Curso Podcast Usc
O que hai que escoitar
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.spreaker.com
Author
Curso Podcast Usc
Category
Podcast website
Latest episode
Sep 28, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Chagas en España, parasitos en Etiopía... desatendidas no mundo 26.12.2016 23:14
A médica Míriam Navarro traballa na loita integral contra o Chagas en España. Arancha Amor contra os parasitos en Etiopía. Alí teñen evidenciado a presenza de strongiloides, unha doenza esquecida ata na listaxe de enfermidades desatendidas da OMS. Ambas pertencen á Fundación Mundo Sano - coordinada en España por Juan José de los Santos con quen tamén falamos - que pula por un mundo sen enfermidade...
Efer 377 (25-12-16): As enfermidades desatendidas 26.12.2016 56:31
Un de cada seis habitante do noso planeta sofre unha doenza desatendida de doada solución médica. Coñecemos os traballos da fundación "Mundo Sano" da man do seu coordinador Juan José de los Santos. As médicos Míriam Navarro e Arancha Amor cóntannos o seu traballo de loita integral contra o chagas en España e a helmintiase en Etiopía, respectivamente. A farmacéutica Mafalda Soto (ponteensupiel.com)...
Catro xogos de tecnoloxía creativa para este nadal 21.12.2016 8:45
David Ballesteros recoméndanos catro xoguetes tecnolóxicos para agasallar estes días: desde a lupa USB ata a plastilina condutora. Creatividade para os mais inquedos da familia.
Seis visións da ciencia e da radio 21.12.2016 26:26
Conversamos cos participantes no "6 Obradoiro comunicar ciencia na radio" que organiza Efervesciencia. Unha interacción na ondas entre unha bióloga, unha avogada, unha psicóloga, un científica do mar, unha formadora e un biólogo.
Como evitar que cada ano che toque o mesmo amigo invisible 21.12.2016 3:54
Co enxeñeiro de telecomunicación da Universidade de Vigo Martín López Lores explicamos porqué todos os anos che toca regalar á mesma persoa no amigo invisible.
O videoxogo que analiza a empatía das túas expresións 21.12.2016 12:26
Co psiquiatra Alejandro García Caballero saberemos como un videoxogo pode axudar a expresar emocións a pacientes con esquizofrenia para mellorar as súas habilidades sociais. http://www.e-motionaltraining.com/
Efer 376 (18-12-16): A radio ten moita ciencia que contar 18.12.2016 56:30
Conversamos cos participantes no "6 Obradoiro comunicar ciencia na radio" que organiza Efervesciencia. Co psiquiatra Alejandro García Caballero saberemos como un videoxogo pode axudar a expresar emocións a pacientes con esquizofrenia. Con enxeñeiro de telecomunicación da Universidade de Vigo Martín López Lores explicamos por que todos os anos de toca a regalar á mesma persoa no amigo invisible. Da...
"Duelo en la Antártida" de Javier Cacho 14.12.2016 31:31
Da man de Javier Cacho reviviremos a epopea da conquista do Polo Sur. Cacho é físico, científico e escritor, e actualmente dirixe a Unidade de Cultura Científica do INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial). O noso invitado é o autor de “Amudsen-Scot: Duelo en la Antártida” editado por Fórcola. Por outro lado, Javier Cacho sabe de primeira man o que é ter pasado un inverno na Antártida… Lo...
Melodía de guitarra dentro e fóra cámara anecoica 12.12.2016 1:25
Para apreciar as diferenzas recoméndase o uso de auriculares. Xuntamos as dúas interpretacións de Esteban Vázquez do Preludio de Máximo Diego Pujol durante o programa Efer 375. A primeira dentro dunha cámara anecoica, e a segunda nun corredor.
Efer 375 (11-12-16): Talento na cámara anecoica 11.12.2016 56:24
O doutor enxeñeiro en telecomunciacións Martín López Nores é unha estrela da televisión chinesa polas súas capacidades resolvendo sudokus 3D a cegas e outros complicados problemas de enxeño. Coñecemos a súa historia grazas a talentogalego.com. E así foi como acabamos todos xuntos nunha cámara anecoica nun programa cheo de conexións e nexos inesperados.
"Coidar a pedra, coidar o patrimonio" con Benita Silva 07.12.2016 25:46
Podemos saber como vai envellecer unha pedra de granito? Está xustificada a limpeza da catedral de Santiago? Pode ser o remedio peor ca enfermidade? Que facer coa serradura das canteiras de granito? Agradable conversa con Benita Silva, coordinadora do Grupo de Estudios Medioambientais aplicados ao Patrimonio da USC, que leva décadas aplicando coñecemento para protexer as nosas "pedras".
Efer 374 (4-12-16): Os inimigos da pedra 04.12.2016 57:22
Para os galegos a pedra por excelencia é o granito. Esta rocha é a base de todo o noso patrimonio construído e ten varios inimigos naturais: os sales, as bacterias, os fungos,... O Grupo de Estudios Medioambientais aplicados ao Patrimonio da USC que dirixe Benita Silva leva décadas aplicando coñecemento para protexer as nosas "pedras". Conversamos con Jose Pérez Ledo, @mimesacojea sobre televisión...
De Schiaparelli a "Escacharreli" con @Wicho 04.12.2016 9:15
O noso espazotrastornado confeso Wicho de Microsiervos cóntanos o que hai atrás do accidente en Marte da sonda Schiapareli da ESA
'A burbulla da ciencia na tele pinchou' conversa con @mimesacojea 04.12.2016 14:43
Conversamos con José Pérez Ledo, @mimesacojea, sobre televisión, divulgación e escepticismo.
Como encher un lago con matemáticas, con Elena V. Cendón 27.11.2016 26:12
A simulación numérica permite solucionar problemas da industria, desde como encher o lago das Pontes ata o software co que os químicos estudan os seus compostos. Conversamos con Elena Vázquez Cendón, profesora do grupo de investigación en enxeñería matemática da USC. Coñecemos tamén os traballos dos matemáticos industriais Marcos Loureiro - Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur - e Sant...
Forest 112: Unha aplicación para salvar un bosque 27.11.2016 11:48
O proxecto de ciencia cidadá "Forest 112" proporciona unha ferramenta no noso móbil coa que podemos reportar nas nosas saídas ao campo especies invasoras e pragas. Cun pouco de práctica e coa axuda da aplicación aprenderemos a identificar a estes inimigos das nosas fragas. Conversamos con Javier Tabernero de Forest 112.
Participa nun experimento cuántico: The Big Bell Test 27.11.2016 12:48
Conspiran as partículas cando as medimos? Existe a acción fantasmagórica a distancia? Bohr ou Einstein? Marta García Matos do Instituto de Ciencia Fotónicas (ICFO) explícanos en que consiste o test de Bell e as súas implicacións filosóficas. No proxecto "The Big Bell Test" os xeradores de números aleatorios para realizar os experimentos de óptica cuántica han ser milleiros de voluntarios.
Efer 373 (27-11-16): Ciencia cidadá e mates industriais 27.11.2016 56:30
Grazas a ciencia cidadá a xente de a pé podemos achegar o noso pequena colaboración en proxectos de investigación de todo tipo. Nesta edición efervescente presentamos "Forest 112" - monitorización de pragas e especies invasoras nos nosos bosques - e "Big Bell Test" - xeración de números aleatorios para que laboratorios de óptica cuántica leven a cabo o test de Bell - Conversamos con Elena Vázquez...
Prismas 2016 [Parte 2] 24.11.2016 14:36
Segunda parte do especial Prismas 2016 desde a Domus con Angel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses) e co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao mellor programa de radio.
Prismas 2016 [Parte 1] 24.11.2016 24:34
Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016. Na primeira parte conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista "Astronomía", con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e con Ángel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses).
Solución #uloaberrón 24.11.2016 2:56
Desvelamos onde presentou Antonio Martinez Ron "Aberrón" o seu libro "El ojo desnudo"
Ultrasóns para chegar ao cerebro [SINC] 24.11.2016 9:48
Carlos Sierra da Universidade de Columbia en New York investiga en como microburbullas poden traspasar a barreira hematoencefálica do cerebro empregando ultrasons. Estas investigacións son unha ventá a poderen facer chegar fármacos a rexións específicas do cerebro. Unha nova da axencia SINC con Eva Rodríguez.
Están seguros os nosos datos xenómicos? Conversa con Ana Marzo 23.11.2016 17:49
Os datos xenómicos son especialmente sensibles, e non so nos afectan a nós senón tamén aos nosos familiares. Poden acceder as aseguradoras a eles? Pódense traspasar? Están ben custodiados actualmente? Están seguros na nube? Conversamos coa avogada especializada en propiedade intelectual e protección de datos Ana Marzo. Tamén coñeceremos o proxecto europeo Witdom no que participa Gradiant.
Ciencia no cine mudo: Einstein antes ca Betty Boop [Ciencia e Cinema] 21.11.2016 16:07
Einstein antes ca Betty Boop: de como o cinema divulgou ciencia de vangarda. Na segunda entrega da sección de Ciencia e Cinema de Martin Pawley descubrimos os documentais en cine mudo sobre relatividade e evolución de Max Fleischer. Pequenas xoias que tamén nos ensinan os riscos de divulgar os últimos descubrimentos.
Efer 372 (20-11-16): Especial Prismas 2016 20.11.2016 58:09
Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016. Conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista "Astronomía", con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.