Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Concerto da orquestra de corda da Escola de Música e de Conservatorio ás 20h na igrexa de San Domingos 24.05.2016

A orquestra de corda da Escola de Música e do Conservatorio Profesional de Música de Tui ofrece hoxe ás 20h un concerto de música barroca baixo a dirección de Luis Caballero quen explicou cóma será este evento musical. Participarán tamén músicos convidados. A entrada será libre ata completar o aforamento.

Hoxe celébrase o Día Internacional dos Parques Naturais 24.05.2016

Hoxe celébrase o Día Internacional dos Parques Naturais . En 1978 o Monte Aloia foi o primeiro espazo natural protexido de Galicia. Un parque natural que en palabras do seu director, Gonzalo Puerto, goza de boa saúde e plantexa novos retos coma facer maior fincapé na investigación da biodiversidade. A celebración deste Día Internacional realizouse xa onte cos escolares de Pazos de Reis.

Ent. Teresa Ventín, dtora Eures Transfronteirizo - Reunión Oficinas de Emprego de Galicia e Portugal en Tui 23.05.2016

Mañá á mañá celébrase na Área Panorámica de Tui o V Encontro de Oficinas de Emprego fronteirizas de Galicia edo Norte de Portugal promovido polo Eures Tranfronteirizo. No mesmo van participar 58 directores e técnicos de emprego das oficinas a ambos lado do Miño para levar a cabo un intercambio de información sobre a rede Eures, o mercado de emprego na zona, procurando unha relación fluída entre el...

Triunfo de José Borges e Maaris Meier no Big Ride Eurocidade. 23.05.2016

José Borgés e Maaris Meier fíxeronse onte coa vitoria no Big Ride Eurocidade, Open de España de Enduro. Deste xeito ambos se situan líderes amais do Open que tivo a primeira proba en Ojén, e que proseguirá en Morella e Castejón de SOS. Escoitamos aos vecendores Jorge Borges e Maaris Meier

200 corredores participan este domingo no Big Ride Eurocidade, Open de España de Enduro 20.05.2016

200 corredores, 50 quilómetros, 4 tramos, 2 cidades Tui e Valença, 2 países... son algunhas das cifras do Big Ride Eurocidade, Open de España de Enduro que se celebra esta fin de semana. O domingo será a competición oficial dende ás 8.30h no Monte Aloia e no Monte Faro, onde teñen lugar xa os adestramentos dos corredores. Onte a Pousada de San Teotonio en Valença acolleu a presentación deste event...

Ent. Eva Gil, técnica do GDR14 - Presentación do documento de diagnóstico socioeconómico e análise DAFO do GDR 14 19.05.2016

O Grupo de Desenvolvemento Rural GDR 14 presentou esta mañá o documento resultado da finalización da primeira fase do proceso participativo de elaboración da estratexia de desenvolvemento local. Trátase do diagnóstico socioeconómico e análise DAFO elaborado polo persoal técnico do GDR e a poboación participante no proceso. Eva Gil é técnica do GDR14

Ent. José Manuel Dguez Freitas, exalcalde da Guarda - Denunciado por pago da débeda do ferri a Caminha 19.05.2016

O exalcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e a concelleira Montserrat Magallanes, foron denunciados ante o xulgado por un particular polo pagos realizados polo Concello da Guarda a Caminha para saldar a débeda contraída coa Cámara Municipal de Caminha no tocante ao ferri. Tras declarar hai un mes ante a xuíza, e coa documentación que estes días remitirán dende o Concello o exalcalde aga...

Ent. Keka Losada, pta de Arela - Festival de Cans 18.05.2016

Os escolares disfrutaron xa esta mañá da primeira xornada do Festival de Cans, no Porriño, que prosegue a partir das 16.30h coa proxección de booktrailers, do film "Visións" de Xisela Franco e Beli Martínez, coa colocación de pracas no Muro dos Chimpín, coa homenaxe das pandereiras de Cans, coa presentación do xurado deste ano, cun serán...e moito máis coma nos explicaba Keka Losada. presidenta da...

Este domingo celébrase en Tui a segunda xornada da Liga Internacional de Clubes Luso Galega de Judo 2016 13.05.2016

O novo pavillón de deportes de Tui acollerá este domingo, 15 de maio, dende ás 14.30h a segunda xornada da Liga Internacional de Clubes Luso Galega de Judo 2016 organizada polo Juvalença e o Judo Club Tudense. Na mesma van participar 11 equipos masculinos e 3 femininos de Galicia e Portugal. O Juvalença e o Judo Club Tudense competirán coma un único equipo representando á Eurocidade. Así o explica...

A XIX Feira do Libro Galego do 17 de maio contará con 22 postos e coincidirá coa Feira de Antiguedades 12.05.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José González e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, presentaron a décimo novena Feira do Libro galego de Tui e maila Feira de Antigüedades que terán lugar o próximo martes 17 de maio, ámbalas dúas na Corredoira. A feira comezará as 11:30 horas cun obradoiro de marca páxinas e xogos populares coa compañía “en un tris tras”,...

Marcos González na presentación do II Rallie Eurocidade que terá lugar esta fin de semana 11.05.2016

Esta fin de semana celébrase o II Rallie Eurocidade organizado pola Escudería Dona Urraca coa participación dun centenar de coches que o venres pasarán as verificacións técnicas e administrativas, e o sábado realizarán xa a competicións. Terán que realizar catro treito a dobre pasado, dous pola mañá e dous pola tarde. Así o explicou este mediodía o presidente da Escudería Dona Urraca, Marcos Gonzá...

Ent. Julio Soto, responsable de Medio Ambiente Gas Natural | Simulacro de emerxencia no río Miño 11.05.2016

Ás dez desta mañá comezou na praia de de Guillarei un simulacro de emerxencias elaborado por corenta e tres militares da UME, embarcacións da Comandancia Naval do Miño e efectivos da brigada de Emerxencia de Intervención Ambiental de Gas Natural Fenosa. O responsable de Medio Ambiente da unidade hidráulica da eléctrica, Julio Soto, relata o exercicio.

Visita guiada a exposición "Mulleres en acción: violencia zero" 09.05.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenda da Deputación, Carmela Silva, xunto á deputada Digna Rivas e os concelleiros tudenses Yolanda Rodríguez, María José González e Laureano Alonso, asistiron esta tarde á visita guiada da exposición “Mulleres en acción:Violencia Zero” organizada pola Deputación de Pontevedra. O acto contou con comisario da exposición Íñigo Rodríguez, a artista Mónica M...

Declaracións Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas - Acceso Parque Empresarial de Areas 07.05.2016

O enlace de Areas é o máis urxente e importante, segundo a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. Así o expuxo onte á tarde na Cámara de Comercio de Tui, onde presentou o proxecto de trazado aos empresarios do Parque Empresarial de Areas. Onte mesmo se iniciou a información pública dese trazado. Explicou que as obras do enlace executaranse ao mesmo tempo que as do tramo I da VAP Tui-A Guar...

Presentación da XIII Andaina Tudense Solidaria 06.05.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto co concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, e os responsables do club ANDATUI, Xosé Manuel Novoa e José Martínez Tato, presentaron este venres a XIII Andaina Tudense Solidaria. Os participantes percorrerán 26 quilómetros nesta camiñada de subida ao Monte Aloia. Celebrarase o sábado 14 de maio.

Ent. Ramiro Gutiérrez, xefe de servizo do Consorcio do Louro - Tarefas de mantemento na rede de abastecemento en Tui 03.05.2016

Eliminar turbidez acumulada na rede de abastecemento de auga e renovar unha redutora de presión é o obxectivo das tarefas de mantemento que mañá vai realizar o Consorcio de Augas do Louro. Estes traballos poden xerar cortes puntuais no subminstro prinicipalmente na Avenida da Concordia e nas rúas Calzada e Coengo Valiño, tal e coma nos explicou Ramiro Gutiérrez, xefe de servizo do Consorcio. Tamén...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Inauguración Parque Infantil Montiño en Rebordáns 03.05.2016

Esta tarde serán inauguradas as obras do Parque Infantil do Montiño en Rebordáns, logo de ser renovado completamente. No mesmo investiuse 26.494,86 euros do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación de Pontevedra de 2015. En concreto instalouse un novo firme con pavimento de seguridade e novos elementos de xogo. Esta actuación súmase á realizada xa anteriormente no Parque Infantil do Penedo, se...

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Balance positivo da XX Feira de Artesanía 02.05.2016

Balance positivo da XX Feira de Artesanía de Tui celebrada esta fin de semana no conxunto histórico de Tui. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, responsable este ano da organización, destacou as miles de persoas que pasaron na fin de semana pola feira, o nivel de vendas acadas e a repercusión positiva que tivo tamén na hostalería local.

Valoración dos veciños de Areas sobre o anuncio da conselleira de Infraestruturas sobre o Tramo I da VAC 29.04.2016

A Plataforma da VAC Tui-A Guarda xunto coas AAVV Monte do Seo, a Asociación Cultural Seixos Albos e a Comunidade de Montes de Areas valoran positivamente o anuncio feito pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, sobre o tramo I da VAC e o acceso ao parque empresarial, coa próxima licitación en maio do proxecto construtivo, pero agardan que isto non quede so nunha promesa. Están contentos...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración anuncio VAC e apertura r/Ourense 27.04.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualificou de boa nova o anuncio feito este mediodía pola conselleira de Infraestruturas, Ethel de Vázquez do investimento de 12 millóns de euros no Tramo I da VAC Tui-A Guarda. No seu parecer esta rectificación por parte da Xunta responde á presión exercida polos alcaldes e a mancomunidade do Baixo Miño, así como o malestar do veciños e do sector empresarial t...

Ethel Vázquez anuncia o investimento de 12 millóns de euros no tramo I da VAC Tui-A Guarda 27.04.2016

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anuncia investimento de 12 millóns de euros no Tramo I da VAC Tui-A Guarda incluíndo o acceso ao parque empresarial de Areas. No mes maio licitarán o proxecto construtivo para iniciar posteriormente o proceso expropiatorio e licitar as obras. Así o explicou en rolda de prensa este mediodía.

A CH Miño-Sil realizará traballos para mellorar a capacidade de desaugadoiro do Louro e Miño, entre outros 26.04.2016

O próximo mes de maio comezarán a executarse unha serie de obras por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil nos ríos Louro, Miño, Tamuxe ou Tea, entre outros, afectados polos temporais de xaneiro e febreiro. Trátase da eliminación de tapóns de restos vexetais, restauración de marxes erosionadas e defensa das mesmas, rozas, retirada de acarreos, sedimentos e residuos, co obxectivo de resti...

Alfonso Rueda di que a conselleira de Infraestruturas anunciará esta semana investimentos en infraestruturas na comarca 26.04.2016

Esta semana a conselleira de Infraestruturas anunciará unha serie de investimentos en infraestruturas na comarca do Baixo Miño. Así o explicou onte en Tui o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que se reuniu na cidade cos representantes do PP en toda a comarca.

Ent. Cristina Correa, pta da Mancomunidade do Baixo Miño - Acordo VAC e outros 22.04.2016

A Mancomunidade do Baixo Miño acordou na súa reunión de hoxe, por unanimidade, solicitar á Xunta que manteña o investimento na VAC Tui-A Guarda , e un calendario de actuacións neste vial. Amais trataron tamén o xeodestino Val Miño-Baixo Miño, e a promoción turística da comarca. Así o explicou Cristina Correa, presidenta da Mancomunidade do Baixo Miño, e alcaldesa de Oia.

O 1 de maio celébrase o I Trail Monte Aloia 19.04.2016

O domingo 1 de maio celebrarase o I Trail Monte Aloia organizado pola Asociación Cultural Comisión Festas Virxe das Dores de Guillarei. Foi presentado esta mañá polo concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o presidente da Entidade Local Menor de Pazos de Reis, Enrique Perez, xunto a Rafael Estévez e José Villaverde, da asociación organizadora. Trátase dunha carreira a pé por montaña, sendeiros e...

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.