Curso Podcast Usc

O que hai que escoitar

Science GL ↓ 915 episodes

Author

Curso Podcast Usc

Category

Science

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 632 (19-4-23): Calor en nanoparticulas magnéticas contra tumores 19.07.2023

(2:37) Asistimos ao III obradoiro de nanopartículas magnéticas e hipertermia que organiza a Facultade de Física da USC e o Instituto de Materiais da USC (iMATUS). Conversamos con María del Puerto Morales, Carlos Rinaldi e David Serantes. Esta liña de investigación explora a introdución de nanopartículas magnéticas no corpo dos doentes que se quentan en presenza de campos magnéticos variables de ta...

Efer 631 (12-4-23): A vida secreta dos insectos 19.07.2023

(2:47) As bacterias coercitivas con Esteban Fernández Moreira. (16:19) A vida secreta dos insectos con Carlos Otero (entomólogo, profesor emérito "ad honoren" da USC) e Alberto Uría (asociación Corripa de Negueira de Muñíz).www.efervesciencia.org

Efer 630 (5-4-23): IA na prevención do suidicio 19.07.2023

(1:58) Dor de cabeza e menstruación con Laura Veiga, @PingandoG (10:55) e (20:31) A investigadora da UPF Barcelona School of Managment Ana Freire lidera un proxecto de prevención de suicidios e trastornos da conduta alimentaria nas redes sociais baseado na Intelixencia Artificial. (14:44) As calculadoras Casio de toda a vida agora falan galego. Cóntannolo Eloy Bernal (división educativa de Casio),...

Efer 629 (29-3-23): A maquinaria industrial da fraude científica 19.07.2023

(3:05) Cristina Candal é unha enfermeira que esta a facer o seu doutoramento na USC sobre a mala conduta científica. A fraude científica xa non é un fenómeno individual. As investigacións de Candal veñen cuantificar o peso das factorías de traballos científicos fraudulentos. (34:52) Resolvemos o concurso do instrumento misterioso que nos propuxo Pablo Carpintero a semana pasada. (38:46) Un comenta...

Efer 628 (22-3-23): Gaitas, xenes e evolución 25.06.2023

(0:23) Na introdución indagamos se a música é unha linguaxe universal da humanidade. (7:33) Xuntamos a un músico tradicional a un xenetista para falar de evolución, xenes, gaitas e música. Visitamos o obradoiro de fabricación de gaitas de Pablo Carpintero en Santiago. Pablo Carpintero é músico, artesán e investigador da historia das gaitas, pero tamén doutor en bioloxía. Na súa segunda tese de dou...

A que cheira o espazo? Con @EstibalizEs 25.06.2023

Incorporamos a Estíbaliz Espinosa á nosa tripulación de colaboradores. Preguntámonos, a que cheira o espazo?

Efer 627 (15-03-22): Consumirías auga reciclada? 25.06.2023

(3:19) Pablo López de GCiencia preséntanos o seu proxecto "Desmontando mitos". (12:46) Sergio Vila gañouo unha mención honorífica dos premios de Investigación Ernesto Viétez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores mozos. Nun traballo desenvolto en colaboración entre a facultade de sicoloxía da USC e o CRETUS-USC estudaron a percepción da poboación do uso da...

Efer 626 (8-3-23): Vaxinodiversidade animal 19.06.2023

(4:13) Clara Mendoza, investigadora de doutoramento do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC, participou na segunda edición de "Lanternas de Ciencia" achegando a súa visión de María Wonenburger. Tamén conversamos con Jaime Amaro da Unidade de Cultura Científica do IIM-CSIC. (14:55) As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoram...

Patricia Brenan, pioneira no estudo das vaxinas animais [Versión estendida] 26.04.2023

[Versión estendida] As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoramento. En Costa Rica observou unha parella de Tinamús, unha ave do Trópico, apareándose. A sorpresa foi que o macho tiña un pene de 40 centímetros. As preguntas comezaron decontado: aves con pene? E como son entón as vaxinas das femias? E así foi como Brennan adentro...

Efer 625 (1-3-23): Arqueoloxía computacional para estudar o megalitismo galego 23.04.2023

(2:36) Que foi antes a vaxina ou o clítoris, evolutivamente falando? Explícanolo Laura Veiga (@PingandoG). (13:58) O lidar, a IA e a arqueoloxía computacional son as ferramentas que están a revolucionar o estudo do noso pasado. Miguel Carrero Pazos é profesor axudante doutor de prehistoria na Universidade de Santiago e especialista no megalitismo galego. (42:31) Marcos Fernández Pichel (CiTIUS-USC...

Efer 624 (22-02-23): Ancora, no top 50 das startups mundiais 09.04.2023

(2:27) Inmaculada de Melo é catedrática de ética Médica do Weill Cornell Medical College de Nova Iork. Con ela conversamos sobre os efectos que achega a diversidade á produción da ciencia, e tamén cuestións de ética da reprodución. (27:04) Patricia Argerey, directora de GAIN, preséntanos o programa IGNICIA Proba de Concepto de transferencia de coñecemento. (38:15) Ancora é unha Spin-off da Univers...

Efer 623 (15-02-23): Arrecifes artificiais para a ría de Ares-Betanzos 06.04.2023

(2:54) Olalla López Costas da USC vén de gañar un proxecto europeo Consolidator Grant do ERC para o estudo da afectación nas persoas da contaminación por metais en Europa no período romano e medieval. (16:22) Un proxecto multidisciplinar coordinado por Luis Carral da Escola Politécnica de Enxeñaria de Ferrol da UdC recuperará os ecosistemas da ría de Ares- Betanzos con arrecifes artificiais fabric...

Efer 622 (8-2-23): A caza do meteorito de Traspena 06.04.2023

Algo pasou nos ceos galegos a noite do 18 de xaneiro de 2021 contra a 1:19 da madrugada. No "Pensando en ti" da Radio Galega os teléfonos empezaron a ferver con chamadas de testemuñas que reportaban unha luz de fogo na noite. O profesor da área de astronomía e astrofísica da USC Manuel Andrade Baliño iniciou ao día seguinte unha investigación científica que deu en atopar o primeiro meteorito galeg...

Biluricos e mazaricos [Paxaros na cabeza] 26.03.2023

Nacho Munilla cóntanos como se fai o censo de aves acuáticas invernantes de Galicia. Entre eles o bilurico e o mazarico, que teñen primos que atravesan o Himalaia.

Efer 621 (1-2-23): Desinformación científica 26.03.2023

(1:46) Nacho Munilla cóntanos como se fai o censo de aves acuáticas invernantes de Galicia. Entre eles o bilurico e o mazarico, que teñen primos que atravesan o Himalaia. (15:55) A socióloga Celia Díaz Catalán da Universidade Complutense de Madrid é coautora do "Informe sobre Desinformación Científica" da FECYT. Curiosamente a fonte máis confiable para a información científica é a radio, pero nece...

Efer 620 (25-1-23): Comer igual, resultados distintos: Nutrición de precisión con José Mª Ordovás 25.03.2023

(2:39) A sonda da ESA Juice vai estudar as lúas de xeo de Xúpiter. Cóntanolo Javier Pedreira "Wicho". (16:44) Poden comer dúas persoas exactamente o mesmo e ter consecuencias distintas? Si. O efecto da comida na saúde depende de quen a come: da súa idade, do seu sexo, da súa xenética, de como interaccionou a xenética co entorno, das bacterias que habitan no seu corpo, a chamada microbiota, e mesmo...

Diversidade na ciencia con Inmaculada de Melo [Versión estendida] 20.03.2023

Inmaculada de Melo é catedrática de ética Médica do Weill Cornell Medical College de Nova Iork. Con ela conversamos sobre os efectos que achega a diversidade á produción da ciencia, e tamén cuestións de ética da reprodución.

Ver os sinais de tráfico pola noite, os retrorreflectores [Ciencia para andar por casa] 20.03.2023

Podemos ver os sinais de tráfico pola noite grazas a que se deseñan como retrorreflectores. Cóntanolo Bibiana García Visos na súa ciencia para andar por casa

Efer 619 (18-1-23): Máquina do tempo para atrapar proteínas editoras de xenes con @LluisMontoliu 19.03.2023

(2:03) Podemos ver os sinais de tráfico pola noite grazas a que se deseñan como retrorreflectores. Cóntanolo Bibiana García Visos na súa ciencia para andar por casa (9:48) Para recuperar novas proteínas con capacidade CRISPR, de edición de xenes, un equipo de investigadores no que participou Francis Mojica fixeron unha viaxe nunha "maquina do tempo". Un dos asinantes do artigo en Nature Microbiolo...

A sorpresa arqueolóxica da Muradella 19.03.2023

No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun cairn do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqu...

Efer 618 (11-01-23): Mates e vida con Elena Vázquez Cendón, @ElenaVCendon 18.03.2023

(1:57) A decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón vén de gañar o Premio María Josefa Wonenburger pola súa carreira investigadora e o seu compromiso pola divulgación das matemáticas ao fronte de Estalmat-Galicia. Con ela falamos de Domingo Fontán, María Wonenburger e de matemáticas industriais. (29:55) Resolvemos unha pequena inocentada que deixaramos no aire no programa Efer 615 do...

Tres monólogos de ciencia en galego: Ciencia Calidade 12.03.2023

Coñecemos ós tres monólogos vencedores do concurso "Ciencia Calidade" na voz dos seus creadores: Antonio Cagide, Uxía Yáñez e David Garcíau Dios.

Relato inspiraciencia: O derradeiro canto 11.03.2023

Dramatizamos coas voces de Belén Regueira e César Goldi o relato "O derradeiro canto" de Abril Viqueira que resultou gañadora na categoría de escritores novos do concurso Inspiraciencia na edición de 2022.

Mapas visuais no cerebro 11.03.2023

O equipo de José Manuel Alonso, College de Optometría da Universidade do Estado de Nova York, vén de publicar en Nature Communmications un modelo de como se poden integrar no córtex cerebral os distintos mapas visuais que producimos cando vemos

Paisaxes sonoras para a saúde mental [Paxaros na cabeza] 11.03.2023

As paisaxes sonoras ricas en sons de paxaros poden axudar á saúde mental das persoas. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla.

Listen to the O que hai que escoitar podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.