OS PLANS DE CÓDAX
Os Plans de Códax
¡Benvidos aos "Plans de Códax! Unha axenda cultural sobre os principais eventos musicais e escénicos que terán lugar en Galicia durante esa fin de semana, así coma a promoción dunha novidade discográfica galega.
Author
OS PLANS DE CÓDAX
Category
Podcast website
Latest episode
Aug 20, 2025
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Os Plans de Códax (22/03/2024) 22.03.2024 20:43
Nos primeiros plans da primavera estreamos os discos de Tecor Societário e de Devalo e os novos sinxelos de Baiuca e Mariagrep. Charlamos con The Rapants, que comezan xira, e soa O Rabelo para dar paso a unha axenda de concertos con más de vinte citas para esta fin de semana.
Os Plans de Códax (15/03/2024) 15.03.2024 18:38
Nos derradeiros plans deste inverno estreamos os novos discos de The Rapants, Mundo Prestigio e Cemento Musgo así como o último sinxelo de Espiño. Ademais de 20 propostas para que escoites música en directo esta fin de semana.
Os Plans de Códax (08/03/2024) 08.03.2024 24:06
Nos Plans de hoxe falamos con Xabier Díaz e con Coque Malla, que están de xira. Vértebras preséntannos o seu disco de debut e estreamos os novos temas de A Pedreira e Dj Mil feat Jamas. Ademais, por suposto, repasamos a axenda de concertos en Galicia esta fin de semana.
Os Plans de Códax (01/03/2024) 01.03.2024 21:32
Asoma a estes Plans o primeiro gran festival do ano, A Candeloria, e unha desas festas que teñen unha programación musical digna dun festival, a do Queixo de Arzúa. Xabier Díaz preséntanos o seu novo disco xunto a Adufeiras de Salitre, «Axúdame a sentir». E estreamos tamén os novo temas de Anxo Araújo, Lontreira, La Quinkillada, Pamela Rodríguez e Rebeliom do Inframundo. Non falta, por suposto, o...
Os Plans de Códax (23/02/2024) 23.02.2024 22:47
Nos Plans de hoxe Carlangas preséntanos o primeiro adianto do que será o disco de debut de Carlangas y Los Cubatas. Tamén estreamos o novo sinxelo de Tomás Porteiro e o epé de Seitura. Falamos con Budiño e con Zahara e Martí Perarnau, ou que é o mesmo, con _Juno. E repasamos a axenda de concertos en Galicia para os vindeiros días coa sintonía de MJ Pérez e Samesugas.
Os Plans de Códax (16/02/2024) 16.02.2024 21:12
Nos Plans de hoxe falamos con Rayden e con Fillas de Cassandra. Tamén se asoma Ortiga para presentarnos o primeiro adianto do seu novo disco. Escoitamos ademais as estreas de Terrae, Manuel Seixas e Devalo. E, por suposto, facemos un repaso do máis salientable da axenda de concertos desta finde semana en Galicia, con propostas que van de Abraham Cupeiro a Bad Gyal.
Os Plans de Códax (09/02/2024) 09.02.2024 15:40
Nestes Plans escoitamos o novo de Antía Muíño, así como os temas que esta mesma semana publicaron Baiuca e Liska!. Tamén temos a estrea absoluta un novo proxecto de música en galego: Sun Iou. E, por suposto, repasamos a axenda de concertos desta fin de semana en Galicia.
Os Plans de Códax (02/02/2024) 02.02.2024 23:33
Tremendo menú o dos Plans de hoxe. No apartado de novidades estreamos o novo tema de Boyanka Kostova e as colaboracións de Fillas de Cassandra con Zetak e de Hydn con Eris Mackenzie. No apartado de charlas, falo con Quique González, Ismael Serrano e Diego El Cigala. E na axenda de concertos, esta finde contamos coas visitas, ademais dos citados, de Triángulo de Amor Bizarro, Sidecars, La Fuga ou S...
Os Plans de Códax (26/01/2024) 26.01.2024 23:28
Nos Plans de hoxe falamos con Guadi Galego, que esta fin de semana inicia a xira Síntese Horizonte. Escoitamos os novos temas de The Rapants, Brais Morán & Nasaufunk, MJ Pérez e estreamos o disco de debut de Javier Lago. Tamén soan Guezos e Luar na Lubre ao tempo que repasamos a axenda de concertos en Galicia nos vindeiros días.
Os Plans de Códax (19/01/2024) 19.01.2024 22:49
Nos Plans desta semana estreamos o novo epé de Fanny & Alexander e os novos temas Guadi Galego e Rozalén, Luis Fercán, Belem Tajes, Santi Araujo e Galician Army con Grande Amore e Futuro Alcalde. Conversamos con Xackal que presenta disco na sala Rebullón e non nos esquecemos do resto da axenda de concertos desta fin de semana en Galicia.
Os Plans de Códax (12/01/2024) 12.01.2024 23:35
Os primeiros plans de 2024 chegan cheos de novidades. Escoitamos o novos disco de Factoría de Subsistencia, Loita Amada, Isi Vaamonde e Polisong. Tamén estreamos os sinxelos de EQX con Elba e de Mundo Prestigio. Conversamos con Leilía que o sábado ofrecerán en Santiago o derradeiro concerto da súa fértil traxectoria. E repasamos a axenda de concertos desta fin de semana.
Os Plans de Códax (29/12/2023) 29.12.2023 20:24
Os derradeiros Plans do 2023 son un monográfico especial dedicado a repasar os discos galegos fundamentais destes últimos doce meses.
Os Plans de Codax (22/12/2023) 22.12.2023 16:03
Nesta edición dos Plans escoitamos o novo de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e de Tomás Porteiro. Falamos con Carlos Núñez e con Zënzar, que actúan esta finde e repasamos o resto da axenda de concertos. Rematamos cunha panxoliña presentada por The Rapants.
Os Plans de Códax (15/12/2023) 15.12.2023 20:05
Nos Plans desta semana estreamos os novos traballos de Xackal, Treintañeras Cañeras e Sempasúchil. Tamén soan Tanxugueiras, que rematan xira, Ataque Escampe, que están no Mercado da Estrela, e Arde Bogotá. Falamos co seu cantante, Antonio García. Ademais, por suposto, repasamos o resto da axenda de concertos desta fin de semana en Galicia.
Os Plans de Códax (08/12/2023) 08.12.2023 23:35
Nos Plans de hoxe estreamos os novos discos de Carlos Núñez e dos Bar Ban Sonicos e sinxelos de High Paw, Bala e Pakolas. Tamén facemos inventario da axenda de concertos desta fin de semana en Galicia con dúas escalas fundamentais: a Foliada da Fonsagrada e o retorno aos escenarios de Terbutalina.
Os Plans de Códax (01/12/2023) 01.12.2023 20:31
Nos Plans de hoxe con Xisco Feijoó -que lle pon fin á xira de «Peixe»- e con Jamas, de Dios Ke Te Crew –que celebran o seu 20 aniversario-. Estreamos os novos temas de Boyanka Kostova & Conjunto Amistá, de Vértebras, de Susana Seivane e a canción coa que todos anos polo Nadal nos agasallan Tony Lomba & Elio dos Santos. E, por suposto, damos conta da axenda de concertos desta fin de semana...
Os Plans de Códax (24/11/2023) 24.11.2023 18:04
Nos Plans de hoxe facémonos eco das dúas últimas propostas do Outono Códax, Nikki Hill e The Beat From Palookaville. Tamén falamos cun dos seus organizadores para facer un primeiro balance do festival. Repasamos ademais a axenda de concertos da fin de semana en Galicia. Soan Caamaño & Ameixeiras e Juno e estreamos o primeiro adianto do que será o novo disco de Santi Araujo.
Os Plans de Códax (17/11/2023) 17.11.2023 23:35
Comezamos estes plans facendo escala nos dous seguintes concertos do Outono Códax: Kassi Valazza e Nick Waterhouse. Escoitamos despois o novo de Terbutalina, Thee Blind Crows, Loiros, Hydn e Carlos Risco. Repasamos de seguido a axenda de concertos da fin de semana. E rematamos coa estrea da canción que asinan en colaboración Nastasia Zürcher e Guadi Galego.
Os Plans de Códax (10/11/2023) 10.11.2023 20:36
Os Plans de hoxe fan a súa primeira escala, como non podía ser doutro xeito, no Outono Códax Festival, que para esta semana propón os concertos de Dylan Leblanc e Kassi Valazza . E súmanse tamén as celebracións dos 500 programas de Ábrete de Orellas. Falamos co seu director, Pepe Cunha. Repasamos a axenda de concertos da fin de semana e estreamos os primeiro disco de Zavala. Soan ademáis Zeltia Ir...
Os Plans de Códax (03/11/2023) 03.11.2023 24:59
Retornan Os Plans de Códax tralo paréntese vacacional cunha edición especial e monográfica dedicada á 13ª edición do Outono Códax Festival que hoxe mesmo comenza. En 24 minutos, repasamos polo miúdo a súa programación musical e de actividades paralelas e conversamos cun dos seus organizadores, Martín Calviño, co director de marketing e comunicación da bodega, Jorge Pallarés, e con Momboi, unha das...
Os Plans de Códax (06/10/2023) 06.10.2023 21:19
Nos últimos Plans antes dunhas vacacións estreamos os novos discos de Xoel López, Zeltia Irevire, Zavala e Thee Blind Crows e os sinxelos de Faia e Broken Peach. Detémonos nas propostas musicais do San Froilán, en Lugo, da Festa do Marisco do Grove, do Rockanroleiros e do Murallón de Son. Ademais de repasar o máis salientable da ofertas de concertos para esta fin de en Galicia. Soan tamén Monoulio...
Os Plans de Códax (29/09/2023) 29.09.2023 22:10
Con catro novidades discográficas galegas, todas en feminino, arrincan estes Plans. Estreamos o novo de Guadi Galego, Nastasia Zürcher, Caamaño & Ameixeiras e Pamela Rodríguez. Falamos con Mondra, que hoxe estrea en directo o seu disco. E repasamos a oferta de concertos de Galicia, na que as salas recobran o protagonismo. Soan ademais Eris Mckenzie e Cora Velasco & Eladio Santos.
Os Plans de Códax (22/09/2023) 22.09.2023 19:46
Quen dixo que os festivais remataban co verán. Once inventariamos nestes primeiros Plans do outono: Season, Maré, Son Dos Arrieiros, Freixo Rock, Fenerock, Xiriapop, Noites Do Porto, Psicotroita, Costeira Sonora, Asaghieiras e o Mumi. Estreamos ademais unha das cancións inéditas do disco de debut de Mondra e o tema que The Skarnivals publicaron para conmemorar o Día Mundial do Alzheirmer. Soan ade...
Os Plans de Codax (15/09/2023) 15.09.2023 19:06
Nos derradeiros plans do verán estreamos o novo disco de Grande Amore e bótamoslle unha ollada e unha escoita ao que nos propoñen os últimos festivais dunha tempada que xa vai chegando ao seu remate. Detémonos na oferta do Caudal, o WOS, o Underfest, o Holanola, o Canteira e O Revoltallo. E, por suposto, repasamos o resto da oferta de música en directo para esta fin de semana en Galicia. Ademais d...
Os Plans de Códax (08/09/2023) 08.09.2023 15:19
Nos Plans de hoxe falamos con Rodrigo Cuevas, que estará no Revenidas e de paso repasamos o que nos ofrece o festival de Vilaxoán. Tamén nos detemos no Nachiños Fest, no Rock in Rian, no Recorda Fest, no Negrita Music Festival e no concerto de Robert Plant en Ourense. Sabela Maneiro, de Tanxugueiras, preséntanos a canción que esta semana estrearon en colaboración con Ruth Lorenzo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.