Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A XUNTA ELECTORAL FALLA A FAVOR DO PSOE DE CALDAS NOS DOUS VOTOS IMPUGNADOS 29.05.2015

Satisfacción pero tamén cautela no PSOE de Caldas, tras coñecer que consigue a maioría absoluta. A Xunta electoral de zona de Pontevedra deu validez ós dous votos anulados na xornada electoral, que favorecían á candidatura socialista. As papeletas, que correspondían á mesa electoral de San Clemente, foran cortadas pero sen afectar ós nomes da candidatura, polo que ó PSOE entendía que o sentir dos...

LOUZAN CONVIDA O BNG A REFLEXIONAR SOBRE CON QUEN LLE CONVEN PACTAR 28.05.2015

A intención anunciada polo PSOE provincial de beneficiar a Vigo nos futuros orzamentos da Deputación, que nas últimas horas puxo en alerta a parte das formacións políticas das nosas comarcas, tivo tamén esta mañá resposta por parte do presidente en funcións do organismo provincial. Rafael Louzán advertía ó BNG sobre as consecuencias do pacto co PSOE e animaba ós nacionalistas á reflexión. Palabras...

A METADE DOS ALUMNOS DE PRIMARIA NON REALIZAN A REVALIDA 27.05.2015

Os alumnos de terceiro de primaria enfróntanse entre hoxe e mañá á proba da reválida, unha evaluación individualizada comtemplada na Lomce que xenerou moita discrepancia entre os país dos alumnos. A única forma de evitala é non asistir ó colexio durante ambas xornadas. Nos centros de primaira de Vilagarcía, a metade dos alumnos non acudiron ás aulas e algúns dos que sí o fixeron presentaron os inf...

DE PINCHOS... POR CAMBADOS, DO 29 O 31 DE MAIO 26.05.2015

A Asociación Cambados Zona Centro pon en marcha a IV edición do concurso “De pinchos, ….por Cambados ”, que se celebrará os vindeiros días 29, 30 e 31 de maio. Desta volta, serán oito establecementos de hostalería participantes, que servirán, cada un deles dous pinchos, ó prezo de 1€ a unidade. Os pinchos poderanse degustar en horario de 12.00 a 15.00h. e de 20.00 a 22.30h. Cada local participante...

LOUZAN DEIXARA A DEPUTACION SE PSOE E BNG GOBERNAN A INSTITUCION 26.05.2015

O presidente en funcións da Deputación e líder do PP provincial, Rafael Louzán, anunciou esta mañá que non formará parte da institución provincial no caso de que chegue a bo termo o máis que previsible pacto entre o PSOE e BNG para dirixir a deputación nos próximos catro anos. Neste contexto, Louzán avanzou que non ocupará ningún escano provincial se un pacto entre socialistas e nacionalistas lle...

O DOMINGO, DE XANTAR PAELLA, NO PAZO DE VISTA REAL 21.05.2015

Vilanova ultima os preparativos para a II edición da Festa da Paella, organizada pola comisión de festas de San Pedro de Corón, co fin de recadar fondos da súa festividade. Será o domingo 24, no pazo de Vista Real cun menú de 10 euros, composto de empanada, paella, cociñada nunha paelleira xigante para 600 persoas, viño tinto rosca e café . Tamén os máis pequenos terán con qué divertirse, pois par...

LOUZAN COMPROMETE A MELLORA DO PAVILLON DO COLEXIO DE RUBIANS 20.05.2015

A Deputación realizará a mellora do pavillón deportivo do colexio de Rubiáns en Vilagarcía, unha demanda pola que ven loitando dende hai tempo a ANPA do centro escolar, mesmo con concentracións semanais ás portas do colexio. Así se comprometeu cos proxenitores esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzan, nunha visita institucional ás instalacións. A idea é construir un novo pavillón que co...

DURAN: FACEMOS AS OBRAS CANDO CHEGA A FINANCIACION AINDA QUE HAXA ELECCIONS 19.05.2015

O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán respondeu esta mañá á denuncia presentada polo PSOE de Vilanova ante a xunta electoral motivada polos anuncios de obras e suposta utilización de publicidade institucional por parte do Partido Popular de Vilanova, ó considerar que se está "atentando contra o dereito de igualdade". En concreto, os socialistas sinalanos anuncios realizados nos medios de comunicaci...

CANS DA PROTECTORA DE CAMBADOS AXUDAN A RECLUSOS DE A LAMA NA SUA REINSERCION 19.05.2015

O Refuxio de Animais de Cambados está recollendo resultados moi positivos da súa iniciativa “Un amigo para ti” que ven desenvolvendo dende o mes de abril no cárcere de A Lama. Trátase dun programa que a protectora cambadesa puxo en marcha en colaboración con Institucións Penitenciarias co obxectivo de favorecer tanto ós animais como ós internos. Son talleres de adestramento realizados polos propio...

SEMANA DA FRANCOFONIA EN VILANOVA DO 19 O 22 DE MAIO 15.05.2015

O IES A Basella de Vilanova organiza a Semana da Francofonía na que, dende o vindeiro día 19 e ata o venres 22 de maio, uns mil estudantes de francés de 10 institutos de Galicia participaran en actividades como xogos en francés, teatro, excursions e incluso unha mostrar gastronómica de productos galos. A semana da francofonía foi presentada esta maña pola concelleira Aurea Bermudez que estuvo acom...

VILAGARCIA PREPARASE PARA AS FESTAS DE SANTA RITA 15.05.2015

En Vilagarcía todo está preparado para a celebración das festas de Santa Rita, que comezarán o vindeiro mércores día 20. Mercado medieval, pasarrúas, xogos para nenos, deporte e verbenas ata o día 24, nun programa que esta mañá detallaba a Concelleira de Cultura, Rocío Llovo, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

COMEZAN AS OBRAS DE REFORMA DO PAZO DE VISTA REAL 15.05.2015

O emblemático Pazo de Vista Real en Vilanova estará habilitado a finais de xullo para acoller en setembro os cursos de formación de agricultura ecolóxica promovidos polo Concello As actuacións de reforma comezan por fin despois de catro anos de trámites administrativos para rehabilitar a planta baixa nunha primeira fase, que retirará as ostentosas vidrieiras doutros tempos, reparará o Tellado e cr...

SVENSKA BERING DE CAMBADOS AMPLIA A SUA FABRICACION E PRODUCCION CON 2,8 MILLONS DE EUROS. 14.05.2015

A empresa Svenska Bearing ubicada no polígono 7 Pías de Cambados beneficiarase do plan de innovación 4.0 aprobado no Consello da Xunta de onte no que se prevé investir 120 millóns de euros públicos nos próximos dous anos para a financiación de empresas. O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá as instalaciones de Svenska Bearing, unha de las firmas punteiras na fab...

O ALCALDE DE CALDAS RECIBE O RESPALDO DA DIRECCION DO PARTIDO TRALO NOVO AUTO 13.05.2015

O alcalde de Caldas Juan Manuel Rey asume con tranquilidade o novo auto da xuiza de Caldas de apertura de xuizo oral contra el por un suposto delito de malversación de fondos públicos. O rexedor considera que era "algo que entraba dentro do previsto" e entende que a súa situación con respecto ó código ético do seu partido non variou xa que o xuizo non se celebrará antes do 24 de maio. Neste sentid...

A PROPIETARIA DE BEMBO OBRIGADA A CAMBIAR O NOME DO SEU NEGOCIO 13.05.2015

Finalmente, a oficina de Patentes obriga á empresaria de Vilagarcía Vanesa Feixó a cambiar o nome da súa tenda de alimentos Bembó. A multinacional Bimbo denunciou o nome do seu negocio ó entender que pretendía sacar beneficio da imaxe da multinacional. A falta de recursos económicos impide á propietaria de Bembó recurrir a decisión da oficina de Patentes. Agora terá que modificar toda a cartelería...

A COORDINADORA DE ANPAS PENSA QUE NON SE VAI A AFORRAR CO PECHE DA ESCOLA DO PEDROSO 12.05.2015

A Coordinadora de Anpas de Vilagarcía, manifesta o seu total apoio aos pais e nais dos nenos e nenas matriculados para o vindeiro curso na Escola Unitaria de O Pedroso, en Bamio, ante a posibilidade de peche por falta de alumnos. Asegura a coordinadora que "os pais teñen todo o dereito a que se respete a súa decisión de ter matriculados alí os seus nenos, aínda que sexan 4. É a administración a qu...

PROPOSTAS CULINARIAS A 1,80 EN O GROVE A PARTIR DO DIA 15 11.05.2015

Os hosteleiros do Grove poñen en marcha o II Concurso de Pinchos que terá lugar do 15 ó 31 de maio. Nove locais volverán participar nesta iniciativa, con propostas culinarias para todos os gustos. Cada establecemento ofrecerá dous pinchos diferentes, ó prezo de 1,80 euros, que serán valorados nun Concurso que é idéntico á pasada edición. Haberá votos do público e dun xurado profesional e o gañador...

VARELA PRESENTA DOCUMENTOS CON ALCAMPO NA PARCELA DE MEGASA 07.05.2015

O candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía asegura que o alcalde Tomás Fole minte cando di descoñecer todavía o uso previsto para a parcela de Megasa. Alberto Varela fixo público esta mañá unha acta do consello de xerencia de urbanismo con data 14 de maio de 2013 onde o informe do arquitecto municipal dí que estaría destinada a unha superficie municipal. Ademáis, tamén presentou un plano urba...

FOLE REITERA QUE NON PODE INCUMPLIR A LEI NO ASUNTO DE MEGASA 06.05.2015

O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, xustifica a aprobación do proxecto de urbanización de Megasa reiterando que non pode incumplir a lei. Tomás Fale sae así ó paso do acontecido no consello da Xerencia de Urbanismo celebrado onte no que o documento se aprobou definitivamente únicamente coa presencia dos membros do grupo de goberno e a protesta do colectivo de comerciantes. Tomás Fole aludiu esta...

APROBADO O PROXECTO DE MEGASA TRALA SEGUNDA CONVOCATORIA DO CONSELLO DE XERENCIA 05.05.2015

O consello da Xerencia de Urbanismo aprobou hoxe definitivamente o proxecto de urbanización na avenida das Carolinas promovido por Metalgráfica Gallega, SA (Megasa). A proposta conta con todos os informes técnicos e xurídicos favorables, incluídos os da dirección xeral de Estradas do Ministerio de Fomento e do ente Augas de Galicia, dependente da Xunta. As alegacións da asociación de comerciantes...

OS NENOS PECHAN A SEMANA DA SEGURIDADE VIAL EN CAMBADOS 04.05.2015

Con motivo do Día Mundial da Seguridade Vial, o Concello de Cambados rematou esta mañá a Semana Global de Seguridade Vial. Fixoo coa lectura do Manifesto dos Nenos implicados nesta iniciativa, en presenza do alcalde, Luis Aragunde, voceiros municipais, xefe da Policía Local e profesores dos centros educativos. Os detalles nolos contaba Maxi Cid, xefe da Policía Local de Cambados, nesta conversa co...

OS TECNICOS DE EMERXENCIAS NON COMPRENDEN O PP SOBRE A AMBULANCIA MEDICALIZADA 04.05.2015

A corporación de Cambados aprobou no último pleno a propuesta planteada por BNG e PSOE de dotar á comarca de O Salnés dunha ambulancia medicalizada. Os dous grupos presentaron senllas mocións que acabaron refundíndose, recibindo o respaldo do grupo de gobierno do PP, a pesar de que o Partido Popular rexeitaba 48 horas antes a mesma proposta no Parlamento galego, ó considerar que a comarca está o s...

O FUTURO DA ESCOLA DE BAMIO NON SE SABERA ATA XUÑO 28.04.2015

O futuro da escola unitaria de Bamio non se saberá ata o mes de xuño. O asunto foi abordado no pleno da corporación municipal de Vilagarcía da pasada tarde, coa presencia dos pais afectados e a través dunha moción do BNG, que recibiu o respaldo de todos os grupos. Sen embargo, a concelleira de Educación, Rocío Llovo, dixo descoñecer as medidas para gañar alumnos e conseguir que a escola non peche....

O FUTURO DA ESCOLA DE BAMIO NON SE SABERA ATA XUÑO 28.04.2015

. O futuro da escola unitaria de Bamio non se saberá ata o mes de xuño. O asunto foi abordado no pleno da corporación municipal de Vilagarcía da pasada tarde, coa presencia dos pais afectados e a través dunha moción do BNG, que recibiu o respaldo de todos os grupos. Sen embargo, a concelleira de Educación, Rocío Llovo, dixo descoñecer as medidas para gañar alumnos e conseguir que a escola non pech...

GALA BENÉFICA EN CAMBADOS A FAVOR DUNHA NENA DE SEIS ANOS CON HIPOTONÍA MUSCULAR 23.04.2015

Candela ten 6 anos e padece hipotonía muscular (déficit no desenvolvemento dos músculos). A rehabilitación que precisa ten un elevado custo, que seus pais non poden sufragar. Por tal motivo, para recadar os fondos necesarios, a Asociación Xuventude de Vilariño decidiu poñer en marcha a Gala Benéfica que se vai levar a cabo o domingo 26 de abril no salón de actos da Adega Martín Códax, que cede as...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.