Curso Podcast Usc

O que hai que escoitar

Science GL ↓ 931 episodes

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.spreaker.com

Author

Curso Podcast Usc

Category

Science

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Sep 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 663 (29-2-24): Canto baleirarías o peto para loitar contra o cambio climático? 02.03.2024

(2:32) Lucia Martín Cacheda da MBG-CSIC estuda os compostos volátiles orgánicos que emiten as diferentes familias de plantas da pataca para alertaren ás súas veciñas cando son atacadas . (15:29) Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que...

Códices e tintas invisibles con Lucía Pereira [Versión estendida] 25.02.2024

Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titani...

Misterioso envelenamento por arsénico 25.02.2024

Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo.

Efer 662 (22-2-24): Arsénico, códices e mensaxes secretas 24.02.2024

(2:16) Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo. (17:30) Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos...

Toxoplasma e fraxilidade en anciáns con Blanca Laffon 17.02.2024

A catedrática de piscobioloxía da UdC Blanca Laffon cóntanos os posibles nexos entre o toxoplasma e a síndrome de fraxilidade das persoas maiores. Dous grupos da UdC realizaron un estudo con 600 voluntarios galegos e portugueses maiores de 65 anos. Atoparon que o 70 % tiñan sufrido toxoplasmose e que un maior número de anticorpos correlaciona con maior posibilidade de padecer a fraxilidade. Polo s...

Moda e química con Javier Sardina [Versión estendida] 16.02.2024

[Versión estendida] O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecidos, os vaqueiros,...

Efer 661 (15-2-24): A química crea a moda da túa roupa 16.02.2024

(3:26) Maite Vence lévanos de ruta científica pola Fisterra ornitolóxica (9:05) O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecid...

A neveira de Einstein 10.02.2024

A historia de como Einstein e Leo Szilard realizaron 45 patentes para construir unha neveira segura contada pola Avoa de Einstein.

Efer 660 (8-2-24): Materiais que respiran para arrefriar sen contaminar 10.02.2024

(1:57) Ruta Ordes a Conciencia de Observer Turismo Científico con Maite Vence. (8:10) É pouco coñecido que Einstein inventou un modelo de neveira. O principio físico no que se fundamenta é o mesmo que emprega na actualidade o grupo de química de sólidos da UdC para atopar refrixerantes que non contribúan ao efecto invernadoiro. Veñen de descubrir materias que respiran CO₂ e cambian de temperatura....

O sarampelo e os escribidores de contos [Historias de virus] 03.02.2024

O virólogo César Muñoz Fontela dedica unha das súas historias de virus ao sarampelo

Efer 659 (1-2-24): As casas do futuro son de madeira 02.02.2024

(1:45) Bibiana García Visos cóntanos que significa desde o punto de vista da ciencia a expresión "queimar calorías"(11:18) O único material de construción que cando se fabrica secuestra CO₂ é a madeira. Visitamos o CIS-Madeira en Tecnópole onde conversamos coa técnica deste centro Azahara Soilán e con Esther Merlo de Madera Plus. (40.40) O virólogo César Muñoz Fontela dedica unha das súas historia...

"t´", relato gañador de Inspiraciencia [versión estendida] 27.01.2024

[Versión estendida] Dramatizamos "t´", o relato gañador de INSPIRACIENCIA 13 na categoría de mozos. Conversamos coa súa autora Carla Dopazo e o psiquiatra Alexandre García Caballero.

Efer 658 (25-1-24): 30.000 anos de ululofilia 26.01.2024

(1:40) Levamos 30.000 anos enfeitizados con bufos e curuxas. Co investigador da Estación Biolóxica de Doñana Juan José Negro recorremos esta historia de fascinación con estas rapinas nocturnas que nos ha levar desde os neandertais, pasando por uns misteriosos gravados en lousas da idade de bronce ata Harry Potter. (36:43) Dramatizamos "t´", o relato gañador de INSPIRACIENCIA 13 na categoría de moz...

Códigos secretos nas cantigas de amor [Versión estendida] 19.01.2024

[Versión estendida] Xabier Ron estudou as claves secretas agochadas nas cantigas de amor da nosa lírica medieval galego-portuguesa. O seu traballo está recollido na monografía "A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itineraium ad dominan"

Efer 657 (18-01-24): A química das lúas conxeladas 19.01.2024

(3:01) Cristina Salgado quedou terceira na segunda edición do concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade" cun monólogo titulado "Diademas: artigo de moda na neurociencia". Salgado esta a facer o seu doutoramento en neurosicoloxía na USC co proxecto Oncodep. Este estudo é unha intervención con estimulación cerebral non invasiva e adestramento cognitivo para tratar a sintomatoloxí...

Efer 656 (11-01-24): Exército de terracota con Marcos Martinón 12.01.2024

(2:34) Javier Pedreira "Wicho" explicamos o fracaso do módulo lunar Peregrine da NASA e os atrasos do programa Artemisa. (12:20) Marcos Martinón é catedrático de ciencia arqueolóxica na Universidade de Cambridge. Os seus traballos teñen achegado luz sobre a intrahistoria da construción do exército de Terracota de Xi´an. Agora estuda como civilizacións sen reis, emperadores ou estado teñen desenvol...

Efer 655 (30-12-23): Un ano de ciencia, Parte II [Versión estendida] 02.01.2024

Segunda parte do programa especial cos achados do ano realizado con público no pub Airas Nunes de Santiago de Compostela. Contamos co piano ao vivo de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Leonor Parcero, Susana Ladra, Deborah García Bello, Nacho Munilla, César Goldi, Javier Pedreira Wicho, Xabier Pérez Couto, Julio Rodríguez López e Estíbaliz.

Efer 654 (28-12-23): Un ano de ciencia, Parte I [Versión estendida] 02.01.2024

Primeira parte do programa especial cos achados do ano realizado con público no pub Airas Nunes de Santiago de Compostela. Contamos co piano ao vivo de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Leonor Parcero, Susana Ladra, Deborah García Bello, Nacho Munilla, César Goldi, Javier Pedreira Wicho, Xabier Pérez Couto, Julio Rodríguez López e Estíbaliz Espinosa. Para debullar o achado do ano segundo S...

Efer 653 (23-12-23): Centenarios e Dieta Atlántica 02.01.2024

(2:12) Un terzo dos habitantes da terra non teñen acceso a auga potable. Conversamos con Moisés Canle (UdC) e Silvio David Aguilar (Universidad Técnica Particular de Loja, Ecuador) do novo método innovador ASDIS, unha desinfección solar avanzada con fotocatalizador. (12:25) Nas provincias de Lugo e Ourense temos taxas de poboación centenarias das mais altas do mundo. Terán que ver coa Dieta Altlán...

Attoquímica con Fernando Martín [Versión estendida] 02.01.2024

[Versión estendida] Debullamos o nobel de física concedido á tecnoloxía de pulsos de luz de attosegundos e as portas que abre cara a attoquímica con Fernando Martín, catedrático da UAM.

Efer 652 (14-12-23): Novas superbaterías 02.01.2024

(2:13) A Bitacora do Beagle de Julio Rodríguez comeza cunha nota de suicidio que sinala a un asasino inusual, unha bacteria transmitida por carrapatas. (12:36) Israel Temprano é investigador Beatriz Galindo na UdC onde está a poñer en marcha o Laboratorio de Investigación de Sistemas para a Transición Enerxética. Con el falamos das novas xeracións de baterías. (35:08) Estíbaliz Espinosa guíanos nu...

Efer 651 (30-11-23): Eduardo Sáenz de Cabezón, @edusadeci, amor pola aprendizaxe 02.01.2024

(3:08) Achegámonos ao IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia para conversar co matemático e divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón que vai pechar o congreso da Asociación de Ensinantes de Galicia ENCIGA (29:03) O catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo Benito Vázquez vén de gañar premio en ensino e divulgación da física da Real Sociedade Española de Física BBVA 2023. (42:57) Coñecemos o...

Efer 650 (23-11-23): Prismas 23 e IgNobel para as anchoas de Bueu 02.01.2024

(2:49) Un ano máis argallamos un faladoiro "prismático" cos gañadores dos premios Primas á divulgación dos Museos Científicos Coruñeses. Contamos con Julio Bernues, Almudena Martín, Laura Farré, Eugenia Angulo, Javier Armentia, José Edelstein, Elena Lázaro y Rogelio Sánchez Verdasco. (40:26) Un estudo atopa que actividade sexual nocturna das anchoas en augas de Bueu remexe efizcamente a columna de...

Efer 649 (16-11-23): A mercé das redes 02.01.2024

(2:31) Lluis Montoliu (CNB-CIS) debúllanos a nova da creación nun laboratorio chinés de monos quiméricos que naceron de dous embrións distintos. (24:43) Borja Tosar envíanos un telegrama planetario con información sobre a misión Osiris. (30:13) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears...

Efer 648 (9-11-23): Choiva extrema 02.01.2024

(1:34) Os papamoscas holandeses amosan como poden responder as especies ós desaxustes do cambio climático. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla xunto coas predicións ornitolóxicas. (14:47) Damián Insua do Laboratorio de Extremos Hidroclimáticos da Universidade de Gante explícanos como funcionan os ríos atmosféricos e as orixes das choivas extremas (41:07) Maite Vence lévanos de visita de turis...

Listen to the O que hai que escoitar podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.