Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
CORRENDO POR ANGOLA, O 24 DE ABRIL EN VILAGARCIA 08.04.2016 11:02
Chega a Vilagarcía a segunda edición da Carreira Solidaria “Corro polo teu sono”, promovida polo colexio San Francisco e a fundación Ladesol e que ten como obxectivo recadar fondos para os nenos de Angola. A proba será o domingo 24 de abril cun percorrido de 10 km por Vilagarcía. Para saber todos os detalles falamos en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA con Berta Castro, directora do colexio San Francisc...
TOMAS FOLE PIDE EXPLICACIONS SOBRE A ORDENANZA DE TERRAZAS 07.04.2016 2:51
O PP de Vilagarcía non entende de qué adoece a ordenanza de terrazas de hostelería elaborada polo anterior goberno para que o executivo de Alberto Varela queira modificala. O portavoz popular, Tomás Fole, explicou esta mañá en rolda de prensa a súa valoración negativa sobre o límite de apertura dos espazos ata a 1 da madrugada, e apuntou que, ao seu entender, o goberno quere implantar un modelo de...
A xunta unifica os gdr de o salnes e umia 07.04.2016 0:47
O Salnés e Ulla Umia unificarán os seus respectivos Grupos de Desenvolvemento Rural, dentro do plan da Xunta de reestructurar estes organismos, do que forman parte os concellos de cada comarca, e que realizan labores de dinamización rural, promoción de iniciativas e apoios aos promotores. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, reuniuse esta mañá, primeiro en Cambados e despoi...
TELMO MARTIN AUGURA QUE AS COUSAS IRAN A PEOR NO GOBERNO DE SANXENXO 06.04.2016 2:12
Trala mensaxe de tranquilidade que o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, trasladaba aos veciños despóis da ruptura do cuatripartito, o PP municipal non o ten tan claro. O portavoz popular, Telmo Martín, achaca a saída de Roberto Agís do goberno aos “pactos antinatura” e “intereses partidistas” e augura que as cousas van ir a peor. En todo caso, Telmo Martín desbota unha moción de censura a non ser...
UNHA SABANA BLANCA POLA SANIDADE PÚBLICA EUROPEA 06.04.2016 4:41
Mañá 7 de Abril, será o día Europeo da Sábana Blanca, unha iniciativa contra la privatización sanitaria en Europa Dende Prosagal, Agrupación de Profesionais da Saúde de Galicia lanzan unha mensaxe de concienciación para que a cidadanía se sume a esta iniciativa colgando unha sábana blanco nos seus balcóns. Os detalles da iniciativa nolos contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Carol Iñarrea, portav...
A MARCHA DE AGIS NON DANARA A XESTION DO EXECUTIVO 05.04.2016 5:17
O xa tripartito de Sanxenxo asegura que a marcha do concelleiro de Roberto Agís do equipo de goberno non perxudicará a xestión dun executivo que consideran sólido. O alcalde, Gonzalo Pita, e os seus socios de goberno, David Otero do BNG e Coral González-Haba do PSOE, compareceron esta mañá para explicar a reestructuración do goberno local trala demisión do concelleiro de Sanxenxo Pode, transmitind...
A PLATAFORMA EN DEFENSA DO EMPREGO VOLVERA AO PLENO 04.04.2016 8:31
A plataforma en defensa del empleo e a favor do centro comercial de Megasa, volverá a intentar que a corporación municipal debata a súa petición para que quede sen efecto a suspensión de licencias para centros comerciais. Sobre este asunto falamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Lisset Reirís, portavoz do colectivo.
CAMPAÑA ESPECIAL DE DOAZONS DE SANGUE EN VILAGARCIA 04.04.2016 7:13
O Centro de Transfusión de Galicia pon en marcha este mes de abril unha campaña especial para superar as 30.000 doazóns de sangue e órganos en Vilagarcía, conseguidas no ano 1995. Durante todo o mes, o autobús de doazóns estará 3 días á semana en vez das dúas habituais: xoves e venres de 10h a 22h e sábado de 10h a 15h, na rúa Castelao, fronte ao Inem. O obxetivo e que os maiores de 18 anos doen...
PORTOS CREA UNHA RUTA DE CRUCEIROS PARA ATRAER O TURISMO AS RIAS BAIXAS 04.04.2016 3:40
Portos de Galicia crea unha ruta de cruceiros polas rías e dota ao porto de Vilanova de Arousa de apps para reservas e uso da rada. O presidente do organismo portuario presentou o proxecto para atraer o turismo ás Rías Baixas nun acto que recollemos en Arousa Pontevedra Día a Día.
O PERSOAL DO HOSPITAL DO SALNES DENUNCIA A XERENCIA ANTE INSPECCION DE TRABALLO 01.04.2016 4:52
A Xunta de Persoal do Hospital do Salnés segue denunciando a falta de diálogo que mantén coa plantilla a Xerencia da Xestión Integrada. Ante esta situación, a plantilla decidiu denunciar á Xerencia ante Inspección de Traballo. A Xunta de Persoal ofrecía esta mañá unha rolda de prensa sobre este asunto e para saber os detalles falamos en AROUSA PONTEVEDRFA DIA A DIA con Celia Iglesias, presidenta d...
CONVENIO CON FENOSA PARA EVITAR OS CORTES AO MAIS VULNERABLES 01.04.2016 2:42
O concello de Vilagarcía asinou esta mañá un convenio con Gas Natural Fenosa para evitar o corte de subministro de gas e luz ás persoas en risco de vulnerabilidade e mentres non logran unha axuda pública. Para poder beneficiarse desta iniciativa, os solicitantes deberán estar inscritos nos servizos sociais e ter un informe favorable previo que acredite que non teñen recursos suficientes. A axuda s...
PASA O TESTIGO CARA A INCLUSION DO AUTISMO 31.03.2016 4:47
Pasar o testigo cara a inclusión, tolerancia e respeto do autismo é o lema co que este ano celebran o Día do Autismo as asociacións Bata, Por Dereito e ANPA Mecos. Os tres colectivos uniron esforzos nesta ocasión para conseguir un abril moito máis azul na visibilización do Autismo nos concellos implicados este ano na súa iniciativa: Vilagarcía, Cambados, A Illa e Vilanova, Valga, Santiago e A Estr...
A MANCOMUNIDADE ENDURECERA AS SANCIONS CONTRA OS VERQUIDOS AO UMIA 30.03.2016 4:03
Os responsables da Mancomunidade do Salnés e alcaldes e concelleiros de Cambados, Vilanova, Ribadumia e Vilagarcía acordaron esta mañá endurecer as sancións para acabar cos reiterados verquidos ao rìo Umia. A entidade comarcal elaborará un regulamento que penalice coa máxima sanción que posibilite a lei ás empresas que orixinen verquidos. O organismo sancionador será a Mancomunidad de O Salnés e o...
CAMBADOS PON EN MARCHA O SEU REGULAMENTO DE PARTICIPACION CIDADA 30.03.2016 3:30
Calquera veciño ou colectivo de Cambados poderá intervir durante uns 10 minutos en asuntos públicos e plenos se obteñen o 15% de sinaturas da poboación e previa solicitude con dous días de antelación. Así se establece no Regulamento de Participación Cidada que o equipo de goberno de Cambados levará ao pleno municipal de mañá xoves para a súa aprobación. O texto elaborado polo grupo de goberno tamé...
TURISMOENCAMBADOS.ES NOVA WEB PROMOCIONAL DE CAMBADOS 29.03.2016 3:52
O Concello de Cambados contará cunha nova paxina web para promocionar o turismo e informar aos visitantes sobre os lugares que poden ver, as festas e a hostelería. A nova web foi creada polos 10 alumnos que participaron durante 6 meses no obradoiro de creación de paxinas web impartido dentro do programa "Cambados Turismo Sostible". Tratase dunha paxina moi visual, con fotos tomadas polos alumnos,...
O HUMOR DE CARLOS BLANCO E LUIS DAVILA EN VILAGARCIA 28.03.2016 2:36
Vilagarcía acolle a estrea do espectáculo "Menu da Noite" de Carlos blanco e Luis Dávila, que terá dúas funcións o mesmo día, debido ao éxito de venda de entradas anticipadas Será o sábado 2 de abril, no Auditorio, ás 20:00 horas, a primeira función, e ás 22:00 horas a segunda. O espectáculo está resultando todo un éxito nas representacións de toda Galicia, e en Vilagarcía xa hai vendidas 500 entr...
VILANOVA HABILITARA A PRIMEIRA PLANTA DO PAZO DE VISTA REAL CON TRES AULAS 23.03.2016 3:32
O Pazo de Vista Real quédase pequeno xa para acoller todas as actividades de promoción de emprego e culturais que se veñen realizando na planta baixa. Por tal motivo, o concello quere habilitar a primeira planta, adecuándoa con tres aulas, dúas convertibles en salón de actos a través dun tabique abatible. A actuación todavía non está orzamentada, pero se estima que suporá uns 100.000 euros de inve...
ROSA QUINTANA VISITA A TERMINAL DE CONTEDORES DO PORTO DE VILAGARCIA 22.03.2016 1:33
A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, estivo esta mañá no Porto de Vilagarcia, nunha visita na que puido comprobar os traballos que ali se realizan e tamén coñeceu a terminal de contedores. Tratouse da primeira visita que se realiza a esta terminal da que, Rosa Quintana, destacou a súa importancia loxisitica que supón o 25% dos traficos do porto vilagarciá. A terminal de contedores traballa cunha l...
CAMBADOS ENCHESE DE ACTIVIDADES NA PROGRAMACION CULTURAL DE PRIMAVERA 22.03.2016 6:10
Cambados presentou esta mañá a súa programación cultural de primavera, na que se quere dar maior relevancia á biblioteca municipal Luis Rei e aos hábitos de lectura. Para elo, a concellería de Cultura ubicará caixas con libros en diferentes instalacións municipais como a piscina, o centro de saúde e autobuses. Para saber os pormenores, Alba Piñeiro falaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA co concelle...
7 mulleres emprendedoras no iv simposio mostrate salnes 22.03.2016 4:50
Cambados acollerá o próximo 31 de marzo a IV edición do Simposio Móstrate Salnés, unha iniciativa impulsada dende o Centro de Información á Muller comarcal coa finalidade de visibilizar o éxito de diferentes iniciativas empresariais promovidas por mulleres. O Simposio celebrarase en Exposalnés, en Cambados, a partir das 18 horas e a través dos diferentes relatorios 7 emprendedoras contarán as súas...
O OBRADOIRO DE HOSTELERIA DESPÍDESE DE A LANZADA 21.03.2016 2:36
O Obradoiro de hostelería promovido pola Mancomunidade do Salnés e financiado pola Xunta, que se ven celebrando dende hai 7 anos no centro vacacional de A Lanzada, no Grove, clausurou esta mañá a súa VII edición no que foi o último acto nestas instalacións, xa que o curso que ven comezará a funcionar en Sanxenxo. O balance do obradoiro segue sendo moi positivo, xa que consegue unha inserción labor...
CONCURSO DE FOTOGRAFIA PARA VISIBILIZAR O AUTISMO 21.03.2016 6:00
A Asociación Por Dereito, que preside a cambadesa Cuca Da Silva, une esforzos este ano coa Asociación Bata para dar maior visibilidade ao autismo. Para elo, acaban de poñer en marcha un novo concurso fotográfico dirixido a establecementos comerciais que decoren con globos azuis seus escaparates. Os participantes poden enviar as súas fotos durante todo o mes de abril á páxina de Facebook BATAenRED@...
AUGAS DE GALICIA SUSTITUIRA OS BOMBEOS DE CABANELAS PARA EVITAR FILTRACIONS 18.03.2016 3:23
A Mancomunidade do Salnés busca solucións aos cada vez máis contínuos verquidos ao Umia no entorno de Cabanelas. Un dos problemas é a pouca capacidade do bombeo de Cabanelas, ademáis do seu estado de deterioro que provoca filtracións nos colectores. Para solventalo, Augas de Galicia ten en marcha un plan de sustitución dos bombeos a través de fondos europeos, mentres que será o organismo provincia...
VARELA ENTENDE A PREOCUPACION POLO EMPREGO DA PLATAFORMA A PROL DO CENTRO COMERCIAL 18.03.2016 7:43
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, reuniuse esta mañá cos representantes da Plataforma a prol do centro comercial en Megasa, que lle trasladaron ao rexedor os seus plantexamentos co fin de conseguir que se anule a suspensión das licencias municipais para este tipo de superficies, aprobada no pasado pleno. O alcalde confirmoulles que o acordo plenario non terá marcha atrás pero, en todo caso,...
As novas areas de urxencias e obstetricia entraran en funcionamento antes do veran 17.03.2016 5:10
Esta mañá puidemos coñecer os detalles de cómo están quedando configurados os novos espazos do Servizo de Urxencias e Obstetricia do Hospital do Salnés, que entrarán en funcionamento a máis tardar no mes de xuño. Os primeiros traslados comezarán a realizarse no mes de abril. As novas dependencias triplican os espazos actuais e aumentan a capacidade de intervención, pois aos tres quirófanos actuais...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.