Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A fortaleza de Goián forma parte do proxecto 'Arquitectura Contemporáneas nas Rías Baixas. Espírito creativo' 21.01.2016

O proxecto de rehabilitación da Fortaleza de Goián, en Tomiño, é un dos seleccionados polo Colexio de Arquitectos de Galicia na nova proposta de experiencias turísticas: "Arquitectura Contemporáneas nas Rías Baixas. Espírito creativo" da Deputación de Pontevedra. Uxío Benítez, tenente alcalde de Tomiño e deputado provincial, amosou a satisfacción do Concello de Tomiño polo feito de que o Colexio d...

Presentado en FITUR o Open de España de Enduro BTT, BIG Ride que terá na Eurocidade a segunda proba 21.01.2016

A Eurocidade Tui-Valença acollerá o 21 e 22 de maio a segunda proba da Big Ride 2016. Este Open de España de Enduro de BTT foi presentado hoxe oficialmente en #FITUR2016 onde se deu conta que terá catro sedes, amais da Eurocidade acollerán este evento Ojén, Castellón de SOS e coma novidade Morella. Contono na RMT Guti Martín, de Sherpa Project, organizadores do evento.

Recollida de fotografías antigas para a Mostra Mulleres na historia do Rosal 21.01.2016

O Concello do Rosal organiza unha exposición de fotografías antigas testemuño gráfico das mulleres. O obxectivo é visibilizar o papel das mulleres no medio rural. Dende o Concello solicitan a todas as persoas do Rosal, que acheguen fotografías antigas que fagan alusión ó traballo da muller. Con estas fotografías levarán a cabo unha exposición con motivo do Día Internacional da Muller o 8 de marzo....

A Guarda estivo presente en FITUR 21.01.2016

A Guarda tamén estivo onte en FITUR para manter dúas reunións unha de destinos EDEN e outra co consultor da Universidade de Barcelona que fará o expediente da candidatura conxunta da Guarda-Caminha a Patrimonio da Humanidade. Tamén aproveitaron para manter contactos con touroperadores, así coma con responsables da Xunta e doutros concellos. Así nolo contou o alcalde da Guarda, Antonio Lomba.

O alcalde de Tui valora positivamente a presentación realizada en #FITUR2016 21.01.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo unha valoración moi positiva da presentación realizada onte á tarde en #FITUR2016 por ter a oportunidade dar a coñecer a marca de calidade da Eurocidade. Aproveitou para resaltar a riqueza patrimonial e natural das dúas cidade, facendo fincapé na diversidade de ocio ligada ao río Miño, a variedade da riqueza gastronómica e hostaleira.

Ent. Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, tren e FITUR 20.01.2016

Renfe non suprimirá a primeira frencuencia entre a estación de Guillarei e Madrid, así llo comunicaron hoxe ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a quen lle explicaron que se tratou dun erro informático. O rexedor tudense está arestora en Madrid onde esta tarde participará en FITUR na presentación da Eurocidade Tui-Valença, un evento que está a xerar moita expectación.

Talleres de autoestima e da risa, e de constelacións familiares organizados por Érguete Baixo Miño 20.01.2016

En colaboración coa Asociación Érguete Baixo Miño, a psicoterapeuta Mª Jesús Alfonso Amoedo impartirá un taller de Constelacións Familiares. Trátase dunha ferramenta terapéutica que axuda a solucionar e mellorar as relacións persoais, familiares, de parella ou laborais. Terá lugar o sábado 30 de xaneiro ás 10h. Ademais ábrese o prazo de inscrición para participar nos obradoiros de “Autoestima” e “...

A OMIX de Tomiño oferta 6 novos cursos formativos neste cuadrimestre 20.01.2016

A Oficina Municipal de Información á Xuventude de Tomiño vén de anunciar novas actividades formativas para este novo cuadrimestre. Trátase de cursos de linguas de castelán e galego para estranxeiros, francés no nivel intermedio, e actividades formativas sobre cultivos ecolóxicos e do programa da Xunta Iniciativa Xove, xunto o curso de monitor de tempo libre. A responsable da OMIX de Tomiño, Elisab...

acuBAM presentou as súas actividades á conselleira 20.01.2016

AcuBam e o Concello de Tomiño reuníronse onte coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, en Santiago. Segundo o presidente de AcuBam, José Cosmed, o obxectivo principal da reunión foi presentar á conselleira a Asociación de Cultivos do Baixo Miño, as súas actividades e a 13ª edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño que terá lugar os días 2 e 3 de abril. Sinalou a receptividade amos...

Visita institucional da presidenta da Deputación a Tomiño 19.01.2016

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, realizou onte unha visita institucional ao Concello de Tomiño. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, amosou a súa satisfacción por este feito xa que esta é a primeira visita institucional dun/dunha presidente/a da Deputación a Tomiño. A Tomiño correspóndenlle de fondos provinciais 1.247.000€, un 63% máis que en 2015. Están agora a redactar os proxectos...

Hoxe ábrese as inscricións para participar no XVIII Desfile de Carrozas e Comparsas en Salceda 18.01.2016

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar no XVIII Desfile de Carrozas e Comparsas en Salceda. O desfile celebrarase o domingo 7 de febreiro. Ata este sábado 23 poden inscribirse as agrupacións salcedense e a próxima semana, do luns 25 ao sábado 30 as doutros municipios. Todas as comparsas admitidas recibirán entre 100 e os 700 € en función do número de compoñentes. Ademais da dotación eco...

O delegado da Xunta e o delegado territorial de Medio Rural visitaron ás comunidades de montes de Oia e Tomiño 18.01.2016

Ás dez e media desta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, xunto ao xefe territorial do Medio Rural, Miguel Pérez Dubois, visitarán ás comunidades de montes de Loureza e Burgueira, en Oia e Barrantes, en Tomiño. Neste encontro escoitaron as inquedanzas destas comunidades e lles presentaron as liñas de axudas da Consellería de Medio Rural, segundo explicou á...

Máis de 230 remeiros participarán este domingo na XII Regata Miño Internacional Copa Presidenta da Deputación 15.01.2016

Corenta e dúas embarcacións pertencentes a 15 clubs españois e portugueses van participar este domingo na XII Regata Miño Internacional Copa Presidenta da Deputación organizada polos clubs Remo do Miño e Remo Tui co apoio do Concello de Tui. En conxunto serán 238 remeiros os que compitan nesta proba de longa traxectoria en Catro Scull masculino e feminino, en Oito con temoneiro e en Oito veterano....

Ent. Yolanda Rguez, concelleira de Urbanismo - Demolición casa Avda. da Concordia 15.01.2016

Esta mañá comezaron os traballos de desmonte da vivenda situada na Avenida da Concordia número 23 que rexistrara desprendementos á calzada polo que dende o Concello se iniciara un expediente de orde de execución. A difícil localización dos propietarios dilatou no tempo a demolición da obra para que o pasado mes de novembro a Xunta de Goberno Local outorgou a licenza. O proxecto ascende a algo máis...

O Concello de Tui celebrará o desfile-concurso de Entroido o luns 8 de febreiro 15.01.2016

Están xa accesibles na web do Concello de Tui as bases para participar no Desfile-concurso de Entroido que se celebrará na cidade o luns, 8 de febreiro. Precisamente a celebración en luns é unha das novidades que presenta este ano a convocatoria xunto á valoración no premio xeral da “actualidade” das propostas a concurso. Así nolo contaba a concelleira de Cultura, María José González

A Asociación SOS Tomiño Baixo Miño amplía o seu labor asistencial ás familias do Rosal 14.01.2016

A Asociación SOS Tomiño Baixo Miño amplía o seu labor asistencial ás familias do Rosal, que se fará efectiva a partir do mes de febreiro. José Quinteiro, presidente da asociación, explicou nos nosos micrófonos que a decisión de ampliar a súa atención ó Rosal procede dunha análise das necesidades dos veciños rosaleiros. Para solicitar esta axuda, os interesados do Rosal poden dirixirse ós voluntari...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión Área Metropolitana día 13 de xaneiro 13.01.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asistiu esta mañá á reunión convocada en Vigo sobre a Área Metropolitana na que se chegou ao acordo de trasladar á Xunta que convoque tamén á reunión que proximamente celebrará para tratar sobre esta entidade supramunicipal tamén aos 7 concellos que teñen interese en forman parte da mesma entre os que está o de Tui. Amosaba o rexedor tudense a súa satisfacción...

A Cruz Vermella Baixo Miño impartirá un curso de Primeiros Auxilios en febreiro 13.01.2016

A Asemblea Comarcal da Cruz Vermella ten aberto o prazo de inscrición para o curso de Primeiros Auxilios no fogar que vai impartir os sábados 13 e 20 de febreiro en horario de 10 a 14h. A responsable comarcal de Cruz Vermella, Neli Rodríguez, deu conta dos obxectivos desta acción formativa. Ofértanse un total de 15 prazas que se cubrirán por orde de inscrición, os interesados poden contactar coa C...

A OMIX da Guarda oferta tres cursos neste comezo do 2016 12.01.2016

A OMIX da Guarda deu a coñecer os cursos formativos ofertados para o comezo deste ano 2016, un curso de portugués, outro de linguaxe de signos e o último un obradoiro dun só día de calcenecos. O curso de portugués ten un prezo total de 25 euros, comeza en febreiro e impartirase os martes e xoves, de 20h a 22h. Pola súa parte, o curso de lingua de signos ten o mesmo prezo, 25 euros, pero comezará a...

Ent. Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro - Precaución pola crecida do Miño 11.01.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fai un chamamento de precaución á poboación ante a crecida do nivel do río Miño ao seu paso por Tui.

Anegado o Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadelouro en Tui 08.01.2016

O Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia de Ribadelouro en Tui está impracticable coa zona da Ponte das Febres completamente anegada pola auga. Por este motivo o Concello de Tui vai instalar sinalización da rota alternativa que deberán seguir estes días os peregrinos. Así o explicaba hoxe o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

Mantense cortada a estrada de San Caetano en Paramos pola caída dun muro de contención 08.01.2016

A estrada de San Caetano en Paramos continua cortada, debido a inestabilidade do terreo, tras a caída onte dun muro de contención. A concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, explicou á RMT que están comprobando que a obra executada se axusta á licenza concedida.

Aprobados os orzamentos do Concello de Tui para 2016 29.12.2015

O Concello de Tui terá no ano 2016 uns orzamentos de 7.668.023,68€ . Esta mañá foron aprobadas inicialmente as contas municipais para 2016 nun pleno extraordinario no que o grupo de goberno formado por PSOE, Alternativa Tudense, BNG e Son de Tui tiveron o apoio do concelleiro de Alternativa Popular de Tui, José Manuel Sousa, para sacar adiante a proposta. Votaron en contra o PP, C21 e Ciudadanos T...

Os servizos sociais e a educación son as apostas principais dos orzamentos de Tomiño para o 2016 28.12.2015

Hoxe ás 20h en Tomiño reúnese a corporación municipal en pleno para debater os orzamentos para 2016, que ascenden a 6,2 millóns de euros, unha contía similar ós deste ano 2015. Trátanse dunhas contas moi equilibradas nas que se aposta polos servizos sociais e a educación segundo explicaba o concelleiro de Facenda de Tomiño, Uxío Benítez.

Exposición 'Illas, náufragos invisibles' de Miguel Núñez 21.12.2015

Ata o 10 de xaneiro pode visitarse na sala anexa da Sala de Exposicións Municipal de Tui a mostra "Illas, náufragos invisibles" do fotógrafo Miguel Núñez. O pasado venres na inauguración explicou a súa obra.

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.