Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

7 SETENTA PON A MUSICA NUN CONCERTO EN BENEFICIO DE CARITAS AROUSA 17.03.2016

O grupo musical vilagarciá "7 Setenta" ofrece este sábado un concerto benéfico co fin de recadar fondos para Cáritas Interparroquial de Arousa. La actividad está organizada por la asociación de amas de casa e consumidoras O Noso Lar que leva 30 anos realizando actividades semellantes para contribuir a mellorar a situación dos máis desfavorecidos. Nesta ocasión o concerto será o sábado ás 21 horas...

15 ALUMNOS APRENDEN A IMPRIMIR EN 3 DE NO CURSO DA MANCOMUNIDADE 16.03.2016

O Curso de impresión en 3 D, promovido pola Mancomunidade do Salnés, está xa en marcha, como parte do Plan Integrado de Emprego Emprega Salnés IV. 15 alumnos participan nesta acción formativa de 80 horas, que se prolongará ata o 5 de abril. A iniciativa foi presentada esta mañá en Vilanova, nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local de Vista Real. Álvaro Rey, da empresa Maker Gal que impa...

A APP DE VILAGARCIA PODE DESCARGARSE XA DENDE GOOGLE PLAY 16.03.2016

Vilagarcía conta xa cunha aplicación móvil para que tanto veciños como visitantes saiban ao momento todo o relativo á actividades de ocio e culturais, comercio e hostelería. A APP da Guía de Vilagarcía podese descargar desde Google Play, pero ademáis, para darlle máis promoción, dende a hostelería e o comercio de Vilagarcía comezarán estes días a repartir unhas tarxetas en forma de teléfono móvil...

CONCENTRACION CONTRA A POLITICA EUROPEA SOBRE OS REFUXIADOS 15.03.2016

Vilagarcía únese ás protestas contra a política da Unión Europea sobre o tratamento aos refuxiados, Partidos políticos, (PSdG, EU, BNG e Podemos), sindicatos (UXT, CIG e CCOO) e colectivos sociais como os emigrantes retornados convocan unha concentración para mañá mércores na Praza de Galicia ás 20 horas en rexeitamento ao acordo comunitario entre a Unión Europea e Turquía que se vai a asinar este...

RECLAMAN ALOMENOS 4 AXENTES MAIS DA POLICIA NACIONAL PARA VILAGARCIA 15.03.2016

Os Policías Nacionais de Vilagarcía denuncian, unha vez máis, a precaria situación coa que teñen que desenvolver o seu traballo, cada vez con menos recursos, que, consideran, pon en risco inncesario o labor dos policías e a seguridade dos cidadáns. Así o quixeron visibilizar na concentración realizada esta mañá ante a comisaría, convocada convocada pola Unión Federal de Policía (UFP), exixindo o q...

XUNTA E CONCELLO ASINARAN UN CONVENIO PARA A MELLORA INTEGRAL DA RUA PROGRESO 14.03.2016

As obras de mellora do firme da rúa Progreso comezaron esta mañá e estarán rematadas nun par de días. Trátase dunha primeira actuación de bacheado e fresado por parte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia á que seguirá unha segunda intervención de mellora máis ambiciosa. Concello e Xunta asinarán un convenio de colaboración destinado a unha mellora integral da seguridade vial da rúa...

BARRO ASUME A POSIBILIDADE DE TER QUE PAGAR A DÉBEDA DUNS TERREOS EXPROPIADOS HAI DEZ ANOS 11.03.2016

Preocupación no concello de Barro a raíz dunha sentencia do Tribunal Supremo que faría revalorar uns terrenos expropiados hai casi dez anos na zona de San Antoniño. O fallo xudicial da a razón ao propietario dos terreos e ordena ao Concello a facerse cargo do xustiprezo de compensación, en calidade de responsable subsidiario, trala quebra da inmobiliaria promotora Viviendas Caselas. A débeda ascen...

VILANOVA PON EN MARCHA UN CURSO DE PILOTAXE DE DRONS HOMOLOGADO 11.03.2016

Vilanova pon en marcha o primeiro curso de pilotaxe de drons profesional homologado que se vai realizar na comarca. Vai ser a través dun convenio entre o Concello e a empresa Dronalia, instalada no Viveiro de Empresas de Vista Real, en colaboración coa Escola de Pilotos do Aeródromo Casarrubios en Toledo. Os representantes de ambas firmas, Blanca Vera e David Hidalgo, explicaban esta mañá os detal...

EMPRENDE VGA PON EN MARCHA UN NOVO PROGRAMA FORMATIVO PARA EMPRENDEDORES 11.03.2016

Tras o éxito de participación na anterior edición de "Emprende VGA", Concello de Vilagarcía e DalleQDalle Coworking retoman este programa formativo co fin de motivar aos emprendedores a crear novas oportunidades laborais. A segunda convocatoria de " Emprende VGA" comezara o día 28 de marzo e durante 3 meses realizaranse cursos, conferencias, workshops, e un mentoring de proxectos para desenvolver...

A DEVESA DOS PICAROS CHEGA ESTE DOMINGO A VILAGARCIA 10.03.2016

O Festival Folclórico Infantil A Devesa dos Pícaros chega este domingo a Vilagarcía, no que será a segunda edición deste certame itinerante, organizado por seis agrupacións das provincias de Pontevedra e A Coruña coa participación de 200 nenos. Se o ano pasado foi a Estrada, este ano será Vilagarcía quen acolla este espectáculo pensado para dar visibilidade aos alumnos das escolas de baile tradici...

Concerto de musica de cine o sabado en vilagarcia. 09.03.2016

A Banda Municipal de Vilagarcía ofrecerá este domingo un concerto de Música de Cine. Será no Auditorio a partir das 7 da tarde e entrada de balde. Os músicos da Banda Municipal interpretarán, cos seus propios arranxos, as bandas sonoras de films como Star Wars, Os Piratas do Caribe, Os Miserables, Transformers ou Xogo de Tronos. Así o anunciaban esta mañá a concelleira de Cultura Sonia Outón e o d...

CAMBADOS RECOÑECE O TRABALLO DAS SUAS MULLERES NA CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO. 07.03.2016

A loita contra o AME de Merchi Alvárez será premiada na Gala Conmemorativa do 8M que Cambados celebra o vindeiro sábado. Ademáis, tamen será recoñecido o traballo de outras 5 cambadesas en diversas áreas. Así, Laura Vieites recibirá o premio de "Igualdade no Agro", Maria Luisa Perez de "Igualdade no Mar", Araceli Oubiña pola " Igualdade no Deporte", Dolores Blanco de "Igualdade Empresarial" e Mari...

PORTONOVO QUEDASE ESTE ANO SEN FESTA DA RAIA 04.03.2016

A Festa da Raia de Portonovo non se vai celebrar este ano. O Concello pretendía que a celebración estivera autofinanciada polas dúas asociacións que ao longo das últimas semanas presentaron as súas propostas, para rebaixar á metade, uns 20.000 euros, a aportación económica do Concello, pero a proposta municipal non encontrou respaldo nos colectivos. Tamén queda no aire o futuro da Festa gastronómi...

VILANOVA CREARÁ O SEU PRIMEIRO VIVEIRO DE EMPRESAS INDUSTRIAL EN BAION 04.03.2016

Vilanova creará un Viveiro de Empresas Industrial no Polígono de Baión destinado aos pequenos autónomos para ubicar a súa producción. Construiranse 10 micronaves con oficinas no que os emprendedores poderán instalarse durante dous anos. O proxecto supón un investimento de 300.000 euros e porase en marcha contando coa colaboración da Xunta de Galicia e a aportación municipal do 20%. Anunciabano est...

ZONA CENTRO REPARTE 600 EUROS EN VALES NA CAMPAÑA DO PAI 04.03.2016

A Asociación Zona Centro de Cambados empeza o proceso para a renovación da súa directiva que tome o relevo da actual presidida por Juan Rey, despóis de tres anos de xestión. O colectivo abre o prazo de presentación de candidaturas ainda que o propio Juan Rey non desvela todavía se a súa será unha delas para a reelección. Sí anima aos comerciantes a que rexistren as súas iniciativas, para formar un...

FATIMA ABAL E VICTOR CAAMAÑO TRANSMITEN TRANQUILIDADE SOBRE O PACTO DE GOBERNO 03.03.2016

Tranquilidade é o que se quere transmitir dende os tres grupos do goberno local de Cambados sobre a continuidade do pacto con Cambados Pode, tralo enfado amosado polo concelleiro de Tráfico José Ramón Abal polo anuncio do peche temporal ao tráfico da Praza de Fefiñáns durante Semana Santa. Tanto a alcaldesa, Fátima Abal, como o teniente de alcalde e concelleiro do BNG, Victor Caamaño, restaron gra...

O PERSOAL DO HOSPITAL DO SALNES DEMANDA MAIS PRAZAS E UN EMPREGO DIGNO 03.03.2016

Representantes da xunta de persoal do Hospital do Salnés concentráronse esta mañá ás portas do centro, ao igual que o fixeron á mesma hora os seus compañeiros da área sanitaria de Pontevedra e do resto de Galicia, en demanda de “un emprego digno”. Rexeitan a Oferta Pública de Empleo (OPE) do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e exixen á Xunta unha negociación na mesa sectorial que permita unha convo...

O CIM DO SALNES RECOÑECERA O TRABALLO DAS MULLERES EMPRENDEDORAS NO 8 DE MARZO 03.03.2016

O CIM da Mancomunidade do Salnés, que integra aos concellos de Cambados, Ribadumia e Meis, ten preparado un amplo programa de actividades para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Os actos prolongaranse durante todo o mes de marzo, comezando o propio día 8, o vindeiro martes, coa celebración dunha serie de almorzos coloquios en locais de novas emprendedoras de cada un dos Concello...

A PRAZA DE FEFIÑANS QUEDARA CORTADA AO TRAFICO EN SEMANA SANTA 02.03.2016

O parking público situado entre a Avda do Salnés e a rúa Valle Inclán, ao carón do cuartel da Garda Civil, estará mellor sinalizado para que todos os conductores poidan localizalo facilmente e se aproveiten mellor as máis de 100 prazas habilitadas. Para tal fin, o concello colocará en breve sendos carteles en la avenida de Vilariño y la avenida de Vilagarcía para que veciños e visitantes saiban da...

A xunta aumenta en 60.000 euros a colaboracion con bata 02.03.2016

Os usuarios da Asociación Bata de Vilagarcía recibiron esta mañá a visita do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, no seu Centro de día ubicado na rúa Moreiras. Durante esta visita, o Conselleiro anunciou que o seu departamento vai a incrementar a partida de axuda a Bata no 2016 en máis de 60.000 euros, ata chegar ao preto de medio millón de euros. Este aumento na partida económi...

MAIS DE 150 PERSOAS VELARAN POLA SEGURIDADE DA MANIFESTACION EN DEFENSA DO MAR 26.02.2016

O sector do mar pretende facer de mañá unha xornada histórica, coa previsión de que máis de 30.000 persoas participen en Santiago na manifestación en defensa do mar. Para que todo funcione con seguridade, os organizadores teñen previsto un plan no que participarán máis de 150 persoas. Os que xa non apoian a convocatoria son os alcaldes do PP, entre eles o de Vilanova, Gonzalo Durán, o primeiro rex...

VILAGARCIA, CALDAS E PORTAS RESCATAN A VIA DO TREN PARA O TURISMO ECOLOXICO 26.02.2016

Vilagarcía, Caldas de Reis e Portas pretenden a creación da primeira Vía Verde de Galicia, rescatando a liña de ferrocarril que percorre os tres municipios, actualmente sen uso dende que entrou en funcionamento a alta capacidade do Eixo Atlántico. O obxectivo é reconverter o trazado marcado polos raís cara un turismo ecolóxico a través dunha senda para peóns e bicicletas, emulando a infraestructur...

UN VIVEIRO PARA PROMOVER O DESENVOLVEMENTO ECONOMICO DE BARRO-MEIS 25.02.2016

O Viveiro de Empresas do Polígono de Barro-Meis ponse en marcha co obxectivo de promover o desenvolvemento económico e empresarial de ambos municipios. As súas 16 naves, 24 oficinas e 4 salas de xuntas estarán a disposición dos emprendedores por un período máximo dun ano, ademáis de contar tamén cunha zona mixta de coworking que poderá ser utilizada durante períodos dun mes por outras firmas para...

COMEZAN AS OBRAS DO EDIFICIO DE USOS NAUTICOS DE A ILLA 25.02.2016

Comezan as obras do Edificio de Usos Náuticos. A Deputación e o Concello da Illa puxeron esta mañá a primeira pedra dunha vella reivindicación que vai ser por fin realidade, tras un longo proceso para o deseño e aprobación do proxecto. A actuación terá un custe de 1.275.000 euros, financiados pola Deputación e tamén polo Concello que aporta unha partida de 500.000 euros. Unha cantidade que, resalt...

CAMBADOS E BATA RENOVAN O CONVENIO PARA A INTEGRACION DE PERSOAS CON AUTISMO E DISCAPACIDADE 24.02.2016

O goberno local de Cambados e a Asociación Bata renovaron esta mañá o convenio de colaboración para a integración de persoas con autismo ou discapacidade psíquica. O acordo permitirá a dotación dunha brigada medioambiental, integrada por tres usuarios de Cambados, que, durante 10 meses, realizarán traballos de limpeza e mantemento no entorno do Muiño da Seca e no Monte da Pastora. Para tal finalid...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.