Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A Guarda celebra mañá un pleno extraordinario e urxente para reclamar o mantemento da partida orzamentaria da VAC 19.04.2016

Na Guarda está convocado mañá un pleno extraordinario e urxente para reclamar o mantemento da partida orzamentaria destinada á VAC Tui-A Guarda. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, cualificou esta infraestrutura de fundamental para a comarca, pero máis aínda para o seu municipio. Por iso propoñen mañá á corporación que se pronuncien sobre o tema. No escrito consensuado solicitarán que se anule a m...

Reunión en Pexegueiro sobre a conexión á rede de saneamento 19.04.2016

Hoxe martes, 19 de abril, ás 20.30h terá lugar na Casa Cultural de Pexegueiro unha reunión para informar aos veciños da conexión á rede de saneamento ante a próxima posta en marcha da estación de bombeo de Areas. Onte celebrouse unha reunión similar en Malvas. Os veciños que non poidan asistir á reunión poden dirixirse directamente á oficina do Consorcio do Louro en Tui. Así o explicou o alcalde,...

O alcalde de Tui solicitou unha reunión urxente da Mancomunidade do Baixo Miño e a irá a pleno unha moción 19.04.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, solicitou a pasada semana unha reunión urxente da Mancomunidade do Baixo Miño tras coñecer o desvío de 3,6 millóns de euros do Tramo I da VAC Tui-A Guarda para o desdobramento do Corredor do Morrazo. A esta medida sumarase unha moción que será levada ao pleno ordinario a próxima semana e reunións cos sectores afectados. O alcalde lamenta o trato da Xunta cara a...

Contos contados en lingua de signos para celebrar o Día do Libro 18.04.2016

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle este sábado, para celebrar o Día do Libro, unha actividade titulada “A lingua de signos nas túas mans con Iria e María”. Trátase dun contacontos, no que os contos serán contados tamén en lingua de signos, e os pequenos poderán aprender algunos dos signos por exemplo coma dicir papá e mamá. Haberá dúas quendas en función da idade dos nenos. Ás 17h será p...

O Concello de Tomiño está a realizar un catálogo de árbores senlleiras 15.04.2016

O Concello de Tomiño está a realizar un catálogo de árbores senlleiras do municipio, para o que solicitan tamén a colaboración cidadá para rexistrar así todos os exemplares tanto autóctonos coma exóticos. O concelleiro Francisco Campo explicou á RMT que o traballo durará un ano, aproxidamente, e teña xa localizadas algunhas árbores coma sobreiras ou estripeiros.

Marcos Gómez da Plataforma de Afectados pola VAC Tui-A Guarda de Areas - Fondos da VAC para o corredor do Morrazo 15.04.2016

Dende a Plataforma de Afectados pola VAC Tui-A Guarda de Areas, Marcos Gómez, manifesta a súa repulsa a decisión da transferir os 3,6 millóns de euros previstos para este vial no Baixo Miño ao desdobramento do Corredor do Morrazo. Consideran que isto supón condenar o desenvolvemento de toda a comarca, e pensan que hai motivos electorais tras esta decisión. No seu parecer deberíase convocar a nivel...

Eloy Domínguez Serén presenta na Sección Oficial do Play Doc 'No cow on the ice' 14.04.2016

"No cow on the ice" do galego Eloy Domínguez Serén forma da Sección Oficial a competición do Play Doc. Proxectase hoxe xoves, 14 de abril, ás 23.00h na que será a súa estrea en Galicia. Eloy Dominguez explicaba á RMT que é para él un pracer estar de novo no Play-Doc, este ano competindo na sección oficial. Neste documental relata a súa propia vivencia persoal cando marchou traballar a Suecia.

Desviados 3,6 millóns de € da VAC Tui-A Guarda ao desdobramento do Corredor do Morrazo 14.04.2016

A Xunta de Galicia vai realizar unha transferencia de fondo do Fondo de Compensación Interterritorial de 2016 en material de “Autoestradas, autovías e estradas” que ía inicialmente destinado ao Tramo I da VAC Tui-A Guarda para o desdobramento do Corredor do Morrazo. En concreto trátase de 3.641.526 € destinado a infraestrutura viaira en Tui que destinarán agora ao Morrazo. O alcalde de Tui, Enriqu...

O Concello de Tui e a Deputación acordan intervención en tres estadas provinciais no municipio 14.04.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural, Recollida de Lixo, Limpeza Viaria e Participación Cidadá, José Martínez Tato, reuníronse onte co deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, a quen expuxeron a situación deterioro no que se atopan tres estradas provinciais en Tui en Caldelas, Rebordáns, e Ribadelouro. Solicitaron a mellora do firme, pintado, e rematar a...

Inaugurado o XII Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc 14.04.2016

Onte, mércores 13 de abril, foi inaugurado oficialmente o XII Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc. A proxeccións da película "Miss Ledyia" con música en directo de Karolis Biveinis abriu o acto inaugural, seguido da intervención dos directores do festival e das autoridades. Recollemos fragmentos dos discursos nesta orde: Sara García, directora de Play Doc; Enrique Cabaleiro, alc...

Tui acollerá un curso de Monitor de Fútbol Base 12.04.2016

O próximo mes de maio comezará en Tui un curso de Monitor de Fútbol Base impartido pola Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Tui. Esta mañá na presentación desta actividade formativa Laureano Alonso, concelleiro de Deportes, salientaba o interese deste curso para os clubs de Tui e da comarca. O director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera destacou o éxito do ant...

Ent. Anxo Queiruga, pte COGAMI - Plan de Accesibilidade de Tomiño 11.04.2016

Este mediodía foi presentado o Plan de Accesibilidade de Tomiño que tivo en conta ás 15 parroquias tomiñesas e os dous núcleos urbanos do Seixo e Goián. Fíxose un estudo dos espazos públicos para coñecer as barreiras arquitectónicas existente e facer unha proposta de mellora para executar nos próximos anos.

Presentado o XII Play-Doc que se celebrará en Tui do 13 ao 17 de abril 08.04.2016

Unha programación ampla e diversa con 45 documentais en proxección e outras actividades é a que ofrece o XII Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc que se vai celebrar en Tui do 13 ao 17 de abril. Foi presentado esta mañá polos seus directores Sara García e Ángel Sánchez, xunto ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o deputado de Cultura, Xosé Leal, e o director da AGADIC, Jacobo Su...

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Ruta do pincho da Lamprea do Miño 06.04.2016

Catorce restaurantes da Guarda ofrecerán esta fin de semana e a próxima un pincho de lamprea con preparacións tanto tradicionais coma novidosas ao prezo de 2€. Será dentro da III Ruta do Pincho da Lamprea do Miño que foi presentada esta mañá no Museo do Mar. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, deunos conta de todos os detalles desta iniciativa gastronómica.

Recepción ás autoridades de Versmold no Concello de Tui 06.04.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a outros membros da corporación municipal recibiu esta mañá na casa do concello ao alcalde de Versmold Michael Meyer-Herrmann, ao vicealcalde, Horst Hardiek e a técnica encargada dos irmanamentos Jessica Schäperkötter. Hoxe rematan a súa estadía en Tui, onde tiveron a oportunidade de coñecer as festas de San Telmo, o patrimonio cultura, histórico, monumen...

Balance positivo da 13ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño 05.04.2016

José Cosmed, presidente de Acubam, realiza un balance positivo da 13ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño que na fin de semana se celebrou no pavillón de Goián. A feira dicía marco un antes e un despois ao dar o paso cara a súa internacionalización. Amais foi importante a visita de público profesional, a asistencia ás xornadas, e a presenza o domingo da conselleira do Medio Rural. Tamén deu conta das...

Asinado o convenio entre o Concello de Salceda e a Consellería de Sanidade para a construción do novo centro de saúde 29.03.2016

Esta mañá foi asinado o convenio entre o Concello de Salceda e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia no que se establecen as condicións que rexerán o proceso de construción do novo centro de saúde do municipio. O alcalde de Salceda, Marcos Besada, cualificou este acto de fito histórico, que marca un antes e un despois.

Unha guía e un portal web, claras apostas da Mancomunidade do Baixo Miño para potenciar o turismo 29.03.2016

A Mancomunidade do Baixo Miño vén de pór en funcionamento un portal turístico destinado a todas aquelas persoas que escollen a comarca como un destino en conxunto. A través dunha web totalmente interactiva, http://baixomino.com/ o usuario pode coñecer dunha forma sinxela e visual as propostas patrimoniais e paisaxísticas da comarca. A presidenta da Mancomunidade do Baixo Miño e alcaldesa de Oia, C...

Máis de 120 participantes no I Torneo Randufe Futsal 23.03.2016

Máis de 120 xogadores daranse cita mañá e o venres no I Torneo Randufe Futsal organizado polo Randufe Fútsal, en colaboración co Concello de Tui. Será no pavillón deportivo municipal novo e no pavillón deportivo do CEIP de Randufe tal e coma explicaba Javier Reboreda, organizador do evento na RMT

Este sábado O Rosal acollerá unha andaina polos Muíños do Folón e do Picón 22.03.2016

Este sábado terá lugar a andaina polos muíños do Folón e do Picón, que dará a coñecer a canteira preto dos muíños de Calán, a mámoa do Alto dos Muíños do Picón e o castro do Picón. José Álvarez Alonso, organizador da andaina, contounos que o punto de encontro será no muíño de información do Picón ás 15.30h. A andaina é de balde, será de dificultade media e dura aproximadamente 3 horas. Os interesa...

O luns comeza a VIII Semana de Teatro Afeccionado 22.03.2016

O próximo luns, 28 de marzo, comeza a VIII Semana de Teatro Afeccionado no Teatro Municipal de Tui coincidindo coas festas #SanTelmo2016. Foi presentada esta mañá no Concello pola concelleira de Cultura, María José González, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e os representantes dos grupos de teatro de Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, Atalaia, Areas, e Malvas.

O Festival Play-Doc, en irmanamento co Sinsal, trae as actuacións de Da Chick e Youthless 22.03.2016

O Festival Internacional de Documentais Play-Doc, que se celebra do 13 ao 17 de abril en Tui, levará nesta edición ao escenario do Metropol, o sábado 16, as formacións Da Chick e Youthless da man do Festival Sinsal Son Estrella Galicia, festival irmandado con Play-Doc. Vencellado co Sinsal, contaba Ángel Sánchez, co-director do festival, que amosarán o filme de Alexandre Cancelo, "Tres días, un ba...

Reunión informativa para a captación de novos socios para a Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño 21.03.2016

Ás sete e media desta tarde na Casa da Cultura de Tomiño, a Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño celebra una xornada informativa para captación de socios con respecto á estratexia local participativa do novo Programa Leader Galicia 2016-2020. A Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño é a entidade responsable da elaboración da Estratexia Local Participativa para o novo Le...

Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Apertura novo centro de saúde 21.03.2016

Hoxe comezou a funcionar o novo Centro de Saúde de Oia que supón unha mellora importante na calidade asistencia e por outra un aforro importante para o Concello que ata o de agora tiña que facer fronte ao alugueiro do local onde funcionaba o ambulatorio. Contounolo esta mañá a alcaldesa de Oia, Cristina Correa.

O alcalde de Tui salientou que as festas deben plasmar os aspectos singulares que nos definen coma concello, 17.03.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, acompañado polo equipo de goberno ao completo, foi esta mañá o responsable da presentación das Festas de San Telmo 2016. O rexedor tudense destacou na súa intervención que “en pleno século XXI unha entidade pública ten que asumir a organización das súas festas patronais” ao tempo que considera que “se tiñan que reconducir a termos de legalidade administrativa a...

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.