Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3635 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30 h | Luns, 23 de decembro de 2024 23.12.2024

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Pleno extraordinario e urxente hoxe ás 19 h en Tui para resolver as alegacións e aprobar definitivamente a ordenanza fiscal do servizo de recollida do lixo - Ingresan en prisión ás catro persoas detidas o pasado xoves en Tui coma presuntos autores de roubos en vivendas nas provincias de Pontevedra e Ourense - Papá Noel, Mercado de Nad...

Noticias 13.30 h | Venres, 20 de decembro de 2024 20.12.2024

Na fin de semana previa ao Nadal en Noticias 13.30 h recollemos as diversas iniciativas que teñen lugar esta fin de semana vinculadas ás festas, á solidariedade e tamén ao deporte. Así o recollemos no tempo de información deste venres, 20 de decembro, contando coas voces dos protagonistas. Tamén falamos do sorteo da Lotería de Nadal deste domingo.

Noticias 13.30 h | Xoves, 19 de decembro de 2024 19.12.2024

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Visita ao Mercado de San Antonio da directora territorrial de Comercio e do alcalde de Tui - A San Silvestre Solidaria Tudense agarda bater récord de participación - A Garda Civil de Tui investiga a un veciño de Oia por un presunto delito de cultivo ou elaboración de droga - Hoxe ás 18.30 h derradeiro concerto, no Espazo da rúa Camil...

Noticias 13.30 h | Mércores, 18 de decembro de 2024 18.12.2024

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Sometido a información pública o documento técnico e o estudo de impacto ambiental do proxecto de trazado do futuro tramo da autovía A-52 para conectar O Porriño e Vigo. - Hoxe, 18 de decembro, é o Día Internacional do Migrante - Repasamos as iniciativas solidarias do Nadal en Tui - Música e literatura esta tarde en Tui Recollemos am...

Ent. Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui - Torneo solidario de baloncesto 17.12.2024

O CB Tui celebra este xoves, dende ás 16.30 h, no pavillón municipal o seu XIV Torneo Solidario de Baloncesto, no que recollerán alimentos non perecedeoiros. Participarán preto de 80 nenos e nenas das distintas categorías nunha tarde cun marcado carácter festivo e solidario. Así o explicaba Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui.

Noticias 13.30 h | Martes, 17 de decembro de 2024 17.12.2024

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O Concello de Tui reforza a aposta pola recollida selectiva coa adquisición de novos contedores que incrementarán en case 90 mil litros a capacidade de recollida - Máis de 9 mil quilos de alimentos sumáronse no Baixo Miño aos 325 mil da Gran Recollida de Alimentos - Hoxe comezan os concertos do alumnado do Conservatorio e da Escola de...

Noticias 13.30 h | Luns, 16 de decembro de 2024 16.12.2024

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - O novo espazo socio cultural da rúa Camilo José Cela acollerá esta semana as primeiras actuacións tras ser inaugurado o pasado sábado - ORPAGU fai un balance positivo de 2024, ano no que triplicou o seu persoal e reforzou a distribución - As voces dos coros infantís dos centros educativos encheron hoxe o Teatro Municipal As citas da...

Noticias 13.30 h | Venres, 13 de decembro de 2024 13.12.2024

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Mañá inaugúrase o edificio municipal da rúa Camilo José Cela tras as obras de rehabilitación realizadas con fondos PIREP - Comezou a demolición parcial do edificio en ruinas situado no número 7 da rúa Colón - Galicia Suroeste da os primeiros pasos para crear un Club de produto turístico centrado nas potencialidades da comarca - A sor...

Noticias 13.30 h | Xoves, 12 de decembro de 2024 12.12.2024

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Catro proxectos tudenses recibiron financiamento europeo a través da Medida Leader de Galicia Suroeste - O Rosal leva hoxe a pleno os orzamentos para 2025 - A música protagoniza o Nadal en Tui coa actuación da Rondalla Santa Eulalia de Atios este domingo e o luns cos coros infantís dos centros educativos - Mañá celébrase o Torneo de...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Proxectos executados ao abeiro da medida Leader de Galicia Suroeste 11.12.2024

Catro proxectos executados en Tui recibiron financiamento de fondos europeos a través da Medida Leader de Galicia Suroeste. Forman parte dos 14 proxectos impulsados neste territorio en 2023 e 2024 cun investimento de 1,5 millóns de € dos que 746.000€ foron financiados a través destes fondos europeos. Hoxe o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Turismo, Ana Núñez, e a presidenta de Galicia...

Noticias 13.30 h | Mércores, 11 de decembro de 2024 11.12.2024

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Galicia Suroeste avanza cara ao futuro co impulso de 14 novos proxectos con fondos Leader, tres deles en Tui - Hoxe ás 20 h o Teatro Municipal acolle o concerto solidario de Nadal do Conservatorio - O Mercado Solidario de Libros abriu xa as súas portas na Sala Municipal de Exposicións - Outras citas

Noticias 13.30 h | Martes, 10 de decembro de 2024 10.12.2024

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos a rolda de conversas tras o pleno ordinario de novembro - O Concello de Tui recepcionou onte as obras da Travesía de San Domingos - O Conservatorio e a Escola de Música ofrecerán este Nadal 5 horas de música nun total de 4 concertos - Hoxe proxéctase “Dhogs” no Cineclub Tui

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Rolda pleno novembro 10.12.2024

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos a rolda de conversas tras o pleno ordinario do pasado mes de novembro.

Noticias 13.30 h | Luns, 9 de decembro de 2024 09.12.2024

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - A Garda Civil investiga o roubo de varias pezas na Catedral de Tui - Este mediodía clausurouse o obradoiro de emprego Senda do río Miño Areeiros-Penedo - Recollemos as palabras de Nico Montes, voceiro do PP, sobre o pleno ordinario de novembro - O BNG de Tui renuncia a calquera tipo de negociación co grupo municipal do PSOE

Ent. Nicolás Lorenzo Montes, voceiro do PP | Rolda pleno novembro 09.12.2024

Continuamos coa rolda de conversas cos grupos da corporación tras o pleno ordinario do pasado mes de novembro. Hoxe foi a quenda de Nicolás Lorenzo Montes, voceiro do PP.

Noticias 13.30 h | Xoves, 5 de decembro de 2024 05.12.2024

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Increméntase o turismo en Tui nun 78% en novembro - O BNG reclamará no Congreso a conexión ferroviaria transfronteiriza - A CHMS invirte máis de 76.000€ na eliminación de especies invasoras no río Furnia ao seu paso por Tui - Citas do Nadal nesta ponte festiva - Hípica, camiñada, San Silvestre e encontros deportivos da fin de semana

Noticias 13.30 h | Mércores, 4 de decembro de 2024 04.12.2024

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Tui aposta pola eficiencia enerxética cambiado a led as luminarias dos accesos á cidade - Rematada a rehabilitación das vivendas de Caldelas que se destinarán a alugueiro social - Seguimos con Carmen Núñez do BNG a rolda de conversas tras o pleno ordinario de novembro - Hoxe ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez comezan as xornadas Alzh...

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Rolda Pleno Ordinario Novembro 04.12.2024

Con Carmen Núñez, a voceira do BNG, continuamos hoxe a rolda de conversas cos grupos da corporación municipal tras o pleno ordinario do pasado xoves.

Noticias 13.30 h | Martes, 3 de decembro de 2024 03.12.2024

Estes son os principais titulares que recollemos hoxe martes en Noticias 13.30 h: - O Consello da Xunta aproba o convenio co Concello de Tui para a creación do centro que xestionará a área Rexurbe - Abrimos con Jose Palacín de C21 a rolda de conversas tras o pleno ordinario celebrado o pasado xoves. - O xefe territorial de Educación precisa que o IES San Paio non ten danos estruturais - Vontade am...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Convenio de colaboración coa Xunta 03.12.2024

O Consello da Xunta autorizou onte o convenio co concello de Tui para o desenvolvemento dun centro que xestionará a área Rexurbe. Este será un instrumento instrumento clave na recuperación do patrimonio tudense e tamén na dinamización económica e social, segundo explicaba na RMT o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. O convenio debe ser agora aprobado tamén no Concello de Tui.

Ent. José Palacín, voceiro de Converxencia 21 | Rolda pleno ordinario de novembro 03.12.2024

Abrimos a rolda de conversas cos grupos da corporación municipal de Tui tras o pleno ordinario do pasado xoves, con José Palacín, o voceiro de C21. Con el abordamos os distintos puntos tratados na sesión plenaria.

Noticias 13.30 h | Luns, 2 de decembro de 2024 02.12.2024

Estes son os principais titulares que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h: - O Parque Natural Monte Aloia, recibirá parte dos 3 millóns de € que a Xunta destinará en 2025 a espazos protexidos - Reclaman o arranxo das deficiencias que sofre o IES San Paio - A catedral celebra o seu 799 aniversario - Tui acendeu o seu Nadal - O deporte tudense celebrou o venres a súa festa

Noticias 13.30 h | Venres, 29 de novembro de 2024 29.11.2024

Comezamos Noticias 13.30 h repasando os asuntos tratados onte pola corporación municipal de Tui en pleno. Facémonos eco da reclamación do IES San Paio para que se realice unha actuación urxente e integral que solucione deficiencias, que presenta o centro. O inicio do Nadal en Tui, as citas da fin de semana e a celebración hoxe da Gala do Deporte Tudense completan este tempo de información.

Noticias 13.30 h | Xoves, 28 de novembro de 2024 28.11.2024

Hoxe ás 20 h a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde damos conta do inicio da programación de Nadal este sábado en Tui co acendido da iluminación de Nadal, a apertura do Taller Máxico de Papa Noel e do Mercado de Nadal. Recollemos as citas do día e as que chegarán na fin de semana, parte delas vinculadas tamén ao Nadal. No deporte damos conta...

Noticias 13.30 h | Mércores, 27 de novembro de 2024 27.11.2024

Comezamos Noticias 13.30 h dando conta dos asuntos que a corporación municipal de Tui tratará mañá xoves en pleno ordinario. Amais damos conta do pleno infantil celebrado hoxe, da cita coa escritora Llerena Perozo desta tarde ás 19 h, dentro da programación do 25N e do deporte.

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.