OS PLANS DE CÓDAX
Os Plans de Códax
¡Benvidos aos "Plans de Códax! Unha axenda cultural sobre os principais eventos musicais e escénicos que terán lugar en Galicia durante esa fin de semana, así coma a promoción dunha novidade discográfica galega.
Author
OS PLANS DE CÓDAX
Category
Podcast website
Latest episode
Aug 20, 2025
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Os Plans de Códax (01/09/2023) 01.09.2023 18:12
Os plans desta semana son un monográfico sobre festivais. Repasamos as ofertas do Festival da Poesía do Condado, do Osa do Mar, do Festiletras, do Fescualla, o Arteficial, o Ameixa Rock, o Picnic Sesions, o Flores Rock e o O Son do Pazo. A estrea musical é o noco sinxelo de Mondra en colaboración con Aida Tarrío. Tamén soan Berto, Elephants e Paw, Berlai e Carlangas.
Os Plans de Códax (25/08/2023) 25.08.2023 15:48
Os últimos plans de agosto detéñense en tres festivais que se celebran nas aldeas natais dos seus promotores: o Festival de la Luz, en Boimorto; o Festival dos Eidos, no Courel; e o Castelo Conta, en Culleredo. Repasamos ademais o que nos propoñen dende o Río Verbena, o Revolta do Umia, o Terra Brava ou o Agrocuir da Ulloa. Soan Paraíso Canto, Moura e Ataque Escampe. E estreamos un dos temas do qu...
Os Plans de Códax (18/08/2023) 18.08.2023 17:24
Nos plans de hoxe soan Udra, Tiam GZ, Budiño, Tanxugueiras e Rayden, con quen falamos da súa xira de despedida. Tamén vos propoñemos outros plans como o Jazz de Ría, o festival Trece Roeis, a homenaxe a Mangüi ou concerto de Wilco no Espazo Fest de Nigrán.
Os Plans de Códax (11/08/2023) 11.08.2023 17:12
Nos Plans de hoxe falamos con Santiago Auserón que pechará a décima edición dos Xoves de Códax. Repasamos a oferta de festivais como o Noroeste, o Gulliver Fest, O Marisquiño, o da Carballeira de Zas, o Feito a Man e o Vrao de Foz, ademáis do que nos propoñen musicalmente dende as festas de Pontevedra e Vilagarcía. A novidade musical da semana chéganos da man e da voz de Factoría de Subsitencia.
Os Plans de Códax (04/08/2023) 04.08.2023 15:42
En agosto, abrimos por vacacións. Repasamos as propostas do SonRías Baixas, o festival de Pardiñas, o Rock in Cambre, o Vikinsons, o Feliciapop e o Lorofacu. Falamos con Zahara. Estreamos no novo de Zeltia e Irevire. E soan tamén Grampoder, Leilía e Keralt Lahoz.
Os Plans de Códax (28/07/2023) 28.07.2023 18:55
Nos Plans de hoxe estreamos os novos discos de Silvia Penide e de Verónica Codesal e ‘Tola’, o novo sinxelo de Fillas de Cassandra. Repasamos a oferta que nos propoñen dende o Morriña Fest, o 17º Ribeira Sacra, o Tradfest, o Festival Intercéltico do Morrazo, o Arbo Rock, o Aturuxo, o Antrospinos e dende A Arca da Noe, que celebra o seu IX aniversario.
Os Plans de Códax (21/07/2023) 21.07.2023 13:24
A brúxula festivaleira levou hoxe estes Plans ata Vilagarcía, a Illa de San Simón, Muros e Ribadeo. Alí celébranse o Atlantic Fest, o Sinsal, o Castelo Rock e o Vendaval Fest. Detémonos nas súas propostas. Tamén repasamos o resto da oferta de música en directo en Galicia para esta ponte. E estreamos “Bisavoa”, o novo tema de Fillas de Cassandra. Soan ademais Lontreira, The Rapants e Freedonia.
Os Plans de Códax (14/07/2023) 14.07.2023 17:18
Os Plans de hoxe percorren Galicia de norte a sur e de leste a oeste guiados pola brúxula dos festivais. De Portas a Ortigueira, de Esteiro a O Barco de Valdeorras. Repasamos as programacións do Portamérica, do festival de Ortigueira, do das Carrilanas de Esteiro e do Silfest. Falamos con Carlos Tarque, de M-Clan, e estreamos os novos temas de Boyanka Kostova e de Terrae en colaboración con Nastas...
Os Plans de Códax (07/07/2023) 07.07.2023 21:30
Nos Plans de hoxe repasamos as programacións do Atlantic Pride, o Gozo Festival, o Rapasóns, o Ribeiro Son de Viño, o festival de Ortigueira e o Música na Noite, entre outros. Falamos con Carlos Núñez, que inicia a xira «Lugares Máxicos» e estreamos o novo tema de García Mc. Soan ademais Miranda!, Os John Deeres, Sondeseu e Martin Garrix.
Os Plans de Codax (30/06/2023) 30.06.2023 16:19
Once festivais nin máis nin menos recompilamos para esta fin de semana nestes Plans: Resurrection Fest, Vive Nigrán, Fisterra Blues Experience, Asalto ao Castelo, Rockin’ Carballo, Rock in Río Tea, Sachaso Rock, Milla Rock, Sons da Bocanoite, Rompetiño Jump e Ferrol Verán Festival. Damos conta dos seus carteis. Detémonos ademais noutros destacados concertos como os das festas de Muros e Boiro ou a...
Os Plans de Codax (23/06/2023) 23.06.2023 17:16
Nos Plans de hoxe temos bastantes novidades discográficas galegas: presentamos o novo álbum de Triángulo de Amor Bizarro e estreamos os adiantos do que serán os novos traballos de Caamaño&Ameixeiras, Blanco Palamera e Mundo Prestigio. Por suposto, repasamos a axenda de concertos da fin de semana con citas como os festivais Surfing the Lérez e The Wild Fest, o retorno de Heredeiros da Crus ou a...
Os Plans de Códax (16/06/2023) 16.06.2023 20:32
Nos Plans de hoxe estreamos dous discos, o de Copa Turbo, que eles mesmos no lo presentan, e o de Wöyza & The Galician Messengers. Falamos con Sergio Zearreta, cantante de Lamatumbá, a banda que o sábado regresa aos escenarios despois de 12 anos. E, por suposto, repasamos os moitos camiños que toman as músicas galegas en directo, que non todos pasan polo monte do Gozo.
Os Plans de Códax (09/06/2023) 09.06.2023 20:37
Comezamos e rematamos estes plans con dúas estreas musicais: os novos discos de Ton Risco e Berlai. Polo medio, falamos con Caldo, que hoxen presentan en directo o seu «Lugar A Ponte» e repasamos a axenda de concertos, na que soan Fillas de Cassandra e Quico Comesaña.
Os Plans de Códax (02/06/2023) 02.06.2023 21:22
Retomamos os Plans, esta semana cargados de novidades. Escoitamos en exclusiva un dos temas do primeiro disco de Las Antonias, que mañá se publica. Tamén escoitamos os novos traballos de Manuel Seixas, Boyanka Kostova, Los Vagos, e Maneiro, que o domingo volverá subir a un escenario, depois de dez meses. O propio Javi Maneiro cóntanos cales son as súas sensacións antes dese transcendental momento....
Os Plans de Códax (19/05/2023) 19.05.2023 18:42
Comeza o maratón de festivais e nos plans de esta semana xa reseñamos catro: o Esmorga Fest, o Composfest, o Polas Bravas e o de Cans, que aínda que sexa un festival de cine conta cunha máis que notable oferta musical. Estreamos o novo disco de Chicharrón e o de Ortiga e Pili Pampín. Falamos con Carlos Goñi, de Revólver e repasamos o resto da axenda de conciertos en Galicia. Soan tamén Hydn, Pálid...
Os Plans de Códax (12/05/2023) 12.05.2023 25:59
Os Plans de hoxe ábrense na trastenda do negocio. Nela Carlos Crespo charla con Fernando Fernández Rego, escritor, divulgador e responsable do selo Ferror Records. Repasamos despois a axenda de concertos da fin de semana con escalas no Facela Fest, na Festa do Orgullo de Lalín, no VigAid, na Festa da Sementeira e no Entrepontes. Soan Músculo!, Ialma e Mondra con Fillas de Cassandra. A estrea music...
Os Plans de Códax (05/05/2023) 05.05.2023 18:08
A primeira escala dos Plans de hoxe é Pontevedra onde se celebra o Galegote Rock, con 14 concertos. Falamos con Diego Guerrero, unha das figuras máis deslumbrantes do novo flamenco que está de xira por Galicia. Estreamos as novas cancións de Escuchando Elefantes e Leticia Rey. E, por suposto, repasamos a axenda de concertos dos vindeiros días, na que soan Pakolas, The Rapants e Andrés Suárez.
Os Plans de Códax (28/04/2023) 28.04.2023 18:10
Nos Plans de hoxe damos por inaugurada a tempada de festivais cun repaso ao cartel do FIV de Vilalba. Detémonos tamén nas programacións do ciclo Cabos Soltos de Pontevedra e do Encontro Burla Verde de Sabucedo. Estreamos os novos disco de Budiño e de Ton Risco e Marcos Teira. Falamos con Ataque Escampe e repasamos coma sempre a axenda de concertos na que soan Javier Lago, Delaporte, The Tetas Van...
Os Plans de Códax (21/04/2023) 21.04.2023 23:50
Os Plans de hoxe van cargados de novidades. Estreamos o novo disco de Carlangas, o de Ataque Escampe, o remix que Galicia Army fixeron do tema de Xoel López “La espina de la flor en tu costado”, a nova canción de Mj Perez con Crúa e o debut de Malabesta. Falamos con Luz Casal do seu concerto en Santiago e, por suposto, non esquecemos a axenda de directos da fin de semana.
Os Plans de Códax (14/04/2023) 14.04.2023 26:36
Están estes plans cheos de benvidas e despedidas. Falamos con SonDaRua que hoxe se despiden pero tamén falamos con O Sonoro Maxín que volven aos escenarios e con Vega, que retoma a súa xira. No resto do podcast, no que tamén soan Sheila Patricia e Boyanka Kostova, repasamos a xenda de concertos desta fin de semana en Galicia.
Os Plans de Códax (31/03/2023) 31.03.2023 20:19
Nos Plans de hoxe estreamos os disco de Igloo, de Boroa e o primeiro adianto do novo de García Mc, en colaboración con Xisco Feijoo. Falamos con Beni Ferreiro (Igloo) do concerto que darán en Vigo e tamén nos detemos noutras propostas en directo como as de Moura, da Trio (Narci Rodríguez), El Nido ou Lisa and the Lips.
Os Plans de Códax (24/03/2023) 24.03.2023 19:58
Hoxe falamos con dous artistas que presentan o seu 17º disco. Con Vituco Neira, de Ruxe Ruxe, con quen repasamos, canción a canción o seu «Unha noite no interior dunha faísca». E Luz Casal, quen nos escolle e presenta unha das cancións de «La ventana del alma», que hoxe publica. Na axenda de concertos desta fin de semana, detémonos nos de Iván Ferreiro, Nastasia Zürcher e Ailá, aos que escoitamos.
Os Plans de Códax (17/03/2023) 17.03.2023 20:26
Esta semana abriuse o prazo de presentación de candidaturas para os X Premios da Música Martín Códax. Falamos diso con Patty Castro, membro da directiva de Músicas ao Vivo, a asociación organizadora dos premios. Estreamos La Noche (Club edit), a colaboración entre Galician Army e The Rapants. E, por suposto, non esquecemos a axenda de concertos da fin de semana. Destacamos os de Grampoder, Sr Salv...
Os Plans de Códax (10/03/2023) 10.03.2023 18:48
Nos Plans de hoxe falamos con Rodrigo Ramos, que estrea disco na Sonar Compostela, e con Anni B Sweet que actúa con Los Estanques, en Pontevedra. A estrea musical da semana é o adianto do segundo disco de Grande Amore, presenrada polo propio Nuno Pico. Tamén nos detemos con Escuchando Elefantes, Mai e Zeltia e Irevire, La Yegros e Alice Wonder. E, por suposto, repasamos o máis destacado da axenda...
Os Plans de Codax (03/03/2023) 03.03.2023 21:58
Nos Plans de hoxe falamos con Cristina Pena, guitarrista coruñesa alma mater de Lost Minnow. Facemos escala no primeiro festival do ano, A Candeloria, en Lugo. Tamén nos detemos na xira do 20 aniversario de Dios Ke te Crew, escoitamos a Margarida Mariño e Me Freetos and Guime Cheetos. E David Regueiro preséntanos un dos temas do seu recén estreado disco, “Perfect Match!”
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.