Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

OS VIÑOS DE PACO&LOLA COMERCIALÍZANSE DENDE HOXE CO SELO GALICIA CALIDADE 28.12.2015

Os viños da adega meañesa Paco & Lola contan xa co distintivo de Galicia Calidade. A entrega do distintivo foi celbrado nun acto que tivo lugar na adega meañesa, coa presenza do Conselleiro de Economía, Franscisco Conde Tras realizar unha visita polas instalacións da Adega, o Conselleiro fixo entrega á Cooperativo do certificado que acredita a calidade dos viños albariños de Paco & Lola, premiados...

ASÍ CELEBRARÁN OS MARIÑEIROS DO CERCO ACAMPADOS A NOITEBOA E O NADAL 24.12.2015

Se o nadal do ano pasado eran os traballadores de Lantero os que pasaban a Noiteboa e o Nadal nun campamento reivindicativo, este ano son os mariñeiros do cerco, moitos deles de Arousa, os que permanecerán estas datas nas súas tendas de Campaña ante a Xunta en sinal de protesta pola falta de cuotas para o sector. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA trasladámonos ata o seu campamento para que nos contar...

COMPRAS DE ULTIMA HORA PARA PREPARAR AS MESAS DE NOITEBOA E NADAL 24.12.2015

Típico do Nadal son as compras de última hora e na Praza de Abastos de Cambados tamén hai clientes que esperan ó propio día de noiteboa para realizar as suas compras. Segundo as praceiras de Cambados este ano rexistrouse un lixeiro ascenso nas ventas con respecto o ano pasado. Este Nadal haberá nécoras, ameixas e camaróns en moitas ceas, e ainda que os prezos do marisco subiron estes dias, moita x...

O PARQUE DE ATRACCIONS DO SALON PEÑA QUEDA ABERTO ATA O 31 DE DECEMBRO 23.12.2015

O Concello de Cambados e a Asociación de Comerciantes Zona Centro inauguraron esta mañá unha das actividades máis destacadas do seu programa de Nadal: o parque de atraccións que se pon en marcha no salón Peña dende hoxe e ata o 31 de decembro. Os horarios de apertura serán de 11 a 14 horas pola mañá e de 16 a 20 horas pola tarde. A entrada é gratuita e organízase como alternativa de ocio para os m...

SATISFACCION EN ACERGA POLO ACHEGAMENTO COA XUNTA 23.12.2015

Algo mellor parece que van as cousas no conflicto do cerco. Tras máis de dous meses de protesta acampados fronte ás dependencias da Xunta en San Caetano, conseguiuse un primeiro achegamento entre as partes en conflicto: as dúas asociacións do sector e a Conselleira Rosa Quintana. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Andrés García, portavoz de Acerga, a asociación máis crítica coa Xunta, expresábanos a...

DURAN PROVOCA O MALESTAR DE LOPEZ VEIGA AO CRITICAR A LEI DE ACUICULTURA 22.12.2015

O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, creou certo malestar nalgún membro do seu partido a raiz do que dixo nunha reunión convocada polo PP para avaliar os resultado electorais Tras calificar como malos os resultados da cita electoral, o rexedor vilanovés puxo a Lei de Acuicultura como exemplo do que non se pode facer. As súas palabras, aplaudidas por gran parte dos asistentes, non gustaron, sen em...

A LOTERIA DE NADAL PREMIA CON 5,7 MILLONS A SANXENXO E CON 500.000 A VILAGARCIA 22.12.2015

A fortuna de Nadal deixa máis de 5,7 millóns de euros en Sanxenxo, 500.000 en Vilagarcía e roza Meis. O quinto premio do 89.023 repartiu más de 5.760.000 euros en Sanxenxo a través dos 960 décimos que vendeu a administración de Lotería nº 1 ubicada na rúa Madrid. A gran parte dos décimos foron destinados á cafetería California, situada no paseo de Silgar, unha das máis frecuentadas por turistas e...

A SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE CAMBADOS O 31 DENDE AS 16.30 21.12.2015

Cambados celebra a II edición da carreira solidaria San Silvestre, organizada polo clube de atletismo de Cambados en colaboración co Concello e que estará amadriñada pola deseñadora Eva Soto Conde. O fin da San Silvestre é solidario, e por tal motivo, quen queira inscribirse deberá aportar un kilo de calquer alimento non perecedoiro, que serán doados a Cáritas de Cambados. A San Silvestre encherá...

AUMENTA O INTERES EMPRESARIAL POR ASENTARSE NO POLÍGONO DE BAION 18.12.2015

O interés das empresas por asentarse no Polígono de Baión en Vilanova aumenta. O alcalde, Gonzalo Durán, mantivo esta mañá un encontro con membros do organismo Solo Empresarial do Atlántico, que xestiona o parque vilanovés, xunto cun empresario da zona interesado en instalar a súa empresa en Baión, cuxo nome ainda non se desvelou. De oficializarse esta iniciativa, a firma podería crear 30 novos po...

O TERRÓN TERA UNHA SENDA COMPARTIDA PARA PEONS E BICICLETAS 18.12.2015

A senda peonil entre Vilagarcía e O Grove sumará en breve un novo tramo o seu paso por Vilanova. A ponte de O Terrón contará cunha senda compartida para peóns e bicicletas. A Xunta de Galicia sacou esta mañá a licitación as obras de ampliación do marxe dereito da ponte, onde se habilitará unha senda peonil e un carril bici para mellorar a seguridade viaria na estrada que une Vilanova e A Illa de A...

O PERSOAL DO HOSPITAL DO SALNES DENUNCIAN O TRATO DE SEGUNDA POR PARTE DA XERENCIA 17.12.2015

A xunta de persoal do Hospital do Salnés denuncia a falta de información por parte da Xerencia sobre as numerosas cuestións que dende a constitución da nova directiva lle veñen plantexando. A evolución das obras de ampliación, a situación dos concursos de gardería ou da cociña son preguntas ás que, segundo os representantes dos traballadores, a Xerencia non responde. Unha situación que lles leva a...

VILAGARCIA PRIORIZA OS SERVIZOS SOCIAIS E O RURAL NOS ORZAMENTOS DE 2016 17.12.2015

Os orzamentos elaborados polo goberno local de Vilagarcía para 2016 ascenden a case 26,3 millóns de euros, 200.000 euros máis que o presente exercicio. A proposta do executivo socialista prioriza os servizos sociais, cun incremento dun 15% respecto a este ano, e a inversión no rural. O alcalde, Alberto Varela; a tenente de alcalde e voceira do goberno, Tania García e a concelleira de Facenda, Luz...

Bateamar preve a creacion de 50 postos de traballo para 2016 16.12.2015

A empresa Bateamar ubicada no porto de Tragove en Cambados está inmersa nun proceso de expansión, co obxectivo de aumentar as instalacións e a plantilla nuns 50 traballadores. A firma, unha das máis importantes do sector, produce mexillón cocido envasado ó vacio e tamén na súa variedade de mexillón tigre en croqueta. A firma investiu nos pasados anos 3 millóns de euros de cara a ampliación da súa...

OS PROPIOS ESTATUTOS FAN DIFICIL UNHA SOLUCION PARA A ELECCION DO PRESIDENTE DA MANCOMUNIDADE 15.12.2015

A Mancomunidade do Salnés non recibirá o informe da Xunta sobre cómo proceder á elección do novo presidente comarcal ata despóis de Nadal. O Presidente en funcións, Gonzalo durán, trasladouse hoxe a Santiago para coñecer en qué situación se atopa o documento. Segundo Gonzalo Durán, a Xunta está buscando unha solución que non vulnere os propios Estatutos da entidade comarcal, e que podería ser unha...

OS SINDICATOS POLICIAIS INSISTEN NA FALTA DE EFECTIVOS EN VILAGARCIA 14.12.2015

Os sindicatos policiais insisten en que faltan efectivos na comisaría de Vilagarcía, a pesar de que o informe do subdelegado do goberno asegura que a falta de persoal que obrigou á suspender as patrullas nocturnos foron momentos puntuais xa resoltos. Aseguran que para dispoñer de persoal suficiente tiveron que suspenderse todos os permisos, días libres, vacacións e asuntos propios durante todo o m...

QUINTANA CONDENA A POSIBLE SABOTAXE DE DOUS BARCOS DO CERCO EN CAMBADOS 11.12.2015

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, condenou esta mañá a posible sabotaxe vinculada ao conflicto do cerco sufrida por dous barcos de Cambados pertencentes á mesma armadora, que esta semana se atoparon con todas as redes queimadas, supostamente con ácido. O patrón dunha das embarcacións vincula directamente o suceso co paro que dende hai meses está realizando unha parte do sector do cerco en Camba...

OS TRABALLADORES DO HOSPITAL DO SALNES DENUNCIAN A PERDA DE SERVIZOS E DE CALIDADE ASISTENCIAL 11.12.2015

A Xunta de Persoal do Hospital do Salnés denuncia o deterioro que, ao seu entender, están rexistrando as súas condicións de traballo e a perda da calidade asistencial dende a incorporación do centro comarcal á Area Integrada Pontevedra Salnés. Nos últimos 4 anos, segundo o balance realizado esta mañá polos traballadores, o Salnés perdeu numerosos servizos que agora están xestionados directamente p...

O SUP MOBILIZASE EN DEMANDA DE MAIS EFECTIVOS PARA VILAGARCIA 10.12.2015

O Sindicato Unificado de Policia iniciou hoxe as mobilizacións para reclamar máis efectivos ante as carencias que veñen denunciando nos últimos meses e que afectan directamente á Comisaría de Vilagarcía. A cidade quedou sen patrullas nocturnas durante varios día motivado pola falta de persoal. Os axentes do SUP concentráronse ás 11 desta mañá ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, nunha mo...

OS PAIS DE A TORRE A ILLA NON SE DAN POR VENCIDOS ANTE EDUCACION 09.12.2015

A comunidade educativa do colexio A Torre de A Illa retoma as mobilizacións en demanda do desdoblamiento do curso de primeiro de Primaria. Nesta ocasión foi, de novo a través dun acto lúdico: Concretamente, mediante unha sesión de contacontos que nos explicaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Iria Uzal, presidenta da ANPA.

FINANCIAMENTO AD HOC PARA AS EMPRESAS QUE SE INSTALEN NO POLIGONO DE BAION 04.12.2015

As empresas que se queiran instalar no polígono de Baión teñen dende hoxe duas liñas de financiamento específicas a través de Abanca. O Concello de Vilanova negociou coa entidade a posta en marcha para a promoción dos polígonos do municipio e a creación de actividade económica dous productos financeiros a baixo interés: un préstamo hipotecario a un interés inicial de euribor + 2,5% e comisión de a...

OS ORZAMENTOS DA MANCOMUNIDADE SERAN APROBADOS O VENRES 18 04.12.2015

A mancomunidade do Salnés aprobará os orzamentos para 2016 no pleno convocado para o venres 18 ás 17 horas. Pese á todavía ausencia de presidente electo, os grupos políticos que conforman a entidade supramunicipal acordaron esta pasada tarde tramitar o borrador dos orzamentos na sesión convocada para esa data. Así o explicaba esta mañá o presidente da Mancomunidade en funcións, Gonzalo Durán.

CAMBADOS PROLONGA O PARQUE DE ATRACCIONS DE NADAL DURANTE UNHA SEMANA 03.12.2015

Cambados abre o próximo luns día 7 de decembro a súa programación de nadal, con numerosas actividades lúdicas pensadas sobre todo para os máis pequenos. Como novidade, este ano o Parque de Atraccións do Salón Peña prolóngase ao longo de 7 días, dende o 23 ao 31 de decembro con entrada de balde. Desta volta, ademáis dos habituais inchables, completarase con talleres, xogos e música que serán coordi...

O PSOE PRESENTA EN VILAGARCIA A SUA CANDIDATURA O CONGRESO POR PONTEVEDRA 02.12.2015

Vilagarcia acolleu esta maña a presentación dos Candidatos ao Congreso dos Deputados polo PSOE na provincia de Pontevedra cara ás eleccións xerais do 20 de Decembro. Lola Galovar, Guillermo Meijón e Antonio Vazquez, os números 1, 2 e 4 da candidatura socialista por Pontevedra, comprométense, dentro das súas prioridades, a conseguir unha sanidade pública e de calidade. Neste sentido, a presentación...

SIMULACRO ANTICONTAMINACION NO PORTO DE TRAGOVE 02.12.2015

O Porto de Tragove foi esta mañá o escenario dun exercicio anticontaminación promovido por Portos de Galicia para comprobar o estado de funcionamento dos equipos técnicos e o adestramento do persoal en caso dunha situación real de contaminación. No simulacro participaron unhas 70 persoas pertencentes o servizo de Gardacostas de Galicia, Intecmar e Sasemar, ademáis de persoal da Confraría de Cambad...

A CARAPUCHIÑA VERMELLA DE EDUCATEATRO CHEGA A VILAGARCIA 01.12.2015

O conto infantil “Carapuchiña bermella” chega ao Auditorio de Vilagarcía cunha versión revisada da man de EducaTeatro. Será este sábado día 5 ás 17 horas con entradas a prezo de 6 euros. A representación teatral contará con novos persoaxes para facer as delicias dos máis pequenos, que poderán retratarse con eles despois da función. Dende a organización aconsellan ir mercando xa as entradas, posto...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.