Curso Podcast Usc
O que hai que escoitar
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.spreaker.com
Author
Curso Podcast Usc
Category
Podcast website
Latest episode
Sep 28, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O nobel Torsten Wiesel na Coruña 06.02.2017 9:30
Coñecemos ao premio nobel Torsten Wiesel e o director do laboratorio de Neurobioloxía da Universiadade Rockefeller Charles Gilbert ao seu paso pola Coruña invitados pola Fundación Corbi.
Por que debemos celebrar o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia? 06.02.2017 13:33
As investigadoras de materiais Verónica Salgueiriños (Universidade de Vigo) e Mª José Calderón (CSIC) explícannos os motivos polos que o 11 de febreiro é o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. www.11defebrero.org
Efer 383 (5-2-17): Educar para o mundo dixital 05.02.2017 56:54
Secuestramos a Javier Pedreira "Wicho" nun lugar secreto para a sección "Un autor, un libro, un espazo". Wicho non nos canta a Traviata pero si nos conta como é o libro que vén de coordinar "Los nativos digitales no existen". Falamos de como educar, acompañar e aplicar o sentido común na cultura dixital que nos toca vivir. Escoitamos tamén as intervencións de diferentes coautores do libro: @susana...
Desde onde presenta Wicho 'Los nativos digitales no existen'? 05.02.2017 27:43
Javier Pedreira "Wicho" presenta en Efervesciencia o seu libro "Los nativos digitales no existen" desde un lugar secreto. Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloWicho? ou cólgaa no noso facebook ata o 10 de febreiro. Daremos pistas todos os días. Secuestramos a Javier Pedreira "Wicho" nun l...
Confusións e timos ao redor da auga 01.02.2017 15:04
O catedrático de química-física da USC José Vázque Tato repasa casos históricos de mala ciencia relacionados coa auga, ademáis de varios timos que podemos atopar na rede, algúns deles surrealistas.
GCiencia desmonta unha agua alcalina milagreira 01.02.2017 11:05
Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalinas ten cero base científica.
Augas residuais: fonte de bioplásticos e enerxía, con Juan Lema Rodicio 31.01.2017 27:54
Con Juan Lema Rodicio - catedrático de enxeñería química da USC - repasamos a historia do tratamento de augas residuais. Desde a cloaca máxima dos romanos ata as posibilidades actuais da enxeñería ambiental. Os últimos desenvolvementos pescudan converter as depuradoras en biorefinerías da que podamos obter bioplásticos e todo tipo de materiais.
Efer 382 (29-1-17): Augas limpas, augas falsas e augas timo 31.01.2017 56:27
Monográfico dedicado ás augas. Co catedrático de enxeñería química Juan Lema Rodicio achegámonos á historia e presente da depuración da augas. Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalina ten cero base científica....
Que imos ter nos ceos en 2017? [Guía do Ceo] 23.01.2017 12:35
Os nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, cóntannos que nos imos atopar nos ceos no 2017: planetas, eclipses e ata misións espaciais.
Eloxio do horizonte con @deborahciencia 23.01.2017 11:58
Descubrimos o "Eloxio do horizonte" de Eduardo Chillida a través da ollada artística e científica de Deborah García Bello. Esta escultura está feita cun formigón aluminoso que non se pode utilizar en construción, pero aquí ten un sentido...
Estimulación cerebral non invasiva con Javier Cudeiro 23.01.2017 28:46
O noso encéfalo funciona con electricidade, e con técnicas como a estimulación magnética transcraneal é posible incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Desde o "Centro Tecnolóxico de Formación do INIBIC repasamos a historia das técnicas de estimulación cerebral non invasiva co catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña Javier Cudeiro....
Efer 381 (22-1-17): Estimulación cerebral con imáns 23.01.2017 55:31
O catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña, Javier Cudeiro, ven de poñer en marcha o Centro de Estimulación Cerebral non invasiva de Galicia. O noso encéfalo funciona con electricidade, e con técnicas como a estimulación magnética transcraneal é posible incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Deborah Garcia Bello, @dimetilsulfuro, e...
Unha cafeteira Nespresso, tecnoloxía punta para investigar solos 16.01.2017 12:35
Un equipo do departamento de Química Analítica da Universidade de Valencia ven de demostrar que unha simple cafeteira Nespresso pode extraer tan eficientemente contaminantes de solos como equipos que custan 50.000 €. Conversamos con Frances Esteve.
A vacina do Ébola é eficaz. E agora quen a fabrica? 16.01.2017 13:16
A revista Lancet deu a coñecer que a efectividade da vacina do Ébola probada en África Occidental é do 100%. Para debullar esta nova contamos con César Muñoz Fontela, director do laboratorio de virus emerxentes do Instituto Heinrich Pete (Hamburgo-Alemaña). Fontela traballa en África no terreo desde o Laboratorio Móbil Europeo e lanza unha pregunta inquietante: Quen vai asumir a fabricación da vac...
Poñer cancelas aos ríos. Inundacións con Jerónimo Puertas 16.01.2017 24:27
Con Jerónimo Puertas, catedrático de enxeñería hidráulica da UdC, conversamos sobre as causas das inundacións dos ríos galegos. Gaspar Broullón, produtor do filme documental "Esquece Monelos", cóntanos como unha cidade pode engulir un río.
As revolucións da papelfugadora 16.01.2017 5:13
A papelfugadora é unha centrifugadora operativa de moi baixo custe. En esencia é un disco de cartón e un fío que pasa polo seu centro que se fai xirar manualmente e que pode acadar as 125 000 rpm. Este invento da Universidade de Stanford é quen de separar o plasma sanguíneo en 90 segundos e illar os parasitos da malaria en 15 minutos.
Efer 380 (15-1-17): Inventos disruptivos e baratos 16.01.2017 56:24
A papelfugadora é unha centrifugadora operativa de moi baixo custe. En esencia é un disco de cartón e un fío que pasa polo seu centro que se fai xirar manualmente e que pode acadar as 125 000 rpm. Este invento da Universidade de Stanford é quen de separar o plasma sanguíneo en 90 segundos e illar os parasitos da malaria en 15 minutos. Cunha filosofía semellante un equipo da Universidade de Valenci...
Ilustraciencia no MUNCYT 11.01.2017 9:14
O MUNCYT da Coruña acolle ata finais de febreiro a exposición da cuarta edición de Illustraciencia, o premio internacional de ilustración científica. Conversamos co seu coordinador, Miquel Baidal.
Vera Rubin e a materia escura [Postal Planetaria] 11.01.2017 17:14
Postal Planetaria con Borja Tosar na que homenaxeamos á cosmóloga Vera Rubin que nos abriu os ollos ao 25% do universo conformado pola materia escura. Malia transcendencia do seu achado Vera non chegou a gañar o premio Nobel.
As proteínas delatan ao anisake 11.01.2017 6:14
Conversamos con Mónica Carrera, investigadora do IIM-CSIC no grupo de Química de produtos mariños, e membro do equipo que ven de ser distinguido co Premio de Investigación Erenesto Vietez 2016 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) polo seu método de detección rápida de anisake.
Paleoclimatoloxía na Patagonia 11.01.2017 19:50
A investigadora Marta Pérez estudou no Lago Hambre da Patagonia a produtividade de algas verdes e diatomeas e atopou que son bos indicadores do clima do hemisferio sur no holoceno. Estes rexistros coinciden coa información que achegan as testemuñas de mercurio e as datacións cosmoxénicas. Marta Pérez, do grupo Ciencia do Sistema Terra da USC, pescuda en lagos e turbeiras de todo o mundo a presenza...
Efer 379 (8-1-17): Testemuñas climáticas 10.01.2017 56:16
Marta Pérez, do grupo Ciencia do Sistema Terra da USC, pescuda en lagos e turbeiras de todo o mundo a presenza de mercurio. No Lago Hambre da Patagonia estudou a produtividade de algas verdes e diatomeas e atopou que son bos indicadores do clima do hemisferio sur no Holoceno. Estes rexistros coinciden coa información que achegan as testemuñas de mercurio e as datacións cosmoxénicas. Con Borja Tosa...
Efer 378 (1-1-17): Un ano de ciencia nunha hora de radio 02.01.2017 57:37
Programa especial de aninovo no que que entre canción e canción repasamos o mellor do ano no mundo da ciencia. Entrevistamos á portavoz de LIGO Gabriela González, investigadora do ano segundo Nature, a "espías das ondas gravitacionais". Participan César Goldi, Deborah García Bello, Borja Tosar, Xosé Luís Veiga Goy, David Ballesteros e José Edelstein.
Con Gabriela González de LIGO, a investigadora do ano 01.01.2017 23:06
A listaxe de Nature das 10 figuras máis importantes no mundo da ciencia en 2016 está encabezada pola física arxentina Gabriela González. Gabriela González, a "espía da gravidade" segundo Nature, é a portavoz de LIGO, o experimento que en 2016 iniciou a astronomía das ondas gravitacionais. Conversamos con Gaby González da man do físico e divulgador da USC José Edelstein e coa participación tamén do...
Albinismo: desde el Kilimanjaro hasta al CRISPR 29.12.2016 26:21
A farmacéutica Mafalda Soto (ponteensupiel.com) impulsa en Tanzania o proxecto Kilimanjaro Suncare, Kilisun. A parte mais visible é a produción dun protector para as persoas con albinismo africanas, pero hai moito máis. Mafalda Soto conversa co experto en albinismo Lluís Montoliu, investigador científico do CSIC no Centro Nacional de Biotecnoloxía. O grupo de Montoliu ten achegado importante coñec...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.