Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O delegado territorial da Xunta visitou este mediodía Establecementos Cholo en Areas 10.02.2016

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou este mediodía a empresa Establecementos Cholo en Tui. Establecementos Cholo está situada no Parque Empresarial de Areas e conta con tres puntos de venda en Vigo. É unha empresa cárnica que vende anualmente 1.200 toneladas de produtos e conta con 28 traballadores. O obxectivo da visita desta mañá por parte do delegado...

Mañá constitúese en Mougás a primeira asociación de resineiros de Galicia 05.02.2016

Mañá ás dez da mañá na Casa da Cultura de Mougás, en Oia, vaise constituír a primeira asociación de resineiros de Galicia, AREGA, que parte con quince asociados. Esta asociación de resineiros de Galicia busca chamar a atención das autoridades autonómicas para se se regule claramente este aproveitamento, divulgar os beneficios do resinado dos piñeiros e servir como interlocutor válido ante propieta...

José de Freitas presenta as súas pinturas baixo o título 'A Natureza das Cores' en Tui 05.02.2016

Onte á tarde abriu as súas portas na zona anexa á Sala de Exposicións Municipal a mostra “A natureza das cores” de José de Freitas, pintor afincado en Valença. O acto de inauguración contou coa presenza da concelleira de Cultura de Tui, María José González. José de Freitas explicou que co título da mostra busca plasmar as cores e os sentimentos nunha mostra no que a natureza é protagonista con pai...

Play-Doc pon en marcha unha campaña de micromecenazgo para a edición dunha monografía de Charles Burnett 04.02.2016

Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, pon en marcha hoxe unha campaña de micromecenazgo dirixida a publicación da que será a primeira monografía de Charles Burnett. Este cineasta será obxecto na edición deste ano, do 13 ao 17 de abril, dunha retrospectiva. Os que desexen colaborar poden facelo ao través da plataforma Verkami. Nolo contou Sara García, directora de Play-Doc, xunt...

Novidades do programa de Maiores en Tomiño 03.02.2016

A introducción de clases de informática e o establecemento de dous grupos entre a trintena de usuarios para brindarlles unha mellor atención, son parte das novidades que terá este ano o Programa de Maiores do Concello de Tomiño. Así o detallou á RMT a concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez.

Tui contará con 65.326€ do Plan Marco da Xunta 03.02.2016

O Baixo Miño contará con 270 mil euros do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016 para a provincia de Pontevedra. Este plan foi presentado esta mañá na sede da Xunta, en Pontevera, polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. O alcalde de Tui, Enrique C...

Reunión do Concello co xefe territorial de Educación 02.02.2016

A construción dun novo colexio en Pazos de Reis, o arranxo da cuberta do CEIP de Rebordáns, a ampliación do comedor escolar do CEIP nº2, o reasfaltado no CEIP de Randufe ou a solicitude de persmisos para o uso do CEIP nº2 e dos IES's Indalecio Pérez e San Paio foron algúns dos temas tratados hoxe polo tenente alcalde de Tui, Miguel Capón, e o xefe territorial de Educación, César Pérez. Ao encontro...

Yolanda Viñas multada con 300€ por uns comentarios no seu muro de Facebook 01.02.2016

A Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño informa que a afectada tudense Yolanda Viñas vén de recibir unha multa de 300€ por uns comentarios publicados no seu muro de Facebook o pasado mes de decembro facendo referencia a un artigo de prensa. Nolo contaba a propia afectada, Yolanda Viña. A Plataforma vai iniciar os trámites xudiciais e políticos para paralizar esta situación.

Jorge e Brais son os beneficiarios da 11ª Campaña de BANTA 01.02.2016

Hoxe ponse en marcha a 11ª campaña de Banta, o Banco de Tapóns do Baixo Miño na que recollerá tapóns para axudar a dous nenos Jorge e Brais. Contonolo Manuel Pardo, presidente da BANTA, quen tamén deu conta de como resultou o peche da anterior campaña o pasado sábado

A programación cultural do 2016 comeza co Entroido e o concerto de Samuel Diz 29.01.2016

O Entroido abre a programación do primeiro semestre do ano en Tui co desfile-concurso o próximo 8 de febreiro. Mentres no Teatro Municipal o primeiro espectáculo será o concerto que ofercerá o tudense Samuel Diz. Así o explicou esta mañá a concelleira de Cultura de #Tui,María José González. O seu homólogo de Valença, José Monte, referiuse ao concerto da Orquestra do Norte que aporta a Cámara de Va...

O alcalde de Tui anuncia que a Axenda Cultural de Tui se transformará na da Eurocidade 29.01.2016

Esta mañá presentouse a programación cultural do primeiro semestre do ano 2016 en Tui, que vén recollida na Axenda Cultura Corredoira. O alcalde, Enrique Cabaleiro, avanzou que posiblemente esta sexa a última axenda con este formato, xa que a próxima será a Axenda Cultural da Eurocidade. Mentres o director da AGADIC, Jacobo Sutil, deu a coñecer que Tui ocupou en 2015 o primeiro posto en media de e...

O goberno local de Tui fíxase coma prioridade pór de relevancia o patrimonio histórico da cidade 28.01.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou hoxe na presentación de 8 fotografía antigas de Tui que dende o goberno local fíxase coma prioridade pór de relevancia o patrimonio histórico da cidade, sinalando que se trata dun elemento fundamental dentro da promoción turística da cidade. Apuntaba nese senso que o turismo é un dos elementos máis dinamizadores e que máis recursos externos aporta.

Tui edita oito fotografías antigas de Tui 28.01.2016

Parte do patrimonio histórico de Tui está reflectido en fotografías que amosan a cidade e as súas xentes ao longo da historia. Por este motivo o concello ven de editar oito láminas con fotografías de Juan Vila datadas entre os anos 50 e 60 que se poden ver na Oficina Municipal de Turismo. Así o explicaba o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso. Esta é a primeira dunha serie de fotografías ás que...

As comisión de festas de Tomiño poderán acceder a unha axuda por contratar a grupos locais 28.01.2016

O Concello de Tomiño pon en marcha o Circuíto Cultural 2016 dirixido a comisións e organizadores de festas. Este circuíto, aprobado o luns en Xunta Local de Goberno, lles permitirá acceder a un desconto na contratación de grupos de música tomiñeses. Este circuíto cultural púxose en marcha en 2012, e o ano pasado presentáronse un centenar de solicitudes de axuda para a contratación de grupos locais...

Tomiño presentou hoxe o plan integral de formación 28.01.2016

Esta mañá en Tomiño tivo lugar a presentación da programación formativa do Concello por parte da alcaldesa, Sandra González, e da concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez. Fátima Rodríguez, en declaracións á Radio Municipal de Tui, destacou a aposta por leva a cabo un plan integral para a formación que busca mellorar a calidade de vida e benestar social da mocidade. Ao longo do ano realizarase ac...

Os emigrantes retornados do Baixo Miño volvéronse concentrar hoxe en Tui 28.01.2016

A Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño concentrouse hoxe na Praza de San Fernando, diante da delegación da Axencia Tributaria, en Tui para reclamar a mesma tributación que os xubilados que cotizaron en España os que o fixeron noutros países. Tamén demandan que se recoñezan as cualificacións de incapacidade doutros países, así coma a tributación para os herdeiros. Benito Alonso é o seu...

ORPAGU viaxou a Xapón onde mantivo contactos coas agrupacións de palangreiros 28.01.2016

A Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU) desprazouse a Xapón para coñecer as distintas fases da pesqueira de palangre de superficie e os seus produtos. Durante catro días a delegación da organización, encabezada polo seu presidente, Joaquín Cadilla, percorreu distintos espazos de Tokio e da cidade de Kesennuma, onde mantiveron distintos encontros. Joaquín Cadilla, presidente de ORPAGU e...

Visita de Anna Haebich ó Concello de Tui con motivo da súa investigación do Padre Rosendo Salvado 27.01.2016

Hoxe visitou o Concello de Tui, a Catedral e o Arquivo Diocesano a profesora da Universidade de Curtin, Australia, Anna Haebich, que está a facer unha investigación sobre a figura do Padre Rosendo Salvado e o seu labor pedagóxico en Nova Nursia a través da música. No encontro, Anna Haebich coñeceu algunhas anécdotas sobre a figura do polifacético bispo Salvado, xunto con documentos e cartas de Sal...

Visita institucional da presidenta da Deputación ao Concello do Rosal 27.01.2016

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, ofreceu onte, na súa primeira visita institucional ao Rosal, a súa colaboración ao alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, para apoiar ao Concello nos plans de futuro que ten en marcha. O alcalde Rosaleiro valorou positivamente esta visita pola boa disposición da presidenta provincial. Así en materia de seguridade vial o alcalde destacou a senda peonil de Va...

O novo Centro de Saúde de Oia será inaugurado en marzo 27.01.2016

O Centro de Saúde de Oia inaugurarase o próximo mes de marzo. Así o avanzaba a alcaldesa de Oia, Cristina Correa., quen destacaba a importancia que este feito terá para o Concello. Precisamente onte en Oia abordaron obras a acometer neste entorno, coma o muro que separará o colexio Mestre Manuel García de Oia do novo Centro de Saude. O fixeron nun encontro entre a alcaldesa Cristina Correa e o del...

O alcalde de Tui reuniuse coa secretaria Xeral de Urbanismo para tratar modificacións do PXOM 27.01.2016

Realizar unha serie de reformas no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui foi un dos puntos que estiveron onte sobre a mesa no encontro que en Santiago mantiveron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas. Ao encontro asistiu tamén a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, e un técnico municipal. En concreto trátase...

As carrozas e comparsas que participen no desfile de Entroido da Guarda levarán un premio económico 26.01.2016

Onte o Concello da Guarda abriu o prazo de inscrición para que carrozas e comparsas se inscriben no desfile de Entroido, que terá lugar o vindeiro martes día 9 de febreiro. Elena Baz, concelleira de Cultura, deu conta que este ano coma novidade, as comparsas e carrozas que participen no desfile levaranse unha compensación económica.

Actividades e cursos do Servizo de Información Xuvenil do Rosal 25.01.2016

O Concello do Rosal comeza o ano con novos cursos, aos que se lles suman os que están en funcionamento como zumba e pilates. Estas novas actividades trátanse dun curso de iniciación a inglés, outro de introducción á informática, curso de elaboración de confeituras caseiras, xunto con outro de coidados da pel. Amais, a concelleira de Información Xuvenil, María del Carmen Alonso, deu conta da Tarde...

Declaracións de Ángel Sánchez, director do Festival Play-Doc - Últimas novas do Play-Doc 22.01.2016

Este ano o Festival Play-Doc volta con propostas moi aplaudidas, como a sección Retrospectiva, dedicada a un autor americano, coa publicación dun libro e con Play-Doc Televisión, no que os usuarios de R poden ver as películas do festival directamente no seu televisor. Amais, o Festival pon en marcha por segundo ano consecutivo a sección da Crítica Resonancias, que funciona como punto de unión para...

Declaracións de Raquel Pérez, axente de emprego do Concello de Oia- Programa compostaxe doméstica 22.01.2016

O Concello de Oia continúa este ano co programa de compostaxe doméstico, e ademais cede de forma gratuita ós veciños do municipio, un compostador para os que queiran participar no programa. Repartiranse mediante orde de entrada no Concello. A axente de emprego e desenvolvemento do Concello de Oia, Raquel Pérez, destacou que arestora levan repartidos 25 composteiros e están en lista de agarda 8 vec...

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.