Curso Podcast Usc

O que hai que escoitar

Science GL ↓ 931 episodes

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.spreaker.com

Author

Curso Podcast Usc

Category

Science

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Sep 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 365 (2-10-16): A que distancia están as estrelas? 02.10.2016

Está ben medida a distancia tradicional ás Pleaides? Que datos achega a misión Gaia? A astrófisica da UdC Minia Manteiga explícanos por que coñecer a distancia as estrelas máis próximas é imprescindible para todas ás áreas da astronomía. Agustín Agra gañou o último Inspiraciencia co relato "Déjà vu" que dramatiza maxistralmente César Goldi. Lluis Montoliu preséntanos o “Acordo de transparencia sob...

Quen era Julio Palacios? 28.09.2016

A curiosidade non matou o gato,senón que sen curiosidade atrofiamos un chisco a nosa mente. Curiosidade como a que tivo o investigador do Instituto de Quimica-Física Rocasolano do CSIC, Josep Mª Oliva cando se dedicou a revisalos números da revista Alemá Annalen der Physik do ano 1926 cando Schrodinguer, o do gato, publicou a fórmula da súa famosa ecuación da función de ondas. Entre estes artigos...

Helfgott, o matemático que deixou o campo base 28.09.2016

O matemático Harald Helfgott resolveu a conxetura feble de Goldbach que levaba aberta desde 1742. Agora xa é un teorema que di que todos os números impares pódense expresar por suma de tres números primos. Conversamos con Helfgott no reitorado da UDC en Coruña no I Simposio Julio Palacios.

Ordenadores cuánticos con Ignacio Cirac 27.09.2016

O ordenador cuántico non existe. Aínda. Pero o día que se consiga crear, os códigos criptográficos actuais, entre eles o da túa tarxeta de crédito, quedarán obsoletos. Na teoría sabemos como se podería construír unha desas máquinas - capaz de resolver problemas que se lle quedan grandes aos superordenadores actuais - pero na práctica os sistemas cuánticos se resisten a deixarse manipular. Un dos c...

Palabras pentavogálicas [A chave de cristal] 27.09.2016

Que é A Chave de Cristal? Entre outras cousas unha nova sección efervescente na que imos presentarvos enredos e adiviñas para facer pensar. Xosé Luis Veiga Goy é o mestre de cerimonias e nos deixa un reto para ir quentando neuronas apto para pequenos e grandes: Envíanos as túas frases con palabras pentavogálicas ás nosas redes ou a efervesciencia@gmail.com

Concurso de Tuinguels 27.09.2016

Manda un chío cunha letra pegadiza sobre a cultura científica para que se converta na nosa melodía #tuinguel Conversamos co compositor Manuel Riveiro e co director do coro Encaixe Manuel Abraldes que serán os encargados de converter os textos gañadores en auténticos jingles musicais. Prazo ata as 24 horas do 12 de outubro de 2016. Todas as bases en http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/concurso-de-...

Efer 364 (25-9-16): Palacios, Cirac e Helfgott 24.09.2016

Este verán celebrouse na Universidade de A Coruña o primeiro simposio internacional Julio Palacios. E ata alí levamos os nosos micros para conversar con mentes brillantes como o especialista en computación cuántica Ignacio Cirac ou o matemático Harald Helfgott que resolveu unha conxetura que levaba aberta desde 1742. Ademais tamén poremos a proba a vosa creatividade con dous concursos que inaugura...

O encrucillado da avoa [Promo verán 16] 23.07.2016

2 horizontal: Estado de grande excitación ou inquietude, de emoción viva, en que se atopa unha colectividade. Sabías que en verán temos sesión dobre efervescente na @radiogalega os sábados e domingos ás 15 h co mellorciño da tempada?

Efer 363 (10-6-16): Astronomía para gozar este verán 13.07.2016

Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley preséntannos desde o MUNCYT da Coruña 6 iniciativas de astronomía para todos os públicos para gozar do ceo este verán 2016. Coñecemos o labor do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director, Santiago Parra, e do axudante de investigación, Joaquín Valencia. Ana Latorre Pellicer - investigadora do grupo...

6 suxestións astronómicas para este verán [Guía do Ceo] 13.07.2016

Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley preséntannos desde o MUNCYT da Coruña 6 iniciativas de astronomía para todos os públicos para gozar do ceo este verán 2016.

Corbi Foundation con Luis Martínez 13.07.2016

O mecenado non é algo exclusivo das artes. Tamén na ciencias existen institucións privadas que fan achegas importantes ao mundo da investigación, como por exemplo a fundación Melisa e Bil Gates, ou mais preto de nós a Fundación Pascual Maragall. No MUNCYT da Coruña conversamos co neurocientífico Luís Martínez que é un dos impulsores de Corbi Foundation, unha nova fundación galega que quere impulsa...

De campaña co Oceanográfico da Coruña 13.07.2016

Coñecemos o labor do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director, Santiago Parra, e do axudante de investigación, Joaquín Valencia.

Xenomas sincronizados para envellecer ben 13.07.2016

Ana Latorre Pellicer - investigadora do grupo de medicina xenómica da USC - é a primeira asinante dun artigo que se ven de publicar esta semana en Nature. Neste traballo dan conta da importancia da "sincronización" entre os dous xenomas que portamos nas nosas células - o nuclear e o mitocondrial -cara a un mellor proceso de envellecemento.

Efer 331 (7-6-15): Biocerámicas de dentes de tiburón e outras historias de biomateriais 11.07.2016

Emprendemos unha viaxe fascinante desde os primeiros implantes dentais nos inicios da nosa época, ata os biomateriais de 3ª xeración que nos achegan á medicina rexenerativa da man da Rede Galega de Biomateriais.

Xuvenciencia en AMS Labs 06.07.2016

En AMS Labs realizan todo tipo de ensaios na roupa que vestimos para que chegue a nós sen fraudes, cumprindo a lexislación e as medidas de seguridade e saúde.

Xuvenciencia en Xenética Fontao 06.07.2016

Acompañamos á rapazada de Xuvenciencia na súa visita á empresa pública Xenética Fontao, de onde parten a maior parte das doses seminais de vacún que se venden en Galicia.

Efer 362 (3-8-16): Especial Xuvenciencia 03.07.2016

Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia ao Campus Científico de Verán Xuvenciencia en Lugo. Compartimos aventuras coa rapazada participante e visitamos con eles desde unha operación nun quirófano ata a selección de seme vacún en Xenética Fontao pasando por unha análise de calidade textil de AMS Lab.

Juno xa está as portas de xúpiter con @wicho 29.06.2016

Wicho cóntanos todos os detalles da misión Juno a Xupiter.

Invento para ver ben polo telescopio 29.06.2016

Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da USC.

Kit de argumentación con Blanca Puig e Christian Plantin 29.06.2016

Podemos vivir nun mundo sen abellas? Este un dos casos que propón ao alumnado Blanca Puig para ensinar a argumentar cientificamente na aula. Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e con Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2 e especialista en argumentación.

Efer 361 (27-06-16): Aprender a argumentar e razoar científicamente 27.06.2016

Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2, en como ensinar a argumentar en ciencias. Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da...

Ondas gravitacionais e o motor de curvatura con Alcubierre 20.06.2016

LIGO ven de descubrir a súa segunda onda gravitacional. O físico mexicano Miguel Alcubierre describiu en 1994 como poderíamos facer para surfear estas ondas gravitacionais e viaxar a velocidades hiperlumínicas ao máis puro estilo Star Trek.

Diabesidade con Sulay Tovar 20.06.2016

A epidemia actual de obesidade está moi relacionada co aumento de casos de diabetes II na pobuación. O grupo Diabesidade do CIMUS-USC que dirixe Sulay Tovar estuda os mecanismos que emprega o corpo para facer o balanzo enerxético e por que poden fallar.

Xuício á fonética forense con @mcatanzaro e Jordi Cicres 20.06.2016

Inocentes condenados por unha mala peritaxe de voz, técnicas forenses desfasadas, peritos sen formación,... o proxecto de investigación xornalística Hearing Voices expón as eivas da fonética forense ao longo do continente. Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra sobre que as posibilidades e limitacións desta dis...

Efer 360 (19-6-16): Culpable ou inocente por unha identificación de voz 19.06.2016

A identificación dunha voz nun xuízo está moi lonxe de ter a fiabilidade das probas de ADN. A investigación xornalística Hearing Voices pon enriba da mesa as limitacións e posibilidades da fonética forense. Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra. A epidemia actual de obesidade está moi relacionada co aumento de...

Listen to the O que hai que escoitar podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.