Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
UNS 500 PARTICIPANTES AGARDANSE NA CARREIRA POPULAR DE CAMBADOS 01.07.2015 6:06
Cambados celebra o domingo a VI edición da Carreira popular coa participación de atletas de élite. A proba, de 10.000 metros de percorrido, está homologada pola Real Federación Española de Atletismo, de xeito que as marcas que se consigan terán carácter oficial. A saída será ás 10,30 horas da Praza de Fefiñáns, nun circuito que perocorre en varias voltas o Paseo Marítimo, San Tomé, Monte Sacro par...
AS OBRAS DO PABILLON MULTIUSOS DE VILANOVA CONTRATARANSE EN DUAS SEMANAS 26.06.2015 2:58
A Mancomunidade do Salnés segue promovendo os contactos con operadores turísticos de Alemaña e para tal fin, unha delegación da entidade comarcal viaxou esta semana a Hamburgo e a Kiel, encabezada polo presidente da mancomunidade e alcalde de Vilanova Gonzalo Durán. Os detalles explicábaos esta mañá Gonzalo Durán en rolda de prensa, na que tamén avanzou o estado dalgunhas das obras que están en ma...
OS VECIÑOS DE MEIS PROTESTAN POLA ACTUALIZACION DO CATASTRO 26.06.2015 6:08
Numerosos veciños de Meis manifestáronse esta mañá en protesta pola actualización do censo do Catastro, que lles exige o pago dunha taxa polas obras realizadas nas súas propiedades. A medida, realizada a través do ORAL, supón un pago complementario do Imposto de Bens Inmobles, que, nalgúns casos supera os 1.000 euros por ter carácter retroactivo dende hai tres anos. A convocatoria veciñal, que est...
O COMITE DE EMPRESA CONFIA EN QUE A VENDA DE LANTERO MANTEÑA A MESMA PLANTILLA 25.06.2015 5:33
Lantero vende as súas fábricas de cartón ondulado á empresa británica DS Smith, por 190 millóns de euros. A operación enmárcase dentro do proceso de expansión que dende hai dous anos a firma europea está a relizar en España. A previsión dos promotores do proceso é acadar a autorización neste terceiro trimestre do ano e pechar así a transacción dentro do ano en curso. DS Smith posuía xa o 25% das a...
OS CLUBES DE PIRAGUISMO E DORNAS A VELA DE A ILLA TERAN O ANO QUE VEN O SEU EDIFICIO 24.06.2015 4:28
O edificio de usos náuticos de A Illa licitarase a vindeira semana e estará listo para o seu funcionamento o ano que ven. Son as previsións do presidente en funcións da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que esta mañá asinou co alcalde de A Illa, Carlos Iglesias, o convenio de colaboración para a construción do edificio de usos náuticos. Investiranse 1,7 millóns de euros, dos que o Concello...
O CUATRIPARTITO DE CAMBADOS TENTA ESTA NOITE O ACORDO DEFINITIVO 22.06.2015 5:11
PSOE, BNG, Somos Cambados e Cambados Pode retoman esta noite as negociacións para tratar de pechar o acordo de coalición para os próximos catro anos. A reunión será ás 21.00 horas, e os catro grupos insisten en que hai vontade para selar o pacto, pese ás discrepancias que poidan existir por parte do BNG. Sobre o encontro desta noite pronunciábase esta mañá o edil de Cambados Pode, Jose Ramón Abal,...
VILANOVA CELEBRA A FESTA DA MUSICA CON OUTRAS 350 CIDADES DO MUNDO 19.06.2015 3:28
Vilanova acolle este domingo ás 20.30 horas a primeira edición da Festa da Música, que se unirá a outras celebracións semellantes en todo o mundo durante esa xornada, xa que está previsto que o evento teña lugar en máis dun cento de países e en 350 cidades. O obxectivo é levar a música ao maior número de localizacións, e persoas polo que van ser as prazas e rúas do centro urbano de Vilanova as que...
VARELA PROHIBIRA OS CIRCOS CON ANIMAIS E BAIXARA O IBI 19.06.2015 6:06
O concello de Vilagarcía prohibirá os circos con animais no municipio, baixará o IBI do 0,60 actual ó 0,58 e non permitirá a tala de máis árbores na Praza de España. Son as primeiras medidas anunciadas este mediodía polo alcalde Alberto Varela, nunha rolda de prensa na que fixo balance da súa primeira semana de goberno. En cuestións organizacións, xa se puxo en contacto cos grupos da oposición car...
AS REFORMAS DO PABILLON DE CABANILLAS E DO CAMPO DO POMBAL A PUNTO DE REMATAR 18.06.2015 3:01
As obras de remodelación do campo de futbol de O Pombal están rematadas pero á espera de recibir a documentación de fin de obra. Uns días máis tardarán os traballos de reforma do pabillón do Instituto Ramón Cabanillas, que estarán listos dentro dun mes. Os concelleiros de goberno de Somos Cambados e Cambados Pode, Tino Cordal e José Ramón Abal, supervisaron esta mañá o estado de ambas actuacións,...
O IES RAMON CABANILLAS DE CAMBADOS PON EN MARCHA UN NOVO BANCO DE LIBROS 17.06.2015 5:46
A ANPA Arco de Fefiñáns, do IES Ramón Cabanillas de Cambados, que puso en marcha o seu propio banco de libros hai un par de anos, está traballando na creación do sistema do curso próximo. Para dar a coñecer as novidades cara o novo curso, a ANPA convoca para esta tarde unha asemblea ás 20.30 horas no salón de actos do centro. Sobre todo elo falamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Victor Cacabel...
O GOBERNO DE ALBERTO VARELA TERA CINCO EDIS LIBERADOS 17.06.2015 4:26
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, deu a coñecer esta mañá a estructura definitiva do gobierno que presidirá durante os próximos cuatro años. Confirmou que contará con cinco edís liberados, que son o propio Alberto Varela, Tania García, Sonia Outón, Lino Mouriño e Paola María Mochales. O salario dos edís liberados todavía está por determinar, pero estará compensado pola reducción do número d...
VINTE ESTABLECEMENTOS PARCITIPAN NA III EDICION DE DESTAPA VILAGARCIA 16.06.2015 3:00
“Destapa Vilagarcía” comezará o vindeiro venres 19 de xuño coa participación de 20 establecementos da cidade. O presidente de Ahituvi, Roberto Gerpe, dábanos os detalles da iniciativa, destacando un aumento no prezo das tapas en 30 céntimos pero tamén unha melloría na calidade.
ALBERTO VARELA REUNIRASE EN BREVE COS COLECTIVOS ECONOMICOS E SOCIAIS 16.06.2015 1:56
Alberto Varela realizou esta mañá a súa primeira aparición pública como alcalde Fíxoo na Casa de Cultura Rei Daviña na presentación dunha nova edición da iniciativa gastronómica “Destapa Vilagarcía”, promovida pola asociación de hosteleros da cidade, que se pon en marcha do 19 ó 28 de xuño. Durante o acto de presentación, o alcalde Alberto Varela ratificaba como unha das súas prioridades a reunión...
TELMO MARTIN DISPOSTO A CORREXIR ERROS DO PASADO PESE A VERSE TRIUNFADOR DAS ELECCIONS 15.06.2015 2:01
Mentres en Sanxenxo comeza a súa andaina o cuatripartito, dende a oposición o portavoz municipal do Partido Popular, Telmo Martín, avanzou esta mañá un propósito de enmenda para correxir os erros cometidos no anterior mandato, con máis cercanía e humildade, e poder así recuperar a confianza perdida dos seus electores. Telmo Martín confirmou a súa intención de seguir ó frente da oposicición durante...
A ORGANIZACION DA FESTA DO ALBARIÑO, PRIMEIRA ACTUACION DO CUATRIPARTITO DE CAMBADOS 15.06.2015 11:14
A alcaldesa de Cambados, Fátima Aba,l recibiu este mediodía o traspaso de poderes da mán do seu predecesor Luis Aragunde e os catro grupos que conformarán o goberno empezaron xa a primeira hora desta mañá a perfilar a súa estructura. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Fátima Abal nos decía, nunha entrevista nos estudios de Arousa Sí Radio, que as primeiras actuacións do novo goberno irán encamiñadas á...
ASOCIACIONS CONTRA O NARCOTRAFICO CONMEMORAN OS 25 ANOS DA OPERACION NECORA 12.06.2015 3:03
Asociacións contra o narcotráfico celebraron este mediodía ante o Concello de Cambados os 25 anos da Operación Nécora que destapou o narcotráfico na ría de Arousa e acabou coa impunidade dos narcotraficantes. Aquela xornada de hai 25 anos mobilizáronse ata 350 policías desplazados dende Madrid e helicópteros sobrevoaron os pazos dos capos galegos, nunha operación dirixida polo xuiz Baltasar Garzón...
GONZALO PITA CALIFICA DE HISTORICO O PACTO, ASINADO O 8 DE XUÑO 12.06.2015 4:42
O virtual alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, e os seus tres socios do futuro goberno formalizaron esta mañá públicamente o pacto entre SAL, BNG, PSOE e Sanxenxo Pode. Un pacto “histórico”, asinado o 8 de xuño, que, din, dende mañá asumen “con ilusión” co obxectivo de abrir o Concello á cidadanía, e romper coa imaxe de “clientelismo e corrupción”. “Queremos cambiar as cousas entre todos, e non entr...
CATALINA GONZALEZ DEIXA A ALCALDIA CON ORGULLO DO TRABALLO FEITO 11.06.2015 1:51
Catalina González abandona o seu mandato ó fronte do concello de Sanxenxo facendo unha valoración positiva dos 8 anos do seu goberno. Ó seu entender, “oito anos moi difíciles, marcados por unha forte crise económica que se superaron aplicando sensatez e austeridade”. En todo caso, co o”rgullo de ter conseguido manter os servizos e benestar da cidadanía”. Sobre o seu futuro, asegura que seguirá vin...
LOUZAN ENTONA O "MEA CULPA" POR NON TER MODIFICADO A LEI ELECTORAL 10.06.2015 6:07
O presidente da deputación de Pontevedra en funcións, Rafael Louzán, atribue a perda dos gobernos conservadores á falta de “valentía política” do PP para modificar a lei electoral que lle permitira gobernar á lista máis votada. Louzán entonaba un “mea culpa” esta mañá nun encontro cos medios de comunicación no polígono de Barro Meis, no que se referiu ás situacións de pactos de esquerda en Ribadum...
A VINOTECA RIBEIRA DE FEFIÑANS, GAÑADORA DO CONCURSO DE PINCHOS..POR CAMBADOS 05.06.2015 1:19
O plato elaborado pola Vinoteca Ribeira de Fefiñáns de Cambados, foi o gañador do concurso “De pinchos … por Cambados”, organizado pola Asociación Zona Centro de Cambados. No acto de presentación dos gañadores, celebrado na Vinoteca, tamén se celebrou o sorteo dos agasallos ós clientes que participaron nesta edición, consistentes nunha cesta de productos gourmet, e de 8 vales compra de 25 euros ca...
Vilanova extende a fibra optica por todo o municipio 05.06.2015 2:02
Vilanova ten xa fibra óptica en todo o municipio, que vai a dar mellores prestacións á rede WiFi e, ademáis, posibilitar a instalación de cámaras de vixiancia. De momento, as cámaras somente estarán ubicadas no Polígono de Tremoedo, pero coa previsión de poñelas tamén noutras zonas públicas do municipio, como en Vista Real. Nas vivendas, somente se instalarán se os vecinos as solicitan. En todo ca...
O SALNES E VILAGARCIA SEGUEN ENCABEZANDO AS DOAZONS DE SANGUE EN GALICIA 04.06.2015 3:03
A doazón de sangue e de órganos segue sendo primordial para salvar vidas. Para concienciar delo á cidadanía, Vilagarcía celebra mañá o Día Internacional de Doazón de Órganos, coa implicación da Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo e do centro de Transfusions de Galicia. Durante as xornadas do venres e o sábado, habilitarse unha mesa informativa na rua Castelao, para explicar en qu...
NEN@S SANXENXO INICIA CUN CONTACONTOS E UNHA CHARLA DEBATE AS SUAS ACTIVIDADES 04.06.2015 8:17
A Asociacion Neen@s Sanxenxo iniciou hoxe o seu proxecto de apoio infantil cunha serie de actividades nos centros educativos do municipio. Un contacontos no colexio de Vilalonga pola mañá e unha charla-debate moderada polo psicopedagogo Tomás Mañas, ás 20 horas no auditorio do Pazo Emila Pardo Bazán, son as primeiras iniciativas deste colectivo, que busca a integración dos nenos con necesidades ed...
FOLE PIDE A VARELA MAIS PRUDENCIA E TRANSPARENCIA NAS NEGOCIACIONS 03.06.2015 5:58
O alcalde en funcións de Vilagarcía, Tomás Fole, ofreceu a Alberto Varela a colaboración do seu equipo de goberno para realizar o traspaso de poderes, unha vez que o socialista teña formalizadas as diferentes áreas do novo executivo. Tomás Fole desvelou en rolda de prensa que esta mesma mañá mantivo unha reunión co seu sucesor na que tamén lle aconsellou, “dende a experiencia, máis prudencia e men...
FATIMA ABAL ABRE A POSIBILIDADE DE RENUNCIAR A ALCALDIA A FAVOR DUN PACTO DE GOBERNO 03.06.2015 4:19
PSOE, BNG, Somos Cambados e Cambados Pode tentan avanzar cara un pacto de goberno. As catro forzas políticas celebraron esta pasada noite no Parador de Cambados a primeira reunión e tralo encontro as catro forzas políticas aseguraban, nun comunicado conxunto que “despois de encontrar moitos puntos de acordo as negociacións van seguir adiante nos próximos días”. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falam...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.