Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Este domingo celébrase o Festival de Nadal de Patinaxe en Tui 18.12.2015

Este domingo o Club de Patinaxe Artístico Ribex, celebra o Festival de Nadal de Patinaxe no novo pavillón de deportes de Tui. Nesta actividade colabora o Concello de Tui. A partir das seis da tarde haberá exhibicións dos grupos de competición do club e das escolas deportivas de patinaxe, así como outros participantes de Tomiño e Mos. Coma todos os anos por estas datas, contarán tamén coa visita es...

Valoración de Teresa Domínguez da campaña de recollida de xoguetes do CRA Mestra Clara Torres 17.12.2015

O pasado martes día 15 deste mes, o CRA Mestra Clara Torres pechaba a súa campaña de recollida de xoguetes. Teresa Domínguez, directora do CRA, valoraba ante os nosos micrófonos que esta campaña resultou ser todo un éxito, xa que participaron na mesma moitos centros educativos da cidade, ademais de moitas familias. Teresa Domínguez quixo subliñar o feito de que foron moitos nenos os que decidiron...

Valoración reunión Área Metropolitana, alcalde de Salceda 16.12.2015

O alcalde de Salceda, Marcos Besada, reuniuse o luns co alcalde de Vigo, Abel Caballeiro, dentro das roldas de conversas que está a manter o rexedor vigués sobre a Área Metropolitana.

Valoración reunión Área Metropolitana Sandra González, alcaldesa de Tomiño 16.12.2015

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, reuniuse onte co alcalde de Vigo, Abel Caballeiro, dentro das roldas de conversas que está a manter o rexedor vigués sobre a Área Metropolitana.

A Guarda asistiu á reunión dos concellos que forman parte da rede de Sendeiros Azuis 16.12.2015

Esta mañá celebrouse no Pazo Provincial en Pontevedra unha reunión dos alcaldes da provincia adheridos á Rede de Sendeiros Azuis, entre os que está o Concello da Guarda. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, valorou esta reunión e avanzou que dende o concello guardés tentarán ampliar o carril bici que vai agora ata O Seixal e facer que chegue ata o Muíño.

As redeiras da Guarda participan en cursos de deseño e produción de novos produtos de bixutería 16.12.2015

Preto de dez redeiras da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia están a participar en distintos cursos durante estas semanas para deseñar novos produtos artesanais e polos en valor de cara a súa posterior venda, nunha iniciativa da Consellería de Economía e da Consellería do Mar. Manoli Pacheco, secretaria da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, facía unha valoración positiva destes...

Decoración de Nadal en rúas tudenses 15.12.2015

O Concello de Tui xunto coas florarías Flores Rita e La Flor Floristas, están a decorar as rúas do centro, do casco histórico tudense e a Ponte Internacional con motivos de Nadal. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, sinalou que esta proposta ten o obxectivo de embelecer a cidade, e agarda que a decoración sirva para dinamizar o comercio local

Esta mañá preséntouse a aplicación ORPAGU LEX 15.12.2015

Esta mañá tivo lugar na sede de ORPAGU na Guarda a presentación da aplicación ORGAPU LEX. A mesma ten por obxectivo facilitar o acceso a toda a lexislación e normativas relacionadas coa pesqueira de palangre de superficie. Juana Parada, xerente de ORPAGU, explicaba coma a flota dos palangreiros está sometida a distinta normativa internacional que se vai actualizando, polo que as veces resulta comp...

Declaracións de Javier Aguilera, director do IGAPE- Visita á empresa tudense Iberembal 14.12.2015

O director do IGAPE, Javier Aguilera, visitou esta mañá a empresa Iberembal no Parque Empresarial de Areas. O obxectivo da súa visita foi falar coa empresa Iberembal, para poder avaliar así diferentes programas de financiamento a través do apoio a fondo perdido para investimentos e creación de emprego.

Declaracións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda- Novo convenio mantemento GES 14.12.2015

A Xunta de Galicia aprobará esta semana o novo convenio para o mantemento dos GES, grupo de emerxencias supramunicipais, por un período de cando menos tres anos, e contemplando novas actuacións ás que xa tiñan, coma intervencións para erradicar a vespa velutina. Así o explicaba esta mañá o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Hoxe sábado preséntanse os traballos de recuperación do petróglifo de Ghorgholado no Rosal 11.12.2015

Hoxe sábado, 12 de decembro, ás 12h o Concello do Rosal fará a presentación pública dos traballos de recuperación e restauración do xacemento arqueolóxico do petroglifo de Ghorgholado na parroquia de Eiras. Tras tres anos de traballo, dende que unha veciña comunicou ao Concello a existencia deste petroglifo, dende mañá será xa visitable este lugar. En declaración á Radio Municipal de Tui a concell...

O Concello de Tui poxa hoxe unha euga e un poldro que apareceron a semana pasada 10.12.2015

Hoxe venres, 11 de decembro, ás 12h na Cruz nº17 en Malvas terá lugar a poxa dunha egua e un poldro que apareceron o pasado xoves e dos que non se atopou o dono. O concelleiro de Medio Ambiente , José Martínez Tato, explicaou na RMT que o Concello é o responsable civil subsidiario nestes casos polo que procede á venda mediante poxa destes animais.

Esta fin de semana incrementarase a presenza policial no conxunto histórico de Tui para evitar incidentes 10.12.2015

Esta fin de semana incrementarase a presenza policial no conxunto histórico de Tui coma medida disuasoria para evitar que se volvan producir incidentes coma a pelexa multitudinaria deste pasado domingo. Así o acordaron no día de onte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o subdelegado do goberno en Pontevedra, Coello, no encontro que mantiveron. En concreto se reforzarase a presenza da Garda Civi...

Nova concentración nos Xulgados de Tui para demandar mellores instalacións 10.12.2015

Hoxe ao mediodía tivo lugar a segunda concentración, levada a cabo polos traballadores do Xulgado de Tui, ante o edificio número 3 no Paseo da Corredoira. O obxectivo destas concentracións é demandar unhas instalacións axeitadas para os tres xulgados tudenses. Mercedes Garrido, representante dos traballadores, declarou que de momento non teñen comunicación da Xunta de Galicia. Comunicou que a Xuíz...

Valoración positiva do IV Mercado de Nadal 07.12.2015

Valoración positiva do IV Mercado de Nadal celebrado onte domingo na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello e de San Fernando. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, valorou positivamente tanto a asistencia de público coma as vendas realizadas polos distintos postos. Amais se recaudaron máis de 400 quilos de alimentos para SOS Tomiño-Baixo Miño. O concelleiro tamén deu conta da boa repercusión q...

Samuel Diz publica novo disco 'Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca' 07.12.2015

O músico tudense Samuel Diz vén de publicar un novo disco froito do traballo de investigación que leva a cabo. Neste caso trátase de 'Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca' dedicado á guitarra na Xeración do 27. En declaracións á Radio Municipal de Tui Samuel Diz explicaba que este novo traballo é o froito de catro anos de investigación sobre a Xeración do 27, tomando a figura de F...

O Centro Cultural San Fins de Rebordáns celebra o seu Nadal Cultural 05.12.2015

Dende onte venres e ata o luns 7 o Centro Cultural San Fins de Rebordáns, en Tui, está a celebrar o seu Nadal Cultural con diferentes actividades. Mañá terán un domingo solidario con recollida de alimentos para SOS Tomiño-Baixo Miño. Contounolo en declaracións á Radio Municipal de Tui o seu presidente Alfonso González.

Declaracións de Yolanda Rodríguez, concelleira- Última hora ataque informático 03.12.2015

A concelleira de Urbanismo do Concello de Tui, Yolanda Rodríguez, explicou que tralo ataque informático que afectou ós departamentos do Concello, practicamente xa está reactivada a actividade. Desta forma, os ordenadores xa están funcionando, está restablecido o rexistro de entrada e saída, e están funcionando case ó 100%, coa excepción de tres ordenadores que continúan apagados.

Declaracións de Yolanda Rodríguez, concelleira de Urbanismo- última hora do ataque informático 03.12.2015

Yolanda Rodríguez, concelleira de Urbanismo, informa que arestora están a traballar para arranxar o problema do virus informático, e agarda que estea solucionado ao longo da mañá. Para restablecer o servizo, están facendo copias de seguridade. Nestes momentos aínda non atoparon o foco de partida do virus, por iso, durante a mañá achegaranse de novo técnicos da Deputación para tentar esclarecer as...

Declaracións de Mercedes Garrido, voceira dos traballadores do Xulgado- Manifestación Xulgados Tui 02.12.2015

Este mediodía tivo lugar a primeira das concentracións convocadas para este mes diante do xulgado número 3 de Tui no Paseo da Corredoira. O obxectivo das mesmas é demandar unhas instalacións axeitadas para os tres xulgados tudenses. A concentración é aberta á cidadanía e repetirase os mércores, 9 e 16 deste mes. Mercedes Garrido, voceira dos traballadores do Xulgado, explicou que a concentración d...

Tui súmase á celebración do Día Mundial da SIDA 01.12.2015

Hoxe celébrase o Día Mundial da SIDA. Por este motivo o Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui leva a cabo distintas actividades coma a colocación dunha pancarta informativa na fachada da Área Panorámica. Tamén realizan obradoiros cos escolares para promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificar falsas crenzas e mala información. E na fin de seman...

Recital de Raquel Areal e Isolda Crespi o domingo 29 na Igrexa de Santo Domingo en Tui 27.11.2015

Este domingo, 29 de novembro, ás sete da tarde a Igrexa de Santo Domingo acolle un recital de música clásica organizado pola Asociación Trisquel e Medulio dentro das VII Xornadas Culturais. O concerto correrá a cargo da violinista tudense Raquel Areal Martínez e da pianista Isolda Crespi. Interpretarán obras de Bach, Beethoven, Bloch, Saint-Saën e Tchaickovsky. En declaracións á Radio Municipal de...

Concerto do Ensemble Galería hoxe venres na Igrexa de Santo Domingo 27.11.2015

Hoxe venres, 27 de novembro, 20.30h, a Igrexa de Santo Domingo de Tui acolle o concerto presentación do Ensemble Galería. Alejandro Garrido, director desta agrupación de corda, explicou á Radio Municipal de Tui que van interpretar o Adagio de Samuel Barber, o Concerto para viola e orquestra de cordas de Telemann e a Serenata para cuerdas de Tchaikovsky.

Hoxe ás 18.30h charla "Stop Vespa Velutina" na Sala Félix Rodríguez de Tui 27.11.2015

Qué compre saber sobre a vida e comportamento da Vespa Velutina; a ameaza real que supón e os colectivos máis afectados; como comportarse ante a presenza do insecto... serán parte dos contidos da charla “Stop Vespa Velutina” prevista para ás seis e media desta tarde na Sala Félix Rodríguez na Área Panorámica. O presidente da Asociación Galega de Apicultores será o encargado de explicar estes e out...

Mañá celébrase un novo Mercado da Verdura coa venda de produtos ecolóxicos 27.11.2015

Mañá sábado, 28 d e novembro, celébrase un novo Mercado da Verdura de 10 a 14h no Cárcere Vello de Tui rganizado polo Concello de Tui, Foro Tude e APEGA. Toñi Pereira, produtora ecolóxica, explicou na Radio Municipal de Tui os produtos que poderemos atopar mañá.

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.