Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3724 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

VARELA PIDE CALMA A OPOSICION SOBRE O FUTURO DOS FONDOS DE LUZ SALGADA 12.02.2016

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, pide calma aos grupos da oposición sobre o futuro dos fondos de Luz Salgada, e non entende as prisas manifestadas nas últimas horas, sobre todo do PP. Asegura o alcalde que o Concello é o primeiro interesado en dispoñer dos cartos pero primeiro débese celebrar a xa solicitada reunión coa directora xeral de Turismo da Xunta, para avaliar a sentenza do Tribun...

TICKETEA XESTIONARA DENDE AGORA AS ENTRADAS DE ESPECTACULOS EN VILAGARCIA 11.02.2016

Vilagarcía pon en marcha un novo sistema de vendas de entradas para os espectáculos do Auditorio e do Salón García. A partir de agora será a través da Plataforma Ticketea. O novo sistema reducirá considerablemente os custes de xestión, que serán agora dun 10%, e posibilitará a compra de entradas a través das redes sociais e dos smartphones. A presentación do convenio asinado entre ambas partes tiv...

TOMAS FOLE REIVINDICA A SUA XESTION NO PROCESO DE LUZ SALGADA 10.02.2016

Satisfacción en Vilagarcía pola sentencia firme do Tribunal Supremo que devolve ao concello os 4,3 millóns de euros do préstamo do proxecto de Luz Salgada. El alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, congratulase do fallo xudicial e avanza que o goberno local consensuará co resto dos grupos municipais os pasos a dar e os investimentos que se levarán a cabo coa devolución do préstamo. Dende o PP, Tom...

DURAN CALIFICA DE INFANTIL E CAPRICHOSA A POSTURA DE CACABELOS NA MANCOMUNIDADE 09.02.2016

O traslado a Sanxenxo do Obradoiro de Hostelería da Mancomunidade que se viña celebrando no Grove podería supoñer a saída do municipio meco da entidade comarcal. O alcalde, José Antonio Cacabelos, decidirá sobre a súa continuidade en función da conclusión dun informe económico sobre o custe que tería para o Concello asumir a xestión e abastecemento do servizo da auga que agora está mancomunado. As...

A CIG REANUDA A CAMPAÑA EN DEMANDA DUNHA AMBULANCIA MEDICALIZADA PARA O SALNES 08.02.2016

A CIG retoma as iniciativas en demanda dunha ambulancia medicalizada para o Salnés. O sindicato ofreceu esta mañá os seus datos sobre a situación na que se atopa a Área Sanitaria do Salnés no referido a atención do transporte sanitario urxente. A rolda de prensa da central nacionalista, na que tamén estiveron presentes técnicos sanitarios, produciuse despois de que a Xunta denegara unha vez máis u...

35 EXPOSITORES DANSE CITA NA MOSTRA DA CAMELIA DE VILANOVA ESTA FIN DE SEMANA 05.02.2016

35 expositores de Galicia e Portugal daranse cita esta fin de semana en Vilanova na II edición da Mostra da Camelia que organiza o concello vilanovés. O certame celebrarase no Pazo Cuadrante Valle Inclán e como novidade nesta ocasión incluirá productos elaborados con esta flor, como é o caso da marmalada ou aceite de camelia. Explicábao esta mañá a Concelleira de Cultura, Ana Carballa.

A EXENCION DE TAXAS AUMENTA O INTERES POLOS POLIGONOS DE VILANOVA 05.02.2016

A exención de taxas aumenta a disposición das empresas por instalarse nos polígonos de Vilanova e xa hai varias firmas estudando a posibilidade de implantarse en Baión e Tremoedo. No polígono de Baión hai duas empresas interesadas, unha delas ainda en fase de negociación. A que si está confirmada é a ubicación da firma Sartal, adicada ao aluguer de maquinaria agrícola, que adquiriu xa unha parcela...

A RAZA COSMICA REMATA EN VILAGARCIA O SEU PERIPLO POLO SALNES 04.02.2016

A exposición itinerante "A Raza Cósmica" de Lucas Míguez remata o seu periplo polos concellos da comarca de O Salnés, cunha mostra en Vilagarcía. A 22 pezas da obra estarán expostan na sala do auditorio de Vilagarcía dende hoxe e ata o 6 de marzo de luns a sábado. As 22 esculturas foron doadas polo seu autor á Mancomunidade de O Salnés, que as trouxo dende México, e despois de percorrer todos os c...

30 expositores amosaran as suas mellores camelias en cambados 03.02.2016

O Concello de Cambados organiza a I Mostra e Divulgación da Camelia. A exposición será a fin de semana do 13 e 14 de febreiro no salón Peña, onde haberá 30 expositores coas súas mellores flores e tamén cadros de Lino Silva sobre as Camelias. Ademáis haberá actividades para nenos e maiores, como obradoiros para crear tarxetas de Scrapbook para testos de camelia, un lápiz-camelia e incluso unha came...

APROBADOS INICIALMENTE EN XUNTA DE GOBERNO OS ORZAMENTOS DE VILAGARCIA 01.02.2016

Os orzamentos municipais de Vilagarcía para este ano quedaron aprobados esta mañá, de forma inicial, na xunta de goberno, despóis de que non puideran sair adiante no pleno da pasada semana polos votos encontra de toda a oposición. Agora ábrese un período de alegacións durante 15 días. O alcalde, Alberto Varela, asegura estar satisfeito co documento elaborado que, insiste o rexedor, son as mesmas q...

O MULTIUSOS DE VILANOVA PODERA USARSE DE NOVO A MAIS TARDAR EN SEMANA SANTA 29.01.2016

O pabellón multiusos de Vilanova estará en condicións de poder ser utilizado de novo a finais de febreiro, segundo a empresa adxudicataria, cunha cuberta nova e un mirador. O alcalde Gonzalo Durán, desvelaba esta mañá diversas obras que se realizarán a maiores a través dunha aportación económica da Deputación por importe de 68.500 €, As actuacións incluen a instalación dun sistema de son para a ce...

OS XOGADORES DO BAMIO ESTREAN O DOMINGO O CAMPO RENOVADO 29.01.2016

O renovado Campo de Fútbol de Bamio estrearase o domingo coas obras de mellora xa totalmente rematadas e a instalación de herba artificial. O campo levará a partir de agora o nome de Mari Paz Vilas, a xogadora vilagarciá que está actualmente no Valencia e que tamén forma parte da selección española de futbol feminino. Son os detalles desvelados esta mañá nas propias instalacións deportivas de Bami...

O SECTOR MARISQUEIRO NON SENTARA COA XUNTA ATA QUE RETIRE A LEI DE ACUICULTURA 28.01.2016

Dende a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa téñeno claro: o seu portavoz, Xaquín Rubido, xa nos avanzaba en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA que non se sentarán a dialogar coa Xunta ata que o anteproxecto sexa retirado, que manteñén a manifestación prevista para febreiro e que as próximas iniciativas tentará sumar novos colectivos á causa. A moción promovida polo sector marisqueiro da ria de Arousa...

EL HUMO DEL DIABLO, DE FERNANDO SALGADO, PRESENTASE MAÑA EN EXPOSALNES 28.01.2016

O xornalista e escritor Fernando Salgado presenta mañá en Cambados o seu último libro titulado ´El humo del diablo´, do que é autor e editor. É a súa segunda obra despois de ´Elefantes y hormigas´. O acto de presentación será ás 20.30 horas en Exposalnés, coa presenza do concelleiro de Cultura de Cambados, Victor Caamaño, e a xornalista Susana Luaña. Como non queremos perdernos detalle falamos en...

OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE VILAGARCIA APROBARANSE NA XUNTA DE GOBERNO DO LUNS 27.01.2016

Os orzamentos municipais de Vilagarcía para este 2016 aprobaranse o vindeiro luns en xunta de goberno local xa que non contarán co apoio necesario para que poidan sair adiante no pleno deste xoves. O alcalde Alberto Varela opta así pola vía que lle abre o informe de secretaría para os concellos que se encontran inmersos no plan de pago a proveedores do Estado. En todo caso, non se retirarán as mod...

A xunta realizara melloras de conservacion en viais de arousa e pontevedra 26.01.2016

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou esta mañá que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda licita hoxe, no Diario Oficial de Galicia, as obras de mellora do firme de estradas de Arousa e Pontevedra nas que se investirán máis de 620.000 euros. Estes traballo permitirán mellorar case 20 quilómetros afectando a tramos que atravesan os concellos de Camba...

O BNG VOTARA EN CONTRA DOS ORZAMENTOS DO GRUPO DE GOBERNO 26.01.2016

O BNG non respaldará o proxecto de orzamentos municipais para 2016 elaborado polo grupo de goberno, que se debaterá non pleno da corporación municipal deste xoves. A formación nacionalista desvelou esta mañá que votarán en contra porque siguen sen ver un cambio claro de modelo e filosofía no desenvolvemento da política municipal. E a pesar de que valoran positivamente as modificacións introducidas...

O XOGADOR INFANTIL DO TERRON EVOLUCIONA FAVORABLEMENTE 25.01.2016

O xogador infantil do Vilanova que resultou ferido o pasado sábado durante un partido no campo de O Terrón, evoluciona favorablemente pero ainda permanecerá unha semana en observación. O menor sufriu un aparatoso golpe na cabeza que o deixou insconsciente no campo e foi evacuado por un helicóptero de emerxencias ante a imposibilidade da chegada dunha ambulancia. Ante estas circunstancias, dende a...

900 ESCOLARES DE VILANOVA PARTICIPAN O VENRES NO DIA DA PAZ 25.01.2016

Os alumnos dos colexios de Vilanova celebrarán unidos o Día da Paz nos actos programados para este venres no campo de fútbol de O Terrón. Os profesores de Educación Física dos colexios, Xulio Camba de Vilanova, San Miguel de Deiro, San Roque de Corón, San Bartomé de Tremoedo e Sestelo de Baión decidiron organizar en conxunto a celebración do Día da Paz na que participarán 900 alumnos de entre 3 e...

OS ALUMNOS DO SAN TOME SANITARIOS POR UN DIA 22.01.2016

Os alumnos e os profesores do colexio San Tomé de Cambados participaron esta mañá nun taller de primeiros auxilios impartido polos Técnicos de Emerxencias Sanitarias do Salnés e Umia. A finalidade desta iniciativa é que uns e outros coñezan de preto as técnicas básicas para salvar vidas en situacións de risco. Os alumnos de infantil e ata 3º de Primaria puideron observar con detalle os pormenores...

DURAN:A LEI DE ACUICULTURA CAMBIARIA O TRABALLO ARTESANAL POR UN SISTEMA INDUSTRIAL 22.01.2016

A controvertida Lei de Acuicultura que tramita a Xunta de Galicia sumará este luns en Vilanova un novo posicionamento en contra, xa avanzado días atrás polo alcalde, Gonzalo Durán, que foi o primer político da comarca en situarse ao carón do sector do mar no rexeitamento o proxecto. A corporación municipal de Viloanova someterá a debate do pleno luns, ás 20.30 horas, unha moción contra o documento...

CAMBADOS PROMOVESE COMO DESTINO ENOTURISTICO EN FITUR 21.01.2016

Cambados tamén está hoxe presente en Fitur. O Concelleiro de enoturismo, José Ramón Abal, será o encargado esta tarde no stand de TurGalicia de promocionar a vila cambadesa a través da nova marca “Cambados Enoturimo, Capital del Albariño". O obxetivo é dar a coñecer a todos os asistentes as distintas posibilidades e experiencias relacionadas co mundo do viño e a súa cultura, rematando a presentaci...

A RUTA SARMIENTO NOVA OFERTA TURISTICA DO SALNES EN FITUR 21.01.2016

A Mancomunidade do Salnés, está presente durante esta xornada en Fitur, ao igual que os concellos de Sanxenxo e Cambados para presentar as súas ofertas turísiticas.. A Mancomunidade leva esta ano como reclamo a Ruta do Padre Sarmiento, mentres que Cambados promove a marca Cambados enoturismo, que relaciona a oferta turística da vila co mundo do viño e Sanxenxo promociona o seu destino a través de...

O ESCUDO DA ILLA XA FIGURA NO MURAL DO PAZO PROVINCIAL 20.01.2016

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de A Illa de Arousa escenificaron hoxe a posta do escudo deste concello xunto aos 61 concellos do resto da provincia que se atopan na escalinata de acceso ao Pazo Provincial en Pontevedra. O escudo do concello de A Illa de Arousa era o único que faltaba por poñer xunto o resto de concellos na escalinata do pazo despois de oito an...

ANIMUNDIS: TEATRO MUSICAL EN VILAGARCIA ESTE DOMINGO 20.01.2016

O teatro musical para os mais pequenos volve ó Auditorio de Vilagarcia coa representación de "Animundis". A cita tera lugar este domingo día 24, as 18:00 horas. En "Animundis" non faltaran as risas e a boa música en directo, con letras para os cativos pero con ritmos para os pais, como o blues ou o funky, nunha peza teatral na que se pretende inculcar valores de igualdade e solidariedade. O custe...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.