Curso Podcast Usc
O que hai que escoitar
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.spreaker.com
Author
Curso Podcast Usc
Category
Podcast website
Latest episode
Sep 28, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
"Previremos o alzheimer antes que curalo", conversa con Jordi Camí 14.11.2016 23:13
Jordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden cuestións éticas ás que cómpre dar resp...
O champú que escondía o I+D con @deborahciencia 14.11.2016 11:35
Déborah García Bello @deborahciencia amósanos como unha mala publicidade pode encubrir desenvolvementos en I+D contrastados e eficaces. Unha maxistral lección de como ver as cousas máis alá da primeira impresión.
Se non o vemos onde é que está o Aberrón? 13.11.2016 17:39
Antonio Martínez Ron presenta en Efervesciencia o seu libro "El ojo desnudo". A conversa realizámola nun lugar secreto cheo de sorpresas. Se afinas as orellas, estás atento as pistas e cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloAberron? ou cólgaa no noso facebook ata o 18 de novembro. Daremos pist...
Efer 371 (13-11-16): Dentro dunha cámara escura 13.11.2016 58:19
Analizaremos a protección que teñen os nosos datos xenómicos coa avogada Ana Marzo, saberemos do primeiro documental en cine mudo sobre a relatividade de Einstein con Martin Pawley, e exploraremos a historia da visión e a luz da man do xornalista científico Antonio Martínez Ron.
Crossover Efervesciencia-FalaMelide con Javier Cristobo 08.11.2016 15:41
Facemos un cruce de micros con Falamelide do IES de Melide, unha das radios escolares mais veteranas de Galicia. Xunto Inés, Elisa, Xanaia, Carlos, Carla, Ana e Paco entrevistamos ao director do Centro Oceanográfico de Xixón Javier Cristobo. Cristobo é o investigador español que ten participado en máis expedicións á Antártida.
Verne, o divulgador científico 07.11.2016 25:14
"Todo o que unha persoa poida imaxinar, outras poderano facer realidade" O xornalista e historiador Eduardo Rolland é un "verniano" ata a medula. Con el parolamos sobre o creador de "20000 leguas debaixo do mar", a súa visión da ciencia e os científicos e a súa relación con Vigo.
As mareas vermellas chegan a gran pantalla 07.11.2016 8:03
Tendemos a asociar ás mareas vermellas con episodios tóxicos, e non é así na maioría das veces. O equipo de Bioimaxe, xunto con Ardora SCG, mergúllanse nas nosas rías para producir o documental "Mareas Vermellas" que conta co asesoramento do investigador do IEO Francisco Rodríguez.
Estudan as cidades de bacterias que tes na boca 07.11.2016 9:56
Os biofilms que crean as bacterias nas nosas bocas son como cidades en miniatura. Se queremos probar a efectividade dos antisépticos orais non abonda, como agora, con ensaialos nunha cápsula petri. Cómpre facelo "in sito" instalando dispositivos na boca. A doutora Isabel Prada cóntanos que con este método os resultados difiren do que se coñecía ata agora.
Efer 370 (6-11-16): Pódese previr o alzheimer? 06.11.2016 58:19
Jordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden cuestións éticas ás que cómpre dar resp...
Innovador encapsulante de vidro de seguridade "made in Galicia" 30.10.2016 5:37
O premio de transferencia de tecnoloxía 2016 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de pemes recaeu en EVASA. Esta empresa fornece a mais de 20 países o polímero que se atopa entre os laminados dos cristais de seguridade. Conversamos con José María González Pardo, conselleiro delegado EVASA.
A invención do cristal de seguridade [radioteatro] 30.10.2016 5:48
Recreamos o descubrimento do cristal laminado de seguridade por Édouard Bénédictus en 1903
Detección de quorom contra placa dental 30.10.2016 7:11
O boicot da comunicación entre as bacterias é unha estratexia novidosa contra a placa dental. A microbióloga da USC Ana Otero coordina un proxecto multidisciplinar que explora esta vía, e que vén de recibir o premio 2016 de transferencia de tecnoloxía para grupos de investigación da Real Academia de Ciencias.
Efer 369 (30-10-16): Por que nos sigue fascinando Verne? 30.10.2016 56:55
"Todo o que unha persoa poida imaxinar, outras poderano facer realidade" O xornalista e historiador Eduardo Rolland é un "verniano" ata a medula. Con el parolamos sobre o creador de "20000 leguas debaixo do mar", a súa visión da ciencia e os científicos e a súa relación con Vigo. Tendemos a asociar ás mareas vermellas con episodios tóxicos, e non é así na maioría das veces. O equipo de Bioimaxe, x...
Axenda 368: Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world 27.10.2016 2:50
Na nosa axenda semanal destacamos o encontro "Crebeiros do mundo" que terá lugar no Ceida o 29 e 30 de outubro no CEIDA. Con Isabel García de RetoqueRetro.
A enxeñeira de sistemas do telescopio James Webb 26.10.2016 8:48
Desde Houston a enxeñeira de sistemas da NASA Begoña Vila cóntanos coa axuda da Axencia SINC todos os detalles do telescopio espacial James Webb, chamado a ser o substituto do Hubble.
Osos polares, formigas e nenos con Alba Aguión 26.10.2016 19:03
Visítanos Alba Aguión, a bióloga mariña gañadora do concurso de comunicación científica Famelab 2016. Coñecemos as súas investigacións e aventuras nas illas Svalbard e a importancia de comunicar ciencia aos mais pequenos.
Efer 368 (23-10-16): As cigarras son traballadoras 23.10.2016 58:18
Visítanos Alba Aguión, a bióloga mariña gañadora do concurso de comunicación científica Famelab 2016. Desde Houston a enxeñeira de sistemas da NASA Begoña Vila cóntanos coa axuda da Axencia SINC todos os detalles do telescopio espacial James Webb. Viaxamos ao Paris de 1903 para coñecer como o vidro de seguridade tivo a súa orixe nunha serendipia. Conversamos cos gañadores do Premio de Transferenci...
Efer 367 (16-10-16): A maxia da Noite Efervescente no observatorio de Cotobade convertida en radio 16.10.2016 54:49
Por cuarto ano os de Efervesciencia xunto cos nosos estreleiros argallamos unha noite de observación pública do ceo para todos. Acollidos pola Agrupación Sirio xuntámonos mais de 60 persoas no observatorio astronómico de Cotobade. Ademais de Sirio acompañáronnos os amigos da Agrupación IO e as asociacións Amipa da Comarca do Sar e Chamorro de Narón (Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con...
Cédric Villani e a arte das matemáticas 14.10.2016 7:38
As matemáticas son arte de dar o mesmo nome a cousas diferentes. Coñecemos as declaracións do matemático Cédric Villani na súa visita a Compostela no programa Conciencia, xunto con apuntamentos de Jorge Mira.
O oso cavernario sempre volve á cova materna 14.10.2016 10:56
Con Eva Rodríguez de SINC conversamos con Gloria Fernández Fortes da Universidade de Ferrara. A súas investigacións xenéticas veñen de descubrir a fidelidade dos extintos osos cavernarios ás súas covas natais.
Illantes topolóxicos con Joaquín Rossier #nobel16 13.10.2016 13:34
Certos estados da materia conducen a electricidade non en función da súa estrutura ou composición senón a súas propiedades matemáticas como o número de buratos que presentan. Joaquín Fernández Rossier, director do proxecto de "Spintrónica do Grafeno" do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL), preséntanos o nóbel de física que se lle concedeu a Thouless, Haldane e Kosterlitz.
Máquinas moleculares con Rosa Pedrido #nobel16 13.10.2016 11:21
A nosa colaboradora e profesora de química da USC Rosa Pedrido debúllanos o premio nobel de química 2016 concedido a Stoddart, Sauvage e Feringa polo desenvolvemento das máquinas moleculares.
Autofaxia con Ana Mª Cuervo #nobel16 13.10.2016 8:30
Ana Mª Cuervo é unha investigadora de referencia en autofaxia no Albert Einstein College of Medicine de Nova Iorque. Ela explícanos o nobel concedido a Yoshinori Ohsumi.
Efer 366 (9-10-16): Tres nóbeles e unha medalla Fields 09.10.2016 58:16
Debullamos os nóbeles de ciencia 2016 cos mellores especialistas: - Ana Mª Cuervo é unha investigadora de referencia en autofaxia no Albert Einstein College of Medicine de Nova Iorque. - Joaquín Fernández Rossier dirixe o proxecto de "Spintrónica do Grafeno" do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL) - A nosa colaboradora Rosa Pedrido, profesora de química da USC Con Eva Rodríguez de SINC conver...
Noite Efervescente e Astrogalicia 2016 07.10.2016 4:30
Presentamos a Noite Efervescente e o Astrogalicia 2016, dúas actividades de astronomía para todos que han ter lugar no observatorio astronómico de Cotobade da agrupación Sirio e no Náutico de Castrelo de Miño. Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan a Agrupación Astronómica IO e Sirio,e a Liga Provincial de Clubs...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.