Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Presentación proxecto FAR PACE 29.10.2024 4:58
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou hoxe en Ciudad Rodrigo na presentación do proxecto FAR PACE “A paz europea a través das fortalezas abaluartadas da raia”. En Noticias 13.30 h explicou os obxectivos deste proxecto, financiado con fondos europeos, no que xunto a Tui participan Valença, Almeida, Marvao e Ciudad Rodrigo. En Tui acometerase a restauración do Baluarde do Diaño xunto a out...
Noticias 13.30 h | Martes, 29 de outubro de 2024 29.10.2024 26:32
Abrimos Noticias 13.30 h en Ciudad Rodrigo onde o alcalde de Tui asiste á presentación do proxecto FAR_PACE “A paz europea a través das fortalezas abaluartadas da raia”. Amais repasamos os asuntos que a corporación municipal tratará mañá en pleno extraordinario. As citas destacadas da semana coma o concerto hoxe do coro Anton Bruckner na Catedral, e a segunda proxección do Cine Club Tui, e a prese...
Noticias 13.30 h | Luns, 28 de outubro de 2024 28.10.2024 27:01
Abrimos o Noticias 13.30 h deste luns dando conta dos asuntos que a corporación municipal de Tui tratará en pleno este mércores ás 20 h. Repasamos dúas citas destacadas no ámbito cultural esta semana en Tui, o xoves ás 21 h no Teatro Municipal o CDG con "Terceiro acto" e mañá ás 18 h na Catedral o concerto do coro Anton Bruckner. Amais recollemos outras novas e o deporte.
Noticias 13.30 h | Venres, 25 de outubro de 2024 25.10.2024 22:44
Obras en Martínez Padín, no edificio do Náutico e no baluarte do Diaño son tres das actuacións ás que se referiu o alcalde de Tui na nosa sintonía. Así o recollemos en Noticias 13.30 h. Repasamos amais a ampla variedade de citas para esta fin de semana en Tui e na comarca nas que destaca a IV Feira da Cabaza de Tui. Tamén damos conta dos encontros deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30 h | Xoves, 24 de outubro de 2024 24.10.2024 23:28
Abrimos Noticias 13.30 h co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, coñecendo os investimentos previstos en Tui no proxecto Visit Miiño Plus, e dando conta de obras en infraestruturas coma a ponte sobre o río Cotarel que se reabriu ao tráfico estes días. A celebración do Día da Biblioteca, que vén de recibir un premio María Moliner, xunto ao Roteiro Nocturno do Samaín, e outras novas de Tui e da comarc...
Noticias 13.30 h | Mércores, 23 de outubro de 2024 23.10.2024 28:43
Hoxe celebrouse en Faro o cumio ibérico entre os gobernos de España e Portugal. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Onde damos conta da apertura do prazo para solicitar a participación no Mercado de Nadal, e tamén o programa de actvidade da Feira da Cabaza desta fin de semana. Falamos da obra do tudense Carlos Fer que se expón na Coruña e do curso de Cogomelos, que vai ter lugar en Areas, entre ou...
Noticias 13.30 h | Martes, 22 de outubro de 2024 22.10.2024 24:32
Os orzamentos da Xunta para 2025 contemplan un investimento de 16,5 millóns de € no Baixo Miño. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Repasamos a programación da IV Feira da Cabaza que este sábado comeza no Mercado de San Antonio en Tui. O inicio da temporada dos clubs de lectura coa presenza de Rexina Vega, xunto a outras citas da semana e o deporte con novos éxitos de deportistas tudenses completa...
Noticias 13.30 h |Luns, 21 de outubro de 2024 21.10.2024 22:15
A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño centra boa parte do Noticias 13.30 h de hoxe. Recollemos as citas que chegan esta semana e os resultados deportivos da fin de semana. Pechamos coas palabras de Jose Font no peche de Día a Día ante a súa xubilación.
Noticias 13.30 h | Venres, 18 de outubro de 2024 18.10.2024 24:55
O próximo xoves 24 estará en Tui o proxecto Nós, que gravarán as voces da cidadanía que desexe colaborar con esta iniciativa. Repasamos amais todas as citas da fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h | Xoves, 17 de outubro 2024 17.10.2024 23:16
O IES San Paio manterá o departamento de portugués coa condición de que o próximo curso pase a ser primeira lingua estranxeira. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos as declaracións de Alberto Viso, xefe deste departamento. A cultura e o lecer son grandes protagonistas da actualidade esta semana. Hoxe hai contacontos na biblioteca e mañá un espectáculo teatral e musical no teatro tude...
Noticias 13.30 h | Mércores, 16 de outubro de 2024 16.10.2024 22:50
Hoxe, 16 de outubro, é o Día das Escritoras. A Biblioteca Municipal vaino celebra ás 19.30 h cun acto dedicado a Emilia Rosende. Así o recollemos en Noticias 13.30 h. Destacamos amais as distintas citas culturais desta semana, xunto a oferta formativa da aula da UNED, ou a inauguración musical do inicio do curso na Escola da Banda de Música Popular de Tui. Tamén coñecemos a situación nos campament...
Noticias 13.30 h | Martes, 15 de outubro de 2024 15.10.2024 24:30
A crónica cultural e de lecer centra parte do Noticias 13.30 h de hoxe. Dende o Obradoiro de skate que este domingo se vai celebrar en Tui dentro do programa Boas Vibes, ás citas no Teatro hoxe con Ghazafelhos para público escolar e o venres con Catro Cores, ou o Día das Escritoras que mañá a Biblioteca tudense dedica a Emilia Rosende. Tamén recollemos que o recoñecido cineasta portugués João Pedr...
Noticias 13.30 h | Luns, 14 de outubro de 2024 14.10.2024 27:01
Esta fin de semana comezan as actividades e obradoiros do programa Boas Vibes en Tui. Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde damos conta de que Emilia Rosende será a protagoanista do Día das Escritoras na Biblioteca Municipal de Tui, e dos máis de 310 alumnos/as e profesorado de todos os centros educativos de Tui que mañá asistirán a unha representación teatral no teatro tudense. Outras novas d...
Noticias 13.30 h| Venres, 11 de outubro de 2024 11.10.2024 26:36
En Noticias 13.30 h recollemos o novo encontro de networking celebrado por Mercatus, e tamén o chamamento de SOGAPS ante a situación nos campamamentos de refuxiados saharauís tras a inundacións sufridas. Esta tarde en Tui temos cita con contacontos na biblioteca e con Butacazero no Teatro. Repasamos as outras citas para a fin de semana en Tui e no Baixo Miño, e tamén as citas deportivas a nivel lo...
Noticias 13.30 h | Xoves, 10 de outubro de 2024 10.10.2024 25:19
Abrimos Noticias 13.30 h recollendo aínda o balance do temporal coas incidencias rexistradas en centros educativos e no Club Penedo. Amais recollemos o programa de hoxe no seminario sobre liderato e gobernanza educativa que se está a celebrar na Eurocidade Tui-Valença. A programación do Mes da Biblioteca, a representación de "Iribarne" e a posta en marcha do Cine Club Tui son outras novas do día,...
Noticias 13.30 h | Mércores, 9 de outubro de 2024 09.10.2024 26:07
Abrimos Noticias 13.30 h repasando as incidencias deixadas polo ex furacan Kirk no termo municipal de Tui co alcalde, Enrique Cabaleiro. Tamén coñecemos as consecuencias da borrasca nos outros concellos do Baixo Miño. Amais damos conta do Seminario “Gobernanza e liderato educativo” que hoxe e mañá se celebra na Eurocidade Tui-Valença, e da representación de "Iribarne" este venres no Teatro Municip...
Noticias 13.30 h | Martes, 8 de outubro de 2024 08.10.2024 27:05
Abrimos Noticias 13.30 h co resumo da entrevista co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre o pleno ordinario de setembro. Outras novas son o minuto de silencio gardado este mediodía ante a casa do concello en repulsa polo asasinato machista de Moaña. O seminario de educación que mañá e o xoves se celebra na Eurocidade Tui-Valença é outra das novas de hoxe.
Noticias 13.30 h | Luns, 7 de outubro de 2024 07.10.2024 25:49
A CHMS vai investir case 1 millón de euros na senda do río Caselas en Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Recollemos amais a desestacionalización do turismo en Tui, a solicitude de A Guarda, O Rosal, e Caminha para que a acumulación de area na desembocadura do Miño sexa tratada no Cumio Ibérico España-Portugal. Outra novas, as citas e os resultados deportivos da fin de semana completan este t...
Noticias 13.30 h | Venres, 4 de outubro de 2024 04.10.2024 29:24
Tui consolídase coma primeiro punto de partida de peregrinos no Camiño Portugués. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Recollemos as palabras de Nico Montes, voceiro do PP, sobre o pleno ordinario de setembro. Damos conta da instalación de biosaudables no Penedo e no Montiño, falamos da situación do centro de saúde de Tui, e recollemos as citas da fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h | Xoves, 3 de outubro de 2024 04.10.2024 24:56
Estas son as novas do xoves, 3 de outubro, de 2024
Noticias 13.30 h | Mércores, 2 de outubro de 2024 02.10.2024 27:47
En Noticias 13.30 h recollemos o recoñecemento á Amigos dos Pazos por recuperar a peregrinación polo Camiño Portugués hai 40 anos. Escoitamos as palabras de Carmen Núñez do BNG sobre o pleno de setembro, e do xefe territorial de Educación, César Pérez, sobre o departamento de Portugués do IES San Paio. Detémonos da exposición Estampa Galega que podemos visitar en Tui, entre ouras novas do día.
Noticias 13.30 h | Martes, 1 de outubro de 2024 01.10.2024 25:46
O Camiño de Santiago é protagonista dos primeiros minutos do Noticias 13.30 h deste martes 1 de outubro, pola conmemoración do 40 aniversario darecuperación das peregrinacións polos camiños portugueses, polas obras que a Xunta executará de mellora da seguridade vial nas vías xacobeas, e polos case 15 mil peregrinos e peregrinas que en setembro fixeron o Camiño Portugués. Falamos amais das axudas d...
Noticias 13.30 h | Luns, 30 de setembro de 2024 30.09.2024 26:02
Abrimos Noticias 13.30h deste luns 30 de setembro coa inauguración do Mercado de San Antonio de Tui o pasado sábado. Este venres con Teatro Paraíso comeza a programación de outono no Teatro Municipal de Tui que foi presentada o venres. Outras novas do día son que a Aula da UNED de Tui imparte xa este curso o grao en Turismo, e o risco de supresión do departamento de portugués no IES San Paio, xunt...
Noticias 13.30 h | Xoves, 26 de setembro de 2024 26.09.2024 27:31
Ás 20 h retransmitimos en directo o pleno ordinario da corporación municipal de Tui. En Noticias 13.30 h damos conta do grao en Turismo que este curso comezará a impartir a aula da UNED de Tui. O inicio do ciclo Mulleres, Patrimonios, Sociedade, ás 21.30 h no Teatro Municipal, e a representación teatral en Pazos de Reis forman parte das citas do día. No deporte falamos de piragüismo e hípica, entr...
Noticias 13.30 h | Mércores, 25 de setembro de 2024 25.09.2024 28:26
Con 15 puntos na orde do día a corporación de Tui celebra mañá pleno ordinario. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos que O Rosal e Tomiño e A Guarda contarán dende decembro cun obradoiros de emprego. Amais o 16 de novembro celebrarase a galega benéfica de @proteccionciviltui que foi presentada esta mañá. Outras citas para estes días e o deporte con remo, e karting completan este temp...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.