Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30h - Venres, 12 de maio de 2023 12.05.2023

Noticias 13.30h no que lles contamos todos os detalles do inicio da campaña para as eleccións municipais do próximo 28M. Tamén, todas as citas de lecer para a fin de semana e amplia crónica do deporte para estes días.

Noticias 13.30h - Xoves, 11 de maio de 2023 11.05.2023

Noticias 13.30h no que lles contamos a presentación do festival MUMI que se celebrará en setembro. Tamén, toda a programación da Feira de Artesanía de Tui, as últimas novas da precampaña, citas e o deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 10 de maio de 2023 10.05.2023

Tempo de Noticias 13.30h para contarlles a aprobación definitiva por parte do Goberno de España do Plan de Sostibilidade Turística en Destino para Tui. Tamén falamos do plan Cultiva a Mente, da visita do alumnado da Galiña Azul á biblioteca tudense, precampaña, citas e o deporte.

Noticias 13.30h - Martes, 9 de maio de 2023 09.05.2023

Tempo de Noticias no que lles contamos que Tui volverá a ser plató de cine coa gravación da segunda película de Cuñados. Tamén, a presenza da Unidade de Coidados Porta a Porta na comarca, a precampaña, citas e o deporte local.

Noticias 13.30h - Luns, 8 de maio de 2023 08.05.2023

Noticias 13.30h no que lles contamos as tarefas de inspección que o Consorcio de Augas do Louro está a realizar no Miño cun dron subacuático, diversos investimentos para Tui e a comarca, a precampaña política, citas e toda a crónica do deporte.

Noticias 13.30h - Venres, 5 de maio de 2023 05.05.2023

Noticias 13.30h no que damos conta do concerto solidario "Fogares Sanxe na música" que mañá se celebra en Tui, abrimos páxina de información de precampaña, as citas e os encontros deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30h - Xoves, 4 de maio de 2023 04.05.2023

Neste tempo de noticias 13.30h damos conta dos datos de paro do mes de abril na comarca, de peregrinación do pasado mes e recollemos as citas culturais. Damos conta tamén do deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 3 de maio de 2023 03.05.2023

Noticias 13.30h no que lles contamos os datos de turistas e peregrinos que pasaron pola Oficina de Turismo de Tui o pasado mes. Tamén falamos da precampaña política na cidade e na comarca, as citas e todo o deporte local.

Noticias 13.30h - Martes, 2 de maio de 2023 02.05.2023

Tempo de Noticias 13.30h para contarlles o investimento de 2 millóns de euros que Tui recibirá para o seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino. Tamén, o balance do Plan Integrado de Emprego de Tui, precampaña, citas e todo o deporte.

Noticias 13.30h - Venres, 28 de abril de 2023 28.04.2023

Tempo de Noticias no que lles contamos o pleno ordinario que onte celebrou a corporación de Tui. Tamén, todas as citas para esta longa fin de semana: o Play-Doc, festas populares e gastronómicas, roteiros, música e todas as citas do deporte.

Noticias 13.30h - Xoves, 27 de abril de 2023 27.04.2023

Tempo de Noticias 13.30h no que recordamos o pleno ordinario desta tarde en Tui, o corte de tráfico na A55, unha nova xornada de Play-Doc, a donación da bibliografía de Daniel Domínguez, o ingreso de Rosendo Bugarín na Real Academia de Mediciña, as citas e o deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 26 de abril de 2023 26.04.2023

Noticias 13.30h nas que damos conta da lista oficial das candidaturas que concorren ás próximas eleccións do 28 de maio, do inicio do Play-Doc hoxe en Tui e da operación antidroga do Grupo ECO Galicia da Garda Civil, entre outros asuntos.

Noticias 13.30h - Martes, 25 de abril de 2023 25.04.2023

Noticias 13.30h deste martes 25 de abril de 2023 para contarlles o detalle do pleno ordinario do concello de Tui deste xoves. Tamén, un novo corte de tráfico na A55 en Randufe e a previa do festival Play-Doc que arrinca mañá.

Noticias 13.30h - Luns, 24 de abril de 2023 24.04.2023

Noticias 13.30h para contarlles a previa do festival Play-Doc, que arrinca este mércores en Tui. Tamén, a detención por parte da Policía Local de Tui dun varón por tres presuntos delitos contra a seguridade viaria, citas e todo o deporte.

Noticias 13.30h - Venres, 21 de abril de 2023 21.04.2023

Tempo de Noticias 13.30 h onde damos conta da presentación do Play-Doc, da doazón da biblioteca de cine de Daniel Domínguez a Tui e abordamos as citas e os encontros deportivos da fin de semana, entre outros asuntos.

Noticias 13.30h - Xoves, 20 de abril de 2023 20.04.2023

En Noticias 13.30 h destacamos hoxe a solicitude de ACITUI para ir aconcurso de acreedores voluntario, o fin do prazo da XXV Feira de Artesanía e as actividades do Play-Doc, as citas da xornada e o deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 19 de abril de 2023 19.04.2023

Tempo de Noticias 13.30h no que lles contamos os diversos avisos de tráfico en Tui, a representación da cidade no Consello da Infancia e a asemblea extraordinaria de ACITUI de hoxe. Tamén, a información comarcal, política, cultural e deportiva desta xornada.

Noticias 13.30h - Martes, 18 de abril de 2023 18.04.2023

Tempo de Noticias 13.30 deste martes 18 de abril para contarlles as obras que o MITMA xa está a relizar na A55 á altura de Randufe e que cortarán un carril até xuño. Tamén, o balance de dez días de festas por San Telmo, o acto de irmandamento de Tui con Versmold, citas e o deporte.

Noticias 13.30h - Venres, 14 de abril de 2023 14.04.2023

Noticias 13.30h no que repasamos polo miúdo toda a programación festiva da fin de semana grande das Festas de San Telmo. Tamén contamos as últimas noticias en clave política e de precampaña, as citas no resto dos concellos da comarca e todo o deporte local.

Noticias 13.30h - Xoves, 13 de abril de 2023 13.04.2023

Noticias 13.30h no que damos conta da desmontaxe das ruínas dunha casa situada na rúa Martínez Padín, das citas de hoxe de San Telmo, a actualidade da comarca e o deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 12 de abril de 2023 12.04.2023

Noticias 13.30h no que lles contamos as obras de desmontaxe das ruínas na rúa Martínez Padín. Tamén, as actividades de hoxe nas Festas de San Telmo, os últimos detalles do Play-Doc e as datas do MUMI, a información dos concellos da comarca, as citas e o deporte local.

Noticias 13.30h - Martes, 11 de abril de 2023 11.04.2023

Noticias 13.30h deste martes 11 de abril no que detallamos a programación das Festas de San Telmo para o día de hoxe. Tamén, o descontento da veciñanza de Riomuiños polo aparcamento, a conmemoración do Día Mundial do Párkinson con distintas iniciativas, citas e deporte local.

Noticias 13.30h - Luns, 10 de abril de 2023 10.04.2023

Noticias 13.30h no que lles contamos a crónica do inicio das Festas de San Telmo co pregón, exposicións, actos e moita música. Tamén abrimos páxina de información dos concellos da comarca, citas festivas e culturais para estes días e o deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 5 de abril de 2023 05.04.2023

Noticias 13.30h para contarlles os datos do paro do mes de marzo, información política coa presentación da candidatura do BNG en Tui, as citas para estes días festivos de Semana Santa e San Telmo e todo o deporte local.

Noticias 13.30h - Martes, 4 de abril de 2023 04.04.2023

Neste tempo de Noticias 13.30h damos conta do investimento de máis de 770 mil euros que o Concello de Tui recibirá do PIREP para a rehabilitación do Teatro Principal. Tamén falamos doutros investimentos en Tui e na comarca, amais da páxina de precampaña, citas e deporte.

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.