Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Noticias 13.30 h | Martes, 26 de novembro de 2024 26.11.2024 24:32
Comezamos Noticias 13.30 h dando conta dos asuntos que a corporación municipal de Tui tratará este xoves en pleno ordinario. Amais recollemos o inicio das obras de desentullo do Teatro Principal, os actos do 25N, os premios Gran de Area, citas para esta xornada xunto ao deporte.
Noticias 13.30 h | Luns, 25 de novembro de 2024 25.11.2024 22:53
O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller centra hoxe o Noticias 13.30 h deste luns, 25 de Novembro. Recollemos o acto coa comunidade educativa que tivo lugar este mediodía no Teatro Municipal de Tui, e avanzamos o acto institucional previsto para ás 18 h diante da Casa do Concello de Tui. Repasamos tamén as actividades previstas nos concellos da contorna. Pechamos hoxe c...
Noticias 13.30 h | Venres, 22 de novembro de 2024 22.11.2024 27:47
Abrimos Noticias 13.30 h coa recepción que hoxe tivo lugar na casa do concello aos tres voluntarios de Protección Civil de Tui que estiveron nas zonas afectadas pola DINA, e coa experiencia da traballadora social tudense María Estévez, que estivo tamén na zona. Continuamos co especial 25N e recollemos todas as citas da fin de semana e o deporte.
Ent. Robin Trigás, pintor | Inauguración Exposición “Después de que nos hayamos ido” 21.11.2024 29:01
Hoxe xoves ás 19.30 h na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui inaugúrase a exposición “Después de que nos hayamos ido” de Robin Trigás. En Noticias 13.30 h fíxonos un anticipo da colección que presenta até o 11 de xaneiro en Tui.
Noticias 13.30 h | Xoves, 21 de novembro de 2024 21.11.2024 29:01
Tui acolleu esta mañá o Encontro das Oficinas de Emprego Transtronfeirizas. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Amais recollemos a celebración de plenos infantís coincidindo co Día Mundial da Infancia. Robín Trigás, que hoxe ás 19.30 h inaugura exposición na Sala Municipal de Tui fíxonos un avance da obra que amosa. Outras citas do día forman parte deste tempo de información que pechamos dando con...
Ent. Xesús Vazquez, presidente Fundación Xoán Piñeiro - Presentación libro sobre Silverio Rivas 20.11.2024 4:50
Hoxe mércores, ás 20 h na Sala Municipal de Exposición, presentarase o libro "Silverio Rivas" editado pola Fundación Xoán Piñeiro, dentro da colección Nerga. En Noticias 13.30 h falamos con Xesús Vázquez, presidente da Fundación Xoán Piñeiro, desta publicación que hoxe se presenta en Tui.
Ent. Leticia Costas, divulgadora científica | Charla "A ciencia da adolescencia" 20.11.2024 2:03
Un espectáculo con improvisación e participación do público. Así será a charla "A Ciencia da adolescencia" que hoxe ás 19 h ofrecerán na Sala Félix Rodríguez en Tui a actriz Arantxa Treus e a divulgadora científica Leticia Costas. Esta última explicounos que non se trata dunha charla ao uso, e que vai dirixida dende aos propios adolescentes coma ás familias.
Noticias 13.30 h | Mércores, 20 de novembro de 2024 20.11.2024 28:13
Abrimos Noticias 13.30 h coñecendo o traballo que realiza o equipo VioGén da Garda Civil. Falamos con Leticia Costas da charla en clave de humor sobre o cerebro adolescente que hoxe ofrecerá, xunto a Arantxa Treus, ás 19 h, na Sala Félix Rodríguez, e con Xesús Vázquez, presidente da Fundación Piñeiro, sobre a presentación do libro sobre Silverio Rivas, ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións. Rec...
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Presentación libro sobre Silverio Rivas 19.11.2024 4:28
Mañá mércores, ás 20 h, na Sala Municipal de Exposicións, terá lugar a presentación do libro sobre Silverio Rivas editado polo Fundación Piñeiro dentro da colección Nerga. O libro conta co patrocinio do Concello de Tui. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destacou a importancia desta publicación dun artista que é todo un referente.
Noticias 13.30 h | Martes, 19 de novembro de 2024 19.11.2024 27:19
Abrimos o Noticias 13.30 h deste martes coñecendo os recursos que están a dispor das vítimas de violencia de xénero e do seu entorno. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, deu os detalles da presentación en Tui do libro sobre Silverio Rivas. A tudense Andrea González é a primeira muller que preside Xuventudes Musicais de España. As citas co cinema e a música, e o deporte co novo título de Sa...
Noticias 13.30 h | Luns, 18 de novembro de 2024 18.11.2024 27:25
A programación do 25N do Concello de Tui abre hoxe o Noticias 13.30 h deste luns. Amais damos conta da reunión entre o alcalde de Tui e o bispo da diocese para abordar, entre outros temas, os actos conmemotivos do 800 aniversario da Catedral en 2025. Damos conta tamén da campaña da Gran Recollida do Banco de Alimentos, e da campaña “Gnomos e bufandas” de Diversidades Acolle. Outras novas de Tui e...
Noticias 13.30 h | Venres, 15 de novembro de 2024 15.11.2024 27:40
En Noticias 13.30 h abrimos lembrando que o domingo pecha o programa de mentoring para o comercio local que se vai celebrar nas próximas semanas en Tui. A crónica de sucesos lévanos até Valença. Tui foi recoñecido con dúas flores no certame Vilas en Flor, cuxos premios foron entregados este mediodía. Recollemos tamén todas as citas da fin de semana en Tui e no Baixo Miño e as novas deportivas.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio | Programa de Mentoring Dixital para o comercio local 14.11.2024 4:24
Ata este domingo está aberto o prazo de inscrición no Programa de Mentoring Dixital para o comercio local que organiza o Concello de Tui. A concelleira de Comercio, Ana Núñez, deu conta dos obxectivos e de a quen vai dirixido. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude por rexistro de entrada na casa do concello ou a través da sede electrónica.
Noticias 13.30 h | Xoves, 14 de novembro de 2024 14.11.2024 26:28
En Noticias 13.30 h volvemos hoxe de novo a nosa mirada informativa cara as zonas afectadas pola DINA. Neste caso facémolo a través da voz da farmacéutica tudense Marta Morais que vive en Valencia. Amais recollemos citas destacadas coma a presentación hoxe ás 20 h da tradución ao galego de "Carmen de Cometa" de Francisco Sánchez, que realizou Laureano Alonso. Amais coñecemos máis polo muído coa co...
Noticias 13.30 h | Mércores, 13 de novembro de 2024 13.11.2024 28:21
Abrimos Noticias 13.30 h con diferentes obras que se van acometer no municipio; e volvemos a Valencia para coñecer o labor dos voluntarios nas zonas afectadas. As citas e o deporte completan este tempo de información.
Noticias 13.30 h | Martes, 12 de novembro de 2024 12.11.2024 30:09
Abrimos Noticias 13.30 h dando conta do próximo inicio das obras de apertura da rúa Ourense cara a avenida de Portugal. Volvemos sobre o pleno extraordinario celebrado en outubro pola corporación municipal de Tui coas palabras do alcalde, Enrique Cabaleiro. Recollemos amais a convocatoria do II Concurso de Escaparates de Nadal de Tui, a actividade do Espazo Xoves, ou o Campamento Nadal Centro Soci...
Noticias 13.30 h | Luns, 11 de novembro de 2024 11.11.2024 27:20
Neste 11 de novembro en Noticias 13.30 h continuamos coa nosa mirada informativa nas zonas afectadas pola DINA. Hoxe facémolo a través do traballo de Cáritas. Recollemos amais o mentoring para a dixitalización do comercio local que pon en marcha o Concello de Tui. Outras novas lévannos as citas para os próximos día co cinema e a solidariedade, e aos resultados deportivos.
Noticias 13.30 h | Venres, 8 de novembro de 2024 08.11.2024 32:45
Abrimos Noticias 13.30 h coa mirada informativa posta de novo nas zonas afectadas pola DINA, e hoxe recollemos como axudar de forma efectiva a través do Banco de Alimentos. En crónica política local resumimos a conversa con Nico Montes, voceiro do PP, tras o pleno extraordinario de outubro. Avanzamos o eventos solidario organizado por Protección Civil de Tui en favor de ACEESCA e Galiclown que se...
Noticias 13.30 h | Xoves, 7 de novembro de 2024 07.11.2024 26:48
En Noticias 13.30 h coñecemos o labor que as ONG’s realizan nas zonas afectadas pola DINA a través da Cruz Vermella, e tamén o traballo dos equipos de emerxencia con Protección Civil de Tui. Damos conta do inicio do programa Coida o Corpo en Tui, e da Bonotoloto que deixou en Tui case 780 mil euros. Ímos ao teatro con Elefante Elegante que mañá estará no Teatro Municipal e coa Mostra Miguel Tronco...
Noticias 13.30 h | Mércores, 6 de novembro de 2024 06.11.2024 28:09
Abrimos Noticias 13.30 h dando conta de como podemos axudar ás persoas afectadas pola #dina, e coñecendo o labor que hoxe realizan en Alfafar os voluntarios de Protección Civil. O crecemento do turismo en Tui no mes de outubro, as citas do día e o deporte completan este tempo de información.
Noticias 13.30 h | Martes, 5 de novembro de 2024 05.11.2024 29:07
Abrimos Noticias 13.30 h coñecendo as conclusións da reunións celebradas onte en Tui e hoxe da Mancomunidade sobre a coordinación das axudas ás persoas afectadas pola dana en Valencia en conversa co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Amais recollemos a entrevista coa voceira do BNG Carmen Núñez, sobre o pleno da pasada semana. Os datos do paro en outubro, o peche hoxe ás 23 h para solicitar a part...
Noticias 13.30 h | Luns, 4 de novembro de 2024 04.11.2024 30:31
Reunión ás 19 h na casa do concello de Tui informativa de coordinación sobre a axuda ás persoas damnificadas pola dana en Valencia. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos tamén que voluntario de Protección Civil de Tui sairon hoxe cara a zona afectada. Amais a valoración do pleno da pasada semana por José Palacín de C21, e o inicio das obras de humanización na contorna do Mercado de Sa...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión coordinación axuda dana Valencia 04.11.2024 6:54
Hoxe luns ás 19 h haberá unha reunión na casa do concello de Tui co obxectivo de abordar a coordinación da axuda ás zonas afectadas pola dana en Valencia e informar do trámites realizados na fin de semana. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro.
Noticias 13.30 h | Xoves, 31 de outubro de 2024 31.10.2024 31:55
Os asuntos tratados onte pola corporación municipal en pleno centran boa parte do informativo deste xoves. Amais repasamos a citas destes días, dende a presenza do CDG en Tui , as propostas vinculadas ao Samaín, e outros eventos da fin de semana.
Noticias 13.30 h |Mércores, 30 de outubro de 2024 30.10.2024 29:34
Hoxe ás 20 h a corporación tudense celebra pleno extraordinario que se poderá seguir na nosa sintonía. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Volvemos sobre o proxecto Far Pace presentado onte en Ciudad Rodrigo. As bolsas de estudo para ensinanzas musicais, obras de mantemento nos campos de fútbol Álvarez Durán e A Gándara, xunto a presenza do CDG mañá en Tui, e o estudo sobre o Camiño Portugués de A...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.