Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30 h | Venres, 10 de maio de 2024 10.05.2024

O próximo luns haberá pleno extraordinario en Tui para o sorteo dos membros das mesas electorais das Eleccións Europeas do 9 de xuño. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde repasamos a actualidade de Tui e da comarca, todas as citas da fin de semana e a información deportiva.

Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de maio de 2024 09.05.2024

Abrimos Noticias 13.30 h en crónica de sucesos co incendio dun turismo rexistrado onte á tarde no aparcamento municipal. Recollemos amais o comunicado de C21 sobre o pleno deste martes e a reiteración na solicitude de que o alcalde presente unha moción de confianza. Nas citas do día destacamos a charla sobre o último alcalde republicano de Tui hoxe ás 20.30 h no concello de Tui, a proxección de Sc...

Noticias 13.30 h |Mércores, 8 de maio de 2024 08.05.2024

Abrimos Noticias 13.30 h co aprobado de onte en pleno sobre a rescisión do contrato para a construción dun aparcamento subterráneo en Tui. Outras novas son o I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil, o accidente dun coche onte á noite en Areas, onde foi precisa a intervención dos bombeiros para sacar á conductora do vehículo, a asemblea comarcal do PSOE celebrada o luns en Tui...

Noticias 13.30 h |Martes, 7 de maio de 2024 07.05.2024

A resolución do Contrato de concesión de obra pública do aparcamento subterráneo será o tema que trate hoxe ás 20 h a corporación municipal de Tui en pleno. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde damos conta do contacontos con maxia que chega ás 18 h á biblioteca municipal tudense con Leo Leoíño xunto a outras novas e citas de Tui e da comarca, e a información deportiva.

Noticias 13.30 h | Luns, 6 de maio de 2024 06.05.2024

A corporación municipal de Tui celebra mañá pleno extraordinario urxente. Dende hoxe a praza de abastos está pechada por obras, escoitamos as palabras de Nico Montes do PP e Ana Núñez, concelleira de Comercio sobre este tema. Amais damos conta da baixada en 65 persoas do paro no Baixo Miño até as 2.693 persoas desempregadas. Contamos o palmarés de Play Doc 2024, entre outras novas e información do...

Noticias 13.30 h | Venres, 3 de maio de 2024 03.05.2024

Play Doc centra hoxe boa parte do Noticias 13.30 h. Damos conta amais da suspensión, debido á previsión de choiva, da demostración aeronaval que ía ter lugar esta tarde en Tui. Repasamos outras novas e as citas da fin de semana. No deporte destaca a Final a 4 cadete de balonmán que mañá e o domingo se xoga no pavillón Gustavo Rodríguez.

Noticias 13.30 h | Xoves, 2 de maio de 2024 02.05.2024

A inauguración oficial de Play Doc, o festival internacional de cinema de Tui abre hoxe o Noticias 13.30 h. Damos conta amais de que 8 empresas se presentaron á licitación par ao arranxo dos viais no entorno da conexión co parque empresarial de Areas convocada pola Xunta. A formación sobre o alzheimer prevista esta tarde en Tui, xunto a outras novas locais e comarcais forman parte do informativo d...

Noticias 13.30 h |Martes, 30 de abril de 2024 30.04.2024

Abrimos Noticias 13.30 h coñecendo os eixos do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino do conxunto histórico de Tui, e dando conta do peche da actividade comercial da praza de abastos tudense durante 4 semanas por seguridade polas obras de reforma do edificio. A inauguración mañá de Play Doc, a demostración aeronaval que haberá este venres en Tui ou o contacontos para bebés esta tarde na bib...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - PSDT Conxunto Histórico e obras praza 30.04.2024

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, detallou hoxe os eixos fundamentais do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino do conxunto histórico de Tui que suporá un investimento de 2 millóns de euros até 2026. Onte o Consello da Xunta autorizaba o convenio de colalboración para a súa posta en marcha. Por outra parte o rexedor avanzou que a praza pechará durante 4 semanas, por seguridade, ante o in...

Noticias 13.30 h |Luns, 29 de abril de 2024 29.04.2024

Abrimos hoxe Noticias 13.30 h coa Final 4 Cadete de Balonmán que esta fin de semana se vai celebrar en Tui e que se converterá na gran festa do balonmán galego. Amais damos conta da xornada inaugural de Play Doc este mércores. Outras novas do día son as alegación que o PP anuncia que presentará en Tui á suba do IBI, os campamentos de verán, e o deporte onde destacaba o subcampionato de Europa en d...

Noticias 13.30 h | Venres, 26 de abril de 2024 26.04.2024

A programación de Tui en Letras e a apertura de prazo para os Campamentos de Verán son dúas da novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto a outras noticias de Tui e da comarca. Repasamos as propostas que chegan á fin de semana e o deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 25 de abril de 2024 25.04.2024

A presentación de Play Doc centra hoxe boa parte do Noticias 13.30 h deste xoves, 25 de abril. Falamos tamén da “Casa dos libros orfos“, da conmemoración do 25 de abril, da charla de Modepen esta tarde en Tui, xunto a outras novas. E no deporte destacamos a praza olímpica lograda polo padeeiro do Kaiak Tudense Matías Otero.

Noticias 13.30 h |Mércores, 24 de abril de 2024 24.04.2024

Coa ruta ornitolóxica pola beira do Miño comezan este domingo as Rutas na Natureza no Concello de Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h, repasamos o programa do Mes das Letras, coñecemos máis detalles da programación de Play Doc, xunto a outra s novas de Tui e da comarca.

Noticias 13.30 h | Martes, 23 de abril de 2024 23.04.2024

Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, abrimos Noticias 13.30 h coñecendo a programación do Mes das Letras do Concello de Tui. Adentrámonos na retrospectiva dedicada a William Friedkin en Play Doc, amais damos conta do curso de limpeza que se imparte en Tui, e coñecemos outras novas de Tui e da comarca.

Noticias 13.30 h |Luns, 22 de abril de 2024 22.04.2024

Abrimos Noticias 13.30 h con Play-Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui que comeza o próximo día 1 de maio. Coñecemos a mellora no servizode recollida de cartón porta a porta para establecementos en Tui e o curso de limpeza que se está a impartir no Centro de Formación en Guillarei. Outras novas da comarca, citas formativas e o deporte completan este tempo de información.

Noticias 13.30 h | Venres, 19 de abril de 2024 19.04.2024

En Noticias 13.30 h comezamos hoxe venres en crónica política. Amais repasamos os datos do operativo, denominado ‘Vozka’ desenvolvido pola Gardia Civil e a Axencia Tributaria, en colaboración coa Policía Judiciaria de Braga. Damos conta da asemblea da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui. A celebración de Tui Le e todas as citas da fin de semana e o deporte, completan este tempo de inf...

O X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade baterá récord de participación esta fin de semana 18.04.2024

Bailes latinos, estándar, caribeños, danza coreográfica e solo dance serán as modalidades do X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade que se celebra este sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença. Baterá récord de participación. A Eurocidade acollerá en outubro unha proba do Circuíto Ibérico de Bailes Deportivos. Así o contamos en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de abril de 2024 18.04.2024

Abrimos Noticias 13.30 h dando conta do X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença que baterá esta fin de semana récord de participación. Lembramos que ás 20 h na Sala Félix Rodríguez se celebra asemblea da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui. Os tres cursos que nas próximas semanas comezarán na aula da UNED de Tui ou as xornadas de portas abertas na escola de música da Ban...

Noticias 13.30 h | Mércores, 17 de abril de 2024 17.04.2024

Hoxe completamos a rolda de conversas valorando o pleno de abril co alcalde, Enrique Cabaleiro. En Noticias 13.30 h recollemos amais as obras en Antero Rubín, a visita onte á Comandancia Naval do Miño en Tui do subdelegado do goberno, e coñecemos novos detalles da programación de Play Doc.

Noticias 13.30 h | Martes, 16 de abril de 2024 16.04.2024

En Noticias 13.30 h damos conta do inicio das obras na ponte sobre o regato da Ponte do Febreiro en Paramos. Recollemos as palabras de Salvador García da Asociación de Afectados de Paramos, Repasamos a actualidade local e comarcal, as citas da semana e o deporte hoxe con balonmán e natación.

Noticias 13.30 h |Luns, 15 de abril de 2024 15.04.2024

En Noticias 13.30 h recollemos a explicación do goberno municipal de Tui sobre o gasto en Servizos Sociais, saíndo ao paso das críticas do PP. Por outra parte resumimos a valoración do pleno de abril do voceiro do PP Nico Montes. Outras novas chegan da crónica de sucesos, as citas para esta semana e o deporte.

Noticias 13.30 h | Venres, 12 de abril de 2024 12.04.2024

No informativo de hoxe lembramos as modificacións no horarios de Lugove que hoxe entraron en vigor. Resumimos a entrevista con Carmen Núñez do BNG valorando o pleno de abril, e repasamos as citas da fin de semana en Tui e no Baixo Miño, así coma a información do deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de abril de 2024 11.04.2024

Abrimos Noticias 13.30 h coas obras que o Concello de Tui vai realizar nas piscinas municipais. Recollemos a solicitude de C21 dunha reunión da Xunta de Voceiros de Tui polas obras en Antero Rubín. A presentación do libro de Daniel Domínguez, as charlas sobre primeiros auxilios que PC de Tui está a ofrecer nos centros educativos, forman parte tamén deste tempo de información, xunto á crónica do de...

Noticias 13.30 h | Mércores, 10 de abril de 2024 10.04.2024

O Concello de Tui recibirá unha subvención do CSD para a reforma das piscinas municipais. Esta á unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto á apertura do prazo, o 29 de abril, para solicitar praza para o Campamento de Verán Igual É +. Tamén coñecemos as películas que participarán na sección de competición en Play Doc do 1 ao 5 de maio, xunto a outras novas da xornada.

Noticias 13.30 h | Martes,9 de abril de 2024 09.04.2024

En Noticias 13.30 h recollemos o remate das Festas de San Telmo 2024. Amais comeza a rolda valoración do pleno de abril con José Manuel Palacín de C21. Outras novas de Tui e da comarca, as citas, e o deporte, completan este tempo de información.

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.