Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O BNG VOTARA EN CONTRA DOS ORZAMENTOS DO GRUPO DE GOBERNO 26.01.2016 5:21
O BNG non respaldará o proxecto de orzamentos municipais para 2016 elaborado polo grupo de goberno, que se debaterá non pleno da corporación municipal deste xoves. A formación nacionalista desvelou esta mañá que votarán en contra porque siguen sen ver un cambio claro de modelo e filosofía no desenvolvemento da política municipal. E a pesar de que valoran positivamente as modificacións introducidas...
O XOGADOR INFANTIL DO TERRON EVOLUCIONA FAVORABLEMENTE 25.01.2016 1:27
O xogador infantil do Vilanova que resultou ferido o pasado sábado durante un partido no campo de O Terrón, evoluciona favorablemente pero ainda permanecerá unha semana en observación. O menor sufriu un aparatoso golpe na cabeza que o deixou insconsciente no campo e foi evacuado por un helicóptero de emerxencias ante a imposibilidade da chegada dunha ambulancia. Ante estas circunstancias, dende a...
900 ESCOLARES DE VILANOVA PARTICIPAN O VENRES NO DIA DA PAZ 25.01.2016 2:04
Os alumnos dos colexios de Vilanova celebrarán unidos o Día da Paz nos actos programados para este venres no campo de fútbol de O Terrón. Os profesores de Educación Física dos colexios, Xulio Camba de Vilanova, San Miguel de Deiro, San Roque de Corón, San Bartomé de Tremoedo e Sestelo de Baión decidiron organizar en conxunto a celebración do Día da Paz na que participarán 900 alumnos de entre 3 e...
OS ALUMNOS DO SAN TOME SANITARIOS POR UN DIA 22.01.2016 1:47
Os alumnos e os profesores do colexio San Tomé de Cambados participaron esta mañá nun taller de primeiros auxilios impartido polos Técnicos de Emerxencias Sanitarias do Salnés e Umia. A finalidade desta iniciativa é que uns e outros coñezan de preto as técnicas básicas para salvar vidas en situacións de risco. Os alumnos de infantil e ata 3º de Primaria puideron observar con detalle os pormenores...
DURAN:A LEI DE ACUICULTURA CAMBIARIA O TRABALLO ARTESANAL POR UN SISTEMA INDUSTRIAL 22.01.2016 5:12
A controvertida Lei de Acuicultura que tramita a Xunta de Galicia sumará este luns en Vilanova un novo posicionamento en contra, xa avanzado días atrás polo alcalde, Gonzalo Durán, que foi o primer político da comarca en situarse ao carón do sector do mar no rexeitamento o proxecto. A corporación municipal de Viloanova someterá a debate do pleno luns, ás 20.30 horas, unha moción contra o documento...
CAMBADOS PROMOVESE COMO DESTINO ENOTURISTICO EN FITUR 21.01.2016 9:14
Cambados tamén está hoxe presente en Fitur. O Concelleiro de enoturismo, José Ramón Abal, será o encargado esta tarde no stand de TurGalicia de promocionar a vila cambadesa a través da nova marca “Cambados Enoturimo, Capital del Albariño". O obxetivo é dar a coñecer a todos os asistentes as distintas posibilidades e experiencias relacionadas co mundo do viño e a súa cultura, rematando a presentaci...
A RUTA SARMIENTO NOVA OFERTA TURISTICA DO SALNES EN FITUR 21.01.2016 9:18
A Mancomunidade do Salnés, está presente durante esta xornada en Fitur, ao igual que os concellos de Sanxenxo e Cambados para presentar as súas ofertas turísiticas.. A Mancomunidade leva esta ano como reclamo a Ruta do Padre Sarmiento, mentres que Cambados promove a marca Cambados enoturismo, que relaciona a oferta turística da vila co mundo do viño e Sanxenxo promociona o seu destino a través de...
O ESCUDO DA ILLA XA FIGURA NO MURAL DO PAZO PROVINCIAL 20.01.2016 3:43
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de A Illa de Arousa escenificaron hoxe a posta do escudo deste concello xunto aos 61 concellos do resto da provincia que se atopan na escalinata de acceso ao Pazo Provincial en Pontevedra. O escudo do concello de A Illa de Arousa era o único que faltaba por poñer xunto o resto de concellos na escalinata do pazo despois de oito an...
ANIMUNDIS: TEATRO MUSICAL EN VILAGARCIA ESTE DOMINGO 20.01.2016 2:46
O teatro musical para os mais pequenos volve ó Auditorio de Vilagarcia coa representación de "Animundis". A cita tera lugar este domingo día 24, as 18:00 horas. En "Animundis" non faltaran as risas e a boa música en directo, con letras para os cativos pero con ritmos para os pais, como o blues ou o funky, nunha peza teatral na que se pretende inculcar valores de igualdade e solidariedade. O custe...
XUNTA E CONCELLO TENTARÁN BUSCAR UNHA SOLUCIÓN TÉCNICA PARA A PRAZA DE ABASTOS 19.01.2016 2:05
Aproveitando que o Conselleiro de Educación, Román Rodriguez, visitou os centros educativos de Vilagarcía acompañado da Directora Xeral de Patrimonio da Xunta, o encontro solicitado polo alcalde Alberto Varela para tentar desbloquear as obras da segunda fase do mercado celebrouse esta mañá no Concello, e non en Santiago como estaba previsto. Segundo o acordado, ambas administracións tentarán busca...
EDUCACION COMPROMETE MELLORAS NOS COLEXIOS DE RUBIANS, A LOMBA E VILAXOAN 19.01.2016 2:28
A Consellería Educación acometerá varias reformas de xeito inmediato en tres centros de Vilagarcía de Arousa: o CEIP de Rubiáns, o CEIP A Lomba e o CEIP de Vilaxoán. Así o anunciou o conselleiro Román Rodríguez con motivo dunha visita esta mañá ao IES Armando Cotarelo Valledor, onde o seu departamento vén de rematar unha obra de ampliación para dotar de máis espazo aos ciclos de Formación Profesio...
BOUZA DO REI RENOVA MAQUINARIA E MELLORA A COMERCIALIZACION EXTERIOR 18.01.2016 3:04
O secretario xeral da Xunta en Pontevedra, Miguel Dubois, visitou esta mañá a Adega Bouza do Rei, en Ribadumia, para comprobar as inversións realizadas dentro das liñas de Axudas da Xunta para a implantación de nova maquinaria e a comercialización en terceiros países. Con estas axudas, a Adega Bouza do Rei adquiriu unha nova máquina embotelladora, un montacargas e unha carretilla eléctrica. E en c...
O HUMOR SATÍRICO DE UNHA GRANDE CHEA E COMPARSAS NO DESFILE 18.01.2016 6:16
Cambados ten xa todo listo para a celebración do Entroido 2016, que será máis participativo, coa implicación directa de diversos colectivos sociais e veciñais, a novidade da presenza de comparsas no Desfile e a crítica satírica sobre o cuatripartito. A asociación “Unha, grande, chea” abre as actividades cun concerto no que intervirán 8 grupos locais a beneficio de AME. Será o venres 5 de febreiro...
O SALNES LANZA UNHA NOVA OFERTA TURISTICA A TRAVES DA RUTA DO PADRE SARMIENTO 15.01.2016 1:46
A Mancomunidade do Salnés pon en marcha unha nova oferta turística, que presentará a nivel Internacional en Fitur o vindeiro mércores. Trátase da ruta turística do Padre Sarmiento, que, comezando en Poio, decorre polos municipios de Arousa reproducindo a viaxe que realizou o sacerdote hai tres séculos no Ano Santo cara Compostela. Un itinerario que agora a Mancomunidade do Salnés recolle como ofer...
VILAGARCIA SOLICITA FONDOS EUROPEOS PARA O DESENVOLVEMENTO DA CIDADE 15.01.2016 1:54
O Concello de Vilagarcía solicitou a súa adhesión ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para poñer en marcha o proxecto “Vilagarcía Avanza”. Unha iniciativa para o desenvolvemento da cidade , que se pretende financiar cos fondos europeos para os próximos 5 anos e que ten como finalidade un crecemento intelixente, sostible e integrador da cidade. O importe máximo ao que se pode optar...
A DEPUTACION ENTREGA A SANXENXO O PLAN DIRECTOR DO PAZO DE QUINTANS 15.01.2016 2:00
Sanxenxo xa dispón do Plan de Rehabilitación e Usos do Pazo de Quintáns, que permitirá a execución da primeira fase de recuperación do inmoble. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, entregou esta mañá ao alcalde Gonzalo Pita o documento elaborado polos técnicos provinciais baixo o convenio entre ambas administracións. O Plan de Usos recolle a posibilidade de que o Pazo se declare como Ben de...
ACERGA RECLAMARA MAÑA EN MADRID UN REPARTO XUSTO DAS CUOTAS 13.01.2016 1:59
Peches do sector do cerco para que Madrid cambie o actual reparto de cuotas. Armadores, tripulantes e familiares permanecen pechados nos concellos de Porto do Son, Bueu e A Coruña reforzando a protesta da acampada fronte a San Caetano onde mariñeiros de diferentes flotas do cerco galego, entre eles de Arousa, levan máis de 80 días. O obxectivo é reforzar a presión ante a reunión de mañá na Secreta...
O BNG DEMANDA MAIS PARTIDAS PARA INFRAESTRUCTURAS E EMPREGO 13.01.2016 1:48
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, convocou mañá aos portavoces dos grupos da oposición co obxectivo de non demorar máis o Pleno para aprobación dos orzamentos para este ano. Será a segunda reunión dos grupos da Corporación para tratar a planificación económica do Concello para o ano en curso e previsiblemente se fixe a data da sesión plenaria para proceder ao debate e aprobación inicial do...
Mellora dos accesos a praia do terron en vilanova 12.01.2016 1:44
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, supervisaron esta mañá os traballos de mellora realizados nos accesos á praia de O Terrón, dentro do Plan de fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos do medio rural. O obxectivo deste programa é dotar ao medio rural das...
VILANOVA SOLICITARA UN NOVO OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLOXICA ANTE OS BOS RESULTADOS DO PRIMEIRO 08.01.2016 3:07
A Escola Obradoiro de Agricultura Ecolóxica de Vista Real xa comeza a dar os seus froitos. Os 10 alumnos que participan neste curso, prantaron un total de 21 productos da horta, entre os que destacan a quinoa e o aguacate, que serán os que centraránmaiormente a producción de Vista Real. Ademais, también se está cultivando zanoira morada, leituga, tomate negro, guayaba, cebola, repolo, colifror e p...
O RIO GALLO VOLVE A ANEGAR OS INMOBLES AFECTADOS DA RUA SAGASTA 08.01.2016 3:36
O vento e a chuvia dannos unha pequena tregua.. A intensidade das precipitacións diminue e segundo as previsións de meteogalicia, durante a tarde comezarán a abrirse claros e os chubascos serán ocasionais. Pero as inclemencias climatolóxicas regresan mañá e o domingo unha profunda borrasca azotará de novo Galicia. A influencia das baixas presións do Atlántico seguirá alomenos menos ata mediados da...
CENTOS DE AROUSANS DESPIDEN O ANO NA PRAZA DE RAVELLA 31.12.2015 5:13
Fieis a tradición, centos de cidadáns congregáronse esta mañá na Praza de Ravella para despedir o ano de xeito anticipado. Con eles estivo Alba Piñeiro recollendo para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o ambiente que se viviu esta mañá en Vilagarcía.
CONCELLO E BATA ASINAN CONVENIO PARA A INCLUSION LABORAL DE PERSOAS CON AUTISMO 30.12.2015 2:41
O concello de Vilagarcía e a Asociación Bata asinaron esta mañá o convenio de colaboración que permitirá que durante o ano que ven tres persoas con autismo e discapacidade e un preparador traballarán conxuntamento con operarios municipais no mantemento e cuidado do parque Miguel Hernández. As xornadas de traballo serán os martes, de 9,30 a 13.30 horas. Ademáis, tamén se inclue a formación doutros...
ALBERTO VARELA ACOLLEU SEN SORPRESA A CONCESION DE LICENCIA A MEGASA 30.12.2015 2:31
Para Alberto Varela, a licencia da Xunta ao proxecto do Centro Comercial de Alcampo en Megasa non supón “ningunha sorpresa” a tenor dos últimos acontecementos. Pese a todo, o Concello seguirá tentando frear a instalación do hipermercado a través dunha modificación puntual do PXOM. O rexedor vilagarcián plantexarallo así á directora xeral de Urbanismo na reunión que xa ten solicitada ainda que toda...
AS VENDAS REXISTRAN UN LIXEIRO REPUNTE ESTE NADAL 29.12.2015 1:20
As vendas do comercio minorista rexistran un lixeiro repunte nestas datas de Nadal. O incremento xa se viña comprobando dende o pasado novembro, cun aumento do 6% en relación co mesmo mes do ano anterior, agora máis destacado debido ás compras do Nadal. Os de maiores vendas, como non pode ser doutro xeito, son as xogueterías e as tendas de agasallos, que aumentan as facturacións de cara o día de R...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.