Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30h - Luns, 3 de abril de 2023 03.04.2023

Noticias 13.30h deste luns 3 de abril para contarlles que Tui conta dende o sábado co novo servizo nocturno da Policía Local. Tamén, as actuacións na travesía de San Domingos, investimentos nos concellos do Baixo Miño, as citas e os resultados deportivos.

Noticias 13.30h - Venres, 31 de marzo de 2023 31.03.2023

Noticias 13.30h deste vernres 31 de marzo no que repasamos toda a programación das Festas de San Telmo logo da presentación que tivo lugar este mediodía no concello. Tamén, a actualidade da comarca e as citas culturais e deportivas da fin de semana.

Noticias 13.30h - Xoves, 30 de marzo de 2023 30.03.2023

Noticias 13.30h para contarlles as dúas presentacións que tiveron lugar hoxe en Tui: a Festa do Meixón e o novo Club Náutico Inclusivo Baixo Miño. Tamén, a actualidade dos concellos da comarca, as citas culturais e de lecer e todo o deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 29 de marzo de 2023 29.03.2023

Noticias 13.30h para contarlles máis programación das Festas de San Telmo, coa Festa do Meixón e máis citas gastronómicas. Tamén, o investimento dun millón de euros na Guarda para o seu Plan de Sostibilidade Turística, citas culturais e o deporte.

Noticias 13.30h - Martes, 28 de marzo de 2023 28.03.2023

Noticias 13.30h para contarlles o proceso de selección da empresa PEPCO, que abrirá tenda no Outlet. Tamén falamos de compostaxe, avanzamos a información sobre o II Encontro de Viños da Raia a primeira fin de semana das festas de San Telmo, as citas e o deporte.

Noticias 13.30h - Luns, 27 de marzo de 2023 27.03.2023

Noticias 13.30h no que lles contamos a sinatura entre o concello de Tui e Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a recuperación da desembocadura do Caselas, a programación da xornada 'Mulleres Conectadas', as citas e todo o deporte local da fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 24 de marzo de 2023 24.03.2023

Noticias 13.30h no que lles contamos os actos que proseguen en Tui polo 8M, falamos de Compostaxe e a campaña de seguimentos de composteiros e das distintas informacións dos concellos do Baixo Miño. Tamén, as citas e o deporte local da fin de semana.

Noticias 13.30h - Xoves, 23 de marzo de 2023 23.03.2023

Noticias 13.30h deste xoves 23 de marzo para ampliar o programa da Semana Santa de Tui, o balance de peregrinos do pasado mes de febreiro, distintas achegas para concellos do Baixo Miño, citas para estes días e o deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 22 de marzo de 2023 22.03.2023

Noticias 13.30h no que lles contamos as tarefas de limpeza das rúas afectadas e distintas actuacións polos incendios na madrugada do pasado luns en Tui. Tamén, a presentación da Semana Santa tudense, citas para estes días e o deporte local.

Noticias 13.30 h - Martes, 21 de marzo de 2023 21.03.2023

En Informativos 13.30 h deste martes 21 de marzo recollemos a posta a disposición xudicial da detida como presunta autora dos incendios en Tui, a situación actual da empresa Ganomagoga e os resultados deportivos da fin de semana, entre outras novas.

Noticias 13.30 h - Luns, 20 de marzo de 2023 20.03.2023

Os feitos ocorridos esta pasada madrugada con 21 coches calcinados e 5 focos diferentes no conxunto histórico de Tui centran o relato informativo de hoxe.

Noticias 13.30h - Venres, 17 de marzo de 2023 17.03.2023

Educación e empresa centran os primeiros minutos deste tempo de Noticias 13.30h no que repasamos as citas da fin de semana e as competicións deportivas.

Noticias 13.30h - Xoves, 16 de marzo de 2023 16.03.2023

Noticias 13.30h para contarlles que Tui está a cabeza en investimento en educación na provincia e en Galicia. Tamén o coworking de empredemento da Deputación que albergará a cidade, as citas culturais e festivas deste días e todo o deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 15 de marzo de 2023 15.03.2023

Noticias 13.30h deste mércores 15 de marzo coa crónica do pleno extraordinario da corporación de Tui. Tamén, a reunión da Plataforma de Afectados do Polígono de Areas co deputado do BNG Manuel Lorenzo, o novo cartel das Festas de San Telmo e o deporte local.

Noticias 13.30h - Martes, 14 de marzo de 2023 14.03.2023

Noticias 13.30h deste martes 14 de marzo de 2023 para contarlles os detalles do pleno extraordinario de Tui desta tarde, un novo concurso de méritos para prazas de médicos en Tui e Tomiño e as distintas citas culturais e deportivas destes días.

Noticias 13.30h - Luns, 13 de marzo de 2023 13.03.2023

Noticias 13.30h deste luns 13 de marzo de 2023 para contarlles os detalles do pleno extraordinario que celebra a corporación de Tui mañá. Tamén, as conclusións do Congreso de Educación, a presentación da candidatura do PP de Nico Montes en Tui e o deporte da fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 10 de marzo de 2023 10.03.2023

Noticias 13.30h deste venres 10 de marzo para contarlles os puntos a tratar no pleno extraordinario de Tui do próximo luns. Tamén, a previa do Congreso de Educación, crónica política, as citas culturais e todo o deporte da fin de semana.

Noticias 13.30h - Xoves, 9 de marzo de 2023 09.03.2023

Noticias 13.30h deste xoves 9 de marzo para contarlles a rolda de prensa conxunto dos concellos do sur da provincia polos danos das tormentas do Nadal. Tamén, os actos do 8M en Tui, as citas da fin de semana e a BTT da Eurocidade no deporte.

Noticias 13.30h - Mércores, 8 de marzo de 2023 08.03.2023

Noticias 13.30h deste 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, onde repasamos todos os actos de Tui e dos concellos da comarca. Tamén recollemos máis detalles sobre o Congreso de Educación e falamos das xornadas de defensa de proxectos no festival de cine Ventura no Teatro Municipal.

Noticias 13.30h - Martes, 7 de marzo de 2023 07.03.2023

Noticias 13.30h deste martes 7 de marzo de 2023 para contarlles o programa do 8M en Tui e nos concellos do Baixo Miño. Tamén, a visita do delegado territorial da Xunta, Luís López, ao Programa Integrado de Emprego de Tui e o programa do I Congreso de Educación da Eurocidade.

Noticias 13.30h - Luns, 6 de marzo de 2023 06.03.2023

Noticias 13.30h deste luns 6 de marzo para contarlles os actos previsto polo 8M na semana do Día Internacional da Muller. Tamén, a crónica política, citas culturais para estes días e os nomes propios do deporte da pasada fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 3 de marzo de 2023 03.03.2023

Noticias 13.30h deste venres 3 de marzo para contarlles a sentenza que avala a actuación do concello de Tui nas obras da Pousa do Bispo. Tamén, a colocación da pasarela sobre o Louro, datos do paro, citas e deporte local da fin de semana.

Noticias 13.30h - Xoves, 2 de marzo de 2023 02.03.2023

Noticias 13.30h deste xoves 2 de marzo para contarlles a presentación da candidatura de Enrique Cabaleiro á alcaldía de Tui polo PSdeG-PSOE. Tamén, o remate das Xornadas Rosendo Salvado coa ponencia desta tarde e o resto de citas para estes días.

Noticias 13.30h - Mércores, 1 de marzo de 2023 01.03.2023

Noticias 13.30h deste mércores 1 de marzo para contarlles a nosa conversa co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a presentación do proxecto 'Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo' na cidade. Tamén, as citas do día e o deporte local.

Noticias 13.30 h - Martes, 28 de febreiro de 2023 28.02.2023

A actualidade de hoxe vén marcada pola visita da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ás obras de acceso ao Parque Empresarial de Areas. Damos conta ademais das Xornadas Rosendo Salvado, o Festival do Teatro Grecolatino, demais citas da xornada e deporte local.

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.