Curso Podcast Usc

O que hai que escoitar

Science GL ↓ 915 episodes

Author

Curso Podcast Usc

Category

Science

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 668 (4-4-24): Desentrañar a electrónica orgánica 07.04.2024

(5:12) Estíbaliz Espinosa preséntanos o proxecto europeo Urban Travell Machines de poesía en planetarios creado por Philip Meersman. (14:17) Jaime Martín traballa en electrónica orgánica no campus industrial de Ferrol da UdC como investigador Oportunius da GAIN. A súa investigación é considerada de alto risco e impacto polo Consello Europeo de Investigación que lle concedeu un proxecto Consolidato...

Eclipse e cometa. Guía do ceo de primavera 24 con @astroxabi 07.04.2024

Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abirl e o cometa 12P/Pons Brooks. Inclúe tamén a intro do programa cunha reflexión sobre a oportunidade que pode significar para Galicia a eclipse total do 2026.

Efer 667 (28-3-24): Glicosa 06.04.2024

Coñecemos a algúns dos gañadores dos premios á investigación científica 2023 da Real Academia Galega de Ciencias (4:47) María Jesús González Rellan (Mount Sinai, Canadá) polos seus traballos na gluconeoxénese hepática. (37:39) Marcos Ortega Hortas (UdC) polo uso de técnicas de intelixencia artificial en imaxe médica. (32.07) Ímonos de ruta de turismo científico por Ancares e Courel con Maite Vence...

Protonterapia con Yolanda Prezado [Versión estendida] 26.03.2024

[Versión estendida] Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. Foto orixinal: Alejandro González García. CiMUS

Mate-glifos [Versión estendida] 26.03.2024

[Versión estendida] No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos. Foto orixinal da carát...

Efer 666 (21-3-24): O número 666 26.03.2024

(2:54) María José Mariño preséntanos o programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN). (7:55) Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. (29:06) No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal f...

Efer 665 (14-3-24): Frass, residuos de insectos para fertilizar o campo 16.03.2024

(2:27) Aprendemos mellor lendo en pantalla ou papel? Bitácora do Beagle de Julio Rodríguez. (13:45) A investigadora da UVigo María Gómez Brandón é especialista na ecoloxía microbiana dos solos. Gómez estuda como valorizar residuos agrícolas, por exemplo coa vermicompostaxe. Actualmente desenvolve unha investigación xunto co International Centre of Insect Physiology and Ecology de Kenia sobre o fra...

Efer 664 (7-3-24): Ouro azul do Congo no teu coche 09.03.2024

(2:23) O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos o efecto dos festivais de músicoa ao aire libre nas poboacións de paxaros. (11:09) Alejandro Rodríguez leva 10 anos organizando en Área Central de Santiago a maior feira de minerais da Península. (17:19) Darwin comezou sendo coleccionista. (18:56) En 2014 atopáronse de casualidade xacementos de cobalto na República Democrática do Congo. Agora sabemos...

Economia ambiental con María Loureiro [versión estendida] 04.03.2024

[Versión estendida] Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista...

Efer 663 (29-2-24): Canto baleirarías o peto para loitar contra o cambio climático? 02.03.2024

(2:32) Lucia Martín Cacheda da MBG-CSIC estuda os compostos volátiles orgánicos que emiten as diferentes familias de plantas da pataca para alertaren ás súas veciñas cando son atacadas . (15:29) Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que...

Códices e tintas invisibles con Lucía Pereira [Versión estendida] 25.02.2024

Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titani...

Misterioso envelenamento por arsénico 25.02.2024

Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo.

Efer 662 (22-2-24): Arsénico, códices e mensaxes secretas 24.02.2024

(2:16) Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo. (17:30) Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos...

Toxoplasma e fraxilidade en anciáns con Blanca Laffon 17.02.2024

A catedrática de piscobioloxía da UdC Blanca Laffon cóntanos os posibles nexos entre o toxoplasma e a síndrome de fraxilidade das persoas maiores. Dous grupos da UdC realizaron un estudo con 600 voluntarios galegos e portugueses maiores de 65 anos. Atoparon que o 70 % tiñan sufrido toxoplasmose e que un maior número de anticorpos correlaciona con maior posibilidade de padecer a fraxilidade. Polo s...

Moda e química con Javier Sardina [Versión estendida] 16.02.2024

[Versión estendida] O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecidos, os vaqueiros,...

Efer 661 (15-2-24): A química crea a moda da túa roupa 16.02.2024

(3:26) Maite Vence lévanos de ruta científica pola Fisterra ornitolóxica (9:05) O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecid...

A neveira de Einstein 10.02.2024

A historia de como Einstein e Leo Szilard realizaron 45 patentes para construir unha neveira segura contada pola Avoa de Einstein.

Efer 660 (8-2-24): Materiais que respiran para arrefriar sen contaminar 10.02.2024

(1:57) Ruta Ordes a Conciencia de Observer Turismo Científico con Maite Vence. (8:10) É pouco coñecido que Einstein inventou un modelo de neveira. O principio físico no que se fundamenta é o mesmo que emprega na actualidade o grupo de química de sólidos da UdC para atopar refrixerantes que non contribúan ao efecto invernadoiro. Veñen de descubrir materias que respiran CO₂ e cambian de temperatura....

O sarampelo e os escribidores de contos [Historias de virus] 03.02.2024

O virólogo César Muñoz Fontela dedica unha das súas historias de virus ao sarampelo

Efer 659 (1-2-24): As casas do futuro son de madeira 02.02.2024

(1:45) Bibiana García Visos cóntanos que significa desde o punto de vista da ciencia a expresión "queimar calorías"(11:18) O único material de construción que cando se fabrica secuestra CO₂ é a madeira. Visitamos o CIS-Madeira en Tecnópole onde conversamos coa técnica deste centro Azahara Soilán e con Esther Merlo de Madera Plus. (40.40) O virólogo César Muñoz Fontela dedica unha das súas historia...

"t´", relato gañador de Inspiraciencia [versión estendida] 27.01.2024

[Versión estendida] Dramatizamos "t´", o relato gañador de INSPIRACIENCIA 13 na categoría de mozos. Conversamos coa súa autora Carla Dopazo e o psiquiatra Alexandre García Caballero.

Efer 658 (25-1-24): 30.000 anos de ululofilia 26.01.2024

(1:40) Levamos 30.000 anos enfeitizados con bufos e curuxas. Co investigador da Estación Biolóxica de Doñana Juan José Negro recorremos esta historia de fascinación con estas rapinas nocturnas que nos ha levar desde os neandertais, pasando por uns misteriosos gravados en lousas da idade de bronce ata Harry Potter. (36:43) Dramatizamos "t´", o relato gañador de INSPIRACIENCIA 13 na categoría de moz...

Códigos secretos nas cantigas de amor [Versión estendida] 19.01.2024

[Versión estendida] Xabier Ron estudou as claves secretas agochadas nas cantigas de amor da nosa lírica medieval galego-portuguesa. O seu traballo está recollido na monografía "A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itineraium ad dominan"

Efer 657 (18-01-24): A química das lúas conxeladas 19.01.2024

(3:01) Cristina Salgado quedou terceira na segunda edición do concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade" cun monólogo titulado "Diademas: artigo de moda na neurociencia". Salgado esta a facer o seu doutoramento en neurosicoloxía na USC co proxecto Oncodep. Este estudo é unha intervención con estimulación cerebral non invasiva e adestramento cognitivo para tratar a sintomatoloxí...

Efer 656 (11-01-24): Exército de terracota con Marcos Martinón 12.01.2024

(2:34) Javier Pedreira "Wicho" explicamos o fracaso do módulo lunar Peregrine da NASA e os atrasos do programa Artemisa. (12:20) Marcos Martinón é catedrático de ciencia arqueolóxica na Universidade de Cambridge. Os seus traballos teñen achegado luz sobre a intrahistoria da construción do exército de Terracota de Xi´an. Agora estuda como civilizacións sen reis, emperadores ou estado teñen desenvol...

Listen to the O que hai que escoitar podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.