Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3635 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de abril de 2024 18.04.2024

Abrimos Noticias 13.30 h dando conta do X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença que baterá esta fin de semana récord de participación. Lembramos que ás 20 h na Sala Félix Rodríguez se celebra asemblea da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui. Os tres cursos que nas próximas semanas comezarán na aula da UNED de Tui ou as xornadas de portas abertas na escola de música da Ban...

Noticias 13.30 h | Mércores, 17 de abril de 2024 17.04.2024

Hoxe completamos a rolda de conversas valorando o pleno de abril co alcalde, Enrique Cabaleiro. En Noticias 13.30 h recollemos amais as obras en Antero Rubín, a visita onte á Comandancia Naval do Miño en Tui do subdelegado do goberno, e coñecemos novos detalles da programación de Play Doc.

Noticias 13.30 h | Martes, 16 de abril de 2024 16.04.2024

En Noticias 13.30 h damos conta do inicio das obras na ponte sobre o regato da Ponte do Febreiro en Paramos. Recollemos as palabras de Salvador García da Asociación de Afectados de Paramos, Repasamos a actualidade local e comarcal, as citas da semana e o deporte hoxe con balonmán e natación.

Noticias 13.30 h |Luns, 15 de abril de 2024 15.04.2024

En Noticias 13.30 h recollemos a explicación do goberno municipal de Tui sobre o gasto en Servizos Sociais, saíndo ao paso das críticas do PP. Por outra parte resumimos a valoración do pleno de abril do voceiro do PP Nico Montes. Outras novas chegan da crónica de sucesos, as citas para esta semana e o deporte.

Noticias 13.30 h | Venres, 12 de abril de 2024 12.04.2024

No informativo de hoxe lembramos as modificacións no horarios de Lugove que hoxe entraron en vigor. Resumimos a entrevista con Carmen Núñez do BNG valorando o pleno de abril, e repasamos as citas da fin de semana en Tui e no Baixo Miño, así coma a información do deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de abril de 2024 11.04.2024

Abrimos Noticias 13.30 h coas obras que o Concello de Tui vai realizar nas piscinas municipais. Recollemos a solicitude de C21 dunha reunión da Xunta de Voceiros de Tui polas obras en Antero Rubín. A presentación do libro de Daniel Domínguez, as charlas sobre primeiros auxilios que PC de Tui está a ofrecer nos centros educativos, forman parte tamén deste tempo de información, xunto á crónica do de...

Noticias 13.30 h | Mércores, 10 de abril de 2024 10.04.2024

O Concello de Tui recibirá unha subvención do CSD para a reforma das piscinas municipais. Esta á unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto á apertura do prazo, o 29 de abril, para solicitar praza para o Campamento de Verán Igual É +. Tamén coñecemos as películas que participarán na sección de competición en Play Doc do 1 ao 5 de maio, xunto a outras novas da xornada.

Noticias 13.30 h | Martes,9 de abril de 2024 09.04.2024

En Noticias 13.30 h recollemos o remate das Festas de San Telmo 2024. Amais comeza a rolda valoración do pleno de abril con José Manuel Palacín de C21. Outras novas de Tui e da comarca, as citas, e o deporte, completan este tempo de información.

Noticias 13.30 h | Venres, 5 de abril de 2024 05.04.2024

Hoxe toda a programación que agarda até luns en Tui con motivo das Festas de San Telmo centra boa parte do Noticias 13.30 h. Tamén recollemos as citas da fin de semana e o deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 4 de abril de 2024 04.04.2024

En Noticias 13.30 h comezamos repasando a programación das Festas de San Telmo para hoxe. Falamos das novas retrospectivas que poderemos gozar no Play Doc ou da presenza de Manu Chao no festival Contrastra en Valença. Amais nas citas de hoxe repasamos as actividades do Espazo Xove e a proxección no Cineclub Poleiro de "Ninjababy". Rematamos cos deportes.

Noticias 13.30 h | Mércores, 3 de abril de 2024 03.04.2024

O paro baixou en 41 persoas, até as 2.758 inscritas nos Servizos Públicos de Emprego en marzo no Baixo Miño. Abrimos con esta nova Noticias 13.30 h. Falamos da programación das Festas de San Telmo para hoxe, e de eventos coma a Concentración Cabalar ou o Desfile do Traxe Tradicional. Recollemos outras novas de Tui e da comarca así coma o deporte.

Noticias 13.30 h | Martes, 2 de abril de 2024 02.04.2024

Comezamos Noticias 13.30 h dando conta das ordenanzas aprobadas onte en pleno e tamén dos expedientes de crédito que se levaron á sesión. Amais aprobouse a adhesión do Concello de Tui ao Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade. As obras que a Xunta saca a licitación no entorno do acceso ao Parque Empresarial de Areas e a A55, xunto aos positivos datos do turismo en marzo en Tui e as festas de S...

Noticias 13.30 h | Luns, 1 de abril de 2024 01.04.2024

Esta tarde a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario. Con esta nova abrimos hoxe o Noticias 13.30 h. Repasamos como foi o inicio das festas de San Telmo e a programación prevista para hoxe e mañá. Hai outras novas da actualidade local e comarcal, e a crónica do deporte.

Noticias 13.30 h | Mércores, 27 de marzo de 2024 27.03.2024

Abrimos o Noticias 13.30 h de hoxe dando conta de dous cambios no programa das festas de San Telmo debido á previsión de choiva. O pregón de Isabel Blanco o sábado será na carpa da Corredoira e o Encontro de Viños da Raia aprázase para a fin de semana do 6 e 7 de abril. Repasamos o programa festivo destes primeiros días de Festas, así coma os actos da Semana Santa, outra citas para estes días e a...

Noticias 13.30 h | Martes, 26 de marzo de 2024 26.03.2024

O próximo luns haberá pleno en Tui con 20 puntos na orde do día nos que destacan a aprobación inicial ou modificación de ordenanzas así coma os de carácter económico. Con esta nova abrimos hoxe Noticias 13.30 h. No informativo de hoxe a música é protagonista polos concertos das festas de San Telmo, pero tamén falamos da Semana Santa, de moda e do deporte.

Ent. Ana Carpintero - Árdora, a nova Colección de SomosOceano 26.03.2024

Árdora é o nome da nova colección de calcetíns da empresa tudense SomosOcéano. Inspirada na outra beira do Miño presenta deseños con cores sólidas e vibrantes, texturas e fíos metalizados. Falamos con Ana Carpintero desta nova colección que se suma ás dedicadas ao cinema con Pedro Almodovar ou Alex de la Iglesia, ao do Xabarín Club.

Ent. Carolina Figueroa, adestradora CPA Ribex - Bronce no Campionato de España 25.03.2024

O CPA Ribex fixo historia o pasada sábado ao lograr a medalla de bronce no Campionato de España de Grupos Show Grandes. É o primeiro club galego en subir ao podio nun nacional destas características. Este terceiro posto dalles paso directo ao Mundial que terá lugar en Italia en setembro.

Ángel Sánchez, codirector -Play Doc - 20 anos e retrospectiva 25.03.2024

Play Doc celebrará do 1 ao 5 de maio unha edición moi especial xa que cumpre 20 anos. Hoxe o festival anunciou a primeira das retrospectivas que estará dedicada a William Friedkin, director de French Conection ou O Exorcista. Contounolo Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc.

Noticias 13.30 h | Luns, 25 de marzo de 2024 25.03.2024

O Concello de Tui adxudicou a redacción da Ordenación dos Solos Urbanizables de Pazos de Reis. Con esta nova abrimos hoxe Noticias 13.30 h. As festas de San Telmo son protagonistas polo Premio Cidade de Tui á Asociación Amigos da Catedral e polos concertos do sábado de Fillas de Cassandra, Quinkillada e Dj Amarok. A retrospectiva de Play-Doc, e o bronce no nacional do CPA Ribex forman parte tamén...

Noticias 13.30 h | Venres, 22 de marzo de 2024 22.03.2024

Tradición e innovación danse a man na Festa do Meixón que mañá comeza en seis restaurante de Tui e que foi presentada este mediodía. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde amais recollemos as palabras da enóloga tudense Susana Esteban Premio Cidade de Tui 2024, as citas e o deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 21 de marzo de 2024 21.03.2024

Mañá preséntase a Festa do Meixón, que será unha das citas gastronómicas das Festas de San Telmo. Así o recollemos en Noticias 13.30 h xunto as citas do día como o encontro coa escritora Inma López esta tarde en Tui, a carreira solidaria do CEIP de Guillarei, a presentación do poemario da tudense Paula Fernández Varela, ... e o deporte.

Noticias 13.30 h | Mércores, 20 de marzo de 2024 20.03.2024

Restan dez días para o inicio das festas de San Telmo en Tui. En Noticias 13.30 h falamos do inicio do programa festivo o próximo día 30, da oferta musical e gastronómica. Amais buscamos outras citas para estes días coma a actividade do Espazo Xove, a Carreira Solidaria do CEIP de Guillarei ou a terceira xornada de Mulleres Migrantes na aula da UNED. Completamos coa información deportiva.

O III Encontro de Viños da Raia reunirá a dez adegas o 30 e 31 de marzo en Tui 19.03.2024

Un total de dez adegas van participar o sábado 30 e o domingo 31 de marzo no III Encontro de Viños da Raia na praza da Inmaculada. O evento, que forma parte das festas de San Telmo, foi presentado este mediodía. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Haberá viños brancos, tintos e espumosos pero tamén gastronomía.

Noticias 13.30 h | Martes, 19 de marzo de 2024 19.03.2024

As festas de San Telmo protagonizan hoxe boa parte do Noticias 13.30 h. Recollemos as palabras do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, sobre os festexos. Amais a enóloga Susana Esteban e a Asociación Amigos da Catedral recibirán o Premio Cidade de Tui 2024. Este mediodía presentouse o III Encontro de Viños da Raia. Tamén hai outras novas e o deporte.

O CRA Mestra Clara Torres inaugurou a súa aula Maker 19.03.2024

Cinco espazos diferenciados dedicados ás letras e a comunicación; ás matemáticase e á lóxica; á robótica; á experimentación e improvisación, e á radio conforman a nova Aula Maker inaugura onde na sede do CRA Mestra Clara Torres, nas Bornetas. En Noticias 9.30 h recollemos a noticia.

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.