OS PLANS DE CÓDAX

Os Plans de Códax

Music GL ↓ 167 episodes

¡Benvidos aos "Plans de Códax! Unha axenda cultural sobre os principais eventos musicais e escénicos que terán lugar en Galicia durante esa fin de semana, así coma a promoción dunha novidade discográfica galega.

Author

OS PLANS DE CÓDAX

Category

Music

Podcast website

www.martincodax.com

Latest episode

Aug 20, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Os Plans de Códax (24/02/2023) 24.02.2023

Nos Plans de hoxe repasamos con Fillas de Cassandra o seu disco «Acrópole», canción a canción. Tamén falamos con Depedro, que actúa en Ferrol. Carlos Risco preséntanos o seu debut discográfico. E facémonos eco dos concertos de Neomak e Catuxa Salom na sala Rebullón, de Loita Amada na Capitol, e de Enrique Maril no teatro Jofre.

Os Plans de Códax (17/02/2023) 17.02.2023

Nos Plans de Códax de hoxe abrimos de novo a trastenda do negocio para falar con Aitana Cuétara, codirectora da nova cooperativa de xestión cultural Nave de Lata, formada pola fusión de Tremendo Audiovisual e Luneda Producións. Da axenda de concertos destacamos os de Tanxugueiras, Xisco Feijoo, Ede, Bala, Cuarta Xusta, Julián Maeso ou Carolina Durante. A novidade musical da semana chéganos da man...

Os Plans de Códax (10/02/2023) 10.02.2023

Nos Plans de hoxe escoitamos en estrea exclusiva un dos temas do disco de debut de Mai, o proxecto persoal de Iseo Agilda, que se publica o sábado 11. Tamén falamos con Tomás Porteiro, de Sinestesia, e con Luis Fercán. Na axenda de concertos, recomendamos algúns como os de Familia Caamagno, Pauliña, SondaRúa, The Skarnivals, Belém Tajes, Quique González e Rafael Lechowski.

Os Plans de Códax (03/02/2023) 03.02.2023

Ademais da axenda de concertos en Galicia esta fin de semana, na sección «Na trastenda do negocio» falamos coa ilustradora galega de portadas e carteis Rebeca Losada. Tamén falamos con Gustavo Almeida, que publica o seu primeiro disco en galego. Estreamos o novo traballo de The Skarnivals e Carlangas preséntanos o terceiro adianto do que será o seu álbum de debut en solitario.

Os Plans de Códax (27/01/2023) 27.01.2023

Nos Plans de hoxe abrimos o espectro e conversamos con Yamini Prabhu, pianista de Samudra Trío, a formación gañadora do Premio Martín Códax 2022 na categoría de musica clásica e contemporánea. Tamén falamos con Nacho Vegas, que actúa en Pontevedra. Da axenda de concertos desta fin de semana destacamos os de Tesouro, Germán Prieto, Espiño e Sumrrá. A novidade musical, nunha semana chea de elas, pre...

Os Plans de Códax (20/01/2023) 20.01.2023

Os Plans de hoxe albergan unha nova sección, «Na trastenda do negocio», que acollerá unha serie de conversas con algunhas desas persoas que non suben aos palcos pero son trascendentais na industria musical galega. Inaugurámola parlamentando con Josiño Carballo, propietario de Ernie Records e máanager de Carlangas, Ortiga ou Grande Amore, entre outros. Por suposto, non esquecemos revisar a axenda d...

Os Plans de Códax (13/01/2023) 13.01.2023

Nestes primeiros plans de 2023 conversamos con Ugía Pedreira (A Pedreira), que o domingo actúa en Cedeira xunto a Guadi Galego, Uxía e Marina Oural. Na axenda de concertos detémonos nas citas con Yoli Saa (Sónar Compostela e Sala Karma), Mad Mission e Seso Durán (La Fábrica de Chocolate). Rematamos co novo tema de Rebeliom de Inframundo gravado coa colaboración de Wöyza, presentado polo propio Ner...

Os Plans de Códax (30/12/2022) 30.12.2022

Nos Plans de Códax desta semana Carlos Crespo fai un repaso ao máis destacado en canto a discos galegos e á presenza dos nosos artistas en festivais neste ano 2022. A novidade musical coa que rematamos é o primeiro disco de Lontreira.

Os Plans de Códax (23/12/2022) 23.12.2022

O noso peregrinar pola axenda de concertos de Galicia lévanos hoxe a escoitar a Mundo Prestigio e Maria Grep, a Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, a Toni Lomba & Elio dos Santos e a Paloma, que pasará polo Riquela. Tamén facemos escala na Arca da Noe onde estarán Tesouro, na Filomatic (Recambios Tucho), no Garufa Club (Garufa Blue Devils Big Band), en Cervo, onde se celebra o Callo Fest e, po...

Os Plans de Códax (16/12/2022) 16.12.2022

Comezamos estes últimos plans de outono escoitando a Los Rastreadores, o proxecto conxunto de Ortiga e Grande Amore. A partir de aí repasamos a oferta de concertos en Galicia para esta fin de semana. Tamén soan Rayotaser, A Banda da Loba e Moel. O peche non podía ser outro que o novo disco que hoxe publica Guadi Galego, presentado por ela mesma.

Os Plans de Códax (09/12/2022) 09.12.2022

Nos plans de hoxe Carlos Crespo repasa a axenda de concertos en Galicia desta fin de semana, conversa con Catuxa Salom, escoitamos a Tregua, a Sés e a Xoán Curiel e Law preséntanos o seu primeiro tema en galego, Amor mordaz.

Os Plans de Códax (02/12/2022) 02.12.2022

Comezamos estes plans charlando con Gabriel Peso, que actúa no Náutico de San Vicente, no Jazz Filloa e no Clavicémbalo. Repasamos a axenda de concertos desta fin de semana. Escoitamos a The Limboos, Los Jinetes del Trópico, Os Tres Pés e Rozalén con Tanxugueiras. E Berto preséntanos un dos temas do novo disco que hoxe mesmo publica.

Os Plans de Códax (25/11/2022) 25.11.2022

Nos Plans de hoxe falamos con Monoulious Dop, Sés preséntanos unha das cancións do disco que hoxe publica e repasamos a axenda de concertos, deténdonos en citas como a conmemoración do 10º aniversario do primeiro disco de The Soul Jacket, o espectáculo que estrea Ataque Escampe ou o derradeiro concerto do festival Outono Códax, con MFC Chicken e Moura como protagonistas.

Os Plans de Códax (18/11/2022) 18.11.2022

Os Plans de hoxe detéñense nas dúas figuras que protagonizan o fin de semana central do Outono Códax, Carlton Jumel Smith e Big Chief Monk Boudreaux. Tamén facemos escala nas programacións de dous festivais que estes días rematan, o Elas Son Artistas e o Festival de Jazz de Lugo. Por suposto non nos esquecemos de facer unha escolma do que vas poder escoitar en directo en Galicia, con especial foco...

Os Plans de Códax (11/11/2022) 11.11.2022

Os plans desta semana fan escala na sala Rebullón de Mos, onde estarán O Rabelo e Zetak, no Sinatra de Vigo (Zeltia e Irevire e Hard Trip), na Moon de Compostela (Koko Jean & The Tonics), no Guión Club de Pontedeume (The Rapants), na Fábrica de Chocolate (Su Garrido Pombo), nas festas de Monte Alto (Dios Ke Te Krew), no Garufa Club (The Sadies), na Salasón de Cangas (Lean Wolf), no Ho Gruf de...

Os Plans de Códax (04/11/2022) 04.11.2022

Os Plans desta semana fan a súa primeira escala na oferta de cine e música que para este sábado propón o festival Outono Códax. Falamos con Xavier Valiño, autor de «Los 100 mejores documentales del rock», gañador do premio ao mellor libro musical de 2022. Repasamos ademais a oferta de música en directo para este fin de semana e escoitamos a Espiño, Ukestra do Medio, Antonio Zambujo e Maryland. Xos...

Os Plans de Códax (14/10/2022) 14.10.2022

Abrimos o repaso aos concertos desta fin de semana en Galicia escoitando a Caldo. Tamén soan The Lákazans, Zeltia e Irevire, Julián Maeso e Madeleine Peyroux. Entrevistamos a Vituco Neira pola inminente concerto homenaxe a Ruxe Ruxe. E Fillas de Cassandra preséntanos “Lisístrata”, o recén estrado segundo adianto do seu primeiro disco.

Os Plans de Códax (07/10/2022) 07.10.2022

Comezamos estes plans falando con Lila Downs, que o domingo actúa no Grove. Repasamos o que lle resta musicalmente á Festa do Marisco. E tamén ao San Froilán, en Lugo. Hoxe detémonos nalgúns dos galardoados nos premios Martín Códax. Soan Rebeliom do Inframundo. E percorremos, como cada semana, o circuito das salas galegas para contarche o que atoparás nelas. Preséntannos a novidade musical Igloo,...

Os Plans de Códax (30/09/2022) 30.09.2022

Comezan estes plan a carón do Miño, repasando ao que se nos convida dende o MUMI, o encontro transfronteirizo de músicas de Galicia e Portugal, que se celebra entre Tui e Valença. E de seguido céntramonos na oferta das salas, con propostas como Porco Bravo na Sónar Compostela; Pablo Lesuit na Pousada da Galiza Imaxinaria, Yoli Saa en La Fábrica de Chocolate, Guezos na Auriense, Cora Velasco na sal...

Os Plans de Códax (23/09/2022) 23.09.2022

Os primeiros plans do outono lévanos ata Santiago por partida dobre. Alí se celebra o festival das músicas atlánticas Maré e o Holanola. Tamén repasamos os carteis do Underfest, o Río Verbena, o Psicotroita, o Festiordes e o Xiria Pop. Tamén repasamos o que nos propoñen dende as salas de concertos e escoitamos a Guadi Galego, que remata xira, a Pauliña, Grampoder, Copaturbo, Tanxugueiras e The Rap...

Os Plans de Códax (16/09/2022) 16.09.2022

Os nosos derradeiros plans do verán lévanos ata o Caudal Fest en Lugo, o Tándem Fest na Coruña, O Son dos Arrieros na Estrada, o Canteira Fest en Vilaboa, O Ferve en Pontevedra, o Our Xacobeo Fest en Ourense e o Fenerock, donde o seu propio nome indica. Tamén nos detemos en Celanova onde Xabier Díaz ofrecerá un concerto moi especial. Escoitamos a Mundo Prestigio con Mariagrep, a Chicahrrón, Xabier...

Os Plans de Códax (09/09/2022) 09.09.2022

Os Plans de Códax arrancan hoxe en Vilaxoán. Alí se celebra o festival Revenidas, do que repasamos polo miudo a súa amplísima programación. Iván Arias, director do WOS, detállanos as liñas mestras do festival compostelán. Tamén falamos con Isi Vaamonde, que hoxe actúa na Mardi Gras da Coruña. Repasamos o que nos propoñen dende o resto das salas galegas e desde citas como o Revoltallo, o Cúniquer F...

Os Plans de Códax (02/09/2022) 02.09.2022

Chega setembro e con el volven as programacións das salas de concertos aos Plans de Códax. Repasamos o que nos ofrecen neste arranque de tempada. Pero tamén segue habendo festivais, así que facemos un percorrido sonoro polos carteis do festival da Poesía no Condado, o Barbeira Season Fest, o Osa do Mar, o Festiletras, o Entre Bateas e o Arteficial. Escoitamos un adianto do novo disco de Belem Taje...

Os Plans de Códax (26/08/2022) 26.08.2022

Rematamos os últimos Plans de Códax deste mes coa mesma intensidade coa que o comenzamos. Detémonos primeiro en Boimorto, onde se celebra o Festival de la Luz e falamos cunha das artistas que alí estará, Mala Rodríguez. Achegámonos despois ata Vilagarcía para ver que dará de si o Festivala. A Monterroso para visitar o Agroucuir da Ulloa, a Folgoso do Courel para achegarnos ao Festival dos Eidos, a...

Os Plans de Códax (19/08/2022) 19.08.2022

Os Plans de Códax detéñense hoxe no festival Latitudes, no Nachiños Fest e no Trece Roeis. Falamos con Salvador Sobral que ofrecerá un concerto xunto co pianista galego Abe Rábade. E lembramos a A Quenlla, historia viva do folk e a música tradicional galega. Repasamos ademais a oferta de música en directo para esta fin de semana en Galicia con escalas nas festas de Pontevedra, Vilagarcía, Boiro, B...

Listen to the Os Plans de Códax podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.