Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3635 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30 h | Xoves, 4 de xullo de 2024 04.07.2024

Protección Civil de Tui recibiu hoxe unha tenda de campaña para emerxencias. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto a preinscrición na EOI en Tui, as últimas plazas para os talleres de IA para o comercio, e as actividades que chegan tanto para hoxe coma na fin de semana. No deporte hoxe protagonismo para o piragüismo, o remo e o kung fu.

Noticias 13.30 h | Mércores, 3 de xullo de 2024 03.07.2024

O X Campionato Ibérico de Kung Fu reunirá este domingo en Tui a máis de 400 deportistas. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde volvemos sobre os datos do paro do mes de xuño, falamos das visitas guiadas organizadas polo Instituto de Estudos Tudense, entre outras novas do día.

Noticias 13.30 h |Martes, 2 de xullo de 2024 02.07.2024

A aprobación, polo Consello da Xunta, do proxecto de trazado do desdobramento da estrada PO-552 en Figueiró, Tomiño, o manifesto asinado hoxe en Valença reclamando que o tren de alta velocidade sexa unha realidade en 2032 entre Porto e Vigo, e os datos do paro que baixou en 67 persoas até as 2.540 no Baixo Miño son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h |Luns, 24 de xuño de 2024 24.06.2024

Por segunda vez os orzamentos do concello de Tui foron rexeitados en pleno o pasado venres polos grupos da oposición. En Noticias 13.30 h escoitarmos parte das intervencións dos voceiros de C21, BNG e PP e do alcalde. Amais recollemos as últimas achegas aprobadas pola Deputación para Tui e A Guarda, falamos do Concurso de Patrullas da Brilat, da conferencia conmemorativa dos Xogos Florais en Tui,...

Noticias 13.30 h | Venres, 21 de xuño de 2024 24.06.2024

Hoxe en Noticias 13.30 h comezaremos repasando a orde do día do pleno extraordinario e urxente que ás 19 h se celebra no Concello de Tui. A programación #TuiVeránnaRúa, os premios Faro na Escola do @ceipn2detui, xunto a todas as cita da fin de semana con especial protagonismo para o San Xoán e o deporte, completarán o tempo de información.

Noticias 13.30 h | Xoves, 20 de xuño de 2024 20.06.2024

Os orzamentos de 2024 e a resolución do contrato de concesión de obra pública do aparcamento subterráneo son dous dos asuntos do pleno extraordinario e urxente que mañá venres, ás 19h, se celebra en Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto a inauguración dos novos vestiarios do pavillón do CEIP de Guillarei, o premio Innovagal do CEIP nº1, as actividades polo Día das Persoas Refuxiadas, as ci...

Noticias 13.30 h | Mércores, 19 de xuño de 2024 19.06.2024

O borrador de convenio remitido polo ADIF ao concello de Tui para cubrir as vías do tren no centro urbano, a comisión organizadora dos actos do 800 aniversario da Catedral, e o balance que o PP de Tui fai do primeiro ano deste mando abren o Noticias 13.30 h de hoxe. Amais recollemos os actos polo Día das Persoas Refuxiadas previstos mañá en Tui, e o taller práctico de Intelixencia Artificial que m...

Noticias 13.30 h | Martes, 18 de xuño de 2024 18.06.2024

A constitución da Comisión Organizadora dos actos conmemorativos dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui esta mañá é dunha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta do balance que o alcalde de Tui realizou das dúas primeiras reunións da Comisión sobre o Aparcamento. A doazón realizada por Ernesto Iglesias Almeida ao Concello de Tui e o taller de IA que este xoves terá...

Noticias 13.30 h | Luns, 17 de xuño de 2024 17.06.2024

En Noticias 13.30 h recollemos a valoración do alcalde de Tui do pleno ordinario de maio. Damos conta do incendio rexistrado na Avenida de Portugal en Tui e do accidente mortal rexistrado en Oia. Pero hai tamén moitas outras novas da actualidade local, comarcal e do deporte.

Noticias 13.30 h | Venres, 14 de xuño de 2024 14.06.2024

A apertura das piscinas municipais de Tui mañá sábado, xunto a ampla axenda cultural, de lecer e deportiva da fin de semana en Tui e no Baixo Miño recollómola en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h | Xoves, 13 de xuño de 2024 13.06.2024

160 alumnos de 6º de EP de sete centros educativos de Tui participan hoxe e mañá na Aloiada 2024. Así o contamos en Noticias 13.30 h, onde damos conta tamén dos actos de celebración do 50 anos do CEIP nº2 de Tui. A exposición que este sábado se inaugura en Tui, a XIX Feira de Cultivos do Baixo Miño, outras citas para estes días e o deporte completan este tempo de información.

Noticias 13.30 h | Mércores, 12 de xuño de 2024 12.06.2024

A rehabilitación do edificio do Náutico será un dos proxectos que se executen en Tui ao abeiro do proxecto Visit Río Miño Plus presentado onte. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos tamén o balance do pleno de maio do voceiro do PP Nico Montes. A presentación da Aloiada 2024, os Días Azuis do comercio, as citas para estes días, e o deporte co Campionato de Europa de Sprint de Piragüis...

Noticias 13.30 h | Martes, 11 de xuño de 2024 11.06.2024

En Noticias 13.30 h recollemos a presentación entre mediodía en #Tui do proxecto Visit Río Miño Plus, a valoración do BNG do pleno ordinario de maio en Tui,, e o premio proxecto de recuperación de fósforo en augas residuais que aplica a EDAR de Guillarei. Citas coma exposición de debuxo do alumnado de Maristas, e o roteiro polos muíños do Tripes, xunto ao deporte completan este tempo de informació...

Noticias 13.30 h | Luns, 10 de xuño de 2023 10.06.2024

Unha exposición e un acto na alameda de San Domingos conmemorarán o 25 aniversario do Monumento aos Represaliados en Tui. O programa foi presentado esta mañá e así o recollemos en Noticias 13.30 h . Damos conta do taller sobre IA que o xoves 20 terá lugar en Tui, recollemos outras novas de Tui e da comarca, e a ampla crónica deportiva da fin de semana.

Noticias 13.30 h | Venres, 7 de xuño de 2024 07.06.2024

O Concello de Tui recibirá 87.457 € do Plan + Provincia para o pavillón de Randufe. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde fixemos balance do Congreso EducODS que rematou hoxe e repasamos a ampla axenda desta fin de semana, con numerosas citas deportivas.

Noticias 13.30 h | Xoves, 6 de xuño de 2024 06.06.2024

A terceira xornada do congreso educativo EducODS que se celebra na Corredoira, e o balance da asemblea celebrada por ACITUI a semana pasada son dúas das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais falamos das citas do día e das andainas da fin de semana. Pechamos coa información deportiva.

Noticias 13.30 h | Mércores, 5 de xuño de 2024 05.06.2024

O paro baixou en 86 persoas no Baixo Miño en maio até as 2.607 inscritas nos servizos públicos de emprego. Así o contamos en #Noticias1330h. Recollemos a valoración de José Palacín de C21 sobre o pleno ordinario de maio, damos conta do último plenario da Cámara de Comercio, e seguimos a actualidade do congreso EducODS, entre outros asuntos.

Noticias 13.30 h | Martes, 4 de xuño de 2024 04.06.2024

Abrimos o Noticias 13.30 h deste martes 4 de xuño co IV Congreso Educods que até o venres se celebra no Paseo da Corredoira. Amais damos conta da apertura da ponte sobre o regato da Fonte do Febreiro en Paramos, do investimento do Plan Marco no Baixo Miño, e doutras novas de Tui e do Baixo Miño.

Noticias 13.30 h |Luns, 3 de xuño de 2024 03.06.2024

Os cursos de Dixitalización Aplicada que mañá comezan en Tui, o IKFEM 2024, e o congreso EDUCODS forman parte da actualidade deste luns, 3 de xuño. Así o recollemos en Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h | Venres, 31 de mai ode 2024 31.05.2024

En Noticias 13.30 h recollemos o rexeitamento onte no Concello de Tui dos orzamentos para 2024 por importe de 11,1 millóns de €, en pleno ao votar en contra os tres grupos da oposición. Avanzamos como será o IKFEM 2024, e repasamos a ampla axenda desta fin de semana e as novas do deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 30 de maio de 2024 30.05.2024

O pleno que hoxe celebra a corporación municipal de Tui, xunto a ampla crónica dos distintos eventos previstos hoxe e durante a fin de semana en Tui, centra o Noticias 13.30 h deste xoves, 30 de maio.

Noticias 13.30 h | Mércores, 29 de maio de 2024 29.05.2024

A renovación da liña de ferrocarril convencional Guilllarei-Redondela sairá a licitación con 51,2 millóns de euros. Así o contamos en Noticias 1.30 h xunto á orde do día do pleno que mañá se celebra en Tui para tratar entre outros asuntos os orzamentos de 2024. Os acordos da CPIRM celebrada onte en Tui ou o balance do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civl , xunto a asemblea...

Noticias 13.30 h | Martes, 28 de maio de 2024 28.05.2024

A celebración en Tui da reunión da Comisión Permanente Internacional do río Miño e do Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil son só dúas das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h | Luns, 27 de maio de 2024 27.05.2024

Abrimos Noticias 13.30 h coa sentenza do TSXG sobre a urbanización da Pousa do Bispo, e escoitamos a valoración do alcalde de Tui. Amais destacamos a celebración mañá en Tui da reunión da Comisión Permanente Internacional do río Miño e o I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil que hoxe e mañá ten lugar na Eurocidade Tui-Valença. O nomeamento de Antonio Valín coma bispo da Dio...

Noticias 13.30 h | Venres, 24 de maio de 2024 24.05.2024

Abrimos Noticias 13.30 h en crónica de sucesos co accidente laboral rexistrado onte en Tui, a investigación dunha condutora por circular en sentido contrario na A55 e a detención de dous homes por un presunto delito de tentativa de roubo con violencia e intimidación en Tui. Amais recollemos o acto celebrado onte en Paramos ao cumprirse 6 anos da explosión no barrio da Torre, e as condecoracións im...

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.