Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30 h - Luns, 19 de xuño de 2023 19.06.2023

A constitución das novas corporacións municipais é unha das novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta da actualidade de Tui e da comarca e os resultados deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30 h - Venres, 16 de xuño de 2023 16.06.2023

Mañá sábado constitúense as novas corporacións municipais. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Repasamos as diversas citas da fin de semana en Tui e na comarca, e tamén as as novas deportivas.

Noticias 13.30 h - Xoves, 15 de xuño de 2023 15.06.2023

Ás sete desta tarde terá lugar no Concello de Tui unha reunión informativa sobre a modificación puntual do PXOM en San Bartolomeu. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde damos conta tamén do inicio das obras de humanización a rúa Lugo de Tui o próximo luns, recollemos tamén outras novas da actualidade, as citas e a información deportiva.

Noticias 13.30 h - Mércores, 14 de xuño de 2023 14.06.2023

A celebración do último pleno da corporación municipal actual en Tui, as sancións das infraccións na rúa, as citas da xornada e o deporte protagonizan hoxe a actualidade en Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h - Martes, 13 de xuño de 2023 13.06.2023

O pleno extraordinario que celebra mañá a corporación municipal de Tui, o acordo entre o BNG e o PSOE no Rosal, os datos do paro en Tui ou a celebración de Aloiada 2023 centran as Noticias 13.30 h de hoxe martes.

Noticias 13.30 h - Luns, 12 de xuño de 2023 12.06.2023

Neste Noticias 13.30 h damos conta do foro sobre mobilidade transfronteiriza que se celebrará en Tui a próxima semana. Tamén damos información de sucesos, citas da xornada e os éxitos deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30 h - Venres, 9 de xuño de 2023 09.06.2023

Neste tempo de información demos conta do fin da rolda de conversas postelectorais en Tui, do que foi a mañá na segunda xornada do Congreso EducODS, das citas da fin de semana e da información deportiva.

Noticias 13.30 h - Xoves, 8 de xuño de 2023 08.06.2023

O remate hoxe da rolda de conversas post electorais en Tui, a inauguración do II Congreso EducODS, as citas da xornada e o deporte marca a actualidade deste Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h - Mércores, 7 de xuño de 2023 07.06.2023

En Noticias 13.30 h de hoxe damos conta da recepción aos equipos alevín e benxamín do Tyde que participarán no Torneo Internacional de Versmold e damos os detalles do III Congreso EducODS, entre outras novas.

Noticias 13.30 h - Martes, 6 de xuño de 2023 06.06.2023

O cambio de emprazamento do III Congreso EducODS, as case 250 propostas artísticas presentadas para participar nos showcases do MUMI 2023 e o desvío de tráfico na autovía centran a actualidade deste martes 6 de xuño.

Noticias 13.30 h - Luns, 5 de xuño de 2023 05.06.2023

Este mediodía gardouse un minuto de silencio diante da casa do concello en repulsa polo asasinato machista de Ana Vanesa esta fin de semana en Oia. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h, xunto á publicación do censo electora para o 23X, as citas do día e os resultados deportivos da fin de semana con nomes propios coma o de Manu Garrido e David Fernández.

Noticias 13.30h - Venres, 2 de xuño de 2023 02.06.2023

Os datos do paro, que baixa na comarca, e as cifras de turistas e peregrinos do mes de maio en Tui abren este tempo de Noticias 13.30h. Tamén contamos as variadas propostas de lecer e cultura para esta fin de semana e todo o deporte.

Noticias 13.30h - Xoves, 1 de xuño de 2023 01.06.2023

Neste informativo seguimos analizando a situación de gobernabilidade dos concellos da comarca logo dos comicios municipais. Tamén falamos do Congreso Educativo EducODS que acollerá Tui, distintas citas na comarca e todo o deporte.

Noticias 13.30h - Mércores, 31 de maio de 2023 31.05.2023

Neste tempo de Noticias 13.30h abordamos a actualidade política tras os comicios nos concellos do Baixo Miño. Tamén, outras novas que falan de investimentos, iniciativas culturais e de lecer, citas e todo o deporte local.

Noticias 13.30h - Martes, 30 de maio de 2023 30.05.2023

En Noticias 13.30h falamos do escenario político en Tui cos 4 candidatos con representación logo das eleccións do pasado domingo. Tamén damos conta do simulacro da Armada no Miño, das citas e do deporte local.

Noticias 13.30h - Luns, 29 de maio de 2023 29.05.2023

Os resultados das eleccións municipais en Tui e nos concellos do Baixo Miño centran boa parte deste informativo. Tamén contamos outras novas da actualidade, citas e toda a crónica do deporte da fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 26 de maio de 2023 26.05.2023

Noticias deste venres 26 de maio no que lles contamos todos os detalles e as novas do peche de campaña electoral en Tui e no Baixo Miño. Tamén, as citas de lecer para esta fin de semana e unha ampla páxina de deportes.

Noticias 13.30h - Xoves, 25 de maio de 2023 25.05.2023

Noticias 13.30h no que lles contamos as últimas novas da campaña electoral en Tui e no Baixo Miño. Tamén, distintos investimentos na comarca, propostas de formación, citas e o deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 24 de maio de 2023 24.05.2023

Tempo de Noticias 13.30h no que lles contamos a crónica do debate electoral cos candidatos e candidata en Tui que onte celebrou esta emisora. Tamén, a homenaxe en Paramos, a celebración do Día dos Parques no Aloia, citas e o deporte.

Noticias 13.30 h - Martes, 23 de maio de 2023 23.05.2023

Noticias 13.30h no que lles contamos as últimas novas en clave electoral en Tui e na comarca do Baixo Miño. Tamén, a homenaxe que esta tarde terá lugar en Paramos logo de cinco anos da explosión pirotécnica, as citas e o deporte local.

Noticias 13.30h - Luns, 22 de maio de 2023 22.05.2023

Tempo de Noticias 13.30h no que lles contamos toda a actualidade en clave política e de campaña, facendo cobertura dos distintos mitíns celebrados e da información de campaña dos partidos en Tui e na comarca. Tamén, sucesos, citas e o deporte.

Noticias 13.30h - Venres, 19 de maio de 2023 19.05.2023

Tempo de Noticias 13.30h para detallarlles a crónica do oitavo día de campaña electoral, coas novas de Tui e dos concellos da comarca. Tamén, a intensa fin de semana en citas culturais e de lecer e todo o deporte local.

Noticias 13.30h - Xoves, 18 de maio de 2023 18.05.2023

Tempo de Noticias 13.30h para dar conta da actualidade da campaña electoral e máis información política. Tamén facemos balance do Día das Letras Galegas, as citas do día e a información deportiva.

Noticias 13.30h - Martes, 16 de maio de 2023 16.05.2023

Tempo de Noticias 13.30h para contarlles a actualidade da campaña electoral de Tui. Tamén recollemos as propostas e actos que mañá se celebran na cidade e na comarca co gallo das Letras Galegas e as novas do deporte local.

Noticias 13.30h - Luns, 15 de maio de 2023 15.05.2023

Noticias 13.30h no querecollemos a crónica da cuarta xornada de campaña electoral, tamén a doazón de mapas recibidos polo concello de Tui por parte dun veciño, a XXIV Feira do Libro e toda a crónica do deporte.

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.