Curso Podcast Usc
O que hai que escoitar
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.spreaker.com
Author
Curso Podcast Usc
Category
Podcast website
Latest episode
Sep 28, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Casting televisivo para "Científicas en Biomedicina" 16.05.2016 3:53
A miniserie de televisión "De maior quero ser científica" busca nenas e investigadoras. Esta miniserie pertence ao proxecto "Científicas en Biomedicina" coordinado pola investigadora do INIBIC Joana Magalhães
Nin Idade, nin Media con Antonia de Oñate 16.05.2016 24:06
A Idade Media considérase unha época da historia chea de sombras que apenas aportou nada á humanidade. Unha época de transición de 1000 anos? A historiadora Antonia de Oñate reflexiona criticamente sobre os mitos da Idade Media. Oñate tamén é directora xeral de "ARP-Sociedad para el avance del pensamiento crítico"
Efer 355 (15-5-16): Negro 15.05.2016 58:22
O cliente pode escoller o coche da cor que queira, sempre a cando sexa negro (Henry Ford) Déborah García Bello cóntanos que podiamos explicar toda a historia da arte co uso do negro en cada momento. Que obras se poderán facer con negro mais negro de todos? Asóciase á Idade Negra a uns séculos escuros. A historiadora Antonia de Oñate emprega o pensamento crítico para derribar tópicos sobre esta épo...
Efer 354 (8-5-16): Gala Ciencia que Conta 16 08.05.2016 56:44
Retransmitimos a gala de entrega de premios do concurso de relatos científicos "Ciencia que Conta" na súa oitava edición organizada polo grupo Divulgatia. Dramatizamos os relatos gañadores.
Relato CQC 16: 'O xenio que non foi figura' 08.05.2016 6:27
Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “O xenio que non foi figura” de Paula Xirasola (Paula Fernández Rodríguez) Primeiro premio na categoría de Público Xeral. Locución Anxo Quintela.
Relato CQC 16: "Ondiñas do mar de Vigo" 08.05.2016 7:39
Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “Ondiñas do mar de Vigo” de Mar Sola Sanmartín do IES Politécnico de Vigo. Primeiro premio na categoría de Bacharelato e Ciclos FP. Locución Belén Regueira.
Relato CQC 16: 'A ombros de xigantes' 08.05.2016 7:21
Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “A ombros de xigantes” de Manuel Francisco Lamela Gómez do Instituto Basanta Silva de Vilalba. Primeiro premio na categoría de Educación Secundaria Obligatoria. Locución César Góldi e Pepe Carreira.
Relato CQC 16: "O doador doado" 08.05.2016 2:59
Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “O doador doado” de Lucas López Sanmartín do CEIP de Ponte Sampaio. Primeiro premio na categoría de Educación Primaria. Locución Cristina García.
No Cajal Winter de Sanxenxo III 06.05.2016 4:27
Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).
No Cajal Winter de Sanxenxo II 05.05.2016 2:57
Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).
No Cajal Winter de Sanxenxo I 05.05.2016 2:48
Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).
Previa do xeolodía 16 03.05.2016 8:14
Falamos cos organizadores en cada provincia galega do "Geolodía 16", desde a visita ás "praias" da Fonsagrada ata o imperial monte Pindo, pasando polas Pozas de Melón e o campus da Universidade de Vigo. O "Geolodía" é unha iniciativa da "Sociedade Xeolóxica de España"
Todo sobre o tránsito de mercurio 03.05.2016 10:38
Na Guía do Ceo de maio de 2016 os nosos estreleiros Martin Pawley e Irene Baspino cóntannos todo o que hai que saber do vindeiro tránsito de mercurio do 9 de maio.
Efer 353 (1-5-16): Medindo a enerxía escura desde Javalambre 01.05.2016 57:54
#geolodía16 @CajalWinter2016 #observatorioJavalambre #tránsitomercurio
Polbos, espectadores vulnerables nas Cíes 26.04.2016 13:37
O documental "Un espectador vulnerable" recolle o traballo de estudo e protección dos polbos realizado no proxecto "Cefaparques". Documentase con imaxes por primeira vez casos de canibalismo en Octupus Vulgaris na natureza. No ámbito de protección defende a necesidade de crear zonas de reserva para a conservación deste e outros cefalópodos. Conversamos con Ángel Guerra, director do grupo de invest...
Criptografía para comparar listaxes de pasaxeiros 26.04.2016 6:17
É posible saber se un pasaxeiro sospeitoso vai voar en avión sen desvelar a listaxe de pasaxeiros? Si. Aplicando tecnoloxías criptográficas Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, vén de desenvolver unha ferramenta para compartir listaxes de pasaxeiros sen violar a privacidade dos mesmos.
Innovando: H2 Hydroponics 26.04.2016 7:14
Na ISS cultívanse leitugas mediante hidroponía. En Galicia temos empresas como H2 Hydroponics.
Parola con Xurxo Mariño e Iolanda Casal sobre a divulgación galega 26.04.2016 21:47
Dámoslle un repaso de arriba a abaixo a divulgación científica en Galicia da man do neurocientífico Xurxo Mariño e a xornalista Iolanda Casal, poñentes do último informe do Consello da Cultura Galega, que precisamente se dedicou a este tema.
Efer 352 (24-4-16): Radiografía á divulgación galega 24.04.2016 57:57
Neste programa íntegro facémoslle unha radiografía á divulgación científica en Galicia da man de Xurxo Mariño e Iolanda Casal, coñecemos o proxecto de conservación de cefalópodos Cefaparques, explicamos como se pode garantir a privacidade e seguridade dos pasaxeiros dos avións e ao tempo compartir listas de sospeitosos de terrorismo, e presentamos a unha empresa pioneira na hidroponía en Galicia.
Adianto "A Divulgación da Ciencia en Galicia" 19.04.2016 6:58
Xurxo Mariño convida aos oíntes de Efervesciencia á presentación do informe "A Divulgación da Ciencia en Galicia" no Consello da Cultura Galega
Premios de transferencia de tecnoloxía da RAGC 19.04.2016 6:16
O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, preséntanos os II Premios de Transferencia de Tecnología en Galicia.
Epixenética con Roberto Agis 19.04.2016 26:22
A epixenética é a ponte que une a xenética co medio. Por exemplo, só cunha dieta diferente actívanse 500 xenes nas abellas que acaban diferenciando ás raíñas das obreiras. Conversamos co neuroepixenetista Roberto Agís, investigador Ramón y Cajal no Instituto de Investigación Biomédica de Vigo.
Efer 351 (17-4-16): Un post-it sobre o xenoma 17.04.2016 42:46
Imaxinemos que lle damos a dúas persoas un mecano xunto coas súas instrucións. Nun dos manuais introducimos aleatoriamente post-it que non deixan ler parte do texto. Probablemente os resultados finais sexan diferentes aínda que partindo das mesmas instrucións. Dun xeito similar funciona a epixenética. Conversamos co neuroepixenetista Roberto Agís, investigador Ramón y Cajal no Instituto de Investi...
Emmy Noether en "Entrevisas no alén" 14.04.2016 14:06
Esta tarde en Efervesciencia contaremos coa raíña das simetrías, porque este é o único programa do mundo mundial que conta con liña directa co alén onde moran as mentes mais privilexiadas da historia mentres os seus corpos crían malvas dous metros baixo terra. Da nosa convidada dixo Albert Einstein que foi o mais significativo dos xenios matemáticos creativos desde que se estableceu a educación su...
Guia do ceo abril 16: Novidades en contaminación luminosa 10.04.2016 15:01
Retomamos a nosa Guía do Ceo cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley. Deste volta abordamos as novidades sobre contaminación luminosa en Galicia dos últimos meses
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.