Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
NOVIDADES DE ORGANIZACION DA FESTA DO ALBARIÑO 2015 23.07.2015 13:09
Finalmente, pese a todas as xestións realizadas polo goberno local para que a investidura de Cabaleiros e Donas do Albariño fose aberto ó público e se celebrase na Praza de Fefiñáns, finalmente, o acto do Capítulo Serenísimo será na ubicación de sempre: o patio de armas do Pazo de Fefiñáns. A Confraría do Albariño insiste en motivos de seguridade con respecto ás persoalidades asistentes, non por a...
A PRAZA DE ABASTOS DE CAMBADOS ABRIRA OS VENRES POLA TARDE 21.07.2015 10:03
O goberno local de Cambados e a Asociación de Praceiras consensuaron a apertura da Praza de Abastos os venres pola tarde en horario de 17 a 22 horas. O obxetivo de esta iniciativa é incentivar as vendas dos productos frescos da ria e, ó tempo, dinamizar o comercio local. Dentro desta medida, tamén se van a organizar semanas de promoción dos productos do mar de tempada que se venden na praza cambad...
A VIEIRA CON VELOUTE DE ERIZOS E MILLO A QUE MAIS GUSTOU 20.07.2015 2:34
A festa da Vieira, celebrada esta fin de semana no Paseo da Calzada en Cambados, pechou a súa XIV edición cun gran éxito de público, segundo os organizadores. A responsable da empresa comercializadora Porto de Cambados, Mar Ambroa, asegura que foi elevado o público asistente durante os tres días do evento, vendéndose todas as racións previstas, sobre todo nas xornadas do sábado e domingo. Cos dato...
INAUGURACION DA FESTA DA VIEIRA DE CAMBADOS 17.07.2015 6:01
Cambados inaugurou a XIV Edición da Festa da Vieira que se prolongará durante toda a fin de semana no Paseo da Calzada. As recetas renovadas desta edición son elaboradas polo chef Rafael Centeno do Restaurante Maruja Limón de Vigo, con catro variedades: “vieira con velouté de erizos e millo”, “vieira con cremosos de noz moscada e cítricos” “vieira marinada con cereais” e a tradicional empanada de...
O COMEDOR INFANTIL DE VERAN COMEZA CON 26 NENOS INSCRITOS 16.07.2015 3:13
O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Benestar, Tania García, visitaron esta mañá o campamento de verán que se está a desenvolver no recinto de Fexdega e asisten a posta en marcha do comedor infantil de verán, que comezou a funcionar hoxe nas mesmas instalacións. O obxectivo da iniciativa é conciliar á vida familiar e laboral nos meses estivais e ó tempo servir de axuda para as familias qu...
ZONA CENTRO PREMIA CON 600 EUROS AS MELLORES CAMISDETAS DO ALBARIÑO 16.07.2015 2:06
A asociación Zona Centro de Cambados premiará un ano máis á peña que, segundo o xurado, mellor defina nas súas camisetas o espíritu da Festa do Albariño. O colectivo de comerciantes presentou esta mañá o xa tradicional concurso de camisetas do Albariño, que, un ano máis, volve repartir 600 euros en vales compra. Un xurado formado por membros da Asociación de comerciantes e do Concello elexirán a c...
NOVAS RECETAS PARA A FESTA DA VIEIRA DE CAMBADOS QUE SE CELEBRARÁ ESTA FIN DE SEMANA 15.07.2015 7:07
Cambados celebra esta fin de semana a XIV Edición da Festa da Vieira cun xeito renovado na elaboración do molusco. A pesar da pésima campaña que tivo o sector o pasado inverno, finalmente os organizadores, a Confraría e Porto de Cambados, empresa que comercializa a vieira arousá, apostaron pola continuidade do evento debido o incremento das vendas durante os primeiros meses do ano. Un dato que ofr...
A DEPUTACION CELEBRA O ULTIMO PLENO DO MANDATO COA AUSENCIA DE LOUZAN 14.07.2015 5:12
Coa ausencia de Rafael Louzán, a Deputación Provincial celebrou esta mañá a última sesión plenaria do presente mandato. Un pleno extraordinario que pon fin a vinte anos de Rafael Louzán ó fronte da institución provincial. Nesta última sesión plenaria únicamente deuse conta das actas dos últimos plenos. Todos os responsables da Deputación pasan agora a estar en funcións ata o venres ás 13 horas, mo...
O GOBERNO DE CAMBADOS ABORDA CON TOURIS AS OBRAS EN MARCHA NO CONCELLO 14.07.2015 2:57
Dotar de equipamento o pabillón do IES Cabanillas e solventar algúns problemas xurdidos trala reforma do campo de fútbol do Pombal son as primeiras observacións presentadas polo equipo de goberno de Cambados ó delegado territorial da Xunta en Pontevedra, no encontro institucional celebrado esta mañá no Concello de Cambados. O equipo de goberno, encabezado pola alcaldesa Fátima Abal, recibiu a visi...
CARSA FABRICARÁ ESTE ANO 50 UNIDADES DO NOVO MODELO STELLAE 13.07.2015 3:47
A emblemática empresa vilagarciá de fabricación de autocares , Carsa, inaugurou esta mañá as obras de reforma e ampliación que se desenvolveron nas súas instalación de Bamio nos últimos meses, cun investimento de preto de un millón de euros. Carsa leva dende os anos 50 do pasado século implantada en Vilagarcía, e a consecuencia da crise, veuse inmersa no 2011 en una serie de expedientes de regulac...
VARELA ELABORA NOVA PROPOSTA PARA TRASLADAR A TODAS AS FORMACIONS 13.07.2015 3:00
O goberno local de Vilagarcía cambia a súa extratexia e elabora unha nova proposta económica de organización do equipo de goberno que trasladará a todas as formacións políticas, e non só ó PP. A intención do equipo de Alberto Varela é conseguir o respaldo máis amplo posible cara o novo pleno organizativo que se terá que convocar este venres a máis tardar. Así o anunciaba esta mañá o propio alcalde...
O TSXG DA A RAZON O CONCELLO DE VILANOVA NO CASO DA AREA COMERCIAL DE DEIRO 10.07.2015 1:52
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera dentro da legalidade a tramitación urbanística realizada polo concello de Vilanova sobre os terreos nos que se ía implantar a área comercial de Deiro. No momento da presentación do proxecto, a actuación recibiu a oposición de todo o comercio da comarca, agás por parte da Asociación de Comerciantes de Vilanova. Mesmo o Consorcio do Comercio do Sal...
O ALBARIÑO TEN NOVO CARTEL 10.07.2015 3:35
O concello de Cambados ten xa novo cartel do Albariño, trala descalificación do primeiro deseño por falta de orixinalidade. O novo gañador, seleccionado polo xurado, é a composición de Marcos Escudeiro Vieites, veciño de Cambados, e leva por título “Rías Baixas, a ría do Albariño”. O novo deseño foi anunciado esta mañá polo concelleiro Xurxo Charlín, que, ademáis, desvelaba o contido dunha carta r...
ARAGUNDE DI QUE A SITUACION ECONOMICA SERIA A MESMA SE O PP ESTIVESE GOBERNANDO DESPOIS DO 24 M 10.07.2015 9:35
O ex alcalde de Cambados, Luis Aragunde, insiste na boa xestión económica realizada polo seu goberno e califica como “xustificacións” as contas que onte desvelaba o cuatripartito. O novo equipo de goberno acusaba ó anterior executivo de deixar valeiras as partidas de Cultura e Educación, un superávit ficticio e un déficit de -1000 euros no departamento que agora dirixe o nacionalista Victor Caamañ...
O CUATRIPARTITO DESVELA CIFRAS NEGATIVAS NAS CONTAS DO CONCELLO 09.07.2015 6:14
Situación económica delicada no Concello de Cambados. O novo equipo de goberno asegura, tras realizar o estudo contable, que a situación económica do municipio non é tan boa como aseguraba o anterior executivo. I é que, segundo o novo grupo de goberno, o superavit de 500.000 euros co que contaba o Concello, non é real debido ás debedas que dúas empresas en concurso de acreedores teñen coa administ...
VILAGARCIA POR BAIXO DA MEDIA GALEGA EN RECICLAXE DE VIDRO 08.07.2015 3:11
Vilagarcía súmase á Campaña de Reciclaxe de Vidro durante o verán que a empresa Ecovidro pon en marcha en diferente concellos turísticos e costeiros de Galicia. Na iniciativa participarán 35 establecementos do municipio, que recibirán sen coste os contenedores de reciclaxe. Segundo os datos de Ecovidrio, a reciclaxe deste material en Vilagarcía sitúase algo por baixo da media galega, con pouco mái...
TOURIS MANTEN O PRIMEIRO ENCONTRO INSTITUCIONAL CO NOVO GOBERNO DE BARRO 08.07.2015 3:38
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, continúa coa sua rolda de entrevistas nos concellos nos que houbo cambio de gobernos saídos dos comicios de maio. Touris reuniuse esta mañá co bipartito de Barro e recolleu as inquedanzas do equipo de goberno nun encontro co alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes, do BNG, e co teniente de alcalde José Sanmartín, do PSOE. Durante o encont...
VARELA RETOMARA AS NEGOCIACIONS PARA SACAR ADIANTE O ORGANIGRAMA DO SEU EXECUTIVO 07.07.2015 4:45
Alberto Varela retomará as negociacións cos grupos da oposición para sacar adiante o organigrama do seu executivo. Despóis de que o primeiro pleno da corporación tumbase a súa proposta económica, o alcalde de Vilagarcía está disposto a reunirse de novo con todos os grupos, pero apelando ó sentido da responsabilidade da oposición. I e que nin o salario do alcalde, nin as liberacións e cargos de con...
CAMBADOS DISPON XA DO REFORMADO PABILLON DO IES RAMON CABANILLAS 07.07.2015 2:40
Cambados dispón xa para o seu uso do remodelado pabillón do Instituto Ramón Cabanillas. As obras de reforma integral, realizadas pola Deputación de Pontevedra cun investimento duns 750.000 euros, no que se incluiu a reforma do campo de futbol do Pombal, están xa rematadas e foron supervisadas esta mañá polo presidente da institución provincial Rafael Louzán, e o Concelleiro de Cultura e Deportes,...
O BNG PEDIRA NO PARLAMENTO MAIS PERSOAL PARA O HOSPITAL DO SALNES 07.07.2015 3:37
O grupo parlamentario do BNG vai presentar iniciativas na Cámara Galega solicitando a dotación do persoal necesario para o Hospital do Salnés, a apertura da terceira planta en setembro e a mellora do aparcamento. Así llo trasladou esta mañá a deputada Montse Prado á Xunta de persoal do Hospital do Salnés nun encontro mantido no centro comarcal, xunto con membros do BNG da comarca de Arousa. O enco...
O IGAPE RECOÑECE O TRABALLO DE EXTRUGASA NOS 50 ANOS DE EXISTENCIA 03.07.2015 6:26
A empresa Extrugasa, en Valga, recibiu esta mañá a visita do director do IGAPE, Javier Aguilera, a modo de recoñecemento institucional do labor que ven realizando a firma líder en fabricación e acabado da perfilería de aluminio. Con 50 anos de existencia, Extrugasa aposta pola internacionalización co presencia en 50 países e unhas óptimas perspectivas de futuro. Son as impresións que nos contaban...
ABRENSE AS INSCRIPCIONS PARA OS CURSOS DE VISTA REAL 03.07.2015 1:19
Vilanova pon en marcha os primeiros cursos que se impartirán no rehabilitado Pazo de Vista Real. Serán, concretamente dous cursos, homologados pola Consellería de Traballo e Benestar, de Agricultura ecolóxica e Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, que comezarán a finais deste mes ou principios de agosto. Están destinados para desempregados para cada un deles ofértanse 15 prazas. O t...
800 PEREGRINOS ELEXIRON A VARIANTE ESPIRITUAL DO SALNES NO PRIMEIRO TRIMESTRE 03.07.2015 2:49
A Variante Espiritual do Camiño de Santiago conseguiu converterse nunha marca propia, deixando de ser simplemente un camiño a Santiago. Así o considera un dos responsables , Tino Lores, que tamén daba esta mañá as cifras de peregrinos que escolleron a Variante Espiritual neste primeiro semestre, cun notable incremento con respecto o ano pasado. 800 peregrinos pasaron pola Ruta do Salnés procedente...
O COMEDOR ESCOLAR DE VERAN DE VILAGARCIA SERA EN FEXDEGA 02.07.2015 4:43
O comedor escolar de verán que pon en marcha o Concello de Vilagarcía será en Fexdega en lugar do colexio de A Lomba, por cuestións de operatividade. Trátase así de evitar o traslado dos nenos que participan nos campamentos de verán que dende onte se están realizando no recinto feiral. A finalidade do comedor escolar de verán é, ó igual que os campamentos, conciliar a vida familiar e laboral, cunh...
SO DOUS ASPIRANTES PRESENTARONSE AS PROBAS DE SOCORRISTAS EN VILAGARCIA 02.07.2015 2:36
Somente dous aspirantes presentáronse esta mañá ás probas de socorristas para as praias de Vilagarcía. A escasa cuantía económica da que dispón a administración municipal para retribuir ós vixiantes está a provocar que éstes prefiran outros destinos como os areais de Sanxenxo e O Grove, onde os importes económicos son maiores. Así que, agora o goberno local deberá realizar unha segunda convocatori...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.