Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O patrimonio histórico, natural e gastronómico protagonista no novo material turístico de Tui 16.03.2016 2:28
Onte presentou en rolda de prensa o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, os seis dípticos e a guía turística elaborados polos alumnos do Obradoiro de Emprego Descubre Tui 2015, no que turistas, peregrinos e veciños poden coñecer a través deste novo material a ampla oferta turística que ofrece Tui, dende o seu patrimonio histórico e natural, ata a gastronom...
O Kaiak Tudense proclamouse Campión de España de Inverno 14.03.2016 3:11
O Kaiak Tudense proclamouse esta fin de semana Campión de España de Inverno por décimo primeira vez consecutiva, e suma 21 títulos nacionais na súa historia. O presidente do Kaiak Tudense, José Luís García, daba conta do desenvolvemento desta competición e avanzaba os novos retos para esta temporada.
A Feira do Viño do Rosal vén de ser declarada polo consello da Xunta de interese turístico galego 11.03.2016 0:42
A Feira do Viño do Rosal vén de ser declarada polo consello da Xunta de interese turístico galego. O alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, salientou a satisfacción por esta noticia, que cualificou de moi importante porque supón un avance grande para a Feira do Viño e a súa proxección e consolidación, ao tempo que permitirá acceder a unha nova liña de axudas. Celebrarase o 16 e 17 de xul...
Sección Oficial de Play-Doc 2016 09.03.2016 4:02
Cinco películas competirán este ano na sección oficial de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui que se celebrará do 13 ao 17 de abril. O xurado encargado de outorgar o premio deste ano está formado por a realizadora afroamericana Akosua Adoma Owusu; a directora artística do festival Pravo Ljudski de Sarajevo, Kumjana Novakova; e o responsable do seminario internacional Doc's Kin...
Ent. Ángel Sánchez, director de Play-doc- Seminario a cargo de Paulino Viota 03.03.2016 1:57
O Festival Internacional de Documentais Play-Doc continúa este ano coa fórmula do crítico-cineasta iniciada na edición pasada, e acolle o prestixioso autor español Paulino Viota. O santanderino presentará o seu filme Contactos (1970). A inscrición a este curso custa 30 euros. Ademais, como contaba Ángel Sánchez, o festival contará coa presenza de Doc's Kingdom, prestixioso seminario de documental...
As VIII Xornadas da Camelia terán lugar en Salceda esta fin de semana 01.03.2016 0:57
Na Casa da Cultura Castelao en Salceda foron presentadas hoxe as Xornadas da Camelia que se celebrarán esta fin de semana en Salceda, así como do amplo abano de programación complementaria preparada. Deunos conta desta cita Loli Castiñeira, concelleira de Turismo de Salceda.
Peche da rúa Sanz por afundimento no firme 26.02.2016 0:45
A rúa Sanz, no Conxunto Histórico de Tui, está pechada debido a que se rexistrou o afundimento dunhas pedra, posiblemente por unha fuga de auga. O problema está en que baixo as pedras poden haber un oco grande, e hai que valorar o alcance. Así nolo contou a concelleira de Patrimonio, Carme Núñez, quen sinalou que . Unhas veciñas deron a voz de alarma.
A plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño volta a manifestarse 25.02.2016 1:40
A Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño concentrouse hoxe de novo en Tui diante da delegación da Axencia Tributaria e posteriormente, na Praza de Inmaculada. Benito Alonso, voceiro da plataforma, explicou cales son as súas reivindicacións e as próximas xuntanzas que teñen en mente realizar.
Celebración do Día de Rosalía na Biblioteca do Rosal 24.02.2016 1:19
A Biblioteca Municipal do Rosal ten previsto ás 19.30h unha actividade para conmemorar o Día de Rosalía que hoxe se celebra. Contounolo Charo Tabales, concelleira de Cultura.
Valoración moi positiva do alcalde de Tui ao acordo acadado onte sobre a Área Metropolitana 23.02.2016 1:25
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou de xeito moi postivo o acordo acadado onte en Vigo sobre a posta en marcha da Área Metropolitana que comezará sendo unha Área de 14 concellos, e a continuación se ampliará aos 14 máis que se queren incorporar, entre eles o de Tui, sumando así un total de 28 municipios. Enrique Cabaleiro indicaba que Tui estará nesta Área Metropolitana o que é sumamente...
Turismo investirá 250 mil euros para acondicionar un espazo para a recepción de visitantes no Folón e Picón no Rosal 22.02.2016 1:29
O Concello do Rosal e a Dirección Xeral de Turismo asinaron este mediodía un convenio para o acondicionamento dun área para visitantes nos Muíños do Picón e do Folón, declarados Ben de Interese Cultural. A actuación suporá o investimento de 250 mil euros por parte da Xunta de Galicia. O alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela e a directora de Turismo da Xunta, Nava Castro, asinaron este medio...
II Gala do Deporte de Tomiño 19.02.2016 0:45
O Auditorio de Goián acolle o sábado, 20 de febreiro, ás 20.30hO II Gala do Deporte de Tomiño. Na mesma premiaranse aos tomiñeses nun evento que pretende ser unha festa do deporte. Renderase homenaxe a Lito Oliveira. Así nolo contou o concelleiro de Deportes de Tomiño, Ismael Troncoso.
Xabier Garrido recompila nunha exposición os seus 25 anos en Oia 18.02.2016 1:24
Ás oito desta tarde na Casa da Cultura de Pedornes en Oia inaugúrase unha exposición de Xabier Garrido na que recompila os seus 25 anos neste concello. Poderá visitarse ata o 13 de marzo de luns a venres de 17 a 20h, os sábados de 16 a 20h e os domingos de 11 a 13h e de 17 a 20h. Os domingo ás 11h fará visitas guiadas ao municipio
O MASAT expón xa o "Cabezón do Trega" 18.02.2016 1:57
A Deputación de Pontevedra presentou onte no MASAT, Museo Arqueolóxico do Trega, a intervención que en colaboración co Ministerio de Fomento leva a cabo en 18 xacementos da provincia, entre eles o do Trega. Javier Crespo, concelleiro de Patrimonio da Guarda, destacaba a importancia destas excavacións nas que se atoparon pezas de gran interese coma o "Cabezón do Trega" que dende onte se expón no MA...
As excavacións que se están a realizar no Trega son unha das iniciativas máis importantes neste ámbito nos últimos anos 17.02.2016 1:57
As excavacións que se están a realizar no Trega son unha das iniciativas máis importantes neste ámbito nos últimos anos. Así o explicou o concelleiro de Patrimonio da Guarda, Xabier Crespo, tras a presentación hoxe no MASAT, Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, tras a presentación dos traballos nos 18 xacementos da provincia dentro do protocolo entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio d...
Mañá comeza na Aula da UNED de Tui o curso Problemas de procesamiento sensorial 17.02.2016 0:47
Mañá comeza na Aula da UNED de Tui o curso Problemas de procesamiento sensorial nos nenos con autismo e TDHA que será impartido por Mª Pilar Blázquez Ballesteros, terapeuta ocupacional e fundadora do Centro de Terapia Ocupacional Pediátrica Os Bamban. O curso terá lugar os xoves dende mañá ata o 10 de marzo, en catro sesión de 17 a 20h. Mª Pilar Blázquez explicaba cales son os obxectivos. O prezo...
Este ano será preciso inscribirse para as Andainas Saudabldes da Eurocidade 17.02.2016 1:31
Na presentación do calendario deportivo da Eurocidade o representante de Celtas do Minho, Bruno Gonçalves, salientou que entre as novidades que este ano presenta o Circuíto de Andainas Saudables está por unha banda o feito de que será preciso inscribirse previamente para participar, e por outra a que haberá unha andaina ao mes, así coma en territorio tudense serán guiadas polo club AndaTui RegodaP...
Na V Eurocidade BTT agardan superar os 1000 participantes 17.02.2016 3:00
Na presentación do calendario deportivo da Eurocidade o director técnico da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández, citou que o obxectivo este ano é superar os mil participantes nesta proba que se vai celebrar o 6 de marzo. Este ano ofertan de novo dous percorrido de 45 e 69 kms con novos traxectos.
O presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, destacou a Marca Eurocidade na presentación do calendario deportivo 17.02.2016 0:50
O presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, destacou a Marca Eurocidade na presentación do calendario deportivo da Eurocidade, sinalanado que é unha marca política consolidada a piques de cumprir os seis anos da súa constitución.
O vareador de Deportes de Valença destaca as 14 modalidades deportivas do calendario da Eurocidade 17.02.2016 0:47
José Monte, vareador de Deportes de Valença, salientaba que tras cinco anos ten crecido o número de actividades, con 14 modalidades deportivas, e o interese que esperta a oferta conxunta das dúas cidades
O concelleiro de Deportes de Tui destaca o amplo programa deportivo da Eurocidade 17.02.2016 4:03
Laureano Alonso, concelleiro de Deportes de Tui, destacou que haberá case tres eventos ao mes sumando unha trintena de actividades ao longo do ano. Afirmo que a Eurocidade é un exemplo de dinamismo e actividades deportivas agardando que teñan unha gran acollida.
O calendario deportivo da Eurocidade é o máis importante transfronteirizo da península segundo o alcalde de Tui 17.02.2016 4:03
Enrique Cabaleiro, destacou que o calendario deportivo que se presenta “é o máis importante e máis intenso de carácter transfronteirizo que existe na península ibérica, e pode que en Europa poucos exemplos similares se poden dar”. Isto é así segundo o rexedor tudense por unha banda pola iniciativa social importante dedicada ao deporte, polo patrimonio cultural e natural que ten a Eurocidade e porq...
Onte presentouse a Asociación de Restauradores e Hostaleiros de Tui 12.02.2016 2:24
Onte presentouse a Asociación de Restauradores e Hostaleiros de Tui, que ten como principais obxectivos fomentar a formación, impulsar a profesionalidade e incentivar a busca activa de traballo. Así o anunciaron na presentación da Asociación que tivo lugar na Área Panorámica, os seus promotores, Marina Cruces, Sonia Alonso, de Tapas e Viños, Paula Álvarez, do Cruceiro do Monte, Manuel Garrido, da...
Ciclo de charlas “Manual de instrucións para educar” na Guarda 11.02.2016 1:30
O Concello da Guarda ao través do Programa de Educación Familiar e a OMIX organizan un ciclo de charlas baixo o título de “Manual de instrucións para educar”. A organización destas actividade xorde do interese detectado por parte de pais e educadores sobre a educación dos fillos. O obxectivo da mesma é compartir pautas sinxelas e ofrecer un espazo de reflexión e intercambio de experiencias, para p...
Xa están inscritas 150 persoas na II Andaina Ruta Máxica- Mosteiro de Oia 11.02.2016 2:10
Máis de 150 persoas inscribíronse na II Andaina, Ruta Máxica- Mosteiro de Oia, organizada polo Ciclismo Oiense que se celebrará o domingo 21 deste mes. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 18 de febreiro ás 00h, e Carlos Alonso Fernández, presidente de Ciclismo Oiense, agarda que se cubran as prazas previstas, que son arredor de 200. A saída está prevista ás dez da mañá dende o aparcamento do...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.