Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3635 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30 h | Xoves, 23 de maio de 2023 23.05.2024

Hoxe cúmprense 6 anos da explosión no barrio da Torre en Paramos. A Asociación de Afectados convoca un acto ás 20.30 h na zona cero. Así o recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta de que a Comandancia Naval do Miño acollerá mañá o acto de Lectura de Leis Penais e imposición de condecoracións. Este sábado celébrase en _Tui a XXV Feira do Libro Galego, esta é unha das múltiples citas previs...

Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de maio de 2024 22.05.2024

En Noticias 13.30 h comezamos dando conta do corte da rúa Aloques en #Tui. e do inicio das obras de construción dunha ponte sobre o río Cotarel. Recollemos tamén outras novas de Tui e da comarca, xunto á crónica do deporte.

Noticias 13.30 h | Martes, 21 de maio de 2024 21.05.2024

En Noticias 13.30 h deste mércores 21 de maio recollemos a crónica de sucesos, falamos do Reto Eureka que este domingo chega a Tui, tamén temos novas relacionadas coa música e nas citas destacamos a actuación de Paco Nogueiras esta tarde na Biblioteca tudense..

Noticias 13.30 h | Luns, 20 de maio de 2024 20.05.2024

Abrimos Noticias 13.30 h en crónica de sucesos dando conta do accidente rexistrado onte na AP 9 en Tui no que 7 persoas resultaron feridas. Amais recollemos a consulta pública previa a redacción dunha ordenanza reguladora das terrazas en Tui, e a creación dun cine club. No deporte destaca o nome propio de David Ferández que na fin de semana se proclamou Campión da Copa de España de Enduro BTT na c...

Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de maio de 2024 16.05.2024

Abrimos Noticias 13.30 h coa música coma protagonista porque Salvador Sobral e o pianista Marco Mezquida abrirán o Festival IKFEM o 17 de xullo, e a Agrupación Musical de Goián gañadora nos Premios Martín Codax. Amais repasamos a ampla axenda de citas para estes próximos días en Tui e na comarca, e coñecemos as competición deportivas da fin de semana.

Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de maio de 2024 15.05.2024

A licitación de 20 postos da praza de Abastos de Tui e o simulacro que tivo lugar dentro do MASERC hoxe no río Miño abren o Noticias 13.30 h deste mércores. Amais do 2º networkins organizado por Mercatus, e destacamos entre as citas o aprazamento da Feira do libro Galego e do roteiro de Ribadelouro. Lembramos que hoxe remata o prazo de inscrición para a andaina que organiza a Comisión de Festas da...

Noticias 13.30 h | Martes, 14 de maio de 2024 14.05.2024

Tui acolle mañá un exercicio conxunto-combinado de seguridade marítima, MARSEC-24, organizado pola Armada. En Noticias 13.30 h damos os detalles deste simulacro en augas do río Miño. Onte chegaba a Santiago a peregrinas 100 mil deste ano. O Camiño Portugués ao seu paso por Tui rexistra 21.350 persoas. As III Xornadas Educativas organizadas polas ANPA's de Tui, a conferencia sobre Luisa Villalta, e...

Noticias 13.30 h | Luns, 13 de maio de 2024 13.05.2024

O Concello de Tui investirá case 390 mil euros na restauración do baluarte do Diaño no paseo Fluvial, dos que o 75% serán de fondos europeos. Así o contamos en #Noticias1330h onde damos conta tamén do acto conmemorativo do 180 aniversario da Garda Civil que tivo lugar este mediodía en Tui, xunto as citas do día e as novas do deporte onte destaca o campionato do Mundo en paracanoe de David González...

Noticias 13.30 h | Venres, 10 de maio de 2024 10.05.2024

O próximo luns haberá pleno extraordinario en Tui para o sorteo dos membros das mesas electorais das Eleccións Europeas do 9 de xuño. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde repasamos a actualidade de Tui e da comarca, todas as citas da fin de semana e a información deportiva.

Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de maio de 2024 09.05.2024

Abrimos Noticias 13.30 h en crónica de sucesos co incendio dun turismo rexistrado onte á tarde no aparcamento municipal. Recollemos amais o comunicado de C21 sobre o pleno deste martes e a reiteración na solicitude de que o alcalde presente unha moción de confianza. Nas citas do día destacamos a charla sobre o último alcalde republicano de Tui hoxe ás 20.30 h no concello de Tui, a proxección de Sc...

Noticias 13.30 h |Mércores, 8 de maio de 2024 08.05.2024

Abrimos Noticias 13.30 h co aprobado de onte en pleno sobre a rescisión do contrato para a construción dun aparcamento subterráneo en Tui. Outras novas son o I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil, o accidente dun coche onte á noite en Areas, onde foi precisa a intervención dos bombeiros para sacar á conductora do vehículo, a asemblea comarcal do PSOE celebrada o luns en Tui...

Noticias 13.30 h |Martes, 7 de maio de 2024 07.05.2024

A resolución do Contrato de concesión de obra pública do aparcamento subterráneo será o tema que trate hoxe ás 20 h a corporación municipal de Tui en pleno. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde damos conta do contacontos con maxia que chega ás 18 h á biblioteca municipal tudense con Leo Leoíño xunto a outras novas e citas de Tui e da comarca, e a información deportiva.

Noticias 13.30 h | Luns, 6 de maio de 2024 06.05.2024

A corporación municipal de Tui celebra mañá pleno extraordinario urxente. Dende hoxe a praza de abastos está pechada por obras, escoitamos as palabras de Nico Montes do PP e Ana Núñez, concelleira de Comercio sobre este tema. Amais damos conta da baixada en 65 persoas do paro no Baixo Miño até as 2.693 persoas desempregadas. Contamos o palmarés de Play Doc 2024, entre outras novas e información do...

Noticias 13.30 h | Venres, 3 de maio de 2024 03.05.2024

Play Doc centra hoxe boa parte do Noticias 13.30 h. Damos conta amais da suspensión, debido á previsión de choiva, da demostración aeronaval que ía ter lugar esta tarde en Tui. Repasamos outras novas e as citas da fin de semana. No deporte destaca a Final a 4 cadete de balonmán que mañá e o domingo se xoga no pavillón Gustavo Rodríguez.

Noticias 13.30 h | Xoves, 2 de maio de 2024 02.05.2024

A inauguración oficial de Play Doc, o festival internacional de cinema de Tui abre hoxe o Noticias 13.30 h. Damos conta amais de que 8 empresas se presentaron á licitación par ao arranxo dos viais no entorno da conexión co parque empresarial de Areas convocada pola Xunta. A formación sobre o alzheimer prevista esta tarde en Tui, xunto a outras novas locais e comarcais forman parte do informativo d...

Noticias 13.30 h |Martes, 30 de abril de 2024 30.04.2024

Abrimos Noticias 13.30 h coñecendo os eixos do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino do conxunto histórico de Tui, e dando conta do peche da actividade comercial da praza de abastos tudense durante 4 semanas por seguridade polas obras de reforma do edificio. A inauguración mañá de Play Doc, a demostración aeronaval que haberá este venres en Tui ou o contacontos para bebés esta tarde na bib...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - PSDT Conxunto Histórico e obras praza 30.04.2024

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, detallou hoxe os eixos fundamentais do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino do conxunto histórico de Tui que suporá un investimento de 2 millóns de euros até 2026. Onte o Consello da Xunta autorizaba o convenio de colalboración para a súa posta en marcha. Por outra parte o rexedor avanzou que a praza pechará durante 4 semanas, por seguridade, ante o in...

Noticias 13.30 h |Luns, 29 de abril de 2024 29.04.2024

Abrimos hoxe Noticias 13.30 h coa Final 4 Cadete de Balonmán que esta fin de semana se vai celebrar en Tui e que se converterá na gran festa do balonmán galego. Amais damos conta da xornada inaugural de Play Doc este mércores. Outras novas do día son as alegación que o PP anuncia que presentará en Tui á suba do IBI, os campamentos de verán, e o deporte onde destacaba o subcampionato de Europa en d...

Noticias 13.30 h | Venres, 26 de abril de 2024 26.04.2024

A programación de Tui en Letras e a apertura de prazo para os Campamentos de Verán son dúas da novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto a outras noticias de Tui e da comarca. Repasamos as propostas que chegan á fin de semana e o deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 25 de abril de 2024 25.04.2024

A presentación de Play Doc centra hoxe boa parte do Noticias 13.30 h deste xoves, 25 de abril. Falamos tamén da “Casa dos libros orfos“, da conmemoración do 25 de abril, da charla de Modepen esta tarde en Tui, xunto a outras novas. E no deporte destacamos a praza olímpica lograda polo padeeiro do Kaiak Tudense Matías Otero.

Noticias 13.30 h |Mércores, 24 de abril de 2024 24.04.2024

Coa ruta ornitolóxica pola beira do Miño comezan este domingo as Rutas na Natureza no Concello de Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h, repasamos o programa do Mes das Letras, coñecemos máis detalles da programación de Play Doc, xunto a outra s novas de Tui e da comarca.

Noticias 13.30 h | Martes, 23 de abril de 2024 23.04.2024

Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, abrimos Noticias 13.30 h coñecendo a programación do Mes das Letras do Concello de Tui. Adentrámonos na retrospectiva dedicada a William Friedkin en Play Doc, amais damos conta do curso de limpeza que se imparte en Tui, e coñecemos outras novas de Tui e da comarca.

Noticias 13.30 h |Luns, 22 de abril de 2024 22.04.2024

Abrimos Noticias 13.30 h con Play-Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui que comeza o próximo día 1 de maio. Coñecemos a mellora no servizode recollida de cartón porta a porta para establecementos en Tui e o curso de limpeza que se está a impartir no Centro de Formación en Guillarei. Outras novas da comarca, citas formativas e o deporte completan este tempo de información.

Noticias 13.30 h | Venres, 19 de abril de 2024 19.04.2024

En Noticias 13.30 h comezamos hoxe venres en crónica política. Amais repasamos os datos do operativo, denominado ‘Vozka’ desenvolvido pola Gardia Civil e a Axencia Tributaria, en colaboración coa Policía Judiciaria de Braga. Damos conta da asemblea da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui. A celebración de Tui Le e todas as citas da fin de semana e o deporte, completan este tempo de inf...

O X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade baterá récord de participación esta fin de semana 18.04.2024

Bailes latinos, estándar, caribeños, danza coreográfica e solo dance serán as modalidades do X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade que se celebra este sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença. Baterá récord de participación. A Eurocidade acollerá en outubro unha proba do Circuíto Ibérico de Bailes Deportivos. Así o contamos en Noticias 13.30 h

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.