a visita da delegación mexicana de Aguascalientes. A mancomunidade espera ó alcalde e membros do cabido desta localidade mexicana coa que O Salnés se irmanou este ano. Os representantes de Aguascalientes visitan Galicia para coñecer no lugar ás posibilidades de realizar intercambios comerciais nos ámbitos turístico e industrial. E asimesmo, o vindeiro mércores inaugúra...

A DEPUTACION MODIFICA AS CLAUSULAS DO POLIGONO BARRO-MEIS ANTE O INTERES DE IMPORTANTES EMPRESAS DE INSTALARSE NO PARQUE 26.09.2014

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, cos votos a favor do PP e BNG e a abstención do PSOE, o novo pliego de claúsulas económico-administrativas para 66 parcelas do polígono de Barro-Meis. A modificación das cláusulas rebaixa o prezo do metro cadrado a 105 euros, amplia o plazo de pago ata 10 anos e incrementa o IVE ó 21%. I e que, segundo avanzou esta mañá o presidente da institución...

MEIS AFORRARA 11.400 EUROS O ANO MEDIANTE O CAMBIO DE 97 LUMINARIAS EN PARADELA 25.09.2014

O concello de Meis aforrará 11.400 euros ó ano coa sustitución de 97 luminarias convencionais por lámpadas led na parroquia de Paradela, o que reducirá o consumo e o fluxo luminoso un 50% durante 11 horas ao día. Son os datos revelados durante a visita realizada esta mañá polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, ó municipio de Meis, para analizar a aplicación neste concello...

O EXITO DE DIFERENTES MULLERES DO SALNES NOS NEGOCIOS CENTRA O I SIMPOSIO MOSTRATE EN CAMBADOS 24.09.2014

A presencia da muller no mundo empresarial é o que pretende destacar o simposio Móstrate, organizado pola Mancomunidade de O Salnés, presentado esta mañá en Cambados, e que se celebrará o próximo 3 de outubro ás 4 da tarde en Exposalnés. A iniciativa reunirá a mulleres da comarca que conseguiron estar ó mando de diferentes empresas con notable éxito. Marta Iglesias da empresa Piraguilla de A Illa...

A FLOTA DO XEITO INICIA MOBILIZACIONS CONTRA O PECHE DA CAPTURA DA SARDIÑA 24.09.2014

A flota do xeito arousá maniféstase ás 2 desta tarde en Rianxo pola prohibición da pesca da sardiña decretada polo goberno do estado. A mobilización está convocada polos xeiteiros de Rianxo, pero está previsto que acudan armadores de distintos puntos da ría arousá. A frota do xeito quere así facer visible ó problema que se lle ven enriba co peche da captura da sardiña, xa que é unha especie á que...

22 ALUMNOS FORMANSE DENDE HOXE NO OBRADOIRO DE HOSTELERIA DO SALNES 22.09.2014

A Mancomunidade do Salnés puso en marcha esta mañá a VI edición del Obradoiro de Emprego de Hostelería do Salnés. Unha iniciativa que se vai desenvolver na Lanzada durante 6 meses e na que 22 alumnos formaranse en cursos de cociña e camareiro de restaurante-bar. O presuposto, que ascende a uns 200.000 euros, financiados pola Consellería de Emprego, é este ano algo inferior ó de edicións anteriores...

13.200 APARELLOS DECOMISADOS E 77.500 KILOS DE MARISCO INCAUTADOS NA LOITA CONTRA O FURTIVISMO 22.09.2014

A loita contra o furtivismo está a dar bos resultados, segundo as valoracións da Consellería do Mar. Máis de 13.200 aparellos decomisados e 77.500 kilos de marisco incautados son os resultados dos operativos desenvoltos ó longo deste ano pola Policía Autonómica e os servicios de Gardacostas da Xunta. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quixeron esta mañ...

DUAS CONSTRUCTORAS DO SALNES ABREN NEGOCIO EN MEXICO 19.09.2014

Duas empresas da comarca do Salnés abriron xa negocio en México como resultado dos contactos realizados na viaxe empresarial promovida pola Mancomunidade do Salnés hai uns meses. Desvelábao esta mañá o presidente da entidade mancomunal , Gonzalo Durán, que tamén anunciaba que ó longo da vindeira semana, a comarca recibirá dúas visitas que poderían xerar novas canles de negocio. Unha delas será a p...

A EMPRESA TUNE EUREKA DE VILAGARCIA, UN EXEMPLO A SEGUIR, SEGUN 19.09.2014

A empresa metalúrxica Tune Eureka, ubicada no polígono Industrial de Bamio, recibiu esta mañá a visita do Conselleiro de Industria, Francisco Conde, que comprobou as novas instalacións desta firma líder na fabricación de bens de equipo. A firma puxo en marcha recentemente un amplo proxecto de expansión e modernización das súas instalacións e maquinaria, cun investimento de 2 millóns e medio de eur...

UN NOVO ENTRAMADO EMPRESARIAL COMPLICA A SITUACION DA RESIDENCIA VALLE INCLAN 18.09.2014

A situación laboral da Residencia Xeriátrica Valle Inclán de Vilanova empeza a escribir outro capítulo. I e que Nurtime, a empresa que nestes momentos se está a facer cargo da xestión do xeriátrico entrou en concurso de acreedores o pasado venres 12 de setembro. Segundo o sindicato CIG no entramado empresarial de xestión da residencia figura agora dende o pasado maio a sociedade Euroconsultores So...

NYDYA DE VILAGARCIA RECUPERA A TRADICION TEATRAL NUN NOVO ESPAZO CREADO NAS SUAS INSTALACIONS 17.09.2014

A Asociación Cultural Nydia quere recuperar a tradición teatral co estreno de A Viaxe Eterna, es una pieza teatral breve y de fuerte contenido antibelicista, na que o protagonista nos presenta una historia cargada de guerras, traición e hipocresía.  Unha obra totalmente xestual que se desarrollará nun novo espacio creado nas propias instalacións do colectivo na rúa López Ballesteros de Vilagarcía....

O PSOE DE CAMBADOS CONSIDERA QUE O FISCAL ACTUOU CON PREMURA 16.09.2014

Os socialistas de Cambados lamentan que o Fiscal Xefe de Pontevedra decidira o arquivo da denuncia presentada pola súa portavoz municipal, Fátima Abal, o pasado día dous de setembro do que foron conocedores hoxe mesmo. O PSOE considera que a decisión da fiscalía foi adoptada “cunha rapidez descoñecida dunha institución xudicial sen facer tan siquera ningunha investigación sobre o denunciado”, sina...

FOLE AGARDARÁ OS INFORMES DOS TECNICOS PARA DECIDIR SOBRE AS ARBORES DA XUNQUEIRA 16.09.2014

O goberno local de Vilagarcía todavía non sabe qué fará coas ás arbores de A Xunqueira ante as obras de remodelación do parque. A decisión sobre a súa tala ou conservación adoptarase después de que os técnicos comproben o estado das raíces dos exemplares que erosionaron o firme. Neste sentido, barállanse dúas posibilidades: a tala das árbores ou ben ampliar os parterres e integrar neles ós exempla...

OS AFECTADOS POLOS RETRASOS DO FOGASA REUNIRANSE EN ASAMBLEA O VINDEIRO MÉRCORES E PODERÍAN INICIAR MOVILIZACIÓNS. 15.09.2014

Segundo CIG Salnés, no seu sindicato contan con 500 persoas que se encontran nunha situación insostible debido o retraso dos pagamentos do Fogasa que se extende a máis de 15 meses. O Fondo de Garantía Saralial, Fogasa, é o encargado de aboar os salarias e as indemnizacións ós traballadores de empresas insolventes ou declaradas en concurso. Actualmente, os pagos que se estan aboando pertencen ós me...

OS TRUELEIROSQUERELANSE POR INXURIAS CONTRA JOSE PORTAS E VINCULAN AS DENUNCIAS DAS SABOTAXES Ó NEGOCIO DA VIXILANCIA 15.09.2014

Representantes da confraría da Illa de Arousa presentaron esta mañá nos xulgados de Vilagarcía unha denuncia por inxurias e calumnias contra o bateeiro e concelleiro do grupo de goberno de Vilanova José Portas, que a mediados da semana pasada acusou os "trueleiros" do corte das cordas de varias bateas. Tras as declaracións de Portas, integrantes do sector do truel e a dirección do pósito insular n...

A XUNTA APROBA A MODIFICACION PUNTUAL DO PAZO DE VISTA REAL 11.09.2014

A proposta de modificación puntual solicitada polo Concello de Vilanova para a rehabilitación do Pazo de Vista Real, co fin de convertelo nun centro de formación profesional, foi aprobada pola Xunta. O Concello de Vilanova quere reformar toda a pranta baixa de Vista Real e construir nela tres aulas para dar cursos de formación profesional. Para tal fin, a actuación será financiada cunha subvención...

O SECTOR NAUTICO DE GALICIA NA BUSCA DE MERCADOS INTERNACIONAIS 11.09.2014

O sector náutico de Galicia estará presente no salón de La Rochelle en Francia, que terá lugar entre o 25 e 30 deste mes, co obxectivo de captar mercados internacionais, ademáis da promociòn turística. A proposta galega, na que terán presencia clubes náuticos como o de O Grove e Boiro, foi presentada esta mañá no peirao de Pedras Negras de San Vicente do Mar, polo Presidente de Portos de Galicia,...

DENUNCIAN SABOTAXES NAS BATEAS NO POLIGONO 3 DE VILAGARCIA 11.09.2014

O concelleiro do Mar de Vilanova, José Portas, acaba de denunciar esta mañá as sabotaxes que veñen sufrindo dende hai algún tempo os propietarios de bateas ubicadas na ría de Arousa. Segundo o Concelleiro vilanovés, de seguir esta situación nalgún momento pode producirse unha desgracia. Así o decía José Portas esta mañá nunha rolda de prensa que recolleu a nosa compañeira Alba Piñeiro.

AS FAMILIAS CON NENOS CON NECESIDADES ESPECIAIS LEVARAN O PARLAMENTO E O VALEDOR DO POBO O CHEQUE LIBRO 11.09.2014

As ANPAS de familias con nenos con necesidades especiais reuniranse a vindeira semana cos diferentes grupos do Parlamento de Galicia para trasladarlles as súas demandas relativas ó denominado “cheque libro”. I e que os cambios introducidos pola Xunta este ano están a complicarlles á volta ó cole, xa que nesta ocasión a axuda só pode empregarse para a compra dos libros establecidos polo centro e no...

OS INFORMES TECNICOS CONFIRMAN QUE A RETIRADA DE AMIANTO DO COLEXIO DE CARRIL REALIZOUSE BAIXO OS PARAMETROS LEGAIS. 09.09.2014

A concelleira de Educación de Vilagarcía , Rocio LLovo, presentou o informe emitido pola empresa Segaprel no que se confirma o que xa anunciara o pasado venres, durante a súa visita ó centro, o secretario xeral de educacion, Cesar Perez Ares, que o tratamento, a manipulación e o transportes da cuberta de amianto foron os correctos, e tamén indica que os niveis encontrados de amianto encóntranse po...

OS COLEXIOS DE VILAGARCÍA DE AROUSA ABREN MAÑÁN AS SUAS PORTAS CON TODOS OS ARRANXOS FEITOS 09.09.2014

Os alumnos dos colexios do concello de Vilagarcía comezan mañán á volta ó cole con instalacións reformadas. As obras de reparacións dos centros educativos do municipio comezaron a finais de xuño para que se puidese ter todo rematado para o inicio das clases. Cun investimento de máís de 100.000 euros, dende as Concellerías de Educación e Obras executaron reparacións en todólos centros e incluso no...

A CONFRARIA DE CAMBADOS SEGUE A ESPERA DOS INFORMES OFICIAIS SOBRE O VERQUIDO DE TRAGOVE 08.09.2014

A Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados segue á espera dos informes do Intecmar sobre a vertedura que o pasado mes de agosto se rexistrou na zona de As Touzas de San Alberto, en Tragove. O pósito continúa moi preocupado polas posibles consecuencias do verquido e disposto a loitar para que non se volvan repetir este tipo de situacións, demasiado habituais nas nosas costas. Nolo decía en A...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.