Curso Podcast Usc
O que hai que escoitar
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.spreaker.com
Author
Curso Podcast Usc
Category
Podcast website
Latest episode
Sep 28, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Que gañan os investigadores coa divulgación? con @ScientiaJMLN 15.06.2016 16:56
Un investigador que escribe un blog de divulgación científica pode recibir retornos inesperados. Cando o bioquímco José Manuel López Nicolás visitou Santiago en 2014 para participar nunha charla de divulgación en EEEP-Compostela atopouse cunha solicitude de entrevista por parte de Ismael Martínez, responsable de proxectos de Feiraco. Martínez coñeceu a existencias as ciclodextrinas de Nicolás graz...
De como un auténtico Leeuvenhoek rematou en Galicia con Tomás Camacho 15.06.2016 24:16
O único microscopio Leewenhoek autentificado do mundo pertence á colección dos médicos Pallas-Camacho. Actualmente se exhibe no Museo de Historia Natural da USC xunto cun exemplar de Micrographia de Robert Hook. O doutor Tomás Camacho cóntanos como adquiriu esta xoia en e-bay pola que pedían 50 €. Unha historia fascinante onde as haxa. Tamén conversamos co restaurador de artesanía e instrumentos c...
Arbores fluorescentes no Circo de Bacterias 14.06.2016 11:53
Cos xenes dunhas bacterias fluorescentes é posible crear árbores que brillan na noite ou novos sistemas criptográficos. Novo Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira.
Efer 359 (12-6-16): O misterio do microscopio atopado na lama 12.06.2016 57:37
Contamos a incrible historia do microscopio atopado na lama, vendido en e-bay por 50€ e valorado como o mais valioso dos microscopios históricos. O coleccionista galego Tomás Camacho saltou do súa cadeira cando veu un lote de barateiras nunha poxa de e-bay. Agora é o propietario do único microscopio autentificado de Leeuwenhoek. No "Circo de bacterias" de Esteban Fernández Moreira coñeceremos como...
Leeuwenhoek en Entrevistas no Alén 12.06.2016 14:42
"Na miña boca hai mais seres vivos que en todos os Paises Baixos" Entrevistamos ao pai da microscopía en Entrevistas no Alén. A sección na que conversamos cos grandes investigadores de todos os tempos.
O ladrón de esperma 05.06.2016 4:04
Dramatización dun fragmento de "O ladrón de esperma" de Xavier Queipo. Este texto inpirouse na tese de doutoramento de Adolfo Cordero sobre o comportamento reprodutor e análise da selección sexual na libélula Ischnura graellsii (entrevista anexa)
Loita de sexos nas libélulas con Adolfo Cordero 05.06.2016 26:33
O comportamento sexual dos cabaliños do demo é tan fascinante que leva a investigadores como Adolfo Cordero - Laboratorio de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación da Universidade de Vigo - a viaxar por todo o mundo para estudalo. A guerra pola selección sexual non remata no coito, senón que despois poden pasar moitas cousas...
Regueifa de ciencia: Debemos cambiar o fuso horario? 05.06.2016 10:34
Avance da Regueifa de Ciencia: Debemos cambiar o fuso horario? A favor: José Mª Fernández Crehuet (ARHOE) e Francisco Jorquera (BNG). En contra: Jorge Mira (USC) e José Mª Matín Olalla (U. Sevilla).
"Atrapado nun cumulonimbo" con Bea Hervella 05.06.2016 12:18
A meteoróloga Bea Hervella de 4gotas.com cóntanos o estraño caso do piloto que quedou atrapado nun cumulonimbo e outras curiosidade meteorolóxicas
Efer 358 (5-6-16): Sexodiversidade 05.06.2016 57:37
Nesta edición coñeceremos a diversidade sexual das libeliñas da man do investigador da Universidade de Vigo Adolfo Cordero, saberemos do estraño caso dun home atrapado nunha nube con Bea Hervella de 4gotas.com e polemizaremos co fuso horario coas Regueifas de Ciencia.
Terapia de vangarda para as nosas mascotas 01.06.2016 26:11
As células nai adultas propias xa curan mascotas. Centauri Biotech é unha empresa de base tecnolóxica galega pioneira no emprego de terapia celular en saúde animal. Manuel Hermida e Luis Mariñas, fundadores de Centauri, explícannos casos de éxito de terapia con células nai, a necesidade de prescrición por parte dos veterinarios, e en que casos están indicadas.
A langostilla, mellor no prato 01.06.2016 6:45
Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando literalmente pola borda. No Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC o investigador Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro.
Buda, a lúa e o sesgo de publicación 01.06.2016 5:27
Un estudio suízo en Current Biology amosa "por primeira vez a existencia dun ritmo lunar no sono". Na actualidade hai centos de traballos - con mostraxes moi pequenas - que falan dos beneficios do mindfullnes. Sen embargo, hai algo que non cadra...
IBSEN simula o comportamento humano e ti podes participar 29.05.2016 13:35
Anxo Sánchez (Grupo de Sistemas Complexos da Carlos III) cóntanos que buscan voluntarios para experimentos on-line sobre economía simultáneos con miles de persoas. E ademais pagan! O proxecto IBSEN H2020 pretende crear un simulador do comportamento humano.
Efer 357 (29-5-16): As células nai xa curan á túa mascota 29.05.2016 57:56
Comezamos falando de Buda, a lúa e o sesgo de publicación. As células nai adultas propias xa curan mascotas, pero Manuel Hermida e Luis Mariñas de Centauri Biotech advirten que non son milagreiras. Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando pola borda. No @iim_csic o investigador Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro. Pódese deseñar un s...
A maior cámara do mundo busca a materia escura desde Teruel 28.05.2016 22:30
Ramón Iglesias Marzoa é astrónomo técnico no observatorio astrofísico de Javalambre en Teruel do Centro de Estudos de Física do Cosmos de Aragón. Desde alí van facer unha completa cartografía 3D do ceo para medir a enerxía escura. Para iso van empregar a maior "cámara fotográfica" xamais construída.
Carta ás estrelas, poema de Manuel Maria 24.05.2016 2:34
Carta ás estrelas de Manuel María na voz de Belén Regueira e con música do Juanjo Fernández Quinteto. Visto no blogue da Agrupación IO.
De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema [Ciencia e Cinema] 24.05.2016 12:58
Iniciamos sección de Ciencia e Cinema con Martin Pawley. A primeira entrega ten este suxestivo título "De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema. E de como o cinema axudou ao progreso da astronomía". Viaxaremos desde o revólver fotográfico de Janssen ata o filme "Barrabás" con eclipse incluída.
Cociña con Ciencia con Pepe Solla e Graciela Ramilo 24.05.2016 11:12
Estás listo para cociñar - con ciencia - con Pepe Solla? Cociñar non é outra cousa que facer química nun laboratorio que todos temos nas nosas casas, pero un factor que se nos esquece as veces é que debemos facelo con seguridade. E este é obxectivo do proxecto de divulgación "Cociña con Ciencia" do grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do IIM-CSIC con apoio da FECYT.
II andaiana pola esclerose múltiple [Axenda] 24.05.2016 1:30
Rosa Villar preséntanos a segunda carreira e andaina pola esclerose múltiple organizada pola Asociación Compostelana de EM
Novos e vellos virus con Carmen Rivas 24.05.2016 23:07
Que se coñece do ébola, zika e outros virus? Por que estamos agora máis expostos aos virus emerxentes? Conversamos coa viróloga do @cimususc Carmen Rivas que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes que dirixe César Muñoz Fontela en Hamburgo. Este laboratorio do Leibniz Institute for Experimental Virology é un dos poucos en Europa con nivel de biosegurida...
Efer 356 (22-5-16): Virus emerxentes 22.05.2016 58:24
Son os virus emerxentes unha moda ou un perigo real? Conversamos coa viróloga do @cimususc Carmen Rivas que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes que dirixe César Muñoz Fontela en Hamburgo. Este laboratorio do Leibniz Institute for Experimental Virology é un dos poucos en Europa con nivel de bioseguridade P4. A cociña é un laboratorio de química que to...
A ciencia de Superman con Borja Tosar 17.05.2016 13:59
Destripamos a ciencia de Superman con Borja Tosar. Atención á súa hipótese da vexiga voadora de enerxia escura do home de aceiro.
O negro na arte con Deborah García Bello 17.05.2016 10:55
Déborah García Bello cóntanos que é posible explicar toda a historia da arte co uso do negro en cada movemento artístico. Grazas á nanotecnoloxía agora dispomos do negro mais negro de todos os negros. Pero so un artista, Anish Kapoor, ten os dereitos en exclusiva para empregar esta cor...
Relato CQC 10: "Os segredos do Chii" 17.05.2016 6:41
Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “Os segredos do Chii” de Celia Duran. Primeiro premio na categoría de Público Xeral. Locución Anxo Quintela e Susana Rois
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.